Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Sebastián Gómez | Romaría de San Xulián 23.01.2026 6:13
O próximo martes, 27 de xaneiro, celébrase no cumio do Monte Aloia a romaría de San Xulián. Haberá misa ás 10 h e a solemne ás 12 h, que este ano estará oficiada polo bispo da diocese, Antonio Valín. Tras a mesma realizaranse as tradicionais poxas. Así nolo contou Sebastián Gómez.
Ent. Alicia Cardoso, presidenta, e Inés Albaladejo, secretaria da asociación Callejeriños Tudenses | Balance 2025 22.01.2026 9:59
A asociación Callejeriños Tudenses atende 15 colonias, das que o 60% está rexistrado. No pasado ano 2025 castraron 93 gatos e 4 viven agora en casas de acollida. Segundo explicaron Alicia Cardoso, presidenta, e Inés Albaladejo, secretaria, este 2026 chega con novidades. Entre elas, un convenio co Concello de Tui.
Ent. Jonathan Soliño e Ismael Felgueiras, de Amigos da Festa de Rebordáns | Futbolín, laconada e bingo 22.01.2026 5:09
A Comisión Amigos da Festa de Rebordáns organiza tres actividades nas próximas semanas. A primeira será este sábado ás 20 h no Centro Cultural San Fins. Será un campionato de futbolín para o que aínda está aberto o prazo de inscrición. Tamén celebrarán o sábado 7 de febreiro unha nova edición do bingo erótico e o domingo 8 unha gran laconada. Así nolo contaron hoxe Jonathan Soliño e Ismael Felguei...
Ent. Rafael Sánchez, historiador e comisario da exposición Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia 21.01.2026 6:55
Mañá xoves ás 12 h, o Centro Sefarad Israel de Madrid acollerá a inauguración da exposición "Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia", unha mostra comisariada por Rafael Sánchez Bargiela que porá en valor un dos elementos singulares do patrimonio catedralicio. O comisario da mostra deu conta hoxe dos obxectivos de levar a historia destes sambenitos a Madrid.
Ent. Pepín Solleiro, da Protectora Aloia | Balance 2025 21.01.2026 10:50
A Protectora Aloia de Tui recolleu o pasado ano 141 cans, dos que 33 foron devoltos aos seus donos e houbo 101 adopcións. Hoxe fixo balance de 2025 Pepín Solleiro, quen tamén explicou que necesitan máis persoas voluntarias.
Ent. José Jesús Blanco, médico xubilado e pintor | Exposición Acuarelas 21.01.2026 8:38
Hoxe mércores ás 19.30 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, a exposición “Acuarelas” de José Jesús Blanco Pérez. O artista afincado en Tui presenta máis de 50 acuarelas de paisaxes e lugares de Tui, A Guarda, O Rosal ou Valença, entre outros. Unha exposición que se poderá visitar até o 27 de febreiro en horario de luns a venres de 9 h a 14 h e de 15.30 h a...
Ent. Cristina Sola, do Laboratorio de Linguaxe Accesible | Presentación La familia de las curanderas, de Marisa Castro 20.01.2026 6:55
Este xoves ás 18.30 h preséntase na Biblioteca Municipal de Tui “La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible de Hércules. Hoxe conversamos con Cristina Sola, unha das adaptadoras do Laboratorio de Linguaxe Accesible, sobre o labor de facilitar a lectura naquelas persoas con necesidades ou habilidades sociais, e tamén sobre este libro que se pre...
Espazo Comercio - Martes, 20 de xaneiro de 2026 20.01.2026 7:23
O presidente de ACITUI, Pepe Míguez, fixo balance do traballo realizado ao longo do 2025 coas distintas campañas desenvolvidas nas que se foi incrementando a participación tanto de establecementos coma de clientela. Apuntaba ao traballo e á escoita activa coma claves para lograr este incremento na participación rexistrada. Arestora están nun proceso de captación de novos asociados, incidindo no ce...
Raíces e vangarda | Lacón con grelos e androlla 19.01.2026 8:28
Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos lacón con grelos e androlla, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.
Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui | Balance do ano 2025 19.01.2026 6:24
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou en 2025 un total de 263 servizos nos que as 21 persoas voluntarias da asociación empregaron 2.153 horas. Hoxe o seu presidente, Juan González, fixo balance do pasado ano e explicou que é necesario para poder formar parte desta agrupación.
Ent. Javi "Maneiro", cantante | Novo sinxelo 16.01.2026 4:15
Hoxe lanzouse o novo sinxelo de Javi "Maneiro", o primeiro despois da súa saída de Heredeiros da Crus no pasado mes de novembro. "A miña mellor versión" xa está dispoñible, e formará parte do seu álbum que verá a luz a finais deste ano. Coñecemos hoxe os detalles con Javi "Maneiro".
Ent. Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | 45 Regata Miño Internacional 16.01.2026 8:16
Espectáculo deportivo de primeiro nivel nas augas do río Miño en Tui mañá sábado coa celebración da 45ª Regata Miño Internacional, a única regata cronometrada de embarcacións 8+ de remo que nestes momentos se celebra a nivel nacional. Participarán 24 clubs españois e portugueses. Coñecemos os detalles co presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González.
Ent. José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro | Concurso de Rondallas no Ifevi 16.01.2026 10:20
Mañá sábado celébrase no Ifevi o Concurso anual de Rondallas, que nesta edición supera o récord de participación con 17 formacións, tres delas de nova creación. A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro vai participar neste concurso, e actuará ademais este domingo en Tui na clausura da XI Mostra da Camelia Cidade de Tui. Conversamos hoxe con José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de...
