Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Medidas Preventivas Coronavirus 13.03.2020

O Concello do Rosal suspende toda as actividades culturais e deportivas, seguindo o protocolo de prevención polo COVID-19. Suspéndese a atención ao público dos servizos administrativos no Concello e os trámites faranse de xeito telefónico ou a través de sede electrónica. Permanecerá aberto o rexistro de entrada, que se situará na planta baixa. O detallou a súa alcaldesa, Ánxela Fernández.

Ent. Samuel Diz - "Memoria de la melancolía, á venda 13.03.2020

O músico e investigador tudense, Samuel Diz recupera a figura de María Teresa León e Federico García Lorca no seu último disco "Memoria de la melancolía", xa á venda. Son 15 composicións musicais, orixinais da xeración do 27 e o exilio republicano español, gravadas na Huerta de San Vicente. Unha homenaxe a vida da escritora e feminista María Teresa León.

Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Medidas Preventivas Coronavirus 13.03.2020

O Concello de Salceda de Caselas suspende toda actividade cultural, deportiva e de formación no municipio, así como a actividade do mercado semanal dos mércores. O explicou esta mañá a súa alcaldesa, Loli Castiñeira.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Medidas Preventivas Coronavirus 13.03.2020

O Concello da Guarda rexistrinxe os servizos que presta o concello, fomenta a atención telefónica e o teletraballo. Amais suspéndense actividades municipais e o mercado semanal dos sábados. Así o explicaba o alcalde, Antonio Lomba.

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Medidas preventivas Coronavirus 13.03.2020

O Concello de Oia súmase ás medidas decretadas pola xunta, suspéndese as actividades organizadas polo propio concello, e recoméndase non acudir á casa do concello. Así o explicaba a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Medidas Preventivas do Coronavirus 13.03.2020

Tomiño creou unha comisión de seguimiento do Coronavirus formada por equipo de gobernó, membros da oposición e policía local, para ir analizando a situación Día a Día. Así o explicaba a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen detallaba as medidas tomadas con carácter preventivo.

Ent. Manuel Lopez, pte Cámara de Valença e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Prevención coronavirus 12.03.2020

O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopez, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deron conta hoxe das medidas adoptadas para previr o contaxio por coronavirus.

Ent. Milucho Romero da Banda de Gaitas de San Xoan de Paramos - Participa no Día de San Patricio en Nova Iorque 11.03.2020

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos participará o próximo martes, 17 de marzo, no desfile do Día de San Patricio en Nova Iorque. Este venres ás 6 da mañá sairán dende Paramos un grupo de 65 persoas, das que 47 son músicos con destino aos Estados Unidos. Ofrecerán amais distintos concertos en lugares coma Times Square, ou a zona Cero, entre outros puntos.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda marzo 10.03.2020

Na rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui, que estamos a manter este mes de marzo, hoxe acompañounos o voceiro de Converxencia 21, José Manuel Palacín.

Ent. Rafael Estévez, Xosé M Tato, Marina Carvalho e Bruno Gonçalves - Andainas Eurocidade 2020 09.03.2020

Seis andainas conforman este ano o Circuíto de Andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença que se van celebrar dende este mes de marzo até setembro. A primeira será esta mesma fin de semana, o domingo, polo Trilho da Lamprea en Valença. Hoxe coñecementos está oferta conxunta con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Xosé Martínez Tato de AndaTui, Marina Carvalho e Bruno Gonçalves de Cel...

Ent. Juan Carlos Blanco e Quina González de Acitui - Campaña Día do Pai 2020 09.03.2020

ACITUI pon en marcha hoxe unha nova campaña de promoción do comercio local co gallo do Día do Pai. Coas compras realizadas dende hoxe ao 21 deste mes cada cliente recibe unha papeleta cun número entre as que se sortearán 3 vales de 30 euros. Así nolo explicaron hoxe Juan Carlos Blanco e Quina González. Tamén avanzaron a celebración da Feira de Oportunidades que se presentará esta semana, e da Feir...

Ent. Artur Trilo de Talia Teatro - Vida de Cans 06.03.2020

"Vida de cans" é o título da comedia que mañá ás 20.30 h presenta no Teatro Municipal de Tui Talía Teatro. Sobre o escenario estarán tres actores, dando vida a tres cans. Serán Toño Casais, Dani Trillo, Artur Trillo. Con Artur Trillo falamos do espectáculo.

Ent. Ana Mª Nuñez, concelleira de Igualdade - Programación 8M 06.03.2020

"Somos e seremos inmarcecsibles" é o lema da programación organizada polo Concello de Tui co gallo do Día Internacional da Muller. Un amplo programa que comezou o día 2 e se vai prolongar até o 28 deste mes. Dos obxectivos, do lema e dos actos previstos falabamos hoxe coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez.

Ent. Miguel Abraira, profesor de historia - "Somos Historia" 05.03.2020

"Somos Historia" é o título dos podcast elaborados polos profesor de Historia do IES San Paio, Miguel Abraira. Van dirixidos a estudantes galegos de Historia de España de 2º de Bacharelato pensada para axudar a entender a Historia de España. Hoxe falamos con el no programa Día a Día. Miguel Abraira foi nominado en 2018 a Mellor Docente de España. Podcast ?https://open.spotify.com/show/3czrAFAybse4...

