Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente - Novos servizos no Punto Limpo os no punto limpo 14.09.2020 15:55
Novos servizos son os que ofrece dende hai uns días o Punto Limpo de Tui situado en Guillarei. Así conta con contedor específico para a recollida de xeringas e agullas de uso doméstico, que debe ser depositadas polo usuario no propio contedor. A isto súmase un novo contedor para a recollida de radiografías. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz.
Ent. David Fernández, ciclista - Campión de España de Enduro Junior 14.09.2020 3:45
O ciclista tudense David Fernández Pérez proclamouse esta fin de semana Campión de España Junio no Campionato de España de Enduro en Castejón de Sos. A carreira constou de cinco tramos cronometrados nos que investiu un tempo de 28 minutos e 54 segundos. Esta mañá explicaba que foi unha proba dura.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación luns 14 de setembro 14.09.2020 3:50
Non hai novidades no Rosal, segundo nos sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández quen, apuntou que o importante non é tanto a cifra de positivos, senon frear o aumento de contaxios.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación luns 14 de setembro 14.09.2020 2:00
Situación tranquila é a que se vivíu esta fin de semana na Guarda, onde o venres pasado había 30 casos confirmados. Nolo explica o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.
Volta ás aulas en Tui 11.09.2020 6:09
Repasamos como arrancou o curso 2020-2021, nos diferentes centros educativos de Tui.
Ent. Ana María Fontanerosa, enfermeira- Acto cívico do Alivio 11.09.2020 5:46
O acto cívico do Alivio de Tomiño recoñerá o traballo do persoal sanitario, que estará representado pola enfermeira Ana María Fontanerosa. Con ela falamos hoxe.
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Paseos nocturnos por Tui con mirada de artistas 11.09.2020 13:34
Do 23 ao 27 de setembro celebrase en Tui o Festival Internacional de Cinema, o Play Doc. Contará con proxeccións, música e paseos nocturnos polas rúas de Tui, onde se reflexionará sobre a pandemia da COVID-19, coa participación da veciñanza.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - O Alivio homenaxea a colectivo sanitario 11.09.2020 16:42
Remata a celebración do Alivio en Tomiño. Será mañá co acto cívico e co concerto da Agrupación Musical de Goián, na Praza do Seixo. Este ano, a homenaxe vai para todas as persoas que colaboraron durante a crise da COVID-19. Disto e doutros asuntos demos conta esta mañá coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo 10.09.2020 5:11
Consolidar a marca turistica Río Minho con actividades de ecoturismo adaptadas ás demandas da nova normalidade é o obxectivo de "Vive o Río Minho". Haberá sendeirismo, rutas en bici e caiac, percorridos históricos..., que se desenvolverán polos concellos galegos e portugueses, até o 4 de outubro. A inscrición poden formalizarse na web da Deputación de Pontevedra.
En. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura de Tui - Reformas centros educativos 10.09.2020 15:57
O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. Foron acometidas con fondos propios do Concello e da Deputación de Pontevedra. Damos conta das mesmas coa concelleria de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Montse Magallanes, tenente de alcalde da Guarda - Situación epidemiolóxica na Guarda 09.09.2020 4:04
A Guarda rexistra varias persoas contaxiadas pola COVID-19. A día de hoxe, a situación está controlada, segundo nos explicou esta mañá a tenente de alcalde do Concello da Guarda, Montse Magallanes.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación epidemiolóxica no Rosal 09.09.2020 4:40
O Rosal ten activos 3 brotes por COVID-19, segundo os datos da Consellería de Sanidade, que hoxe nos confirmou a alcaldesa, Ánxela Fernández. Dous están vinculados ao ámbito familiar e un ao laboral. O Sergas xa ten activado os protocolos de rastrexo.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo e Patrimonio - Turismo e Xornadas Europeas da Cultura Xudía 09.09.2020 16:09
Tui recibiu máis de 12 mil persoas entre turistas e peregrinos durante os meses de xuño, xullo e agosto, segundo os datos rexistrados na Oficina de Turismo e que, está mañá concretamos co concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso. Tamén, demos conta das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que se están a desenvolver na Eurocidade Tui - Valença.
Ent. doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui - Situación martes 08/09/2020 08.09.2020 5:26
Un total de 17 casos activos por COVID-19 rexistrou durante o último mes, o Servizo de Atención Primaria de Tui. Deste total, 9 son de Tui, 6 de Tomiño e 3 de Goián, segundo os datos facilitados polo doutor Santiago Pose, coordinador do Centro de Saúde de Tui.
