Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo e Patrimonio - Datos xullo e outros 14.08.2020 14:53
Co concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, coñecemos hoxe os datos referidos ao mes de xullo da Oficina de Turismo, en canto a número de turistas e peregrinos,marcados tamén pola actual situación. Coma responsable da área de Patrimonio tamén se referiu ao acueduto do Pontillón de Caldelas, e ao envío do PEPCHA á Xunta, tras solucionar problemas informáticos, que impediron remitilo con ante...
Ent. Diego Piña, presidente Kaiak Tudense - 49 Descenso do Miño 14.08.2020 8:59
Maña sábado celebrarase en Tui a 49 edición do Descenso Internacional do Miño. Hoxe estivo con nos Diego Piña, presidente do Club Kaiak Tudense, que nos explicou como será a edición de este ano, marcada pola COVID-19, e con novidades importantes.
Ent. Roi Casal, músico- Concerto en Tui 14.08.2020 8:52
Este domingo, ás 22:00, na rúa Compostela poderemos gozar co espectáculo “Músicas do Camiño” de Roi Casal que chega a Tui no programa Musigal da Deputación e que ademais, forma parte da programación “Volvemos á rúa”. Para poder asistir a este concerto é necesaria a reserva previa en enterticket.es.
Ent. Eduardo Dacuña, veciño de Caldelas - Malestar polo desmonte do acueducto do Pontillón 14.08.2020 7:12
Malestar entre os veciños de Caldelas que onte viron coma desmontaban o acueducto do Pontillón, situado na parroquia e que se empregaba para levar auga aos campos de regadío. Persoal da Confederación Hidrográfica comezou onte o desmonte argumentando que estaba en desuso. Asi o explicaba Eduardo Dacuña, veciño de Caldelas.
Ent. Pepablo Patiño, actor- Espéctaculo Acuario de Ghazafelhos 13.08.2020 4:14
Mergullar no fondo do mar, e coñecer o nome dos distintos peixes de xeito ameno e divertido é a proposta que fai Ghazafelhos no espectáculo Acuario. Ás nove desta tarde no Paseo da Corredoira terá lugar este espectáculo baseado no libro de poemas de María Canosa. Hoxe falamos cun dos integrantes da compañía, Pepablo Patiño:
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Actualidade de Tomiño 12.08.2020 19:01
O establecemento de preferencia peonil nalgúnhas rúas do centro urbano do Seixo, a aula de Estudo que se vai pór proximamente en marcha, a convocatoria de axudas para as traídas de auga e o remanente de tesourería son algúns dos temas que hoxe tratamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Ent. Javier Alonso Pérez, director Agrupación Musical do Rosal - O Rosal Cámara Fest 11.08.2020 12:00
A Agrupación Musical do Rosal leva a música a diferentes puntos do termo municipal a través de 10 concertos co que tamén poñen en valor o traballo das persoas que formaron parte da historia da Agrupación. "O Rosal Cámara Fest" arranca ás 21 h no Campo De Balonmán de Novás co Brass Band "Jose Vicente Simeó".
Ent. Eloy Carrera, director-Concerto da sección metal da Banda de Música Popular de Tui 11.08.2020 7:37
Mañá mercores 12 de agosto, a sección de metal da Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto na Praza de San Fernando, ás 21:00 h. O concerto terá unha capacidade para 100 persoas e débese facer reserva previa de entradas en www.enterticket.es, cun máximo de tres localidades por persoas. Así nolo explicaba está mañá, Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Emprego do remanente de tesourería 10.08.2020 7:47
O alcalde, Enrique Cabaleiro, recoñecía esta mañá en declaracións á nosa sintonía que persoalmente non lle gusta o acordo con respecto o uso do remanente de tesourería entre o Goberno Central e a FEMP, á espera de ter un informe completo en canto a interventora municpial se reincorpore tras as vacacións. Considera que castiga aos concellos pequeños coma é o caso de Tui.
Ent. Ángel Sánchez, codirector - Obradoiro Play Doc 07.08.2020 9:14
Do 23 ao 27 de setembro celebrarase unha nova edición de Play Doc. Precisamente o festival propón reflexionar sobre a actual situación que estamos a vivir. Faino a través dun obradoiro audiovisual que impartirá Eloy Domínguez Serén. Vai dirixido a á veciñanza de Tui e da comarca. O obxectivo é que a través de pequenas pezas audiovisuales acheguen a súa propia visión deste momento histórico provoca...
Ent Samuel Diz, director - Remate Música no Claustro 07.08.2020 11:23
Hoxe tras sete días de actividade remata a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Un evento que ao igual que moitos outros tivo que reinventarse debido á pandemia da COVID 19, e empregou precisamente a pandemia coma fío condutor. Hoxe ten lugar o derradeiro concerto a cargo de Miriam Latrece Quartet. Samuel Diz falounos deste eventos e fixo balanzo do festival.
Ent. Sergio Alonso e Andrea González, músicos-Música no Claustro 2020 06.08.2020 9:36
A música volverá soar esta noite no Claustro gótico da catedral de Tui no festival Música no Claustro. Esta vez será con Gara Jazz Quartet, formado por: o guitarrista tudense Sergio Alonso, a tomiñesa Andrea González estudante de batería, o saxofonista coruñes Lois Rivera e o contrabaixista da Pobra do Caramiñal Miguel Piñeiro.
