Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025 18.12.2025 5:00
O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía 2025 na categoría Produto pola súa colección Mundos. Hoxe Aitor Martínez contounos como viviu a entrega do galardón e deu os detalles de Mundos e de próximos proxectos.
Ent. Fina Padín e Fran Nogueiras, da Asociación de Veciños de Sobrada | Actividades Nadal 16.12.2025 9:33
A Asociación de Veciños de Sobrada organiza para esta fin de semana un conxunto de actividades enfocadas no Nadal, como unha papanoelada moteira ou un concurso de decoracións de Nadal. Hoxe coñecemos os detalles con Fina Padín, presidenta da asociación, e Fran Nogueiras, vicepresidente.
Espazo Comercio | Tartatouille, en Conectaté 16.12.2025 8:56
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, coñecemos con Iris Saavedra, de Conectaté, o novo lanzamento que estará dispoñible na súa tenda na rúa Augusto González Besada. É tartatouille, unha iniciativa gastronómica que pretende marcar a identidade de Tui.
Ent. Marisol Valdés | O Belén de Mingos pode visitarse este Nadal na Oficina de Turismo 15.12.2025 9:50
O Belén de Mingos volveu este Nadal á Oficina de Turismo onde se pode visitar até o 5 de xaneiro. Marisol Valdés, a súa viúva, contounos a gran acollida que está a ter esta gran montaxe de 12 metros cadrados, con máis de 300 pezas, e na que sempre hai innovacións. Relatounos coma pouco a pouco ao longo dos anos Mingos ía facéndose coas distintas pezas e coma xa na súa casa recibía cada Nadal a can...
Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Capuchino de vieira e xamón crocante 15.12.2025 8:12
"Capuchino de vieira e xamón crocante" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda". Deixounos esta nova suxestión de receitas para estas festas de Nadal.
Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artística Ribex - Exhibición de Nadal 12.12.2025 2:45
Este domingo 14 ás 17 h o pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle a exhibición de Nadal do Club de Patinaxe Artística Ribex, que contará coa visita especial de Papá Noel. A entrada é libre. Así nolo contou a adestradora, Carolina Figueroa.
Ent. Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui - Torneo recreativo e torneo de Nadal 12.12.2025 9:23
Máis de 300 partidos desputaranse mañá sábado no torneo recreativo de bádminton que se celebra o pavillón do IES San Paio. Coñecemos os detalles con Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui. Tamén informaron do X Torneo de Nadal que organizan o próximo venres 19.
Ent. Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui - Proxecto Redes de igualdade 12.12.2025 5:40
Coñecemos o proxecto "Redes de Igualdade" da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI Tui). No marco desta iniciativa vén de editar un novo conto coeducativo, "A Capitá Lúa e o Mar dos Estereotipos", e elaborou unha guía de prevención da violencia de xénero na adolescencia. Déronnos os detalles Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui.
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Nadal 12.12.2025 2:44
Hoxe venres ás 18 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá o concerto dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental e Profesional e da Escola de Música de Tui. Será unha mostra do talento local e do traballo realizado neste centro de ensinanzas musicais. A entrada será libre até completar o aforo. Así nolo contou hoxe o director do Conservatorio, Rubén López.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Papa Noel no Mercado de San Antonio e Reto 12.12.2025 7:30
Papá Noel visita o Mercado de San Antonio este Nadal para compartir momentos especiais cos nenos e nenas e as súas familias. Estará hoxe de 17 a 20 h e mañá de 11 a 14 h. Volverá a estar a próxima fin de semana e tamén o 22, 23 e 24 deste mes. Así nolo confirmou hoxe a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, que amais avanzou o reto que lanzan tamén no Mercado dende mañá.
Ent. José Conde e José Ramón Rey - Presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella 11.12.2025 9:30
A Sala Félix Rodríguez acolle hoxe xoves ás 19 h a a presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella. Co seu presidente Jose Conde, e o delegado no Baixo Miño José Ramón Rey coñecemos os obxectivos e actividades da asociación. Esta tarde contarán coa actuación do Trío Sabor.
Ent. Natalia Lago - Conto de Nadal con A Fada do Aloia 11.12.2025 4:20
A Fada do Aloia organiza para este sábado e domingo ÁS 16 h un Conto de Nadal, que será unha ruta polo Parque Natural do Monte Aloia cun percorrido moi doado, no que vai contando un conto que ten lugar neste espazo protexido. Así nolo contou esta mañá. O prezo é de 8€ os nenos e nenas e 10€ as persoas adultas. A reserva pode facerse no 619 96 90 90. Tras a ruta, a partir das 18 h, estará na súa ca...
Ent. José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro 10.12.2025 10:30
Máis de 80 persoas conforman a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro. Persoas con e sen formación musical que están unidas por un sentimento: a paixón pola música e pola tradición. Hoxe conversamos con José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, integrantes do Mosteiro, sobre o que hai detrás dunha rondalla.
