Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Fernando Martínez da Comunidade de Montes de Camposancos | Paletada Laconada de San Amaro 09.01.2026 8:04
O sábado 17 de xaneiro vaise celebrar en Camposancos, na Guarda, a XXVII Paletada Laconada de San Amaro organizada pola Comunidade de Montes de Camposancos. Os tícket para asistir ao xantar, que vai ter lugar no restaurante El Molino, pódense adquirir esta fin de semana, estando limitado o aforo a 300 persoas. Hoxe coñecemos coma naceu este evento gastronómico, e os detalles da cita deste 2026 con...
Ent. David Acevedo - A Marcha Ultreia celebrarase o domingo 12 de abril 08.01.2026 5:34
A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo. Trátase dunha proba xa consolidada que cada ano reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. Na edición de 2025 o máis rápido percorreu en 4 h 17 min a distancia entre as dúas cidades seguindo o Camiño Portugués, e o que máis tempo investiu realizou o traxecto en 11 h 54 min. Así nolo...
Ent. Benjamín Martínez, de El X de la Suerte | Sorteo do Neno 2026 07.01.2026 6:21
Días de ledicia para El X de la Suerte, administración de lotarías do Porriño, despois de repartir máis de 24 millóns de euros en premios no Sorteo do Neno. Do local saíu un décimo do primeiro, o número 06703, e todo o segundo en exclusiva en Galicia, o 45875. Coñecemos hoxe con Benjamín Martínez, de El X de la Suerte, algunhas das anécdotas deste sorteo.
Raíces e Vangarda - Roscón de Reis 05.01.2026 11:04
No tempo que cada luns compartimos con Judicael Romero en Raíces e Vangarda hoxe coñecemos como elaborar un roscón de Reis. Deixounos a receita e o trucos para o resultado sexa espectacular.
Ent. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença - Cabalgata Internacional de Reis 2026 02.01.2026 5:32
As Cortinas de San Francisco, aos pes da Fortaleza de Valença será o punto de partida da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença, que rematará na rúa Compostela en Tui, con posterior recepción real no Teatro Municipal. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença explicaba a importancia que a cabalgata ten tamén para Valença.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata Internacional de Reis 2026 02.01.2026 11:07
Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán o próximo luns a Eurocidade Tui-Valença protagonizando a Cabalgata Internacional de Reis que sairá ás 17 h das Cortinas de San Francisco en Valença e rematará na rúa Compostela en Tui. O Teatro Municipal acollerá a recepción real tanto á mañá como tras a cabalgata. A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, explicou todos os detalles des...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | IV San Silvestre Solidaria 30.12.2025 7:14
2000 persoas participarán mañá na IV San Silvestre Solidaria que o Concello de Tui organiza en colaboración co Club Atletismo Tui. Ás 10.30 h partirá a carreira dende o Paseo da Corredoira, e a partir das 12 h chocolate quente, badaladas e música na praza da Inmaculada. A recollida de dorsais será no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela dende as 9 h até as 10.20 h. Coñecemos os detalles e o...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença | Cabalgata de Reis 30.12.2025 10:04
A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença é única no mundo. Une dous países, dous municipios e faino a través da maxia e a ilusión pola chegada dos Reis Magos de Oriente. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira, destacaron que se debería potenciar este evento pola súa singulariedade e interese cultural transfront...
Ent. Rubén González, Brian Romero e Arón Ramilo | A.D. Soutelo 29.12.2025 7:11
A A.D. Soutelo participa na Liga afeccionados Salceda. Unha liga de fútbol que hoxe coñecemos con Rubén González, Brian Romero e Arón Ramilo, da A.D. Soutelo, que deron conta das iniciativas levadas a cabo en redes sociais, no campo e coa creación da súa páxina web.
Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Pescada a baixa temperatura e aperitivos 29.12.2025 10:46
No último "Raíces e vangarda" do ano, o chef Judicael Romero trouxo a receita de tres aperitivos rápidos e sinxelos para a cea de Fin de Ano, e a de pescada a baixa temperatura como prato principal. Tamén deu uns consellos para cociñar mariscos.
Ent. Marta Cendón, catedrática | Conferencia A catedral de Tui en 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer? 29.12.2025 7:55
A catedrática tudense Marta Cendón ofrecerá mañá martes ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela unha conferencia titulada "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?" dentro da programación do VIII Centenario da consagración da catedral. Nela realizará un achegamento ao proceso construtivo deste templo, ilustrando as diversas etapas dest...
Ent. José Carlos Montes e Miguel Veiga | Balance árbore dos desexos 26.12.2025 10:19
82 nenos e nenas recibirán mañá o seu agasallo de Nadal grazas á iniciativa Árbore dos desexos, que este ano estivo na praza da Inmaculada na súa terceira edición. Hoxe fixemos balance con José Carlos Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño, e Miguel Veiga, promotor da iniciativa.
