Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Danos nas praias da Guarda polo temporal de choiva e vento 16.12.2020 5:53
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, calificou de "case catastrófica" os desperfectos que ocasionou o temporal de chuvia e vento esta noite, especialmente na Praia da Lamiña e na Praia do Muíño.
Ent. Mariví Álvarez, presidenta de Acubam - Selo de procedencia da Planta Ornamental e a Flor do Baixo Miño 15.12.2020 8:02
A planta ornamental e a flor cortada cultivadas no Baixo Miño contan cun selo identificativo que garante a súa calidade e sustentabilidade grazas á iniciativa da Deputación e da Asociación AcuBam. Falamos coa súa nova presidenta Mariví Álvarez
Ent. Alberto González do Restaurante Silabario - Estrella Michelín 15.12.2020 8:22
Saborea dun xeito especial o chef tudense Alberto González Prelcic a Estrela Michelín que onte lle concederon ao restaurante Silabario. Un recoñecemento que chega nun momento difícil polas actuais circunstancias. Co restaurante en Tui xa lograra tamén esta Estrella
Ent. Laura Solla e Rafael Pérez - Triatlón e Duatlón no Clube Atletismo Tui-Activamos A túa Casa 15.12.2020 9:38
Falamos hoxe con Laura Solla que vai coordinar a creación das seccións de Triatlón e Duatlón no Clube Atletismo Tui-Activamos A túa Casa. Tamén interviu o presidente deste clube, Rafael Pérez, que contará coa campiona galega Aida Valiño entre os seus integrantes destas disciplinas.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Investimento 1,5% Cultural para a Catedral e situación COVID19 15.12.2020 7:57
O número de casos acumulados de COVID19 en Tui a 7 días son 19, e a 14 días con 37. Asi llo transmitiron ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende o Centro de Saúde. Nas últimas xornadas tense rexistrado unha tendencia á baixa, pero non se pode baixar a garda. Así o afirmaba o rexedor tudense quen insistía unha vez máis na chamada á responsabilidade. Tamén se referiu ao investimento de máis de 5...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación 14 de decembro 14.12.2020 5:31
Falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, fai un chamamento a responsabilidade pola situación "moi preocupante" que rexistra esta localidade respecto da incidencia da Covid-19. Os datos de hoxe falan de 45 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres, 11 de decembro 11.12.2020 2:26
Tui continúa coas mesmas medidas restritivas de nivel alto e peche perimetral. O nivel de incidencia da COVID 19 en Tui segundo os últimos datos de Sanidade son 47 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, e unha incidencia superior aos 250 casos/100 mil habitantes. O alcalde, Enrique Cabaleiro, indicaba que "Estamos nunha situación non mellor que cando se inicio o peche perimentral". Nese sens...
Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI - Campaña 11.12.2020 9:33
ACITUI pon en marcha o próximo luns a campaña "Este Nadal segue a estrela de ACITUI" co obxectivo de incentivar o consumo local. Coas compras realizadas nos establecementos asociados sortearanse 2000€ en vales de 50€.
Ent. Salvador Martínez, Mirabel do Rosal - Premio ao mellor producto sostible polo BBVA e El Celler de Can Roca 11.12.2020 10:49
Entrevistamos hoxe a Salvador Martínez, responsable da empresa Mirabel do Roseira. Este producto, o Mirabel do Rosal, é un dos seis premiados cos Premios BBVA aos mellores productores sustentables. Unha iniciativa en colaboración co Celler de Can Rosa.
Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación COVID 19 xoves 10 de decembro 10.12.2020 2:37
A evolución da incidencia da COVID 19 en Tui está a ser positiva segundo o doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui. En Tui hai nos últimos 7 días 20 casos activos e 50 nos últimos 14 días. Mentres en Tomiño a cifra de casos activos é de 19 nos últimos 7 días e 35 nos últimos 14 días.
Ent. Ana Núñez, concelleira e Rita Álvarez de Flores Rita - Campaña recollida de alimentos na praza 10.12.2020 8:14
Dende hoxe e até o 10 de xaneiro na praza de Abastos de Tui levan a cabo unha campaña de Nadal de recollida de alimentos en beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño. Falamos da mesma coa concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, e con Rita Álvarez de Las Flores de Rita, de quen partiu a iniciativa.
Ent. Miguel Abraira, profesor- Finalista IV Premios Educa Abanca ao mellor docente 10.12.2020 7:14
Falamos con Miguel Abraira, profesor do IES San Paio de Tui. É un dos dez finalistas dos premios Educa Abanca ao mellor docente de 2020 na categoría de ESO e Bacharelato. O 10 de xaneiro darase a coñecer o gañador.
