Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural - A Xunta aproba o Plan Reitor do Monte Aloia de Tui 13.01.2020 8:13
A Xunta de Galicia vén de aprobar o Plan Reitor para o Monte Aloia. O instrumento de ordenación específico que detalla os obxectivos e criterios para xestionar os aproveitamentos públicos e privados do Monte. Belén do Campo, a directora xeral de Patrimonio Natural explica as actuacións que, contarán cun orzamento de 200 euros durante os dous primeiros anos.
Ent. Xosé Cuns, director da Rede Galega contra a Pobreza - As mulleres, as máis afectadas pola pobreza en Galicia 13.01.2020 14:13
Graves, son os datos da pobreza en Galicia onde as mulleres e, concretamente as maiores de 65 anos, son o colectivo máis afectado. Xosé Cuns, o director da Rede Galega contra a Pobreza achéganos máis datos sobre a soidade das persoas maiores, as pensións de viuvez e tamén da pobreza infantil.
Ent. Gonzalo Dávila, director de Caritas Diocesana Tui - Vigo - 50 aniversario 10.01.2020 8:15
Cáritas Diocesana de Tui- Vigo, cumpriu 50 anos, un aniversario que celebrou con diversos actos que culminaron onte coa clausura dos mesmos coa entrega de recoñecementos. Precisamente entre os recoñecementos outorgados está o entregado ao Concello de Tui, e recollido polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e ás Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl de Tui que foi recollido por Maribel Solla. Fal...
Ent. Piño Gómez, pte de Conrazones - Viaxe solidaria a Marrocos 10.01.2020 12:54
Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro Piño Gómez, presidente de Conrazones, realizou unha viaxe solidaria a Marrocos na que repartiu diferente material coma mantas , deportivas e balóns. Hoxe falounos desta experiencia que leva a cabo por cuarto ano consecutivo e volverá realizar en abril.
Ent. Antonio Lomba, alcalde A Guarda - Denegación da subvención da Xunta para a contratación dun socorrista 09.01.2020 9:57
O Concello da Guarda leva aos tribunais á Xunta pola denegación da subvención para a contratación dun socorrista. Toman a decisión tras completar a vía administrativa logo de que a Xunta desestimara o recurso contencioso-administrativo. Uns feitos que se remontan a maio de 2019 cando o Concello solicitou dita subvención. O alcalde da Guarda Antonio Lomba, detallaba os problemas que teñen os Concel...
Os Reis Magos 03.01.2020 2:08
Sabíades que unha estrela orixinou a viaxe máis grande de tres sabios magos? Esta é a historia de Melchor, Gaspar e Baltasar.
03012020 Ana Fernández, concelleira de Cultura de Tomiño - Cabalgata de Reis 2020 03.01.2020 4:37
Varias novidades presenta este ano a Cabalgata de Reis de Tomiño coma explicaba a concelleira de Cultura Ana Fernández. O percorrido iniciarase ás 17 h no cruce do Supermercado Día para rematar na praza do Seixo. A comparsa Luces, Revolución Show e Virxe do Alivio confeccionaron as carrozas reais, e coma novidade os nenos que acudan a saudar aos nenos recibirán coma agasallo un xoguete de madeira....
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Cabalgata de Reis 2020 03.01.2020 2:56
Dende a Praza da Devesa até a Praza do Concello irá a Cabalgata de Reis en Salceda de Caselas. Melchor, Gaspar e Baltasar terán na súa comitiva a participación de sete asociacións da vila segundo avanzou a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira.
03012020 Montse Magallanes, concelleira Cultura A Guarda - Cabalgata de Reis 2020 03.01.2020 6:14
Dende o Centro Cultural partirá o domingo ás 18 h a Cabalgata de Reis da Guarda que rematará na Casa dos Alonso onde haberá a recepción real. Melchor, Gaspar e Baltasar irán en tres carrozas realizadas por La Fiesta Escénica, e contarán coa acompañamento de distintas asociacións da vila coma explicou a concelleira de Cultura da Guarda, Montserrat Magallanes. Esta tarde os Magos de Oriente visitará...
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Cabalgata de Reis 2020 03.01.2020 3:00
Os Reis Magos sairán este domingo ás 11 h dende A Portela para realizar un percorrido, en dúas carrozas, por todo o municipio de Oia. Ás 17 h estará no CPI Manuel Garcés e ás 19.15 h rematarán no Centro Cultural de Mougás. A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, deunos todos os detalles do percorrido real.
Ent. Sara Vicente, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis 2020 02.01.2020 5:27
Cantos de Reis, xogos populares, chocolatada… son parte das actividades do Concello do Rosal para darlles a Benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, que percorrerán os barrios do concello este domingo.
Ent. Andrea González, directora IKFEM - Nominación ao Iberian Festival Awards 02.01.2020 10:01
O IKFEM está nominado aos Iberian Festival Awards 2020. Até o martes 7 está aberta a votación on-line o fallo do xurado darase a coñecer o 14 de marzo. Andrea González, directora do IKFEM amosou hoxe a súa satisfacción por esta nominación, Amais falounos da gravación que en marzo realizará con Warner Music da obra de Rosendo Salvado. E avanzou a viaxe que xunto co Seminario Menor van organizar a N...