Ent. Nico Rodríguez, Roque Estévez e Lía Salvado | Tudenses participantes no CESA 2026 15.01.2026 8:39
Tres deportistas tudenses participaron a pasada semana en Cataluña no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Balonmán, convocados coa Selección Galega. Conversamos con eles, Nico Rodríguez, Roque Estévez e Lía Salvado.
Ent. Natalia Jorge, historiadora | Segunda edición do libro Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño 15.01.2026 10:01
“Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño”, o libro da historiadora Natalia Jorge, consigue a segunda edición despois de gañar o premio Xohana Torres 2024. Unha composición que narra o papel das mulleres trapicheiras da raia. Natalia Jorge deu hoxe os detalles do libro e tamén da presentación que terá lugar este domingo 18 en Sobrada.
Ent. Gachi Fernández e Helena Pousa | Familia de Arxentina dun tudense asasinado en 1936 15.01.2026 10:35
Gachi Fernández vive en Arxentina e é a sobriña neta de Manuel Fernández Diz, tudense das Bornetas asasinado en 1936 polos sublevados, cando tiña 30 anos. Ela coñeceu a súa historia grazas ao labor da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña. Hoxe puidemos conversar con ela, na súa terceira visita a Tui, acompañada por Horacio Corti; e con Helena Pousa...
Ent. Santiago Vega, delegado de Patrimonio | Licitación obras Arquivo Diocesano e Catedralicio 14.01.2026 10:39
O actual edificio do Museo Diocesano de Tui vaise converter na sede do Arquivo histórico catedralicio e diocesano. A Diocese de Tui-Vigo vén de sacar a licitación, por case 3 millóns de euros, as obras do proxecto redactado polos arquitectos Iago Seara Morales e Juan Orozco Corredoira. Con Santiago Vega, delegado de Patromonio da Diocese de Tui-Vigo, coñecemos hoxe o obxectivo desta actuación, o p...
Ent. Valentín Carrera, escritor e xornalista | Premio Altaïr de Literatura de Viaxes por El mundo desde abajo 14.01.2026 8:44
"El mundo desde abajo", do escritor e xornalista leonés Valentín Carrera é o gañador do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes. No mesmo relata a extraordinaria viaxe do tudense Rosendo Salvado desde Roma até Australia occidental, onde en 1846 fundou a misión de Nova Nursia. O escritor contounos hoxe de onde naceu o interese por levar esta historia a un libro de viaxes despois de dirixir en 2024...
Ent. Ángela Martínez, directora da escola infantil Ohana | Prazo de solicitude de praza 14.01.2026 5:30
Dende o 2 até o 23 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís privadas de Galicia. Coñecemos os detalles de matriculación, gratuidade e documentación con Ángela Martínez, directora da escola infantil Ohana.
Espazo Comercio | Martes, 13 de xaneiro de 2026 13.01.2026 8:28
Abrimos o Espazo Comercio deste 2026 con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, co seu presidente Pepe Míguez. Hoxe fixo balance da exitosa campaña da Ruleta do Nadal e avanzou a liña de traballo da asociación para este 2026.
Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Inicio nova temporada 13.01.2026 7:33
O Cineclub Tui inicia unha nova tempora da proxeccións con tres películas que comparten levar un número no seu título. Van ser "Fellini, oito e medio", "El 47" e "Os 400 golpes". Hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui, así o explicou no programa Día a Día, destacando o inicio cun gran clásico do cinema e o filme máis representativo de Federico Fellini. A cita será ás 18 h e ás 20.45 h no Espazo Soci...
Ent. Serafín Martínez, organizador | Trail do Aloia 2026 12.01.2026 4:56
En menos dun mes celebrarase o Trail do Aloia. O sábado 7 de febreiro será o Aloia Trail Kids, e o domingo a proba para adultos con dúas distancias,12 kms e 20 kms. Serafín Martínez, organizado deste evento deportivo, deunos hoxe todos os detalles dunha proba que cada ano atrae a máis persoas. A inscrición está xa aberta en www.traildoaloia.com.
Ent. Lis Montes, Jose Carlos Montes, María José Fernández, Fernando Dacosta - XI Mostra da Camelia Cidade de Tui 12.01.2026 11:04
75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal participarán esta fin de semana na XI Mostra da Camelia Cidade de Tui. A cita organizada por ATUCA e o Concello de Tui brindará 123 m2 de exposición da coñecida coma flor da invernía. A inauguración será o sábado ás 12.45 h. Poderáse visitar o sábado pola tarde, e o domingo en horario de mañá e tarde. Este ano volverán realizar cunha charla e degustac...
Raíces e vangarda | Estofado de lentellas con cogomelos de temporada e auga do Monte Aloia 12.01.2026 10:19
Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos estofado de lentellas con cogomelos de temporada e auga do Monte Aloia, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade - Candidatura Cidade Amiga da Infancia e Biblioteca 12.01.2026 8:37
O Concello de Tui agarda ao longo deste ano 2026 ser recoñecida coma Cidade Amiga da Infancia, culminando deste xeito un traballo iniciado hai xa anos como hoxe explicaba a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente. Por outra parte referíase a concelleira de Cultura aos positivos datos da Biblioteca Municipal de Tui en 2025, un ano no que superior os 20 mil libros en préstamo. Av...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.