Ent. Mila González, Aya, Santiago, Sabela e Lucía | II Certame de Coros Escolares 10.12.2025 6:56
Máis de 300 alumnos e alumnas participan mañá xoves no II Certame de Coros Escolares, que se celebra no Teatro Municipal de Tui ás 11.30 h, ao abeiro da Programación de Nadal do Concello. Participan os coros dos CEIP's de Guillarei, Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Caldelas. É a segunda edición dun certame promovido pola Coral Ponte das Febres e o CEIP Pazos de Reis. Mila González, da...
Ent. Pablo Álvarez Yañez, autor do libro| Presentación “Imaxinando o pasado: Tui 1225” 10.12.2025 7:05
A Catedral de Tui foi consagrada no ano 1225. Mañá poderemos coñecer coma era tanto o templo coma a cidade hai 800 anos. O tudense Pablo Álvarez Yañez o recolle no libro “Imaxinando o pasado: Tui 1225”. Esta publicación editada polo Concello de Tui será presentada mañá xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural dentro dos actos conmmemorativos do aniversario da Catedral. A obra de Pablo Álvarez, enx...
Ent. Vicente Álvarez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Concerto O Camiño da Estrela: de Tui a Belén 10.12.2025 8:48
A narración dun conto protagonizado por unha nena que vive na contorna da Catedral será o fío condutor co concerto “O Camiño da Estrela: de Tui a Belén”, que este venres ás 20.30 h ofrecerán as tres corais tudenses, Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo, no Teatro Municipal. Tamén contará con proxeccións audiovisuais e unha posta en escena que chamará a atención, tal e coma hoxe no...
Espazo comercio - Modificacións na Ruleta do Nadal 09.12.2025 5:44
As persoas que realicen unha compra superior a 10 euros nos establecementos adheridos á campaña da Ruleta do Nadal de Tui recibirán un boleto para participar neste concurso. As compras deben realizarse entre o 15 e o 23 de decembro, día do sorteo. Así nolo explicou Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.
Ent. Samuel Moreno, mago - Actuacións en EEUU e próximos eventos 09.12.2025 6:04
Hoxe coñecemos co mago tomiñés Samuel Moreno como foron as actuacións que realizou nos EEUU e tamén nos contou os próximos eventos nos que vai realizar a súa maxia.
Ent. Juan De Sola - Presentación do libro Entre os muros do esquecemento 09.12.2025 9:22
Mañá mércores ás 19.30 h o xornalista Juan de Sola Vollbrecht presentará na Aula da UNED de Tui o seu libro Entre os muros do esquecemento. No mesmo recupera a experiencia vital e a memoria de Ramón García Martínez, supervivente do campo de concentración de Mauthausen.
Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego 08.12.2025 12:17
Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui - IV San Silvestre 05.12.2025 8:26
Dende o 1 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na IV San Silvestre Solidaria tudense, que se celebra en Tui o mércores 31 de decembro ás 10.30 h. Xa hai 375 persoas inscritas nesta cita festiva, deportiva e solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro. A inscrición debe realizarse na páxina https://clubatletismotui.wordpress.com/san-silvestre/ Déronnos os detalles Raf...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercados | Carrusel, Mercado de Nadal... 05.12.2025 9:03
O carrusel infantil súmase dende esta tarde á oferta de Nadal do Concello de Tui. Os tíckets do comercio local poden canxearse por unha viaxe neste tiovivo instalado na praza da Inmaculada. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, quen detallaba tamén a oferta de actividade e eventos que hai coma o Mercado de Nadal, a Árbores dos Desexos, a casa máxica da Fada do...
Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño - XI Festa do Viño Espumoso de Galicia 05.12.2025 6:32
Tres días de gastronomía, música, tradición e cultura na XI Festa do Viño Espumoso de Galicia que se celebra en Salvaterra de Miño. Coñecemos os detalles desta cita coa alcaldesa Marta Valcárcel.
Ent. Alberto Viso, autor de "La ceguera de dios" - Presentación do libro en Tui 04.12.2025 8:33
Hoxe xoves ás 19 h a Sala Félix Rodríguez acollerá a presentación do libro “La ceguera de dios” da autoría de Alberto Viso, exprofesor de Historia do IES San Paio. Será presentado por Miguel Abraira, profesor de Historia no mesmo instituto. Hoxe Alberto Viso fíxonos un adianto do seu libro.
Ent. José Álvarez e Jorge Pimental, da Asociación A Insua - Nadal en Caldelas 04.12.2025 6:54
Cinco actividades conforman a programación de Nadal en Caldelas, con concurso de decoración de Nadal, un belén vivinte, a visita de Papá Noel e os Reis Magos, música, e moito máis. Contáronnolo hoxe José Álvarez e Jorge Pimentel, da Asociación A Insua.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.