Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez de Acitui - Sorteo da campaña "Namórate de Tui" 24.02.2020

O número 1429 é a papeleta gañadora dunha cea para dúas persoas nun dos comercios asociados de Acitui. Trátase da Campaña da Asociación de comerciantes "Namórate de Tui" polo Día dos Namorados. Juan Carlos Blanco, o presidente e Jose Manuel Díez membro da directiva de Acitui, realizaron hoxe o sorteo na nosa sintonía.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Entroido 2020 21.02.2020

O martes 25 - Martes de Entroido - Tui ten previsto celebrar o seu desfile-concurso coa participación de 13 comparas e preto de 900 persoas. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, daba conta do programa previsto.

Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura - Entroido A Guarda 2020 21.02.2020

O desfile dos colexios puxo a cor de Entroido esta mañá nas rúas da Guarda. A Alameda acollerá na fin de semana os actos festivos, e o próximo martes terá o desfile-concurso. A concelleira de Cultura da Guarda, Montserrat Magallanes, destacaba o ambiente de Entroido que vive a vila.

Ent. Alex Canosa, concelleiro de Cultura de Salceda - Entroido 2020 21.02.2020

1.500 nenos e nenas dos centros educativos salcedenses protagonizaron xa esta mañá o desfile polas rúas da vila. É o preámbulo dun amplo programa festivo do que hoxe daba conta o concelleiro de Cultura de Salceda, Alex Canosa.

Ent. Luís Pimentel de Equigalia - Liga Interclubs de Saltos 21.02.2020

Este domingo dende ás 10 h celébrase a primeira proba da Liga Interclubs de Saltos de hípica nas instalacións de Equigalia, en Malvas, Tui. Contarán con 150 participantes distribuídos en sete categorías. Así nolo explicaba Luís Pimentel de Equigalia.

Ent. Ana Fernández, concelleira de Cultura de Tomiño - "Venres de Foliada" en Tomiño 20.02.2020

Xa está todo preparado para o tradicional “Venres de Foliada” de Tomiño. 22 comparsas e preto de 1800 participantes sairán mañá a partir das 21:30 h dende o Colexio Pedro Caselles e continuarán pola Avenida Gondomar, para rematar na mesma avenida, á altura da rotonda da Pedra. o Entroido foi o tema que abordamos con Ana Fernández, a concelleira de Cultura de Tomiño.

Ent. Iago e Adrián, Asociación Cultural Taíña - Festival Taíña 20.02.2020

O reggae, o trap e o Ska daranse cita este sábado a partir das 23:30 h no Festival Taíña na Praza de Goián. Un evento musical, organizado pola Asociación Cultural Taíña que, conta coas actuacións da banda Kiwi Roots, Liska, Jolof Warrior & The Green Hood Band, Boyanka Kostova e Sapoconcho Sem Poncho.

Ent. Ana Mª Núñez e Mónica Novas - Charla "Como evitar as relacións tóxicas" 19.02.2020

Reflexionar sobre as relacións sociais e coñecer as ferramentas para detectar as persoas tóxicas do noso entorno é o tema sobre o que tratará a charla "Como evitar as relacións tóxicas", este venres ás 19:30 na Sala Xacobeo na Área Panorámica de Tui. Estará impartida pola psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero, Mónica Novas Dios coa que falamos. A concellei...

18022020 Escola de nais e pais - Catherine L´Ecuyer "Importancia de educar no asombro e a realidade" 18.02.2020

É real a realidade virtual? a resposta tena a doutora en Educación e Psicoloxía, Catherine L´Ecuyer que, hoxe nos detallou as claves para educar no asombro e a realidade. Trátase da segunda charla da Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación", na nosa sintonía. De motivación e de mundo dixital tamén falamos neste espazo, organizado polo CRA Mestra Clara Torres.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - San Teotonio, orzamentos, sendo do Miño... 18.02.2020

O Concello de Tui recibirá hoxe a medalla ao mérito municipal en Valença. Será unha das tres medallas que conceda esta mañá á Cámara Municipal na sesión solemne que vai celebrar co gallo do Día de San Teotonio. Este foi un dos temas dos que hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Os orzamentos, a senda do Miño e o Pacto dos alcaldes polo clima foron outros asuntos abordados.

Ent. Ismael Diz, Maxi Rodríguez e Carmen González . Cultiva a mente e coidandome 14.02.2020

Até o 3 de marzo está aberto no Concello de Tui o prazo de inscrición para o programa Coidand@-me" dirixido a coidadores familiares de persoas maiores dependentes. Do mesmo faláronnos hoxe Ismael Diz,concelleiro de Servizos Sociais, Maxi Rodríguez, psicóloga de AFAGA, Carmen González, traballadora Social do Concello de Tui. Tamén fixeron balanzo dos primeiros meses do programa "Cultiva a mente".

Ent. Fran Landa, Iván Padrones e Mario Vaquerizo - La última tourné en Vigo 14.02.2020

La última tourné chegará o próximo xoves, 20 de febrero, ao Auditorio Mar de Vigo, da man de Alicates Producións. Mario Vaquerizo, xunto a Alaska e Bibiana Fernández, será un dos artistas que estará en escena. Hoxe mesmo falamos con el no programa Día a Día. Tamén nos acompañaron Fran Landa e Iván Padrones de Alicates Producciones.

14022020 Candido Pazó, dtor - Contraproducións con A Compañeira de Piso 14.02.2020

Unha comedia moi divertida con moito fondo é a que chega esta noite ao Teatro Municipal de Tui con Contraproducións. Así o explicaba hoxe Cándido Pazó, que dirixe esta montaxe teatral xunto a Belén Pichel. A representación comezará ás 21.30 h.

