Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Jesús Vaz da empresa Coplegal - Medidas de seguridade e mascarillas para o persoal de Coplegal 20.03.2020 4:02
Mascarillas tamén se están realizando para abastecer ao persoal na empresa Coplegal, ademais, de manter as medidas de seguridade. Nolo contou Jesús Vaz Pazo.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio - Situación na praza de Abastos de Tui 20.03.2020 4:48
A Praza de Abastos de Tui continua coa súa actividade normal, extremando as precaucións e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Así o explicaba a concelleira de Comercio de Tui, Ana Mª Núñez, quen indicaba que nas entradas hai hidroalcol para lavar as mans.
Ent. Ciano Valcárcel, director do Centro San Xerome - O San Xerome da Guarda brinda recursos ás familias dende as casas 20.03.2020 3:39
Un primeiro susto levou o San Xerome da Guarda cando se decretou o Estado de alarma en España o pasado venres. Moitos dos usuarios e usuarias do centro tiñan problemas de saúde, por iso a dirección articulou unha serie de medidas para reorganizarse e atender aos alumnos dende a casa. Contactamos co director do San Xerome, Ciano Valcárcel.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación venres 20 20.03.2020 7:12
Onte rexistrabase o primeiro caso confirmado por Coronavirus en Tomiño. A propia alcaldesa, Sandra González, o informaba nas redes sociais. Dando a coñecer a nova explicaba a rexedora é un xeito tamén de que a poboación extreme as precaucións e quede na casa. A primeira medida que tomaron foi informar á poboación, en contacto coas autoridades sanitarias, policía local e garda civil. O Concello pub...
Ent. Manuel Lopes, pte. da Cámara de Valença - Situación venres 20 de marzo 20.03.2020 2:27
En Portugal o goberno decretou tamén o estado de alarma o que endurece as medidas tomadas até o de agora para parar o contaxio por coronavirus. Así o explicaba o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes. Amosaba o seu agradecemento á poboación que está a evitar saír á rúa.
Ent. Mª Jesús Pérez Diz de Ideas - Confección de mascarillas de algodón 20.03.2020 3:54
Fabricar mascarillas de algodón é o traballo que están a realizar Marita Giráldez e Mª Jesús Pérez Diz, do comercio tudense “Ideas”, co obxectivo de abastecer á poboación máis vulnerable neste estado de emerxencia sanitaria que vivimos dende fai case unha semana.
Ent. Ánxela Fernández, alcadesa do Rosal - Situación venres 20 de marzo 20.03.2020 2:42
Rúas baleiras no Rosal dan mostra da conciencia da veciñanza neste momento de crise sanitaria. Os servizos de atención ao público do Concello funcionan por teléfono ou a través da sede electrónica. So permanece aberto o rexistro de entrada que está situado na planta baixa do Concello así como os Servizos Sociais que atenden casos urxentes. Mentres, no Centro de saúde do Rosal todo se desenvolve co...
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda- Situación venres 20 de marzo 20.03.2020 4:08
Calma e orden no municipio guardés, neste sétimo día de cuarentena polo estado de alarma polo Covid-19. A Policía local, Garda Civil e Ges traballan para coordinar a orden das persoas nalgúns supermercados para evitar aglomeracións. O alcalde, Antonio Lomba, danos máis detalles de como se atopa o municipio guardés.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres 20 de marzo de 2020 20.03.2020 6:15
Sen novidades continua a situación en Tui nestes venres 20 de marzo. Así o explicaba o alcalde Enrique Cabaleiro, quen facía fincapé na importancia de quedar na casa para evitar o contaxio por coronavirus. No concello continua a tramitación de asuntos priorizando Servizos Sociais, Urbanismos e pago a proveedores.
Ent. Dr. Santiago Pose - Situación Venres 20 no centro de saúde de Tui 20.03.2020 8:55
O Centro de Saúde de Tui traballa nun novo protocolo de atención coa que facer fronte a esta pandemia do coronavirus. O obxectivo é mellorar o sistema de acceso de tal xeito que as urxencias que acuden por problemas respiratorios empreguen unha entrada, o resto de urxencias outras. O mesmo acontecerá co acceso dos nenos. Así o explicaba o doutor Santiago Pose.
Ent. José Quinteiro, pdte SOS Tomiño Baixo Miño - SOS Tomiño Baixo Miño seguirá repartindo alimentos no estado de alarma 20.03.2020 2:37
Co obxectivo de protexer tanto aos beneficiarios coma os voluntarios así coma garantir a entrega de alimentos, SOS Tomiño Baixo Miño adoptou una serie de medidas de seguridade, mentres dure o estado de alarma sanitaria polo COVID-19. Nolo explica o seu presidente, José Quinteiro.
Ent. Teresa Ventín, coordinadora Eures Transfronteirizo - Traballadores transfronteirizo 18.03.2020 5:28
Os traballadores transfronteirizos, é dicir que viven en España e traballan en Portugal ou a inversa, teñen que xustificar estes días a súa condición para pasar os controis de fronteirza. Non hai un documento tipo para esta documentación de traballador transfronteirizo pode ser dende a tarxeta de ficha na empresa até o contratado de traballo. Así o explicaba Teresa Ventín, coordinadora do Servizo...