Tradicións de Fin de ano arredor do mundo 30.12.2019 7:07
Descubre como se celebra o Fin de Ano en EEUU, Brasil, Londres, Dinamarca, Rusia, Sudáfrica e China, con Yolanda Vázquez.
Ent. Concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente - Concerto Fin de ano no Teatro Municipal de Tui 27.12.2019 8:00
O Concerto de Fin de ano celébrase ás 21 h no Teatro Municipal de Tui e participan a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo. Abordamos este tema coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente e a Cabalgata de Reis do próximo 5 de xaneiro.
Concerto Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui 27.12.2019 9:35
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui celebrarase o Concerto de Fin de Ano. Correrá a cargo de catro agrupacións tudenses: a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo. No repertorio primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss. As entradas poranse á venda dende ás 19.30 h no despacho de billetes aos prezos de 5 € e 3 €.
Nadal no Mundo 24.12.2019 14:41
Nova Iorque, Sucre en Bolivia, Bos Aires, Liverpool e Messina en Italia son os lugares que percorremos para coñecer como se celebra o Nadal no Mundo. É unha reportaxe de Yolanda Vázquez
Sorteo da cesta de Nadal de Acitui 23.12.2019 5:04
O número 00083 vendido en Pony Express Saloon é o gañador da cesta de Nadal de Acitui. O sorteo realizouse esta mañá, aquí na radio municipal de Tui. Ademais,pódese cobrar a papeleta da Loteria de Nadal de Acitui. As persoas poden acudir a súa sede sede, na primeira planta do edificio Área Panorámica.
Ent. Fernando Ferreira, presidente Asociación pescadores do río Miño -Caudal do río Miño 23.12.2019 12:03
O temporal que aconteceu no Baixo Miño estes últimos días, desbordou o caudal do río Miño. Hoxe abordamos este tema con Fernando Ferreira, o presidente da Asociación de pescadores do río Miño. Tamén damos conta dos problemas que teñen os pescadores á hora de renovar a licencia de pesca.
Ent. Teresa Prieto, Ricardo Martínez, David González e Helena Ucha - IV Concerto de Panxoliñas 20.12.2019 8:28
A Igrexa de San Francisco acolle mañá ás oito da tarde o cuarto Concerto de Panxoliñas no que van participar as tres corais tudenses, a San Telmo, a do Centrosociocomunitario e a da Ponte das Febres de Ribadelouro. Tamén actuará o grupo Lirolai do Rosal. Falamos deste evento con Teresa Prieto, Ricardo Martínez, David González e Helena Ucha. Tamén falaron do concerto solidario previsto para a próxi...
Ent. Sara Vicente, concelleira de Cultura - Programación Nadal no Rosal 20.12.2019 4:54
O Rosal conta cunha ampla programación para este Nadal. Visita da Apalpadora, espectáculos musicais e concertos son algunhas das actividades programadas para estas datas. Concretamos máis detalles coa súa concelleira de Cultura, Sara Vicente.
Ent Rafael Sánchez Bargiela - Visita guiada ao Nadal no patrimonio tudense 20.12.2019 3:40
O pórtico da Catedral, o retablo da Expectación no templo catedralicio ou o da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos son algúns dos elementos do patrimonio tudense que recollen referenciaa do Nadal. Mañá ás 17 h sairá da praza de San Fernando unha visita por este patrimonio dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural".
Ent. Cristina Correa, alcaldesa Oia -Programación Nadal Oia 20.12.2019 3:26
Un obradoiro de cociña de Nadal para os cativos, a presentación dun libro de Xoan Martínez Tamuxe e un Concerto de Panxoliñas forman parte da programación de Nadal do Concello de Oia. Abordamos hoxe estas actividades coa alcaldesa, Cristina Correa.
Ent. Juan Díaz, comandante Naval do Miño - Chea do Miño 20.12.2019 5:04
O Miño vén de acadar o nivel más alto da última semana no seu caudal. Así o confirmaba o comandante Naval do Miño, Juan Diaz quen recomendaba moita precaución e evitar a zona do Paseo Fluvial. Na pleamar prevista ao mediodía podería rexistrarse un novo incremento no nivel da auga. Insistía o Comandante Naval na precaución na beira do Miño
Ent. Juanjo Español, Club Actividades Acuáticas Alto Minho - 8º Trofeo Natación Eurocidade 19.12.2019 5:26
Preto dun centenar de participantes daranse cita o próximo sábado no oitavo Trofeo Natación Eurocidade. Será a partir das cinco da tarde hora galega, na Piscina Municipal de Valença. Falamos con Juanjo España do Club Actividades Acuáticas Alto Minho para coñecer máis detalles da competición e dos recentes logros do club.
Ent. Xosé Martínez Tato, Andatui - VIII Camiñada Solidaria 19.12.2019 5:02
A oitava Camiñada Solidaria celébrase en Tui este domingo ás dez da mañá. Os participantes sairán do Palco da Música no Paseo da Corredoira e recorrerán nove quilómetros. A inscrición é de balde, só é preciso traer alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.