Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España 25.11.2025

A unión entre golf e fútbol deriva nun deporte: FootGolf. Hoxe coñecemos máis sobre este deporte, onde se pode practicar en Galicia e cales son os próximos campionatos a nivel galego, nacional e internacional. Conversamos con Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España.

Ent. Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI | Balance charla Verifactu 25.11.2025

Máis de 60 persoas asistiron onte luns á charla sobre Verifactu que organizou ACITUI na sala Félix Rodríguez. Hoxe fixo balance desta actividade a vicepresidenta de ACITUI, Lucía Nogueira.

Espazo Comercio | Jairo Correa, de Pet&Grow Shop 25.11.2025

Pet&Grow Shop é unha nova tenda que abriu en Guillarei, con artigos para mascotas, abonos, sementes, e moito máis, que hoxe coñecemos co seu xerente, Jairo Correa, no Espazo comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.

Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Abadexo, costra de pataca e allada 24.11.2025

Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica co chef Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de peixerías, do Mercado de San Antonio e das virtudes do abadexo. A receita de hoxe é abadexo, costra de pataca e allada.

Ent. Emilio Estévez e Gonzalo Barrio | Tertulias peregrinas 24.11.2025

Ideas Peregrinas acolleu a pasada semana unha nova Tertulia Peregrina, onde o investigador Gonzalo Barrio ofreceu unha charla titulada "Charles Lindbergh e Tui: unha parada na historia da aviación". Asistiron 50 persoas. Hoxe coñecemos máis sobre esta iniciativa co seu impulsor, Emilio Estévez, e o investigador Gonzalo Barrio.

Ent. Loli Estévez, de As Rutas de Suso | Papanoelada moteira 24.11.2025

O próximo domingo 14 de decembro as rúas de Tui e as súas parroquias encheranse de Papás Noeles en moto nunha papanoelada moteira que organiza o Concello de Tui coa colaboración de As Rutas de Suso. Será unha cita de carácter solidario, polo que as persoas que queiran participar deberán entregar un quilo de alimentos. Coñecemos os detalles con Loli Estévez, do grupo As Rutas de Suso.

Ent. Diana Gonçalves, cineasta tudense | Spot do 25N da Deputación de Pontevedra 21.11.2025

Tui e Valença son os escenarios do vídeo da Deputación de Pontevedra no 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A escritora e directora do vídeo e a cineasta tudense Diana Gonçalves, con quen hoxe conversamos sobre esta súa primeira ficción e sobre a mirada que quixo poñer nela.

Ent. Patricia Múñoz, de Amodo Turismo | Ruta polas Sobreiras do Faro 20.11.2025

Este domingo ás 10.30 h haberá un paseo interpretativo polas Sobreiras do Faro, en Oia, a cargo de Patricia Múñoz de Amodo Turismo. O percorrido permitirá coñecer en profundidade este Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) que forma parte tamén do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A inscrición ten un prezo de 15€. Pódese ampliar a información en www.amodoturismo.com Deunos todos os det...

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Campus de Nadal 20.11.2025

Para favorecer a conciliación familiar nas vacacións de Nadal nace este ano o Campus de Nadal do CB Tui, seis días no mes de decembro e tres en xaneiro, en horario de 9 h a 14 h. Deu hoxe todos os detalles o coordinador deportivo do club, Javi Niño. As inscricións deben realizarse no teléfono 634 61 60 76.

Ent. Manuel Madarnás e Jorge Pimentel | Peche da Xira La MMarca 20.11.2025

Este sábado remata a xira do espectáculo La MMarca que lidera Manuel Madarnás. Dende o 13 de xullo teñen percorrido un bo número de escenarios tal e coma hoxe nos contaban Manuel Madarnás e Jorge Pimentel, que nos falaron tamén deste peche, e dos próximos proxectos.

Ent. Miguel Martínez e Majo González de Xuntanza | XII Mostra Teatral Miguel Troncoso 20.11.2025

Estase a celebrar na Casa Cultural de Randufe, organizada pola Asociación Cultural Xuntanza, a XII Mostra Teatral Miguel Troncoso. Son un total de seis xornadas teatrais con grupos de Randufe, Sobrada, Vigo, O Rosal, Pazos de Reis e Alxén que comezaron o 8 de novembro e continuarán até o 13 de decembro. Miguel Martínez, presidente de Xuntanza, e Majo González, membro da directiva, contáronnos como...

Ent. Javier Tourís, deputado de Acción Comunitaria | Programa + Convivir este sábado en Tui 20.11.2025

O programa +Convivir da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tui con distintas propostas de actividades. Será no pavillón do IES San Paio de 16.30 a 20.30 h con charlas de Nutrición e Primeiro Auxilios a cargo do dr. Viso; un taller de Risoterapia, e xinmasia de mantemento. Unha actividade dirixida a persoas de todas as idades. Rematarase cun viño galego e música. Así nolo contou o deputad...

Ent. Martiño Noriega e Marga do Val - Conferencia presentación do libro "Os médicos tamén enferman" 19.11.2025

Mañá xoves, dentro do ciclo "Sobredo, 103 anos despois" presentarase en Tui o libro "Os médicos tamén enferman". No acto porase en contexto a situación actual da sanidade e o papel que os médicos tiveron tras os sucesos de Sobredo atendendo ás persoas feridas. O acto será mañá xoves ás 19.30 h o Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela. Hoxe falamos con Martiño Noriega, autor do libro, e Marga d...

Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Campionato de tutifruti, mercado de Nadal e pre fin de ano 19.11.2025

O próximo sábado 29 de novembro a comisión Amigos da Festa de Rebordáns organiza un campionato de tutifruti. Para participar é necesario inscribirse previamente. Marta Romero e Anas Fadoul, da comisión, explicaron hoxe como se organizará este campionato, e tamén avanzaron detalles da súa festa pre fin de ano e da súa presenza no Mercado de Nadal do Concello de Tui cun posto dende o 10 de decembro...

Ent. Nuria Palamidessi, psicóloga sanitaria | Taller de somatización no Liceo Casino 19.11.2025

Este venres día 21 o Centro Anarela organiza un taller co título “Escoitas ao teu corpo? Como as emocións vólvense síntomas”. Será no Liceo Casino de Tui de 19.30 h a 21 h. Unha das profesionais que impartirá o taller é a psicóloga sanitaria Nuria Palamidessi, que hoxe deu conta das actividades que van a realizar as persoas que asistan a formación. A inscrición é obrigatoria, nas redes sociais do...

Ent. Conchi Garrido, de Ch Ceramics | Obradoiro de cerámica no Espazo Xove de Tui 19.11.2025

Mañá xoves día 20 e o vindeiro 27 Conchi Garrido imparte un obradoiro de iniciación de cerámica no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz. Será en horario de 17 h a 20 h, e é preciso inscribirse no 886 11 07 97, no correo electrónico espazoxovetui.xuventude@xunta.gal ou presencialmente no espazo. Hoxe deu os detalles desta formación a artesá Conchi Garrido, de Ch Ceramics.

Ent. Belén Alonso, autónoma | Manifestación en Santiago 18.11.2025

Condicións xustas, protección social e recoñecemento do seu traballo son algunhas das reivindicacións das persoas autónomas que se van a manifestar en Santiago de Compostela o 30 deste mes de novembro. Belén Alonso é autónoma do Baixo Miño, e hoxe deu conta da iniciativa para asistir a esta manifestación en autobuses. Para máis información pode contactarse no teléfono 669 84 11 34.

Ent. Alejandra Rusell, autora de "El Juego del Escondite" 18.11.2025

A tudense Alejandra Rusell vén de publicar o seu primeiro “El juego del escondite” no que presenta 72 microrelatos independentes, e nos que o título forma parte tamén do relato. Presentarase ao público venres 12 de decembro ás 19.30 h no White Clover. O libro está xa á venda en Tui na libraría Nobel e tamén en liña. Alejandra Rusell contounos que está a traballar xa tamén no que será a súa primeir...

Espazo Comercio - Verifactu e Holded 18.11.2025

No tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI hoxe coñecemos que é o programa de facturación e xestión para autónomos Holded e cales son as características da ferramenta Verifactu. Contáronolo Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, e Jenifer Garzón de Holded. O próximo luns, 24 de novembro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez ACITUI organiza unha charla sobre "Verifactu. Como adaptar o t...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Paula Cabaleiro, comisaria da programación - 25N 17.11.2025

"O noso corpo, campo de batalla" é o lema elixido polo concello de Tui para conmemorar o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. FAlamos deste lema, do cartel obra de Paula Mayor, e da programación prevista con Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e con Paula Cabaleiro, comisaria da programación.

Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo 17.11.2025

Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de setas, de produtos de outono e damos consellos sobre a recollida de cogomelos. A receita de hoxe é boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo.

Ent. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, da compañía de teatro A Panadaría | As que limpan 17.11.2025

A programación de Outono no Teatro Municipal de Tui pecharase este sábado 22 ás 20 h coa sátira útopica “As que limpan” do grupo teatral A Panadaría. En Tui Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman comezaron esta xira no ano 2022, e aquí a pecharán. A compañía despedirase tamén con esta representación. Hoxe falamos coas tres actrices que subirán ao escenario este sábado.

Ent. Eloy Carrera, Miguel Prado, Antonio Barros e José Montes - Concerto de Santa Icía 17.11.2025

A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado a festividade da súa patroa, Santa Icía. Será ás 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Vaino facer cun concerto especial e solidario no que banda estará acompañada polo cantante Antonio Barros, no que van interpretar música de verbena. Así nolo contaban Eloy Carrera, director da Banda, e Antonio Barros, cantante, destacando o var...

Ent. Natalia Lago - 5 anos de A Fada do Aloia 17.11.2025

A ruta da auga, Amiga Árbore, a ruta da pedra… son só algunhas das propostas que dende hai cinco anos realiza Natalia Lago co seu proxecto de educación ambiental “A Fada do Aloia”. Natalia Lago fixo hoxe un balance positivo deste lustro de actividade pola acollida que está a ter por parte das familias,e pola incorporación de novos proxectos ao longo deste tempo. Avanzaba tamén as rutas que ten pre...

Ent. Laureano Alonso, tradutor e Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Obra traducida ao galego de Francisco Sánchez 14.11.2025

O luns 17 preséntase, ás 20.00 horas, no edificio Francisco Sánchez en Tui a tradución ao galego do libro "Sobre a brevidade da vida" do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. Unha tradución realizada por Laureano Alonso e na que se fai unha reflexión sobre o corpo, a alma, a vida dos seres vivos e tamén sobre a alimentación. Desta obra e da figura de Francisco Sánchez convesamos hoxe co tra...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.