Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Marta Martínez da banda Lagharteiras- Cita musical este sábado en Tui coas pandereiteiras Lagharteiras 03.09.2020 7:33
Este sábado ás 22 h, o grupo de pandereteiras de Mos, as Lagarteiras, ofrecerá un concerto no Palco da Música de Tui. Está organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Esta mañá, Marta Martínez unha das súas compoñentes contounos a historia da banda e como se vai desenvolver esta cita musical.
Ent. Sara Luque, mestra composteira do Concello de Tui - Obradoiro de compostaxe para nenos e nenas 01.09.2020 8:16
"O Xogo da Miñoca”, “Quen Vive?” e “Microcompostaxe” son as actividades do obradoiro de compostaxe, que terá lugar este venres ás 10.30 h, no Paseo da Corredoira en Tui. Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e precisa inscrición previa. Concretamos os detalles coa mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Visita do Rei Felipe VI á Comandancia Naval do Miño, en Tui 01.09.2020 9:09
Mañá a partir das 11 h o Rei, Felipe VI, realizará unha visita á Comandancia Naval do Miño, en Tui. Con este acto retoma a súa axenda oficial. Realizará un paseo en barco polo Miño e ao medodía será o acto protocolario de recepción de autoridades. Así o explicou esta mañá, o alcalde Enrique Cabaleiro. Tamén deu conta da situación actual da COVID-19 na cidade.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Sanidade prohibe as visitas á residencia Monte Tecla e pecha dous centros de día 01.09.2020 5:45
Na Guarda, debido á situación epidemiolóxica, a Consellería de Sanidade prohibe as visitas na residencia Monte Tecla e cerra dous centros de día. Unha decisión preventiva non polo alto numero de contaxios, senon pola dificultade no rastrexo. Así nolo aclarou o alcalde, Antonio Lomba.
Ent. Patricia Elola, adegas do Vimbio - Inicio Vendima 31.08.2020 11:39
Comeza a temporada de vendima e coñecemos coma están a ser estas primeiras xornadas na adega do Vimbio. Unha vendima que está marcada tamén polo protocolo de prevención da COVID 19. Así nolo contou Patricia Elola
Ent.Dr. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación luns 31/08/2020 31.08.2020 4:19
Na actualidade hai en Tui 5 casos rexistrados de infección por COVID, 2 en Goián e 1 en Tomiño. Estes son os datos que esta mañá aportaba na nosa sintonía o doutor Santiago Pose, o coordinador do Centro de Saúde de Tui. Lembramos que o ambulatorio tudense é o centro de referencia para Tui e Tomiño no coronavirus.
Ent. Benito Guerreiro - Control Armiliaria con productos naturais 28.08.2020 11:00
Hoxe estivo no progama Día a Día, Benito Guerreiro que traballa xunto coa empresa Startup Biotecnolóxica Nostoc Biotech, no control do campo con productos Naturais. Así explicou Benito Guerreiro como traballan.
Ent. Pedro Villarroel, director Agrupación Musical Goián - Concerto Pangea 28.08.2020 6:10
Hoxe as 21:30 na Praza do Seixo, en Tomiño, a Agrupación Musical de Goián e Abraham Cupeiro ofrecerán un concerto co título Pangea. Trátase dun evento musical creado por Abraham Cupeiro, no que colabora a Agrupación Musical de Goián. Pedro Villarroel, director da Agrupación Musical de Goián, estivo hoxe na nosa sintonía onde explicou como será este concerto.
Ent. Elena Taboada, de Árbore, Arqueoloxía Restauración - Inaguración Petróglifos 27.08.2020 8:16
Hoxe vanse a inagurar as 19 ás obras de sinalización e posta en valor dos petróglifos de Fontiñas, Alto do Coello e Rozacús en Randufe. Para falar de este tema estivo hoxe na nosa sintonía Elena Taboada, de Árbore e Arqueoloxía, encargados da actuación destes petróglifos.
Ent. Xabier Añoveros, presidente IET - Nº 6 de Castellum Tyde 26.08.2020 14:13
Vén de publicarse o número 6 da revista Castellum Tyde editada polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, e patrocinada polo Concello. Co presidente do IET falamos desta publicación dedicada a Jaime Garrido
Ent. Luís Ruiz do nº2 e Nuria Garabal do nº1 - Comezo do novo curso escolar 26.08.2020 11:21
O próximo xoves 10 de setembro é a data marcada para o inicio do novo curso escolar en Infantil e Primaria. Hoxe coñecemos coma se preparan os centros educativos para este novo curso escolar marcado pola COVID 19. Hoxe achegámonos até o CEIP nº1 e nº2, os centros con maior número de alumnado no municipio. Falamos cos seus directores Luís Ruíz do CEIP nº2 e Nuria Garabal do CEIP nº2.
Ent. Ana Mª Nuñez, concelleira de Igualdade - Programa de conciliación Igual é + 25.08.2020 14:29
Até este venres está aberto o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación "IGUAL É +” promovido polo Concello de Tui a través da concellería de Igualdade. Foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui. Celebrarase do 1 ao 9 de setembro de 9 a 14 h en sete grupos. Dous grupos terán lugar no pavillón do CEIP nº2...