Diego Grande, cantante de Claxxon | Concerto de Nadal en Tui 26.12.2025 5:23
Mañá sábado ás 20 h a orquestra Claxxon ofrecerá o seu concerto de Nadal en Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Será un espectáculo con cancións de Nadal e tamén clásicos do pop e rock, para toda a familia. Deunos os detalles o cantante Diego Grande.
Ent. María do Ceo, fadista | Concerto de Nadal na Catedral 26.12.2025 7:46
Panxoliñas galegas e portuguesas estarán presentes este domingo ás 18 h na Catedral de Tui co Concerto de Nadal que ofrecerá a fadista María do Ceo. Conversamos con ela e avanzou algunhas das cancións que este domingo cantará no templo catedralicio, nun concerto organizado ao abeiro do 800 aniversario da consagración da catedral.
Ent. Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña Os mártires de Guillarei 26.12.2025 6:23
Máis de 20 persoas conforman a peña do C.F. Guillarei "Os mártires de Guillarei", que se creou hai dous meses co obxectivo de unir a afección e desfrutar de cada partido. Crearon xa un himno que soa cada domingo no campo e están a preparar camisetas, bufandas e novas cancións. Hoxe coñecemos os detalles con Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña "Os mártires de Guillarei".
Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI - Ruleta da Sorte e Sorteo de 3 cestas de Nadal 23.12.2025 3:59
178, 1419, e o 393 son os números premiados coas cestas de Nadal de ACITUI que hoxe se realizou na nosa sintonía. A de hoxe foi unha mañá de premios para o comercio local xa que no Espazo Sociocultural tivo lugar a Ruleta da Sorte, cunha gran acollida coma explicaba o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Festa PreFin de Ano 23.12.2025 2:50
Amigos da Festa de Rebordáns celebra esta sábado, 27 de decembro, unha festa Prefin de Ano. Coñecemos como van despedir o ano, por anticipado, con Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns.
Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore 23.12.2025 6:27
Humor, música e melodías de Nadal protagonizarán este venres o Concerto de Fin de Ano que ás 20.30 h ofrecerán no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore. Coñecemos todos os detalles con David González, presidente e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€.
Ent. Andrea González, presidenta da C- Academia de Artes Escénicas e premio a Caixason 23.12.2025 9:17
A tudense Andrea González vén de ingresar como académica na Academia das Artes Escénicas de España. A pianista e organizadora do IKFEM amosaba a súa satisfacción por este novo paso na súa carreira. Amais a Confederación de Xuventudes Musicais de España que preside vén de entrar Consello Estatal da Música e das Artes do Ministerio de Cultura. Avanzaba Andrea González, que o proxecto Caixason que es...
Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa 22.12.2025 13:26
"Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda" para dar unha volta ao tradicional prato de Noiteboa. Tamén deu uns consellos para desfrutar destas datas en familia e arredor da mesa.
Ent. Ze Manuel Pinheiro, director do Ensemble Vocal Pro Música | Concerto na Catedral de Tui 19.12.2025 3:41
O Coro de Porto, Portugal, Ensemble Vocal Pro Música ofrece un concerto na Catedral de Tui este domingo ás 18 h, dentro da programación que conmemora os 800 anos da consagración do tempo tudense. Actuarán 84 persoas. O director do coro, Ze Manuel Pinheiro, explicou hoxe que o programa que elixiron xira entorno á Virxe María, a quen está dedicada o Catedral.
Ent. Belén Alonso, da Asociación Colibrí | III Mercado de segunda man 19.12.2025 3:35
Este domingo a praza do Seixo en Tomiño acolle o III Mercado de segunda man organizado pola Asociación Colibrí. Máis de 20 postos, un taller de bordado, a presentación das novelas de Perfecto Souto e a visita de Papá Noel son as actividades que haberá dende as 10 h. Coñecemos os detalles con Belén Alonso, da Asociación Colibrí.
Ent. Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela | Como desfrutar do Nadal en familia 19.12.2025 8:08
Emoción, ganas, maxia, ilusión e tamén estrés. Nenos, nenas, pais e nais prepáranse para as festas de Nadal dende principios de decembro, coas novas tradicións e modas que se convirten no seu día a día. Hoxe damos consellos para desfrutar destas datas con Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela.
Ent. Rafael Quintía, antropólogo - Que son os trubincos 18.12.2025 8:59
Segundo a lenda, os trubincos son pequenos trasnos da mitoloxía de Salcedo, en Pontevedra, que baixan pola cheminea en Noiteboa. Gústalles enredar e causar desorde, polo que tradicionalmente se lles deixa un agasallo de piñas con brea para mantelos tranquilos. Hai bonecos para poder ter o noso propio trubinco na casa en Nadal. Hoxe coñecemos como son estes trasnos da tradición oral galega co antro...
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Sinfonía de Nadal 18.12.2025 6:20
Mañá venres ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto Sinfonía de Nadal do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui, no que participarán máis de 150 alumnos e alumnas. As entradas poden retirarse de balde unha hora antes do inicio do espectáculo na entrada do Teatro. Así explicouno hoxe o director do CMUS, Rubén López.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.