Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Ana Carpinteiro e Fran García de Somos Océano - Balanzo 2019 e proxectos para 2020 19.12.2019

A firma Somos Océano, metade tudense metade viguesa, remata o ano con novidades coma o deseño dunha nova caixa para os seus produtos e con novos plans para o 2020 coma a incorporación dunha nova deseñadora de Tui. Así nolo explicaron hoxe Ana Carpinteiro e Fran García. A piques de rematar o 2019 fan un balanzo positivo para a firma

Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura da Guarda - Nadal na Guarda 19.12.2019

Ludoteca, o Concerto de panxoliñas, tardes de xogos, barferencia ou a pista de xeo son algunhas da actividades na Guarda para o Nadal. Hoxe falamos delas coa concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes. Tamén damos conta da iluminación e da decoración mariñeira que realizaron once asociacións.

Ent. Juan Carlos Blanco e Quina González, de Acitui - Campaña Nadal Acitui 18.12.2019

Dende este xoves até o próximo 5 de xaneiro, as persoas que compren nos comercios asociados de Acitui, entrarán nun sorteo de 10 vales de 50 €. A compra mínima é de 10 €. Esta é a campaña de Nadal posta en marcha por Acitui que, aposta pola compra no comercio local.

Ent. Germán Cordero e Antonio José Vieira - Exposición "Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de de Xéneros" 18.12.2019

Hoxe remata a exposición “Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xéneros”, na Casa dos Alonso, na Guarda. Unha mostra organizada polo Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, coa colaboración do concello da Guarda, Amnistía Internacional e a Federación Andaluza ARCO IRIS. Xorde co 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos para reflexionar e tomar conciencia sobre a homofobia, fobia e tr...

Ent Sandra Glez, alcaldesa de Tomiño - Programación de Nadal 17.12.2019

Música, deporte, obradoiros, actividades no Mercado, a Cabalgata de Reis...son parte das propostas que figuran na programación de Nadal do Concello de Tomiño. Hoxe falamos desta oferta festiva coa súa alcaldesa, Sandra González.

Ent. Sonsoles Vicente, Paula Cobián, Aloia Martínez e Manuel Cunqueiro, -" Conto de Nadal" en Tui 16.12.2019

O "Conto de Nadal" de Charles Dickens, chega este sábado (21h) e o domingo (19h) ao Teatro Municipal de Tui. Faino da man da Escola de Danza Paula Cobián e do coro Mistura Vocal con Alfredo Rodríguez no papel de Scrooge nun espectaculo innovador e arriscado. Hoxe coñecemos todos os detalles.

Ent. Teresa Domínguez do CRA de Tui - Calendario Competencial 2020 13.12.2019

Este mércores presentouse a cuarta edición do Calendario competencial do 2020 para Infantil e Primaria: “Aprendizaxes para a vida”. A orientadora e mestra Teresa Domínguez do CRA de Tui, foi e encargada de coordinar o proxecto. Este ano, doces mestras dos concellos da provincia ilustran o almanaque. De tui, a mestra representada é Clara Torres.

Ent. Alfredo Hernández e Patxi Alonso, representantes Modepen Baixo Miño -Concentración en Santiago 13.12.2019

Dous autobuses sairán do Baixo Miño o luns cara o Parlamento Galego, en Santiago. O motivo é a concentración organizada polo Movemento Galego pola defensa das Pensións Públicas, Modepem. As persoas interesadas en acudir poden anotarse nos teléfonos 609 136 959 e 647 236 788.

Ent. Xoán Coya, Hugo Vicente, Beltrán García e Yago Souto - Campionato Escolar de España de Orientación a pé. 13.12.2019

Xoán Coya, Hugo Vicente, Beltrán García e Yago Souto son catro dos cinco alumnos do IES San Paio de Tui que, participaron a pasada fin de semana no Campionato Escolar de España de Orientación a pé. Unha competición celebrada en Hervás, Cáceres.

121219 Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación da sanidade na vila 12.12.2019

A corporación municipal da Guarda emitiu onte un comunicado conxunto no que esixe da Consellería de Sanidade unha solución aos problemas que a sanidade pública está ter na vila coa falla de cobertura de prazas vacantes dos facultativos no Centro de Saúde. Falamos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, desta situación.

Ent. José Torres, director de Altos de Torona - Aceite, brut e albariño de Altos de Torona 11.12.2019

O aceite de Altos de Torona, en Tomiño vén de recibir o selo que garante a súa elaboración con olivas exclusivamente galegas. Deste aceite, do Brut espumoso e do albariño falamos con José Torres, o director de Altos de Torona. Contounos a produción e elaboración dos produtos desta adega.

Ent. Juan Carlos Blanco e Kina González de ACITUI - Desfile de Moda Solidario 11.12.2019

Este sábado, 14 de decembro, celébrase ás 21h na Sala de Exposicións da Área Panorámica o Desfile de Moda Solidario organizado por ACITUI. . Haberá moda infantil e complementos para nenos, moda en tallas grandes, moda xoven, roupa de películas e videoxogos manga, pixamas e batas, roupa deportiva, e por último vestidos de noiva e cerimonia. A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo...

