Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6540 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Juan José Bustos Pérez, músico - Concerto no IKFEM 08.10.2020

Unha combinación de poesía, música e imaxe será o concerto que esta noite, ás 21 h, poderemos distrutar en AFundación TV, dentro da programación do IKFEM. Será con Juan José Bustos Pérez, músico multinstrumentista, presentando Versos Versus Virus.

Ent. Miguel Abraira, profesor-Finalista IV edición Premios Educa Abanca 08.10.2020

Miguel Abraira, profesor de historia do IES San Paio de Tui, nominado na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato á IV edición dos premios Educa Abanca, Mellor docente de España 2020. O 10 de xaneiro do próximo ano 2021 publicaranse as puntuacións obtidas por cada un dos finalistas, obtendo o título de Mellor Docente de España 2020 o profesor que consiga a maior puntuación.

Ent. Pilar Álvarez e Jose Montes de SOS Tomiño - Baixo Miño Campaña de Recollida de alimentos 07.10.2020

Até este sábado SOS Tomiño Baixo Miño ten en marcha unha campaña de recollida de alimentos a través da súa web www.sostomino.org.ou nos carros situados nos supermercados Froiz de Tui, O Rosal e Tomiño, no Lidl de Areas, e no Día de Tomiño. Falamos da mesma con Pilar Álvarez e Jose Montes de SOS Tomiño Baixo Miño

Ent. Eva González - Xubilación tras 30 anos profesión no Faro de Vigo no Baixo Miño 07.10.2020

Eva González, que durante 33 anos foi a delegada de Faro de Vigo en Tui e na comarca do Baixo Miño xubilouse oficilamente o pasado 15 de setembro. Con ela compartirmos esta mañá no programa a Día a Día as vivencias destes tres décadas.

Ent. Ainhoa Arteta - Concerto IKFEM 07.10.2020

“Cancións do recordo” é o título do concerto que a soprano Ainhoa Arteta ofrecerá ás 21 h no Teatro Municipal xunto ao pianista Javier Carmena. As entradas están esgotadas, e amais de en directo o concerto poderase seguir tamén a través de AFundación TV. Ainhoa Arteta intepretará un repertorio integrado por cancións destacadas nos seus máis de 30 anos de traxectoria artística desenvolvida por todo...

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda de Outubro 07.10.2020

Na rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal hoxe acompañounos José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular.

Ent. Emilio Villalba - Concerto "Música encerrada" no IKFEM Dixital 06.10.2020

Hoxe temos nova cita co IKFEM a través de AFundación TV. Será ás 21 h co concerto Emilio Villalba & Sara Marina titulado “Música Encerrada” Música Encerrada é un concerto para coñecer as obras dalgúns personaxes da nosa historia que produciron arte encerrados entre 4 paredes. É un espectáculo de música, narracións e poesía. Así nolo contaba hoxe Emilio Villalba

Ent. Telmo Alfaya do Bar Pacho - II Feira de Melóns e Cabazas 06.10.2020

O Bar Pancho acolle até finais de mes a II Feira de Melóns e Cabazas da Eurocidade. Na mesma reúnense máis de 1.500 cabazas así nolo explicou hoxe Telmo Alfaya.

Ent. Eloy Carrera e Sandra Pérez - Concerto 12 de outubro 06.10.2020

O próximo luns, 12 de outubro, ás 19.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira un concerto a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Orquestra Malabares. O aforo é limitado e as entradas están accesibles en enterticket.es. Falamos deste evento con Eloy Carrera, director da Banda, e con Sandra Pérez, percusionista.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Outubro 06.10.2020

Na rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui, hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, voceira do BNG. Con ela falamos esta mañá.

Ent. Pablo Lesuit - Concerto no IKFEM 05.10.2020

O IKFEM prosegue hoxe coa cuarta xornada da súa oitava edición. A proposta de hoxe é dentro do IKFEM Dixital a través de AFundación TV. Ás 21 h Pablo Lesuit ofrecerá un concerto titulado “A canción coma ferramenta de conexión”. É froito dunha viaxe que iniciou en 2017 e que foi creando de xeito itinerante. Pablo Lesuit é un músico galego multi-instrumentista, cantante e compositor.

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Outubro 05.10.2020

Manuel González Vázquez é o voceiro de Ciudadanos na Corporación Municipal de Tui. Con el falamos da situación política na cidade dentro da rolda que estamos a manter cos distintos grupos.

