Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6540 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Paula Rodríguez, Psicóloga xeral sanitaria experta en TDAH - 27 de Outubro, Día do TDAH en España 27.10.2020

Hoxe, 27 de outubro é o Día do TDAH en España. Entrevistamos a psicóloga xeral sanitaria experta en TDAH, Paula Rodríguez. Hoxe ás 21:00 farán unha charla en directo en instagram (@fdezsastreyrojopsiquiatras e @paula_rodriguez_psicologa) no que estará ela e o psiquiatra Jose Luis Fernandez Sastre sobre o TDHA.

Ent. Hortensia Rodríguez, La Flor Floristas - Encargos de flores para o 1 de novembro, día de tódolos santos 26.10.2020

Hortensia Rodríguez de La Flor Floristas falounos sobre os pedidos de flores e a organización das floristerias de cara ao Día de Tódolos Santos

Ent. Fátima Rodriguez - Monitora do Curso de Marca Persoal que imparte o Espazo Xove de Tui 26.10.2020

Entrevistamos a Fátima Rodríguez, monitora de Talentea que impartirá o Curso de Marca Persoal do Espazo Xove de Tui. É un obradoiro de emprego dedicado a definir a marca persoal de cada participante. Terá lugar o xoves 12 de novembro, de 18.30 a 20 horas, e diríxese a mozas de entre 18 e 30 anos. Ofértanse ao redor de dez prazas, que se cubrirán por orden de inscrición en función da evolución da p...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns, 26 de outubro de 2020 26.10.2020

Tui continúa en alerta vermella ao rexistrar máis de 21 casos de covid19 nos últimos 7 días. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, confirmaba amais que en persoal municipal hai 3 casos, dous en Servizos Sociais e un na Policía Local. Por outra parte hoxe publicarase un bando da alcaldía con recomendacións ante o 1 de novembro.

Ent. Joaquín Cadilla - Presidente de ORPAGU - ORPAGU recibiu o premio Alimentos de España polo Ministerio de Agricultura 23.10.2020

Entrevistamos a Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU (Organización de Palangreiros Guardeses) recoñecida co premio Alimentos de España á produción dá pesca e dá acuicultura, outorgado polo Ministerio de Agricultura

Ent. Alba Bermúdez, actriz - Galeatro con Carabela 23.10.2020

Galeatro presenta mañá sábado ás 18.30 h no Teatro Municipal de Tui "Carabela". É unha proposta teatral para público familiar escrita por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que forma parte do elenco xunto a Tone Martínez e Alba Bermúdez . Con esta última falamos en Día a Día.

Ent. Machi Salgado, actor - Redrum con Idiota 23.10.2020

Hoxe ás 21.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle "Idiota" de Redrum Teatro, cun aforo limitado a 60 persoas. A obra escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Susana Sampedro e Machi Salgado. Con este último falabamos hoxe.

Ent. Sandra González- Alcaldesa de Tomiño - A Eurocidade Cerveira - Tomiño celebra hoxe as II Xornadas Amizade 23.10.2020

A Eurocidade Cerveira Tomiño celebra hoxe as II Xornadas Amizade. Durante todo o día no Auditorio do CAE reflexionarase sobre o futuro da cooperación transfronteiriza e realizarase tamén un balance dos resultados acadados na “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”

Ent. Anabel Solla, presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui - Campaña de prevención da Violencia de Xénero 22.10.2020

Amei Tui, a asociación de mulleres en igualdade de tui, vai levar a cabo unha campaña de Prevención da Violencia de Xénero no Ámbito Veciñal para a concienciación e a participación das comunidades de veciños na detección de este tipo de situacións e para informar dos medios dispoñibles para denunciar casos de violencia de xénero. Entrevistamos a súa presidenta, Anabel Solla.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación COVID 22 de outubro 22.10.2020

Segunda xornada na que Tui está en alerta vermella polo número de casos de coronavirus. Son un total de 30 positivos os rexistrados no últimos 8 días segundo avanzou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - Remate dilixencias no Xulgado 21.10.2020

Concluiron as dilixencias previas no Xulgado de Tui pola explosión rexistrada do 23 de maio de 2018 no barrio da Torre en Paramos, nun almacén ilegal de explosivos. O presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, Salvador García, explicaba que non comparten este peche cando consideran que hai cuestións pendentes coma declaracións, ou peritaxes.

Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui - Premio escola do ano 2020 21.10.2020

A Fundación Princesa de Xirona anunciou onte o nome do centro educativo recoñecido co Premio Escola do Ano na súa edición 2020. O Centro Público Rural Agrupado, Mestra Clara Torres de Tui, galardoado por «ser un exemplo de dinamización en contornas rurais, a través da participación e implicación das familias e dos membros da comunidade da que forman parte». Entrevistamos a súa directora, Teresa Do...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores 21 de outubro 21.10.2020

O Concello de Tui recomenda aos xestores dos equipamentos culturais de carácter privado que na medida do posible paralicen toda a actividade nestes centros, ante a actual situación. Amais en Caldelas ordénase o peche do Centro Cultural ante a situación na parroquia coa existencia de varios brotes. Así o acordaron onte os representantes dos distintos grupos políticos na corporación municipal. Así o...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns 19 de outubro 19.10.2020

Tui está en nivel 1, alerta amarela, por rexistrar nos últimos 7 días entre 7 e 14 novos casos activos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, facía esta mañá un novo chamamento á prudencia e á responsabilidade.

Ent. Beatriz Rodríguez, Albur Atlántico - II Xornada do proxecto "O Camiño sostible" hoxe en Tui 16.10.2020

Hoxe celebrouse en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible” na Aula da Uned, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”. Ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Tamén promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade. Entrevistamos hoxe a Beatriz Rodríguez de Alb...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación de outono 16.10.2020

Hoxe comeza a programación de outono "Volvemos ao teatro" que até finais de novembro ofrece 8 espectáculos de música, teatro e danza. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, daba conta desta proposta e das medidas de seguridade establecidas.

Ent. Arantxa Giráldez-Oferta de actividades do Liceo Casino de Tui 15.10.2020

O Liceo Casino de Tui programou unha oferta de actividades para os próximos meses que inclúe coiro, baile moderno, break dance, kids abacus, ioga, robótica para nenos, reforzo de inglés, fotografía, guitarra, etc. Así nolo contou hoxe Arantxa Giráldez en Día a Día.

Ent. Samuel Diz e Yolanda Castaño-Concerto 15.10.2020

Están xa á venda a través de tui.gal as entradas para o concerto “Memoria da Melancolía” que o músico tudense Samuel Diz ofrecerá este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. Terán un prezo de 6€, 5€ para aqueles que se poidan beneficiar dalgúns dos descontos establecidos. Así o contaban Samuel Diz e a poetisa Yolanda Castaño no programa Día a Día.

Ent. Ana Carpintero, Fran Garcia e Luis Dávila - Calcetíns Ilustrados 14.10.2020

Esta mañá visitaron o programa Día Día, Ana Carpinteiro e Fran García, responsables de Somos Océano, que recentemente chegaron a un acordo co deseñador das viñetas do Faro de Vigo, Luís Dávila, para que as súas persoaxes mais coñocidas estean presentes nos seus calcetíns. A súa exposición, “O camiño do Humor”, pode visitarse na Área Panorámica ata o próximo 24 de outubro.

Ent. Santiago Pose - Situación COVID 19 - mércores 14 14.10.2020

6 afectados por COVID 19 nos últimos 14 días é a cifra que esta mañá facilitaba o doutor Santiago Pose, do centro de saúde de Tui, que é tamén é referencia para Tomiño, onde a cifra ascende a 16.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación covid 19 13.10.2020

O Concello de Tomiño está en nivel vermello no mapa de incidencia de coronavirus ao rexistrar máis de 21 casos . En concreto, segundo os datos facilitados esta mañá pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, hai no municipio 22 casos activos.

Ent. Andrés Useira e Javi Quintas, X Enduro Cidade de Tui 09.10.2020

Este domingo celébrase en Chan do Carrasco en Randufe o X Enduro Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe. Será a partir das 10.30 h. Esta mañá visitaba Día a Día Andrés Urseira de Motoclub Randufe que nos explicaba o que supón para Tui celebrar un evento destas características e tamén Javi Quintas, responsable da liga galega de motos de campo

Ent. Esther Rúas, Revolto Artesanal Galego- Mercadillo 09.10.2020

O próximo domingo e luns celebrarase no Paseo da Corredoira un mercadillo de artesanía, antigüidades e coleccionismo organizado pola asociación Revolto Artesán Galego e o Concello de Tui. O domingo en horario de 10h a 21h e o luns tamén de 10h a 20:30h. A presidenta da asociación, Ester Rúas, visitaba esta mañana o programa Día a Día e explicábanos que poderemos atopar nesta feria.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Outubro 09.10.2020

Coa entrevista ao Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de entrevistas aos grupos municipais de outobro.

Ent. Raquel Touriño, presidenta de FEMUPO - Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra 08.10.2020

Hoxe coñecemos a actividade da Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra, da que forma parte AMEI Tui, coa súa presidenta Raquel Touriño.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.