Ent. Inés Moreno e Samuel Diz - Música no Claustro 2020 05.08.2020 13:42
Cada noite desta semana o Claustro da Catedral convértese no escenario singular dos concertos do festival Música no Claustro. Hoxe no mesmo soará a música de clave interpretada por Inés Moreno. Esta mañá falamos con ela e con Samuel Diz, director do festival.
Ent. Samuel Diz, director - Xornada de martes e mércores en Música no claustro 04.08.2020 12:43
Os instrumentos de tecla son os protagonistas hoxe e mañá nos concertos de Música no Claustro, para os que xa non hai entradas. Hoxe será a quenda de Noelia González ao acordeón, e mañá de Inés Moreno á clave. Amais a conversa dixital de hoxe trata sobre a fuxida polo Miño de Joaquín Diaz-Canedo. Falamos deste eventos con Samuel Diz, director do festival.
Ent. Beatriz Fontán e Miria Banet - Música no Claustro 2020 03.08.2020 11:41
Dende o sábado estase a celebrar o festival Música no Claustro cun aforo de 60 espectadores por concerto, o que está brindar eventos cunha nova percepción. Amais onte comezou o obradoiro de bordado sobre fotografia con Miria Banet, gañadora da beca Eloy Gesto da Fundación de Artesanía de Galicia. Falamos con Miria Banet e Beatriz Fontán, da organización.
Ent. Ana Mª Nuñez, concelleira de Igualdade - Programa Integral Muller Tui 03.08.2020 17:10
Muller Tui é o nome do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade que vén de pór en marcha o concello de Tui. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez,explicou os obxectivos deste programa e a qué mulleres vai destinado.
Ent. José Martínez Tato, presidente AndaTui - Andaina Histórica 2020 03.08.2020 8:23
Este sábado 8 de agosto vaise celebrar a VI Ruta histórica de Tui. Unha andaina nocturna organizada por AndaTui que terá a saída as nove da noite dende o palco da música na Corredoira- Esta maña esgotáronse as 40 prazas dispoñibles para esta andaina. Falamos da mesma con José Martínez Tato, presidente de AndaTui.
Ent. Samuel Diz, dtor Música no Claustro - Primeiros concertos 31.07.2020 9:18
En menos dunha hora esgotáronse as 60 entradas dispoñibles para o concerto de apertura do Festival Música no claustro. A cita será mañá sábado ás 21.30 h con Gonçalo Cordeiro e Samuel Diz Preciasmente con Samuel Diz falabamos dos primeiros concertos deste ano, para os que cómpre reserva previa o día anterior de 10 a 14 h no 621 358 118.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Edición 2020 30.07.2020 8:16
Do 23 ao 27 de setembro Tui volverá concentrar as miradas do audiovisual coa celebración de Play Doc. Un festival que presenta unha edición adaptada as novas circunstancias, que amplía escenario e que brinda unha programación segura. Hoxe falamos con Ángel Sánchez, codirector do evento que se celebrará xa coa marca Rias Baixas Film Fest
300720 Inacio Vilariño de Fantoches Baj - Os romeiros do Caracol 30.07.2020 4:37
Fantoches Baj - Inacio Vilariño e Carlos Quintá - presenta ás 21 h no Paseo da Corredoira "Os romeiros do Caracol". Un espectáculo de teatro de monicreques baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. As entradas poden reservarse até as 12 h enterticket.es Forma parte da programación Volvemos á Rúa
Ent. Manuel Lopes, presidente da Cámara municipal de Valença - Rexistro viaxeiros da Xunta 30.07.2020 6:45
O rexistro habilitado pola Xunta para viaxeiros, no que se deben inscribir as persoas procedentes de Portugal, non sentou ben no Alto Minho coma explicaba Manuel Lopes, o presidente da Cámara de Valença. Tudenses e valencianos comparten unha rúa común, a vella Ponte Internacional, que en moitos casos transitan varias veces nun mesmo día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rexistro se imos a Portugal e pleno ordinario 30.07.2020 11:53
Os tránsitos entre Galicia e Portugal deben ser comunicados ás autoridades sanitarias na web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/rexistro.aspx ou no teléfono 881 00 20 21 , segundo as últimas medidas adoptadas pola Xunta, pero pódense realizar con total normalidade. Deste tema e do pleno ordinario que hoxe celebra a corporación municipal falamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O Balonmán ante o inicio dunha temporada marcada pola COVID19 30.07.2020 8:09
Coñecemos coma afrontan os equipos de balonmán de Tui, A Guarda, O Rosal e O Porriño a nova temporada marcada pola COVID-19. Facémolo nunha reportaxe de Alba Rodríguez.
Ent. Samuel Diz, dtor - Festival Música no Claustro 2020 29.07.2020 11:13
Este sábado comeza a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Terá lugar até o venres 7 de agosto. Será unha semana repleta de música e cultura no claustro da Catedral de Tui. Esta nova edición estará marcada pola situación que estamos a vivir causada pola pandemia e onde a fonte de inspiración atópase no estandarte da confradia dos músicos da catedral. Este contén a imaxe bordada de San Roque...
Ent. Javier Zafra, autor de “Sabores de Sefarad” - O libro gastronómico da rede de Xuderías de España 28.07.2020 15:15
A rede de Xuderías de España da que Tui forma parte dende hai un ano vén de presentar o libro de gastronomía “Sabores de Sefarad”. Javier Zafra, cociñeiro e investigador é o autor deste libro dedicado á cociña tradicional sefardí. Con el coñecemos os detalles da obra.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.