Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rita Álvarez e Sara Uris - Amoriños. II Encontro de Amores Diversos 06.02.2020 8:33
As Flores e o amor centran o segundo Encontro de Realidades Diversas. Amoriños que terá lugar mañá no local Das flores de Rita na rúa Ourense de Tui, a partir das 19 h. Un encontro organizado por Rita Álvarez das Flores de Rita coa colaboración da mestra especialista en diversidade sexual, de xénero e familiar, Sara Uris coas que falamos hoxe. Crear un entorno seguro onde os e as participantes rel...
Ent. Suso Vila e Ítalo Péndula - “Xudeus e conversos en Galicia: os seus lugares, a súa historia” 06.02.2020 10:12
“Xudeus e conversos en Galicia: os seus lugares, a súa historia” é o tema das xornadas organizada pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, que se van celebrar en Tui a próxima semana. O xoves pola mañá centraranse en varias conferencias sobre as xuderías de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos, e xa o xoves á tarde e o venres inclúen visitas ao legado xudeu nestes tres municipios.
Ent. Jose Costa, Daniel Abreu e José Monte - Rallie Solidario en 4L 05.02.2020 12:35
Deporte, aventura e solidaridade mestúranse a partes iguais no Rallie Solidario de Marrocos en 4 L que se vai celebrar dende o 18 deste mes. Contará coa participación de 1.500 vehículos conducidos por estudantes universitarios. Entre eles estarán os valencianos Jose Costa e Daniel Abreu, estudantes da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. Contan co apoio da Cámara de Valença coma ex...
Ent. Ana María Núñez, concelleira de Comercio e Laureano Alonso, concelleiro de Turismo -"Tui é un amor.Namórate de Tui" 04.02.2020 13:47
Concello de Tui aposta polo amor na rúa e nos comercios na súa última campaña: "Tui é un amor. Namórate de Tui", polo Día dos Namorados. Así nolo contaron a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Un total de 600 corazóns e 6 elementos "románticos" decorarán os escaparates e as rúas da cidade, con motivo de San Valentín.
Ent. Alejandro Pacheco, Antonio Marchante e Oliver - "Ann & West El Tesoro de las Seis Caras" 31.01.2020 18:35
A longametraxe independente "Ann & West El Tesoro de las Seis Caras" estrearase este maio. Esta película, rodada únicamente cunha cámara de fotos e sen ningunha axuda económica, conta a historia dunha familia moi poderosa na procura dun obxecto valioso. A cinta rodouse entre Galicia e Portugal, con escenas gravadas tamén en Tui. Falamos con Alejandro Pacheco, director, e Antonio Marchante, e Olive...
Ent. José Monte e Renato Moreno - Raid TT 2020 da Eurocidade Tui - Valença 30.01.2020 10:21
Record de participación con 200 jeeps e 400 persoas esta fin de semana no Raid TT 2020 da Eurocidade Tui-Valença. Está organizado pola Eurocidade Tui-Valença xunto ao Club Tracáo ás 4. Do mesmo falamos hoxe con José Monte, vereador de Desporto de Valença, e Renato Moreno, do Club Tracçao ás 4
Ent. Alumnado do IES San Paio de Tui - Celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia 30.01.2020 8:29
Alumnos e alumnas do IES San Paio redactaron unha carta dirixida aos líderes mundiais de India, EEUU ou Rusia polo Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Na mesma, dan conta da súa preocupación polo futuro do mundo e os convidan a visitar o centro.
Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade - Policía Local e cambios tráfico 29.01.2020 15:42
Dende este domingo, 2 de febreiro, a Policía Local, debido á falla de efectivos deixará de prestar de forma temporal o servizo de noite. Este foi un dos temas que hoxe abordamos con José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade do Concello de Tui. Tamén tratamos o cambio de sentido de rúas en San Bartolomeu dende este sábado, o das paradas do autobús da Corredoira á rúa Ourense dende o luns 3 de feb...
