Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins - Nadal Cultural en Rebordáns 04.12.2025 6:00
Esta fin de semana Rebordáns acolle o seu Nadal Cultural con música, maxia, teatro, gastronomía... todo no Centro Cultural San Fins. Hoxe déronnos os detalles Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins.
Ent. Lino Martínez, judoca tudense - Campión do Mundo WIBK de judo tradicional 04.12.2025 8:47
O judoca tudense Lino Martínez vén de gañar o Campionato do Mundo WIBK de judo tradicional na categría M7 e menos de 90 kg. É a segunda vez que se convirte en campión do Mundo nesta modalidade. Hoxe conversamos con el sobre este novo triunfo e das primeiras citas marcadas no seu calendario. A primeira este domingo no Campionato de España, en Segovia.
Ent. Carlos Antunes, director Aquamuseu do Rio Minho - XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño 03.12.2025 7:17
A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolleu o XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do río Miño, onde se abordaron cuestións como a xestión dos recursos, os desafíos para o río e o desenvolvemento de proxectos. Valorou este simposio o director do Aquamuseu do Rio Minho, Carlos Antunes.
Ent. Javier Argüelles, de Galiclown, pallasos de hospital - Calendario solidario 2026 03.12.2025 10:17
Galiclown, pallasos de hospital, vén de editar o seu calendario de 2026 que está xa á venda. En Tui pódense adquirir en TCopias, Espazo Lector Nobel e Tui Té, ao prezo 5€ Cada mes se ilustra con fotografías dos pallasos e pallasas de Galiclown cos nenos e nenas do Hospital Álvaro Cunqueiro. Os fondos recadados irán destinados á actividade diaria que realizan, tal e coma explicaba Javier Argüelles...
Ent. Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade - Campaña “Andamos coxos da linguaxe” 03.12.2025 10:52
“Andamos coxos da linguaxe” é o título da campaña que a asociación de persoas con discapacidade Vontade ten en marcha co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se conmemora hoxe. O seu obxectivo é sensibilizar e concienciar sobre a importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para frear os obstáculos que limitan a participación das persoas con discapacidade na comunidade....
Ent. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Manifestación SOS Sanidade Pública 03.12.2025 6:05
Mañá xoves ás 19 h comezará na praza de España en Vigo unha manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para instar o Sergas a “reconstruír” a área sanitaria de Vigo. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, explicaba os motivos desta manifestación, á que se suman dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Haberá autobús dende Tui e A Guarda para ir...
Ent. Natalia Lago - A Fada do Aloia no Camiño de Nadal en Tui 03.12.2025 7:05
A maxia do Nadal está presente no Paseo da Corredoira na casa máxica da Fada do Aloia, Natalia Lago. O pasado venres foi a encargada de acender simbólicamente a iluminación destas festas, e está presente nesta casa máxica durante todo o Nadal. Así nolo contou a propia Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicándonos os horarios nos que poderemos atopala e que actividades vai raelizar.
Ent. Leti Diz - Vencedora da Urban Trail Night Eurocidade 03.12.2025 6:31
A tudense Leticia Diz pecha o ano subíndose ao máis alto do podio da Urban Trail Night Eurocidade este pasado sábado. Hai unha semana facíase coa vitoria no Trail do Trega, o que a súa vez a facía tamén gañadora da Pontevedra Trail League. Hoxe falamos con ela desta proba da Eurocidade.
Espazo Comercio | Ruleta do Nadal 02.12.2025 3:38
Mercar no comercio local de Tui terá premio na Ruleta de Nadal de ACITUI, que entregará agasallos o próximo 23 de decembro no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Para participar é necesario presentar un ticket de compra superior a 10 euros e realizada entre o 15 e o 23 de decembro. Coñecemos hoxe os detalles no Espazo Comercio co presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
Ent. Belén Martínez, da Gastroneta da Tita Belén | Finalista de Gira Mujeres 02.12.2025 6:55
Belén Martínez é de Malvas, vive en Pontevedra, e foi unha das 10 finalistas da Gira Mujeres de Cocacola, onde presentou o seu proxecto gastronómico: a Gastroneta da Tita Belén. Hoxe conversamos con ela sobre esta iniciativa en pleno Camiño de Santiago.
Ent. Miguel Cajigal El Barroquista - I Xornada Imaxe+Letra 02.12.2025 10:59
Miguel Angel Cajigal "El barroquista" tenlle un afecto especial á Catedral de Tui. Así nolo contou esta mañá no programa Día a Día, onde explicou a súa participación esta tarde na I Xornada Imaxe+Letra no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Esta tarde abordará a relación entre a película "O nome da Rosa" e a catedral tudense e tamén presentará o seu novo libro.
Ent. Manuel Rivas - Charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" 02.12.2025 8:45
A Aula CEMIT de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acollerá mañá mércores ás 17 h a charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" a cargo de Manuel Rivas. Organizada por AMTEGA coa colaboración do Concello de Tui o obxectivo é achegar consellos prácticos para realizar compras seguras en internet, evitar estafas e coñecer que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet.
Ent. Pablo Romero, presidente Cineclub Tui - Xornada Imaxe + Letra 01.12.2025 6:47
A conexión entre a literatura e o cinema estará mañá presente na I Xornada Imaxe + Letra organizada polo Cineclub Tui. Nesta primeria cita o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui será o fío conductor. Así nolo contou Pablo Romero presidente do Cineclub Tui. Ás 17 h haberá unha visita aos tellados da Catedral en realidade virtual, logo a proxección de "O nome da Rosa" e rematará coa ch...
Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Solomillo ao mencía con uvas 01.12.2025 7:55
Con Judical Romero abrimos un novo tempo dedicado a gastronomía en "Raíces e vangarda" hoxe baixo o título de "Nadal de luxo a prezo de saldo". Hoxe contounos coma elaborar un "Solomillo ao mencía con uvas".
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | 800 aniversario consagración da Catedral 28.11.2025 9:03
Este domingo comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, abordamos este destacado acontemento dunha das iconas do patrimonio tudense e galego.
Ent. Enrique Cabaleiro, José Quinteiro e Miguel Veiga | Árbore dos desexos 28.11.2025 12:45
Hoxe venres acéndese o alumeado de Nadal en Tui ás 18.30 h, un camiño máxico onde a solidariedade está presente coa Árbore dos Desexos. Estará situada na praza da Inmaculada, cos desexos dos nenos e nenas das familias de SOS Tomiño Baixo Miño colgadas nas suas pólas. Hoxe déronnos os detalles desta iniciativa Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, J...
Ent. Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González de Donicelas | Presentación Disco a Nena do Pelo Loiro 28.11.2025 7:00
O auditorio de Salceda acolle este domingo ás 18 h a presentación en directo do novo disco de Donicelas "A nena do pelo loiro", no que reúnen pezas tradicionais e composicións propias que poñen en valor a riqueza do patrimonio musical galego. Coñecemos este traballo e como será o concerto con Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González que forman parte de Donicelas.
Ent. Marga do Val e Margarita Ledo - Conmemoración dos Sucesos de Sobredo 28.11.2025 13:26
Mañá sábado terá lugar a conmemoración dos Sucesos de Sobredo. Comezará ás 11 h na carballeira de San Xosé para logo ir até o monumento onde terá lugar o acto no 103 aniversario daqueles feitos. A presidenta do IEAMSo, Marga do Val, dará a benvida, e fará unha lembranza José Piñeiro Trillo e Raúl Lago, falecidos este ano. Logo intervirá Margarita Ledo Andión, e terá lugar a ofrenda floral no monum...
Ent. Hermelindo Ruíz, compositor e músico - “Os fogos de San Telmo” estrearase en Europa o domingo en Tui 28.11.2025 7:15
Este domingo dentro do “Concerto centenario” estrearase en Europa a obra “Os fogos de San Telmo” creada polo compositor portoriqueño Hermelindo Ruíz, que estará tamén á guitarra na interpretación. Dirixirá esta composición Roselín Pabón. Hoxe con Hermelindo Ruíz coñecemos a inspiración e os ritmos desta composición que forma parte do repertorio deste domingo.
Ent. Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas | Colaboración con Conservas Evangelina 27.11.2025 7:01
A posta en valor do produto local e tradicional é o espírito que marca o traballo de Ideas Peregrinas, que vén de presentar unha colaboración con Conservas Evangelina. Lombos de sardiña enlatados é o produto que podemos atopar xa no establecemento tudense, froito desa unión. Hoxe presentounos esta colaboración Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas, quen tamén adiantou que o vindeiro xoves día 5 M...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto, e Justi Peixoto, da organización 27.11.2025 13:01
Este sábado 29 máis de 700 deportistas realizarán a Urban Trail Night nas dúas modalidades, de 8 e 16 quilómetros, entre Valença e Tui. Coñecemos os detalles desta proba na súa novena edición con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto de Valença, e Justi Peixoto, da organización.
Ent. Tino Baz, músico, e Antón Silva, dos Folieiros de Lavadores | A música en Sobredo 27.11.2025 7:19
Mañá venres prosegue o ciclo “Sobredo, 103 anos despois” organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), coa colaboración do Concello de Tui, e que forma parte do Mes da Memoria Democrática. "A música en Sobredo" será a cita de mañá ás 19.30 h no Espazo sociocultural, da rúa Camilo José Cela onde intervirán Tino Baz e @s Folieir@s de Lavadores. Con eles conversamos hoxe...
Ent. Dani Méndez, bailarín e cantante tudense - Participación en Recantos Luar e clases de baile en Tui 26.11.2025 7:47
O tudense Dani Méndez é bailarín e cantante, e dende o mes de setembro concursa en Recantos, no programa Luar, onde canta, baila e desenvolve tamén a súa paixón pola moda. Ademais imparte clases de baile para todas as idades no Liceo Casino de Tui, grupos coas inscricións aínda abertas. Hoxe falamos con el sobre os seus inicios e a súa experiencia no concurso.
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Finalista da campaña “Xuntos brillamos máis" de Ferrero Rocher 26.11.2025 4:43
A Guarda quere brillar este Nadal. É xa un dos cinco municipios finalistas da campaña "Xuntos Brillamos Máis" de Ferrero Rocher. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deunos conta do que supón para a Guarda ser unha das finalistas, e convidaba a votar pola vila. Votar: https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/?pp_town=AGR
Ent. Sara Areal e Samuel Diz - Concerto Centenario 26.11.2025 12:16
Un concerto organizado dende o corazón, con coñecemento do espazo onde se vai celebrar e que busca emocionar. Así é o "Concerto Centenario" que este domingo, ás 17.30 h vai ter lugar na Catedral de Tui abrindo o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración do templo catedralio. Así nolo contaron hoxe os músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz, que encabezan aos intérpretes e composit...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.