Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Manuel Lopes, presidente da Cámara municipal de Valença - Rexistro viaxeiros da Xunta 30.07.2020 6:45
O rexistro habilitado pola Xunta para viaxeiros, no que se deben inscribir as persoas procedentes de Portugal, non sentou ben no Alto Minho coma explicaba Manuel Lopes, o presidente da Cámara de Valença. Tudenses e valencianos comparten unha rúa común, a vella Ponte Internacional, que en moitos casos transitan varias veces nun mesmo día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rexistro se imos a Portugal e pleno ordinario 30.07.2020 11:53
Os tránsitos entre Galicia e Portugal deben ser comunicados ás autoridades sanitarias na web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/rexistro.aspx ou no teléfono 881 00 20 21 , segundo as últimas medidas adoptadas pola Xunta, pero pódense realizar con total normalidade. Deste tema e do pleno ordinario que hoxe celebra a corporación municipal falamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O Balonmán ante o inicio dunha temporada marcada pola COVID19 30.07.2020 8:09
Coñecemos coma afrontan os equipos de balonmán de Tui, A Guarda, O Rosal e O Porriño a nova temporada marcada pola COVID-19. Facémolo nunha reportaxe de Alba Rodríguez.
Ent. Samuel Diz, dtor - Festival Música no Claustro 2020 29.07.2020 11:13
Este sábado comeza a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Terá lugar até o venres 7 de agosto. Será unha semana repleta de música e cultura no claustro da Catedral de Tui. Esta nova edición estará marcada pola situación que estamos a vivir causada pola pandemia e onde a fonte de inspiración atópase no estandarte da confradia dos músicos da catedral. Este contén a imaxe bordada de San Roque...
Ent. Javier Zafra, autor de “Sabores de Sefarad” - O libro gastronómico da rede de Xuderías de España 28.07.2020 15:15
A rede de Xuderías de España da que Tui forma parte dende hai un ano vén de presentar o libro de gastronomía “Sabores de Sefarad”. Javier Zafra, cociñeiro e investigador é o autor deste libro dedicado á cociña tradicional sefardí. Con el coñecemos os detalles da obra.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais de Tui -O Baixo Miño contará cunha unidade de atencion temperá 28.07.2020 7:50
A Mancomunidade do Baixo Miño contará cunha unidade de atención temperá na comarca. Estará emprazada en Tomiño e estará formada por tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia. Dará servizo ás familias de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal, que teñan menores de até 6 anos con dificultades de aprendizaxe. Así o explicou o concelleiro de Servizos sociais do Concello de Tui, I...
Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio - Chamamento a consumo responsable 24.07.2020 6:09
O Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Tui realizan cun chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui logo de rexistrar nas últimas semanas un consumo elevado de auga, en parte debido ás altas temperaturas. Apelan a facer un uso resposable, e evitar o rego ou o enchido das piscinas. Ramiro Gutiérrez, xefe do servizo do Consorcio do Louro, explicaba esta mañá a situación.
Ent. Cristian Lago - suspensión da ruta da auga en Randufe 24.07.2020 5:43
Non se celebrará finalmente a Ruta das Augas prevista para este domingo en Randufe coma actividade paralela á exposición “Perdete no rural”. Así o explicaba hoxe Cristian Lago que ía guiar este percorrido.
Ent. Víctor Coyote, artista - Presentación do novo disco 23.07.2020 18:23
O tudense Víctor Coyote presenta novo disco “Las comarcales”. Un álbum persoal sen imitacións, que combina cumbia, reggateon, baladas... Conta tamén cun mapa de referencias comarcais con figuras musicais ou literarias coma Rosalía de Casto e a cantante Rosalía. Hoxe falamos con el.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Chamamento á responsabilidade 23.07.2020 9:12
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai un chamamento á poboación a responsabilidade da poboación co cumprimento das medidas establecidas para previar a COVID19. Fai fincapé nos eventos privados e nos públicos, remarcando que estes últimos precisa de autorización xunto a outros requisitos.