Ent. Laureano Alonso de En Marea - Situación mércores 18 18.03.2020 3:50
O voceiro de En Marea, Laureano Alonso, considera que o concello terá que pór a dispor máis recursos en Servizos Sociais, dada a actual situación a que derivará tras a crise do coronavirus.
18032020 José Manuel Palacín de C21 - Situación mércores 18 18.03.2020 3:36
O voceiro de C21 de Tui, José Manuel Palacín, explicou que a semana pasada presentaron 12 medidas para a contención do coronavirus por rexistro de entrada, que foron ben acollidas e están en funcionamento.
Ent. Jose Angel Fernández, voceiro do PP - Situación mércores 17 18.03.2020 3:33
A corporación municipal de Tui está a tomar decisións consensuadas na actual situación que estamos a vivir. Falamos hoxe cos distintos voceiros. José Ángel Fernández, voceiro do PP, lanzaba unha mensaxe de tranquilidade e responsabilidade, e destacaba o apoio incondicional ao goberno coa unión de todos os grupos políticos. Haberá que adoptar medidas de carácter extraordinario e urxente, dicía.
Ent. Manuel Lopes, presidente da Cámara de Valença - Situación mércores 18.03.2020 1:50
Situación tranquila a que se vive nesta xornada en Valença nesta crise do coronavirus. Así o explicaba o presidente da Cámara, Manuel Lópes.
Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui Mércores 18 18.03.2020 4:28
O Centro de Saúde de Tui continua a funcionar coa normalidade que permiten as actuais circunstancias, as consultas realízanse preferentemente por teléfono ou en caso de ser preciso é o persoal sanitario o que se despraza ao domicilio do paciente. Así o explicaba o doutor Santiago Pose. Lembraba o teléfono de citas 986 60 18 00 ou de urxencias 986 60 19 36 e o teléfono de información sobre o corona...
Ent. Sandra González, alcaldesa de tomiño - Situación mércores 18 de marzo de 2020 18.03.2020 5:29
A alcadesa de Tomiño, Sandra González explicanos a situación do municipio neste cuarto día de cuarentena, polo estado de alarma. Recordou amais que as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade, contacten cos Servizos Sociais do Concello, no 986 62 23 11.
Ent. Manuel Lopes, presidente da Cámara de Valença - Situación martes 17 17.03.2020 3:33
Manuel Lopes, presidente da Cámara de Valença, explicaba que con serenidade estase a vivir a situación en Valença, onde se nota a ausencia de españois, e con boa parte do comercio pechado por vontade propia. Explicaba que están a desinfectar as rúas, aparcamentos e espazos públicos con persoal propio.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación martes 17 17.03.2020 6:09
En Tomiño vívese unha situación de tranquilidade sen a penas persoas na rúa. A Ponte Internacional da Amizade está pechada dende esta madrugada. Así o explicaba a súa alcaldesa, Sandra González. No concello estase a traballar en servizos mínimos e en teletraballo. Está garantída a atención telefónica e os Servizos Sociais están ao completo e prestando atención ás persoas máis vulnerables.
Ent. Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación martes 17 17.03.2020 5:28
A alcaldesa do Rosal, Anxela Fernández, explicou a situación este martes 17 de marzo coa declaración do estado de alarma polo coronavirus. O concello mantén servizos mínimos e teletraballo. e faise un chamamento á veciñanza para por en coñecemento do concello a situación das persoas que poidan estar nunha situación vulnerable.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda- Situación martes 17 17.03.2020 4:31
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicaba a situación neste martes, 17 de marzo, ante a situación de estado de alarma polo coronavirus.
Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui Martes 17 17.03.2020 4:06
A resposta correcta da poboación cunha actuación responsable á e que destacaba hoxe o doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui. Lembraba que na web coronavirus.sergas.gal o SERGAS puxo a dispor da cidadanía un autotest do coronavirus. A poboación ten a dispor o teléfono informativo 900 400 116, o do centro de saúde de Tui 986 60 18 00 ou en caso de emerxencia 986 60 19 36.
Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui 16.03.2020 7:40
O doutor Santiago Pose enviaba esta mañá unha mensaxe de tranquilidade á poboación ante esta situación, lembrando que o centro está ao servizo da poboación, tentando dende o punto de visto sanitario protexer aos máis vulnerables que son as persoas maiores. Fan un chamamento á poboación a evitar aglomeracións no centro de saúde. Para iso as consultas serán telefónicas, salvo as urxencias e as que t...
Ent. Violeta de Santiago, voceira do PSdG-PSOE en Tomiño - Mocións aprobadas en pleno 13.03.2020 13:51
Esta semana falamos con Violeta de Santiago, voceira do PSdG-PSOE en Tomiño sobre as mocións que presentaron no último pleno da corporación tomiñesa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.