Ent. Fran Landa, Iván Padrones e - Espectáculo Xavier Deltell La noche es comedia 13.02.2020

O espectáculo “La Noche es comedia” chegará o sábado 7 de marzo, ás 20.30 h, ao Auditorio Mar de Vigo. Xavier Deltell, exercerá de mestre de cerimonias nun evento no que tamén os monologuistas Oswaldo Digón, Txabi Franquesa, Álvaro Carrero e Tomás García. Do espectáculo falamos con Fran Landa e Iván Padrones de Alicates Producciones e co propio Xavier Deltell

Ent. Alfredo Conde, escritor - Presentación "Homes de ferro" en Tui 12.02.2020

Ás 19 h no Club Náutico San Telmo terá lugar a presentación do libro "Homes de ferro" de Alfredo Conde, editado por Ézaro Ediciones. Baseada en feitos reais, esta novela conta a historia de catro amigos irlandeses que navegaron dende Dublín até Coruña nunha embarcación tradicional, a “currach”. O propio autor contábanos que “Homes de ferro” mostra a peripecia que levarían a cabo estes homes de 60...

Ent. Víctor Arufe, profesor e creador da plataforma EDUCA -Semana da Educación de Tomiño 12.02.2020

Víctor Arufe, profesor e creador da plataforma EDUCA, impartirá a charla “Educar na sociedade actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas”, ás 19 h no Auditorio de Goián. Como parte da Semana da Educación de Tomiño. O docente exporá de forma moi práctica, orixinal e novidosa as bases que deben primar na educación infantil.

Ent. Juan Carlos Blanco e Quina González de Acitui - Campaña "Namórate de Tui" 11.02.2020

Unha cena para dúas persoas é o premio que concederá Acitui, Asociación de Comerciantes de Tui por mercar nos seus comercios. Trátase da campaña por San Valentín, “Namórate de Tui” que, durará até este sábado 15 de febreiro e que conta coa colaboración do Concello. Juan Carlos Blanco, presidente e Quina González dábanos hoxe os detalles para participar neste novo sorteo.

Ent. Enrique Cabaleiro e Manuel Rodríguez Lopes - 8º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença 10.02.2020

Ás 21 h na Cámara de Valença terá lugar un pleno histórico xa que será a primeira vez en Europa que se reúnan nunha sesión plenaria as corporacións municipais de dous países. Será para conmemorar o oitavo aniversario da Eurocidade Tui-Valença. Deste acto, pero tamén da Eurocidade falamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Rodríguez Lopes.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - V Semana da Educación 10.02.2020

Dende hoxe até este xoves no Auditorio de Goián celébrase a V Semana da Educación de Tomiño. Co título "As novas fronteiras de educación, unha educación sen fronteiras”, Pepa Horno, Juan Llorca, Víctor Arufe e Lola López Mondéjar, impartirán as súas conferencias aos máis de 300 participantes. Sobre este tema falamos con Sandra González, a alcaldesa de Tomiño.

Ent. Juan José Martín Álvarez, dtor Xeral de Xustiza - Traslado dos xulgados ao novo edificio xudicial 10.02.2020

Mañá mesmo comezará o traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio xudicial na praza de Galicia. Así o confirmaba hoxe o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, quen explicaba que se fará de forma progresiva en función das gardas, e estará completado a próxima semana. A meirande parte do arquivo en papel manterase transitoriamente na súa actual ubicación para realizar un espurgo.

Ent. Raúl Ben - O single "La tercera parte”, nas plataformas dixitais 07.02.2020

“La tercera parte” é o primeiro single do músico porriñés Raúl Ben que hoxe estará dispoñible en todas as plataformas dixitais. O disco se completa con 10 cancións máis reunidas baixo o titulo de “Consejos vendo...” nas que traballou durante un ano coa colaboración do produtor tudense Sete Sousa. Tamén contou coa axuda dos musicos: José Bruno na batería, Alexandre Carrero ao baixo, Gonzalo Campane...

Ent. Club de Manga e Anime Tuitaku do IES San Paio de Tui - II Comic-Con Tuitaku 07.02.2020

Dende ás 10 h, no IES San Paio de Tui, alumnos e alumnas compartirán o seu gusto polo manga e o anime na segunda edición Comic-Con que, organiza o Club Tuitaku do San Paio. Concursos, xogos de mesa ou Escape Room, protagonizan esta xornada que reunirá aos clubs do IES Valadares e Alenxandre Bóveda de Vigo, IES as Barxas de Moaña e o IES Escolas Provar de Nigrán. Ángela Fernández, Alba García, Gabr...

Ent. Laura Sarasola de Caramuxo Teatro con Zapatos no Teatro Municipal | 2020 07.02.2020

"Zapatos" é a obra de teatro para bebés que mañá Caramuxo Teatro presenta no Teatro Municipal de Tui. Haberá dobre pase, ás 17 h e ás 18.30 h. Hoxe falamos con Laura Sarasola, a actriz, deste espectáculo.

Ent. Eduardo Fernández, presidente de Biciosos - IX Eurocidade BTT 07.02.2020

O domingo 29 de marzo ás 9 h terá lugar a saída da IX Eurocidade BTT que agarda reunir novamente a 1.200 corredores. A inscrición abriuse este martes, e en 2 días levan xa 311 inscritos. Un dos principais cambios nesta edición é o carácter federado da proba o que conleva un incremento nos prezos de inscrición, para aqueles ciclistas sen licenza. Así o explicaba Eduardo Fernández, presidente de Bic...

Noticias 13.30 h - Xoves, 06 de febreiro de 2020 06.02.2020

A actualidade deste xoves, 6 de febreiro, en Noticias 13:30 h.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.