Ent. Juan González de Protección Civil Tui - Recollida de plásticos no Miño 02.10.2020

42 persoas voluntarias participarán mañá sábado na recollida de plásticos polo río Miño dende Areas a Caldelas que organiza Protección Civil de Tui. Sairán ás 16 h dende o Club Náutico com explicaba Juan González de Protección Civil.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Campaña Parte de Tí 02.10.2020

O grupo de desenvolvemento Eu rural pesentou está mañá a campaña "Parte de tí" coa que vai pór en valor o produto local dos 13 concellos que forman parte deste GRD. A presidenta do GRD e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou en qué vai consistir.

Ent. Sara Luque e David Guerao - Compostaxe comunitaria 02.10.2020

En Tui hai tres puntos de compostaxe comunitaria na rúa Compostela, no aparcamento Municipal e na rúa Tenencia. Hoxe con Sara Luque, mestra composteira de Tui, falamos da compostaxe comunitaria, e coñecemos con David Guerao un dos usuarios destes centros de compostaxe.

Ent. Erea Blanco, clave - Concerto de Eutherpe no IKFEM 02.10.2020

Erea Blanco Balvís, clave, e Ângela Neto Domingues, violín barroco forman Eutherpe, o dúo que este domingo ás 21 h actuará na igrexa de San Domingos nun concerto no que achegan unha mirada ao barroco dos séculos XVII e XVIII con obras de Telemann, Castello, Corelli e Leclair.

Ent. Brenda Vidal, pianista - Concerto inaugural do IKFEM con Quarteto Contratempus 02.10.2020

O Quarteto Contratempus será o encargado ás 21h do concerto inuagural do IKFEM no Teatro Municipal de Tui. O grupo está formado por Teresa Nunes, Soprano, Crispim Luz, clarinete, Susana Lima, violonchelo e Brenda Vidal Hermida, piano. Con esta ultima falamos deste concerto.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda outubro 02.10.2020

Dentro da rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal que comezamos o 1 de outubro hoxe falamos con José Manuel Palacín, voceiro de C21.

Ent. Violeta de Santiago, voceira PSOE Tomiño - Queixa 01.10.2020

As socialistas de Tomiño amosan o seu estupor polo que goberno do BNG se apropiou segundo din a proposta socialista sobre a situación da sanidade no municipio. No pleno o tema non saiu adiante, e para sorpresa dos socialistas, o luns o BNG iniciou unha recollida de sinaturas. Así o explicaba a voceira socialista, Violeta de Santiago.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Melloras en instalacións deportivas 01.10.2020

As instalacións deportivas municipais teñen sido obxecto de distintas obras de mellora. Hoxe o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, explicaba no programa Día a Día os traballos realizados.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Rolda Outubro 01.10.2020

Con Laureano Alonso, concelleiro de En Marea e membro do goberno municipal abrimos hoxe unha nova rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal.

Ent. Andrea González e Sonsoles Vicente - IKFEM 2020 30.09.2020

IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade Tui-Valença, comeza este venres co concerto inaugura no Teatro Municipal de Tui. Unha edición que ofrecerá dez días de actividade na que combinará os concertos presenciais con outros online. Desta edición marcada pola COVID19 falamos hoxe coa directora do IKFEM, Andrea González, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Raimundo Martínez "Rai" - Presentación libro 29.09.2020

Raimundo Martínez "Rai" presenta este xoves, ás 20 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) o seu libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” . Esta actividade forma parte dos actos conmemorativos do 50 aniversario da biblioteca.

Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Situación 28 de setembro 28.09.2020

73 casos activos por coronavirus rexistra Valença tras rexistrar un brote no centro de día da Cruz Vermella con 16 usuarios e 5 traballadores con covid 19. A situación preocupa ao presidente da Cámara de Valença, quen por outra parte indicaba que os brotes están localizados.

Ent. Miriam Rodríguez e Adrián Canoura - Cinema Percorridos en Play-doc 25.09.2020

Ás 21.00 h comezará a actividade, Cinema Percorridos, na que vídeo artistas galegos encherán de imaxes en movemento o centro histórico da cidade de Tui. Un roteiro cinematográfico en grupo pola zona monumental de Tui. Esta mañá falamos con Miriam Rodríguez e Adrián Canoura, que presentarán dúas destas cinco propostas no lavadoiro de San Domingos e no cárcere vello.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.