Ent. Asociación Galiclown - Animadores e animadoras de Hospitais 28.01.2020 17:32
Din que a risa é a mellor das medicinas. E de risa saben moito os 20 voluntarios e voluntarias da Asociación Galiclown. Un equipo de animadores, contacontos e magos que, visitan os hospitais para mellorar o estado emocional dos pacientes, tanto dos cativos coma dos adultos. Coñecemos a mestra e contacontos Cris Vázquez, a filóloga e narradora Ana Fachín e o mago tudense Javier Argüelles, parte des...
Recomendacións literarias May Acebes - 27/01/2020 27.01.2020 17:03
"Camino con historias" de Alejandro Cuñi é o libro solidario que presenta hoxe May Acebes, na sección Recomendacións Literarias. O autor explícanos que, a obra recompila a súa experiencia persoal e a dos peregrinos no seu camiño até Santiago. Cun prezo de 10 euros, o recadado irá doado a Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
Ent. José Martínez Tato, pte. AndaTui - Visita/Ruta pola muralla ciclópea do Aloia 27.01.2020 8:36
Unha ruta/visita á muralla ciclópea do Parque Natural do Monte Aloia é a nova proposta que realizan dende o Club Andatui. A cita será este domingo, 2 de febreiro, a partir das 10.30 h. Partirá da capela de San Xiao no cumio do monte. É gratuíta e para participar só é preciso presentarse no lugar de saída. José Martínez Tato, presidente do Club AndaTui, explicaba que se trata da muralla máis grande...
Ent. Manuel Crisóstomo e José Ángel Villaverde- San Xoán no Monte Aloia de Tui 24.01.2020 5:16
Ruta até o Monte Aloia, cocido e cata de viños son os ingredientes para celebrar o San Xulián no Monte Aloia , o próximo luns 27 de xaneiro a partir das 9 h. Esta é a primeira romearía na cidade tudense.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio e Turismo de Tui - Ordenanza ARI e outros 24.01.2020 13:53
O pasado 16 de xaneiro o Concello de Tui publicou no BOPPO a aprobación definitiva da ordenanza reguladora das axudas na ARI. O seguinte paso será a aprobación das bases e da convocatoria destas axudas. Así o explicaba o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso. Tamén deu conta da próxima adhesión de Tui ao Programa de Vivendas Baleiras e ao programa Casas de Mestres.
Ent. Manuel Ángel Glez, pte Remo do Miño - 40 Regata Miño Internacional 24.01.2020 5:08
Mañá celébrase en augas do río Miño entre Currás e Tui a corenta edición da Regata Miño Internacional organizada polo Club Remo do Miño. Unha regata que dende a organización, explicaba o seu presidente, Manuel Ángel González, queren que teña un cariz especial co gallo deste 40 aniversario. Así na participación con récord de remeiros e remeiras que competirán nas modalidades de Catro Scull e Oito....
Ent. Rosendo Bugarín, médico - Coronavirus de Wuhan 23.01.2020 7:22
Hoxe coñecemos algo máis sobre o Coronavirus de Wuham co médico tudense Rosendo Bugarín.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tui en Fitur 23.01.2020 7:21
Tui estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, coma membro da Red de Juderías de España, e do Xeodestino Ría de Vigo - Baixo Miño. O alcalde, Enrique Cabaleiro fixo balance desta presenza neste evento. Destacou a nivel turístico que se debe potenciar, o Camiño de Santiago e a rede de Xuderías. Esta última que, causou moita expectación na feira de turismo.
Ent. Gabriela Márquez, directora de Comunicación dos supermercados Familia - Peche do Familia en Tui 21.01.2020 5:44
O supermercado Familia situado no Paseo da Corredoira de Tui pechará as portas o próximo 31 de xaneiro. Gabriela Márquez, a directora de comunicación dos Familia explicaba hoxe que, este peche obedece a que o local non cumpre as condicións necesarias para a súa actividade. Unha actividade que pretenden retomar en canto atopen un local acondicionado para a mesma.
