Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Iván Pereira, deportista | Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025 14.11.2025

O tudense Iván Pereira vén de competir no Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025, na categoría de 40 a 44 anos. Unha proba moi dura, na que participaban 6.300 atletas de 114 países, e na que fixo un tempo de 4:42:53 h. Un gran resultado co que rematou no posto 536 na xeral, e foi 57 na súa categoría. Hoxe Iván Pereira contounos como se prepara para desputar este tipo de probas e cales son...

Ent. Mila González e Ana Pedreira, de Arume de Malvas | O Son do Outono 14.11.2025

Arume de Malvas organiza o concerto “O Son do Outono” para mañá sábado ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Actuarán a banda de gaitas Arume de Malvas e A.C. Airiños de San Xulián. Terán degustación de castañas e foliada libre. Mila González e Ana Pedreira, de Arume de Malvas déronnos hoxe todos os detalles.

Ent. Sara Rodríguez, maga, e Gonzalo Albiñana, director | Magia en la Manga con Singularia 13.11.2025

Tras un ano intenso de traballo mañá venres, ás 19 h, estréase no Teatro Municipal de Tui "Singularia" un espectáculo de maxia para público familiar da man de Magia en la Manga. Unha coidada posta en escena, a dramaturxia, e por suposto os números de maxia cunha estética moi coidada e que saen do convencional trazan as liñas mestras dun espectáculo tan singular coma o seu título "Singularia". Sara...

Ent. Belén Montero, da Asociación Cura y Arte en Camiño de Caldelas | Obradoiro de máscaras 13.11.2025

A asociación Cura e Arte en Camiño de Caldelas organiza para este sábado ás 17 h no local da comunidade de montes un obradoiro de máscaras de cartón pedra. Unha actividade para a que é preciso inscribirse previamente no teléfono 644 54 23 65 xa que as prazas son limitadas. Os menores de 6 anos deben acudir acompañados dun adulto. Deunos todos os detalles desta actividade Belén Montero, da asociaci...

Ent. Carla Miranda, responsable de proxectos de Dano Cerebral Galicia | Dano Cerebral Adquirido 13.11.2025

O dano cerebral adquirido é a principal causa de discapacidade en persoas adultas, con 35.000 galegos e galegas que o padecen. A prevención é clave. Coñecemos máis hoxe con Carla Miranda, responsable de proxectos de Dano Cerebral Galicia e traballadora social.

Ent. MarJewelrin | Obradoiro Crea a túa xoia peluda 12.11.2025

Este sábado María Freiría, MarJewelrin, vai impartir a segunda edición do obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, a partir das 17.00 horas na Oficina de Turismo de Tui. Unha cita para a que é preciso inscribirse previamente a través das súas redes sociais ou no teléfono 608 27 27 70. O prezo é de 40 euros por persoa, cos materiais incluídos. Este taller ten carácter solidario xa que o 20% do que se re...

Ent. Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC | Conferencia As vítimas e a memoria 12.11.2025

Esta tarde, ás 19 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, continúa a programación do Mes da Memoria Democrática coa celebración da Xornada sobre a recuperación da memoria democrática de Tui. Esta actividade, organizada polo Concello de Tui, comezará coa conferencia inaugural “As vítimas e a memoria” por Lourenzo Fernandez Prieto, catedrático de historia contemporánea da USC e numerario...

Ent. Antón Corral | Premio da Cultura Galega 2025 11.11.2025

A música galega actual de seguro non se podería entender sen a aportación que ao longo das últimas décadas ten realizado á mesma Antón Corral, tanto como mestre coma na súa faceta de construtor de instrumentos. Antón Corral é Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de patrimonio cultural. Hoxe falamos con el deste premio, da súa traxectoria e da música galega.

Espazo comercio | Lucía Nogueira, de Asesoría Lucía Nogueira 11.11.2025

Constituir unha empresa, a xestión diaria da mesma e o acompañamento continuo son algúns dos servizos que oferta a asesoría Lucía Nogueira. Hoxe, no noso Espazo Comercio en colaboración con ACITUI, conversamos con Lucía Nogueira sobre a dixitalización e as consultas máis habituais dos clientes e clientas.

Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Caldo galego 10.11.2025

Esta mañá continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de produtos e productores locais, do Mercado de San Antonio, de consellos saudables, e a receita protagonista hoxe foi a do caldo galego.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Funny Games" 10.11.2025

O Cineclub Tui proxectará mañá martes a película Funny Games, do director austríaco, Michael Haneke. Unha película que reflexiona sobre a xuventude, a violencia ou a falta de empatía da sociedade ante a dor allea. Haberá dobre sesión ás 18:30h e ás 20:45h. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui, que tamén adiantou as proxeccións para a vindeira semana. A entrada ten un prezo de 2€ pa...

Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance campaña de Samaín 10.11.2025

O pasado venres, 31 de outubro, ACITUI impulsou a campaña "Truco ou trato" polos comercios tudenses. Unha iniciativa na que participaron 56 comercios e a asociación entregou máis de 10 quilos de caramelos. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, fixo balance desta campaña e avanzaba que xa están traballando nas propostas que van realizar de cara ao Nadal.