Ent. Chisco Casteleiro, autor, director e actor - Galitoon con The Show Moscón 05.03.2020

O público familiar dende os 2 anos é o destinatario do espectáculo “The Show Moscón” que mañá venres ás 19.30 h representa no Teatro Municipal de Tui Galitoon. Trátase dun espectáculo atípico porque é un circo de monicreques e moi singular porque emprega distintas técnicas de manipulación. Así o explicaba Chisco Casteleiro, autor, director e manipulador xunto a Rubén Mira. As entradas están á vend...

Ent. Brokktt - Novo sinxelo "Dices que te vas" 05.03.2020

Música urbana é como define a súa música Brokktt. Agora vén de presentar o seu primeiro sinxelo en solitario "Dices que te vas", cuxa letra compuxo con Yenia e no que conta coa produción de Sete Sousa. Agora inicia a promoción deste traballo. Hoxe falamos con el no programa Día a Día.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - A Eurocidade Cerveira-Tomiño presenta unha guía e unha App de turismo 04.03.2020

A Eurocidade Cerveira-Tomiño presentou esta semana unha guía turística e unha aplicación de Turismo accesible para promover un maior coñecemento do turismo e dinamizar o potencial económico da Eurocidade. Falamos destas iniciativas e de varios asuntos de actualidade coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ent. María Teresa Amado, coordinadora - O XX Festival de Teatro Grecolatino en Tui 04.03.2020

O Festival de Teatro Grecolatino celebra a súa vinte edición en Ourense, Lugo, na Coruña e hoxe en Tui. Preto de 900 alumnos e alumnas dos institutos da provincia asistiron á representación da traxedia “Troianas” de Eurípides e pola tarde, presenciarán a comedia “Anfitrión”, de Plauto. Serán interpretadas pola Compañía de Teatro, Noite Bohemia, no Teatro Municipal. María Teresa Amado, unha das coo...

Ent. José Álvarez e Belén González - Denuncia dos pais e nais polas instalacións da aula de Caldelas do CRA 03.03.2020

As instalacións da aula de Caldelas do CRA non cumpren coas medidas axeitadas para o seu bo funcionamento. Isto é o que denunciaron hoxe na nosa sintonía, Jose Álvarez e Belén González en representación dos pais e nais, dos alumnos e alumnas do mesmo. A humidade, a carencia dun patio cuberto e a falta de seguridade nas inmediacións do centro son algunhas das carencias que, presenta a aula de Calde...

Ent. Paula Rodríguez, psicóloga experta en adolescencia - “Emoción, infancia adolescencia" no Liceo Casino de Tui 03.03.2020

“Emoción, infancia adolescencia. A importancia da intelixencia emocional nos primeiros anos” é a conferencia que acolle mañá ás 19:30 h o Liceo Casino de Tui. No programa Día a Día falamos coa ponente, Paula Rodríguez, psicóloga experta en adolescencia.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, Turismo, Camiño de Santiago e Novas Tecnoloxías - Rolda marzo 03.03.2020

Co concelleiro de En Marea e responsable de Patrimonio, Turismo, Camiño de Santiago e Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso, abrimos hoxe unha nova rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui.

Ent. Julia Fernández, directora CEP Caldelas - Xornada de Portas Abertas 03.03.2020

O CEP de Caldelas realiza hoxe o e sábado unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións e o seu método educativo. Os pais e nais interesadas poden visitar o centro hoxe de 16 a 18h e o sábado de 11 a 14h . Falamos coa directora do centro Julia Fernández.

Ent. Laureano Alonso, profesor do IES San Paio de Tui - Festival de Teatro Grecolatino en Tui 02.03.2020

Tui acolle o Festival de Teatro Grecolatino este mércores. Máis de 500 alumnos e alumnas dos institutos da provincia presenciarán dúas obras de teatro greco, a traxedia “Troianas” de Eurípides e a comedia “Anfitrión”, de Plauto. As dúas obras serán interpretadas pola Compañía de Teatro, Noite Bohemia da Coruña. O profesor do IES San Paio de Tui e concelleiro de Turismo, Laureano Alonso informounos...

Ent. Carolina Figueroa do Club Ribex de Tui - Campeonato Galego de grupos Show Junior e Cuarteto de Patinaxe 28.02.2020

Un total de 200 patinadores e patinadoras competirán mañá dende ás 17:30 h, no pavillón municipal de Tui no Campeonato Galego de grupos Show Junior e Cuarteto de Patinaxe. O evento, organizado polo Club Patinaje Artistico Ribex, reúne a deportistas galegos competindo por clasificarse para o Campeonato de España. Acudimos a Carolina Figueroa do Club Ribex, para coñecer máis desta cita deportiva.

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, a Asociación Naturalista do Baixo Miño - Medio ambiente no Baixo Miño 27.02.2020

A recente manifestación veciñal en Cristelos, Tomiño para deter a tala de árbores e o herbicida Glifosato son algúns dos temas que, abordamos con Agustín Ferreira, o presidente da Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.