Ent. Ciano Valcárcel, director do Centro San Xerome - Óscar e Sandra volven ao San Xerome 21.01.2020 9:59
Óscar e Sandra volven ao Centro de Adultos San Xerome da Guarda quen, por agora, está asumindo o custe das prazas. Estes usuarios do centro, con especiais dificultades de desenvolvemento permaneceron nas súas casas dende setembro do 2019, por non dispor de prazas no centro de Adultos da Asociación. Ciano Valcárcel, o director do San Xerome explícanos as reivindicacións que realizarán para captar f...
Ent. Teresa Domínguez do CRA Mestra Clara Torres e Sonsoles Vicente, concelleira Cultura- Escola de Nais e Pais na RMT 20.01.2020 11:14
Mañá comeza a nova tempada da Escola de Nais e Pais na RMT, organizado polo CRA Mestra Clara Torres coa colaboración do concello de Tui. As charlas serán o terceiro martes de cada mes de 12:30 a 13:00 h, até o 19 de maio. Comentamos os temas a desenvolver con Teresa Domínguez do CRA Mestra Clara Torres e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui.
Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos de ACITUI - Sorteo de 10 vales de compra no comercio asociado 20.01.2020 5:08
Esta mañá tivo lugar na nosa sintonía o sorteo de 10 vales de compra de 50 euros entre as rifas que repartiron ao longo da campaña de Nadal. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, valoraba positivamente a campaña de Nadal, coma cifra indicaba que repartiron máis de 4 mil rifas para este sorteo. As dez persoas agraciadas teñen que recolller dende a próxima semana o vale de 50 € que poderán consu...
Ent. María Alonso - Campioa de España de Dardos en 1998 17.01.2020 14:03
A tudense María Alonso, que en 1998 foi campioa de España de Dardos na modalidade de 301 Master Out, achegounos hoxe a esta competición. Contonous coma comezou aos 17 anos a xogar aos dardos, e as diferenzas que hai entre a competición hoxe en día e cando ela competía.
Ent. Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva. 16.01.2020 8:17
Darlle prioridade peonil a estrada EP 3003 entre Tabagón, no Rosal, e Goián, en Tomiño, foi un dos asuntos sobre os que xirou a reunión mantida onte no Rosal entre a alcaldesa, Anxela Fernández, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Tamén abordaron os investimentos que O Rosal realizará con cargo ao Plan Concellos e a celebración dun congreso de Deporte Feminino Comarcal, no que se poñan en...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obxectivos 2020 15.01.2020 17:19
En febreiro, posiblemente, vaia a pleno extraordinario os orzamentos de 2020 do Concello de Tui. Así o adiantaba hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen se refería aos obxectivos en materia de tráfico coa apertura da r/Ourense cara ao sur, e humanización de A. González Besada e Casal Aboy. Tamén valorou positivamente o anunciou feito pola Consellería de Infraestruturas da licitación do enlace entr...
Ent. Asociación Amigos Tudenses da Camelia "ATUCA" - V Mostra da Camelia cidade de Tui 15.01.2020 13:33
A V Mostra da Camelia Cidade de Tui celébrase esta fin de semana. Será inaugurada o sábado ás 12:30 h na Área Panorámica de Tui e poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións o sábado á tarde e o domingo todo o día. Está organizada pola Asociación Amigos Tudenses da Camelia "ATUCA". Participan preto de 80 expositores de Galicia, Portugal, e Asturias. Falamos cos membros de ATUCA: José Carlos...
Ent. Sandra González, presidenta de Eurural e alcaldesa de Tomiño - “El primer reino Medieval de Europa" en Fitur 14.01.2020 13:49
A asociación Galicia Suroeste Eurural lidera o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que, presentará o seu primeiro produto "El primer reino medieval de Europa" en Fitur de Madrid a próxima fin de semana. A presidenta de Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González explicános o inicio deste proxecto que abrangue 14 concellos e que, desenvolverá dez productos até o 2025.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.