Ent. Ángel Sánchez, João Pedro Rodrigues, Xacio Baño e Aira Portos | Primeira etapa de Ventura 07.11.2025

Durante cinco días sete realizadores e realizadoras galegas participaron en Tui na primeira etapa de Ventura, unha residencia artística que organiza o Festival Play Doc. Dende a Radio Municipal coñecemos algúns dos proxectos que se están a desenvolver ao abeiro desta iniciativa, conversando tamén con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, e João Pedro Rodrigues, cineasta portugués e titor de Ventu...

Ent. José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas | XX Mercadillo e exposición de motos antigas 07.11.2025

Este sábado e domingo celébrase no pavillón polideportivo de Goián o XX Mercadillo e exposición de motos antigas. Poderase visitar mañá de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e o domingo de 9.30 h a 14.30 h. Nel poderemos atopar unha exposición de motos antigas, mercar motos e recambios e tamén pezas para coches clásicos. Deunos hoxe todos os detalles José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antiga...

Ent. Elisardo de la Cruz, actor | Esas cousas marabillosas 07.11.2025

Hoxe ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de "Esas cousas marabillosas", unha proposta divertida e conmovedora da compañía Empatía Teatro. Elisardo de la Cruz interpreta esta obra escrita por Duncan MacMillan, e traducida e dirixida por Avelino González e hoxe nos daba todos os detalles deste espectáculo participativo co público. As entradas están dispoñibles en tui.gal a un p...

Ent. Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes | Magosto en Paramos 07.11.2025

Este domingo celébrase o magosto en Paramos. A cita será a partir das 17 h no Centro Cultural Laxes onde haberá xogos populares con O Xogueteiro; un concerto con Cé Orquestra Pantasma, chouripán e salchipapas e o magosto. Así nolo contaron hoxe Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes.

Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36 | Calendario solidario 2026 06.11.2025

Xa está dispoñible o calendario solidario da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36. Os nenos e nenas da asociación posan xunto a varias celebridades coma Silvia Jato, Joan Laporta ou Alejandro Valverde, que colaboraran neste proxecto solidario que chega a súa décima edición. Así nolo contaron hoxe Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de afectados pola deleción 1p36. En Tui os calend...

Ent. Marga do Val, do IEAMSo e Tareixa Navaza, xornalista | Programación do Mes Memoria Demócratica 06.11.2025

Hoxe xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela continúa a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui co coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Unha actividade organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo na que a xornalista Tereixa Navaza abordará como o agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron gran repercusión na prensa escrita e...

Ent. Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico | Solicitudes acceso e actuación de urxencia 05.11.2025

A veciñanza do conxunto histórico solicita que os accesos a esta zona da cidade estean sempre operativos e demanda do concello que actúe de xeito urxente ante os inmobles que consideran teñen risco de derrube. Así nolo contaron hoxe Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico de Tui.

Ent. José Ramón Santamaría, José Quinteiro e Ruth Villar | Gran recollida de alimentos 05.11.2025

Esta fin de semana terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Unha iniciativa solidaria na que agardan superar os 325.000 kilos acadados o ano pasado. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa da mesma; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explic...

Ent. Lucía Álvarez, de ACCEM Vigo | Sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española 04.11.2025

As persoas migrantes do Baixo Miño poderán participar este venres 7 de novembro en dúas sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española, que organiza Accem en colaboración co Concello de Tui. Ambos talleres desenvolveranse na aula Cemit de Tui, no edificio Francisco Sánchez. A primeira comeza ás 10 h, e versará sobre temas de estranxeiría; e a segunda será ás 12 h, so...

Espazo comercio | Iván Carral, de Avatel 04.11.2025

Avatel cumpre tres anos en Tui, na rúa Compostela, ofrecendo servizos adaptados a cada un dos seus clientes e ampliando a súa rede nas parroquias tudenses. Hoxe coñecemos as ofertas, sorteos e novas iniciativas con Iván Carral, de Avatel, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.

Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Sopa de burro cansado 03.11.2025

Hoxe luns abrimos unha nova sección semanal no programa Día a Día, co chef Judicael Romero. En "Raíces e vangarda" falaremos de gastronomía con historia, de tendencias gastronómicas, de historia, de recordos e de intelixencia emocional na cociña. Cada luns Judicael Romero traerá unha receita con historia e vangarda. Hoxe, sopas de burro cansado.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Annie Hall, de Woody Allen 03.11.2025

Mañá martes o Cineclub Tui rende homenaxe a Diane Keaton proxectando a película "Annie Hall", coa que a actriz acadou o Oscar. Será cunha dobre sesión, ás 18.30 horas e as 20.45 horas. Noemí Guisande do Cineclub Tui lembraba a traxectoria da actriz e o seu papel neste filme, que se poderá ver no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. As entradas teñen un prezo de 2 euros para persoas socias...

Ent. Javier Martínez, copiloto de rallies | Campionato de España de Rallies de Asfalto 03.11.2025

O copiloto de rallies Javier Martínez conseguiu esta fin de semana alzarse co Campionato de España de Rallies de Asfalto, xunto ao seu compañeiro Jorge Cagiao, no Rallie Costa de Almería. O salcedense afincado en Tui deu conta de como viviron esta nova vitoria, na que revalidan título e que supón o terceiro na carreira de Javier Martínez e repasaba a próxima cita que ten no calendario.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.