Ent. Belén González e José Álvarez - Situación da aula do CRA de Caldelas 24.08.2020 10:00
Os pais e nais dos nenos e nenas da aula de Caldelas do CRA Mestra Clara Torres reivindican que os seus fillos se escolaricen no próximo curso que está a piques de comezar no CEP de Caldelas. Consideran que as instalacións da aula non reúnen as condicións necesarias e menos aínda ante a actual situación derivada da pandemia da COVID 19. Se non hai cambio anuncia que non levarán aos cativos a clase...
Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación luns 24 de agosto 24.08.2020 2:56
Hai un caso de COVID-19 confirmado en Tui. Trátase dunha nena de 12 anos. É o primeiro caso en moito tempo, segundo explicaba esta mañá o doutor Santiago Pose. Hai amais un caso rexistrado en Tomiño e outro en Goián. Os tres pacientes están illados no seu domicilio realizando o seguimento o seu médico de cabeceira. Lembramos que o Centro de Saúde de Tui é o centro sanitario de referencia para Tui...
Ent. Manuel Vázquez, Antonio Garacoles e Miguel Rodríguez - Mestura Agus/Cachena Tenreiros Angus-Cachenaa 20.08.2020 16:57
Mesturar a raza escocesa Aberdeen angus e a galego-portuguesa Cachena é un proxecto no que levan anos traballando o tudense Manuel Vázquez de la Cruz e Antonio Garacoles. Agora ve a luz coa posta á venda da excepcional carne destes novos tenreiros, que en Tui se poderán adquirir en Carnicería Marité.
17082020 Pablo Comesaña, produtor de Play-doc - Obradoiro e voluntarios 20.08.2020 10:15
En pouco máis dun mes, do 23 ao 27 de setembro, vaise celebrar o Festival Internacional de documentais de Tui, Play-Doc. Tivo que aprazar a súa edición en abril debido á COVID-19, e agora tocou adaptar tamén a súa programación á nova realidade. Hoxe remata o prazo de inscrición para o obradoiro Retrato colectivo, e aínda que poden anotar os que desexen colaborar coma voluntarios.
Ent. Marta Alonso de Traspediante - “Baila un vestido verde” 20.08.2020 3:36
Ás nove desta noite o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo "Baila un vestido verde" con Marta Alonso no que mestura danza e humor. Con ela falamos esta mañá. As entradas até ás 12 h pódense reservar en enterticket.es. Forma parte da programación Volvemos á Rúa.
Ent. César Castro - Highxstar 19.08.2020 22:21
O tudense César Castro é responsable da revista online Highxtar. Un proxecto que comezou hai tres anos e do que hoxe falamos con el. Tamén nos avanzou novas ideas nas que traballa.
Ent. Sara Luque, mestra composteira - Carpa Informativa 19.08.2020 6:57
Mañá xoves, de 10 a 13 h, no mercado semanal dos xoves haberá unha carpa informativa sobre compostaxe. Sara Luque, a mestra composteira de Tui, explicaba o obxectivo desta carpa que volverá estar no mercado tamén a próxima semana. Xa na primeira semana de setembro realizarán unha actividade para nenos e nenas.
Ent. Rosendo Bugarín - Libro Tui e Armada 19.08.2020 12:53
"Tui é a Armada" é o título do libro que este venres será presentado no auditorio na Alameda de San Domingos. É obra de Rosendo Bugarín e Ignacio Tobarra. Con Rosendo Bugarín falamos hoxe desta publicación que está xa á venda nas librarías de Tui.
Ent. César Pérez Ares, xefe territorial Educación - Visita CEIP nº1 e 2 e CRA Mestra Clara Torres 18.08.2020 11:28
Comprobar as melloras que se están a executar no CEIP nº1, nº2 e no CRA Mestra Clara Torres foi o obxectivo da vistia que onte realizou a estes centros o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares. Tamén coñeceu da man dos equipos directivos a aplicación do protocolo anticovid para a volta ás aulas nestes centros educativos. Así nolo explicou esta mañá.
Ent. Dr. Santiago Pose - Situación en Tui con respecto á COVID 19 18.08.2020 6:19
Co doutor Santiago Pose falamos hoxe da situación en Tui con respecto á Covid-19. Explicaba que hai uns días nun novo control nas residencias de maiores todos os resultados foron negativos. Facía un chamamento á mocidade a ter precaución.
Ent. Silvia Soutelo e Mercedes Fernández, veciñas de Caldelas - Acueducto 17.08.2020 18:07
Silvia Soutelo e Mercedes Fernández, veciñas de Caldelas, facían hoxe de novo eco na nosa sintonía do malestar que hai na parroquia tras o desmonte do acueduto do Pontillo. Unha construción da que hai lembranzas coma mínimo de 1913.
Ent. Fernando Ferreira, expresidente Asociación de pescadores do río Miño - Presentación de dimisión 17.08.2020 6:46
No día de hoxe, Fernando Ferreira, presidente da Asociación de Pescadores do Rio Miño, deixou o seu cargo tras 9 anos exercendo e despois de toda unha vida relacionado coa Asociación. Está mañá explicaba ás razóns da súa dimisión.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Acueduto de Caldelas 17.08.2020 13:37
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na nosa sintonía que as pedras retiradas do acueduto do Pontollón en Caldelas pola CHMS están depositados no almacén municipal. Indicou amais que a actuación forma parte dun proxecto europeo para a recuperación da escala no río Casela. Así o indicaba.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.