Ent. Edith Huía Castro, bióloga e nai - Volta ás aulas 08.09.2020 13:08
A partir deste xoves dará comezo o curso 2020-2021 en Galicia, coa incorporación progresiva do alumnado. Primeiro será o de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º de primaria e educación especial. Un curso marcado pola pandemia da COVID-19 e con novas medidas e protocolos sanitarios. Esta mañá acompañounos a nai e bióloga, Edit Huía Castro, para falar desta volta ás aulas.
Ent. Bryan Fernández, músico 07.09.2020 9:13
Recentemente na nosa sintonia, estivo Bryan Fernández, quen está a ofrecer varios concertos nos que versiona clásicos coma o blues de Robert Johnson, "Sweet home Chicago" ou os temas da banda británica The Who.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación epidemiolóxica 07.09.2020 8:04
Un total de 16 casos positivos por COVID-19 rexistra o Servizo de Atención Primaria de Tui. Deste total, Tui rexistra 8 persoas contaxiadas e, por agora, non hai localizado ningún brote activo na cidade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegounos a situación epidemiolóxica da cidade.
Recomendacións literarias May Acebes - 07/09/2020 07.09.2020 22:40
Volve May Acebes e a súa sección Recomendacións Literarias. Faino coa novela "A corazón abierto" da escritora e xornalista Elvira Lindo con que falamos hoxe. Un libro persoal que narra a historia de Antonia e Manuel, os pais da escritora, ao longo dun século de grandes cambios. Unha homenaxe ás persoas que permaneceron na España na inmediata posguerra.
Ent. Alberto Vilas, músico - Concerto no Espazo Fortaleza en Goián 04.09.2020 8:20
Mañá sábado ás 20 h, no Espazo Fortaleza en Goián o compositor e pianista Alberto Vilas presentará o seu último traballo, “Naialma”. O disco máis persoal e íntimo do artista co que hoxe falamos. Alberto Vilas - Música
Ent. José Fernández e Carlos Estévez da Federación Galega de Motonáutica - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 04.09.2020 12:09
O Miño acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico. Esta mañá, comentamos a proba deportiva con José Fernández, presidente da Federación Galega de Motonáutica, e Carlos Estévez, vogal parte da organización do evento.
Ent. Montse Magallanes, tenente alcalde da Guarda - A Guarda rexistra 15 casos por COVID-19 04.09.2020 4:39
Unha quincena de casos positivos por COVID-19 rexistra A Guarda. Os novos contaxios corresponden a 3 traballadores de servizos exteriores do Concello. Nolo explicou Montse Magallanes, a tenente de alcalde da Guarda.
Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui - Feira de oportunidades 04.09.2020 6:17
Mañá sábado e o domingo no Paseo da Corredoira, dende as 11 e até as 21 h, celebrarase a Feira de oportunidades de ACITUI. Finalmente, serán un total de 19 postos de moda, calzado, complementos ou xoguetes os que estarán instalados segundo os protocolos e medidas sanitarias, para garantir a seguridade dos asistentes.
Ent. Alejandro Vargas, Esteban de Castro e Xabi Font - Tui acolle o primer Festival de curtametraxes en 24 horas 04.09.2020 12:50
Durante esta fin de semana, Tui será o escenario da primeira edición da Avoa Galega Festival. Un Festival de curtametraxes "express" que se realizarán en 24 horas. Falamos cos estudantes organizadores deste evento audiovisual, Alejandro Vargas e Esteban de Castro. Tamén, co produtor do filme "O que arde" Xabi Font, quen exercerá de xuíz.
Ent. Montse Magallanes,tenente de alcalde do Concello da Guarda- Situación epidemiolóxica no municipio 03.09.2020 5:25
Na Guarda hai 13 persoas afectadas pola COVID-19. Están ligados a tres brotes asociados ao ámbito familiar. O Sergas xa está a realizar os rastrexos necesarios para poder controlalos. Da situación epidemiolóxica falamos con Montse Magallanes, tenente de alcalde do Concello guardés.
Ent. Marta Martínez da banda Lagharteiras- Cita musical este sábado en Tui coas pandereiteiras Lagharteiras 03.09.2020 7:33
Este sábado ás 22 h, o grupo de pandereteiras de Mos, as Lagarteiras, ofrecerá un concerto no Palco da Música de Tui. Está organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Esta mañá, Marta Martínez unha das súas compoñentes contounos a historia da banda e como se vai desenvolver esta cita musical.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.