Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play-Doc - Semblanza a Daniel Domínguez 30.11.2020 10:07
Nas últimas horas falecía o tudense Daniel Domínguez, membro da primeira xeración dos actuais integrantes do Sector Audiovisual Galego. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do Festival Play-Doc sobre unha figura fundamental e mentor nos inicios deste proxecto fai 16 anos
Ent. Patricia Elola - Viravolta Cocina Retornada de Adega do Vimbio 30.11.2020 8:03
Adega do Vimbio recibiu unha axuda para desenvolver unha nova liña de produtos baseados en vexetais autóctonos e sabores internacionais: Viravolta Cocina Retornada. A empresa é dunha parella de Tui, Martin Crusar e Patricia Elola. Con ela falamos sobre o 1º producto lanzado, a Salsa Vietnam
Ent. Sebastian Gómez - Limpeza da entrada da A-55 en Guillarei 27.11.2020 8:18
Falamos hoxe con Sebastian Gómez que limpou el mesmo, a entrada da A-55 a altura de Guillarei, ante o deprimente estado no que se encontraba este acceso, cheo de botellas de plástico, latas, lixo, etc.
Ent. Jaione Camborda, directora de cine - Proxección de Arima no Teatro municipal de Tui 27.11.2020 5:27
Dentro da programación "Volvemos ao Teatro en novembro", hoxe proxectarase no Teatro Municipal a película "Arima" de Jaione Camborda. O filme está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera. Recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes
Ent. Roberto Perdigones - Alarma 27.11.2020 10:24
Entrevistamos a Roberto Perdigones que deseñou recentemente a alarma "Égida". Un sistema de seguridade 100% seguro e económico que vai revolucionar os sistemas de seguridade en todo o mundo
Ent. Alejandro Da Cuña, escritor - "Camiño con historias", libro solidario 26.11.2020 8:48
"Camiño con historias" é un agasallo solidario perfecto para este nadal do escritor tudense Alejandro Da Cuña. Falamos hoxe con el sobre este libro e sobre o Concurso de Pintura e Debuxo da Asociación Cultural A Insua de Caldelas
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - 25N 2020 25.11.2020 10:03
Tomiño súmase tamén á campaña #EnNegro contra a violencia de xénero. A alcaldesa Sandra González, reflexionaba sobre esta data e explicaba os actos organizados no municipio.
Ent. Ana Núñez, Concelleira de Igualdade - 25N 2020 25.11.2020 4:27
Tui conmemora este 25N En Negro con diferentes iniciativas. Falamos desta data e das actividades previstas coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez.
Ent. Andrés Suárez, artista - Nova guía da ruta xacobea: 24.11.2020 10:59
“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu propio municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Entrevistamos ao artista local, Andrés Lamas, autor desta guía visual que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Solicitude 24.11.2020 13:08
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitará hoxe ao SERGAS que estuden a situación en Tui. O peche perimetral e da hostalería que nun primeiro momento permitiu reducir o número casos, está a xerar importantes prexuizos económicos e a incidencia da covid está estancada. Hoxe hai 50 novos casos detectados nos últimos 14 días segundo os datos de Sanidade.
Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación luns 23 de novembro 23.11.2020 9:09
26 casos nos últimos 7 días e un acumulado de 54 nos últimos 14 son as últimas cifras con respecto á incidencia da COVID19 en Tui que facilitaba esta mañá o doutor Santiago Pose.
Ent. Ana Núñez, Concelleira de Igualdade - Tui conmemora o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero 20.11.2020 9:48
Dende hoxe e até o 28 deste mes Tui súmase un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos con Ana Núñez desta e doutras iniciativas como a plataforma "Lecturas pola Igualdade"
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co Conselleiro e situación COVID 19 20.11.2020 8:50
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto cos alcades de Cangas e Pontareas, reuniuse onte por videoconferencia co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Aínda que a evolución do número de casos na cidade está sendo positiva tendo en conta a o índice de casos acumulados é de 269 non se poden aínda levantar as medidas restritivas.