Ent. Manuel Ángel Álvarez - Novo presidente do Club Remo do Miño 11.12.2019

Manuel Ángel Álvarez, é o novo presidente do Club Remo do Miño, na asamblea celebrada a comezos de mes. Manuel Ángel Álvarez ocupaba até o de agora o cargo de vicepresidente nun club ao que está ligado dende 1975. Hoxe falamos con el desta nova etapa que inicia ao fronte do Remo do Miño.

Ent. Marisa Girález, presidenta Club Bádminton Tui - IV Torneo de Nadal, Deputación Pontevedra 10.12.2019

O Torneo de Nadal, Deputación Pontevedra organizado polo Club Bádminton de Tui celebrarase o próximo venres 20 de decembro. Será no Pavillón do IES San Paio en horario de tarde, de 16 a 21 h. Un torneo de carácter solidario, xa que os participantes deben levar o día da competición un quilo de comida, a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Haberá catro categorías: Sub11, Sub15, Absoluto e Recreativo. As...

Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles - Presentación calendario solidario Asociación deleción 1p36 05.12.2019

Dispoñible o calendario solidario da Asociación de afectados do síndrome de deleción 1p36. Os nenos e nenas da asociación posando xunto a varios famosos, son os que ilustran o calendario do 2020 Silvia Jato, Alex Ubago ou Luis Zahera colaboraran neste proxecto solidario que, ten coma obxectivo dar visibilidade ao síndrome de deleción 1p36.

Juan Carlos Blanco e Kina González, de Acitui - Sorteo vales e desfile Acitui 04.12.2019

Hoxe sorteáronse os 5 vales de 100 euros de Acitui. Ademais, o próximo sábado 14 ás 21 h, a sala de exposicións no edificio da Área Panorámica, acolle o desfile de Acitui.

Ent. José Gregores - Campión galego de Baixo voo Harris 04.12.2019

Com so 21 anos, o cetreiro tudense José Gregores 21 é o campion na modalidade de Baixo voo Harris. Xunto con "Simba", a súa aguia, participan esta fin de semana no campionato de cetrería, en Sevilla.

Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Mercado Sustentable de Nadal 03.12.2019

Este xoves ás 19 h será inaugurado o Mercado Sustentable de Nadal no Paseo da Corredoira de Tui. Até o domingo 40 postos ofrecerán produtos vinculados ao Nadal dende decoración, artesanía, agasallos, gastronomía... Haberá tamén unha ludoteca e distintas actuacións musicais e un obradoiro de menú de Nadal

Ent. Ana Comesaña - Nova Directora da JONDE 03.12.2019

Ana Comesaña é a primeira muller en dirixir a Joven Orquesta Nacional De España. O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música ven de nomear á violinista que substitúe a José Luis Turina. Incorporase o próximo 1 de marzo.

Ent. Sor Josefina Fernández e Mónica Villar - Rastrillo Solidario en Tui 02.12.2019

Este venres, sábado e domingo celébrase o rastrillo solidario en Tui a favor do albergue de San Vicente de Paúl. As persoas interesadas poden achegarse en horario de 11 a 14 h e de 17 a 20 h até o antigo Colexio da Milagrosa, fronte á Catedral.

Ent. Miguel Abreu, director da Escola de Baile Pasos - VI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade Tui-Valença 29.11.2019

O sexto Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade celébrase mañá sábado no Pavillón Municipal de Valença. As portas abriranse ás 11 h e a entrada ten un prezo de 7 euros. O campionato é a 5º proba do circuíto Galicia-Norte de Portugal. Ademais é puntuable para o ranking da Federación Española de Baile Deportivo.

Ent. Mingos Méndez - O Belén de Mingos 29.11.2019

Caimáns, esquíos ou coenllos son as miniaturas agochadas no Belén artesanal de 15 m² que, Mingos Méndez e a súa muller, realizan cada Nadal.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino - Programación de Nadal 29.11.2019

Este domingo comeza a programación de Nadal "Tui, o Camiño de Nadal, o camiño natural" organizada polo Concello de Tui. A concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, explicaba hoxe queo obxectivo desta programación e as novidades que presenta coma a decoración sostible e interactuva que haberá en distintas rúas.

Ent. Yolanda Rodríguez, concelleira Facenda - Axudas afectados Paramos 29.11.2019

A corporación municipal de Tui aprobou onte por unanimidade a concesión de 662 mil euros en axudas a 12 afectados de Paramos para a reconstrución das súas vivendas na zona cero, ao abeiro da ordenanza municipal. A concelleira de Facenda, Yolanda Rodríguez, explicaba hoxe a tramitación realizada nestas axudas, que serán agora notificadas aos interesados e antes de final de ano serán aboadas.

Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui e Tania Otero, membro da directiva Acitui- Black Friday 28.11.2019

Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui celebra mañá o Black Friday con descontos e cunha novidade: repartirán unhas rifas para o sorteo de 5 vales de 100 euros. O sorteo realizarase o próximo mércores 4 de decembro ás 11 h , na Radio Municipal. Unha iniciativa para #promocionar o comercio local.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.