Ent. Conchi Ortega da Asociación de Mulleres Rurais Baixo - Espazos Radiofónicos pola Igualdade 10.12.2020 8:04
Hoxe nos Espazos Radiofónicos pola Igualdade coñecemos o traballo que realizan dende a Asociación de Mulleres Rurais Baixo Miño, AMURGA con Conchi Ortega.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 10 de decembro 10.12.2020 6:16
Enrique Cabaleiro reunirase hoxe co SERGAS para valorar a situación da Covid-19 en Tui. Amosou no programa Día a Día, a súa decepción pola ausencia de 800 persoas no cribado masivo do pasado martes
Ent. Manuel Lópes, presidente de Cámara de Valença -Situación 10 de decembro 10.12.2020 4:29
O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lópes, asegurou esta mañá que as plataformas de datos estaban rexistrando de xeito erróneo a incidencia da Covid neste municipio. Indica que hai actualmente 60-70 casos activos. A semana que ven volverán a celebrarse as ferias e mercados de Valença.
Ent. Ana Núñez, Concelleira de Comercio e Jesús Vaz, Coplegal - Campaña "En Nadal Tui #QuereTui 07.12.2020 14:08
Falamos co presursor da iniciativa “En Nadal Tui #QuereTui”, Jesús Vaz da empresa Coplegal. Tamén coa concelleira de comercio, Ana Núñez, sobre agasallar aos traballadores e traballadoras con bonos para desfrutar na hostalería e no comercio de Tui.
Ent. Manuel López, presidente de Cámara de Valença -Situación 4 de decembro 04.12.2020 5:06
Coñecemos a situación de Valença que afronta a Festividade da Inmaculada nunha situación complicada con respecto á Covid-19. As últimas restriccións aplicadas en Portugal axudaron a reducir os contaxios
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Campaña de Nadal 04.12.2020 7:49
Hoxe ás 18 h ten lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui, onde a novidade estará en que se volverá iluminar o abeto situado ao final da Corredoira. O concello de Tui apostou de novo pola decoración das rúas e prazas con elementos reutilizados e de material reciclado e polo lema "Tui, O Camiño do Nadal" coma explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Alicia Benade - Trigo y Limpio 04.12.2020 11:33
Tradición e innovación únense en "Trigo y Limpio" unha empresa tudense que optou por recuperar a variedade de trigo Callobre con colleita propia e moela de xeito artesanal. Alicia Benade, é a promotora deste proxecto xunto ao seu irmán. Contounos todos os detalles desta fariña artesanal e ecolóxica.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 04122020. 04.12.2020 10:01
O próximo martes terá lugar un Tui un cribado poboacional para detectar a persoas asintomáticas. Será no vello pavillón e as persoas seleccionadas están a ser citadas polo SERGAS. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitou a Sanidade estas probas, cando case se cumpre un mes das medidas restritivas no municipio.
Ent. Ciano Valcárcel, San Xerome da Guarda - Día internacional da Discapacidade 03.12.2020 6:03
Hoxe xoves día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Falamos con Ciano Valcárcel da Asoc. San Xerome da Guarda sobre a importancia deste día para favorecer a integración
Ent. Miguel e Mario Domínguez - Campaña solidaria do Hostal A Sigrina 03.12.2020 12:10
Falamos cos irmáns Miguel e Mario Domínguez do Hostal A Sigrina de Tui. Organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para entragalos despois a ONG Sos Tomiño Baixo Miño
Ent. Miguel Rocha, xornalista - Situación da Covid en Valença 02.12.2020 9:13
O xornalista da Radio Vale do Minho, Miguel Rocha, falou hoxe na nosa sintonía da situación da Covid-19 en Valença. 227 casos activos e unha atisima incidencia acumulada de 1415 casos por cada 100.000 habitantes.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Peche perimentral e medidas restritivas 02.12.2020 6:30
O Comité de Clínico da Xunta acordou impor medidas máis restritivas no Concello da Guarda ante a evolución epidemiolóxica na vila. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu onte á comunicación por parte do Conselleiro. Será o peche perimetral, e afectará tamén á hostalería nunhas condicións que hoxe se darán a coñecer
Ent. Verónica Rodríguez - Empanadillas Vioncas Bake 01.12.2020 10:27
A empresa tudense de nova creación Vioncas Bake puxo a venda nos últimos tempos as súas empanadillas a domicilio con moito éxito e non so en Tui. Empanadillas galegas pero con novos ingredientes chegados doutros países
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.