Ent. Ismael Diz, Concelleiro de Medio Ambiente Tui e Sara Luque, Mestra Composteira - Promoción da Plan de Compostaxe 20.11.2020 10:35
O vindeiro sábado comeza unha campaña de promoción do Plan de Compostaxe do Concello de Tui. A campaña se iniciará coa presentación do novo logo e lema. Falamos disto co Concelleiro de Medio Ambiente e coa Mestra Momposteira, Sara Luque
Ent. Kim Llobet, Belen Liste e Pilar Otero, Femupo - Charla recursos das mulleres vítimas e II Encontro asoc. mulleres 19.11.2020 15:30
Falamos hoxe da man de Femupo sobre dúas actividades no ámbito da igualdade. Unha charla sobre os recursos das vítimas de violencia de xénero, con Belen Liste, e sobre o II Encontro das asociacións de mulleres de Pontevedra, no que participa Amei Tui
Ent. Xabier Añoveros, Doutor en dereito mercantil - Tese doutoral sobre a Casa da Canicouba 18.11.2020 13:44
Falamos hoxe con Xabier Añoveros que acaba de escrbir a súa 4º tese doutoral sobre a Casa da Canicouba de Tui. Un pazo urbano que data do século XVI e que conta co archivo familiar mais antigo de toda Galicia
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Situación 17 de novembro 17.11.2020 5:04
Analizamos as cifras da COVID-19 na Guarda co seu Alcalde, Antonio Lomba. A localidade segue en nivel laranxa ao rexistrar entre 14 e 21 casos. Podería tamén baixar do nivel vermello ao laranxa nos rexistros dos últimos 14 días se continúan baixando os casos
Ent. José Manuel Palacín de C21 - Situación covid e non peonalización Corredoira 17.11.2020 6:13
Con Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 abordamos a actuación situación con respecto á COVID en Tui. Tamén a solicitude que realizarán este xoves en pleno para reestablecer a circulación o Paseo da Corredoira no tramo que peonalizado.
Ent. Sandra González, Alcaldesa de Tomiño - Situación 17 de novembro 17.11.2020 9:39
Tomiño está en alerta vermella polo número de casos de COVID-19 nos últimos 7 días. Sandra González avanzaba que son algo menos de 40 os casos activos pero afirmou que a situación epidemiolóxica está controlada.
Ent. Nacho Carrera, escritor e guionista - publicación da novela negra “El ángel fiel” 16.11.2020 13:26
Visitounos esta mañá Nacho Carreras, guionista de TVE e escritor. Acaba de publicar o seu primeiro libro “El ángel fiel”, unha novela negra ambientada en Baiona
Ent. Manuel Madarnás, músico trompetista - 3º premio no XI Concurso de Trompeta “Valeriano Machí Esparza” 16.11.2020 5:41
Falamos hoxe con Manuel Madarnás, 3º premio no XI Concurso de Trompeta “Valeriano Machí Esparza”. A competencia estaba dividida por categorías, sendo na Categoría A (trompetistas de 3º e 4º de Grao Superior) onde este músico galego acadou o terceiro lugar. Manuel Madarnás, de 23 anos, estuda actualmente 4º de Grao Superior no Conservatorio De Música de Vigo e é alumno activo na Orquesta Xoven Sinf...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns 16 16.11.2020 8:44
En Tui mantéñense as medidas restritivas de peche perimetral ou peche da hostalería aínda que na fin de semnaa o nivel de alerta pasou a laranxa - hoxe volveu a vermello - coma explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Avanzaba que solicitará a Sanidade a posibilidade de atenuar o peche actual tan estrito. Pero tamén indicaba que olicitará tanto á Policía Local coma á Garda civil maior vixila...
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Situación COVID-19 na Guarda 13.11.2020 5:43
Analizamos as cifras da COVID-19 na Guarda co seu Alcalde, Antonio Lomba. Os últimos datos falan de 60 casos activos. Aínda que na última semana os contaxios diarios se reduciron, haberá que esperar uns días para apreciar unha baixada considerable dos casos.
Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - Situación COVID 19 Tui 12.11.2020 6:17
O voceiro do PP na corporación municipal de Tui, José Ángel Fernández, destacou a unidade de acción dos distintos grupos do Concello de Tui ante a situación que estamos a vivir derivada da pandemia da COVID 19. Por outra parte facía unha valoración moi positiva do informe favorable de Urbanismo ao PEPCHA, que permitirá leva a pleno este documento para a súa aprobación definitiva.
Ent. Ánxela Fernández, Alcaldesa do Rosal, e María Fandiño, arquitecta - Aberta a 12.11.2020 12:11
A "Explanada do Horizonte" xa está lista para o desfrute da veciñanza do Rosal. Unha reforma integral e mellora paisaxística en Portecelo cunha nova área de esparexemento que tamén acondicionou o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa polo municipio. Falamos coa alcaldesa do Rosal e coa arquitecta deste proxecto, distinguido cun dos Premios Gran de Area 2020 de Aportación á Arquitectura d...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.