Ent. Dani García - Don Gelati en Tui 23.07.2020 4:19
A maxia chega esta tarde, ás 21 h, ao Paseo da Corredoira dentro da programación "Volvemos á rúa" que organiza o Concello de Tui. Será da man de Dani García co seu espectáculo de rúa "Don Gelati". Con el falamos esta mañá.
Ent. Carlos Estévez, organizador - V Campionato Galego inclusivo Slalom de Motounáutica por Tui 23.07.2020 6:06
Tui acolle este sábado, unha das probas do V Campionato Galego inclusivo Slalom de Motounáutica, organizado pola Federación Galega de Motonáutica. Os participantes sairán dende o Centro Interfederado de Tui, a partir das 11 h. Nolo conta un dos organizadores, Carlos Estévez.
Ent. Silvia Jato - Doazón á Asociación Española de Síndrome Deleción 1p36 22.07.2020 11:25
A Asociación Española de Síndrome Deleción 1p36, presidida pola tudense Eva Martínez, recibirá unha parte do premio que a presentadora galega Silvia Jato gañou onte no concurso “El cazador” de TVE. Servirá para poder investigar esta enfermidade rara.
Ent. Marisa Giráldez, presidenta do Bádminton Tui - Retoman os adestramentos 22.07.2020 7:10
O Bádminton Tui volve aos adestramentos no pavillón do Instituto San Paio, con aforo limitado e espazos acondicionados, seguindo os protocolos COVID-19. Nolo contou a súa presidenta, Marisa Giráldez.
Ent. José Antonio Quiroga - Sentenza Beira do Miño 20.07.2020 14:50
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiiu a fianis de xuño sentenza sobre a demanda presentada por José Antonio Quiroga, sobre o edificio Beira do Miño. Hoxe falamos con el.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - A XVIII Feria do viño do Rosal será virtual 17.07.2020 14:33
O ordenador, o móbil ou a tablet serán o escaparate da XVIII Feira do Viño do Rosal. Un evento tradicional no municipio que este ano tivo que reinventarse e adaptarse a este nova realidade, cun formato virtual. A través da páxina feiradoviño.gal as persoas poderán asistir en directo as diferentes actividades programadas dende hoxe até o domingo. Coñecemos os detalles coa alcaldesa, Ánxela Fernánde...
Ent. Félix Rodíguez de Píscore - Concerto Singular 16.07.2020 6:04
Música, humor, ritmo e comedia son as claves do espectáculo teatral “Concerto Singular” que a compañía Píscore interpretará ás 21 h, no Paseo da Corredoira. Hoxe falamos con Félix Rodríguez, un dos actores-músicos.
Ent. Laureano Alonso, Telmo Alfaya e Antonio Lago - Exposición Pérdete polo rural 15.07.2020 10:00
Dende este venres e até mediados de agosto poderá visitarse na Oficina de Turismo de Tui, na praza de San Fernando a exposición "Pérdete polo rural" que pon en valor patrimonio existente nas parroquias tudense. Falamos da mesma co concelleiro, Laureano Alonso, e con Telmo Alfaya e Antonio Lago.
Ent. Eloy Carrera, director - Concerto da Banda de Musica Popular de Tui 15.07.2020 6:02
O concerto da Banda de Música Popular de Tui abre ás nove desta noite a programación de verán "Volvemos á rúa". Baixo a dirección de Eloy Carrera actuarán gardando a distancia de metro e medio entre músicos, nunhas novas condicións ás que tiveron tamén que adaptarse. Así nolo contaba hoxe o director.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas - Verán cultural en Salceda 15.07.2020 6:38
Espectáculos teatrais, música e as tradicionais Festas do Cristo das Angurias conforman a programación de verán do Concello de Salceda. Preto dunha ducia de actividades culturais poderán seguirse ao aire libre na Praza do Concello, este xullo. Así nolo contou a alcaldesa, Loli Castiñeira.
Ent. Sonsoles Vicentes, concelleira de Cultura Tui - Programación cultural "Volvemos á rúa" 13.07.2020 11:22
As 12 deste mediodia comezou a reserva de entradas para os espectaculos da programación cultural para o verán 2020 en Tui que se vai celebrar baixo o nome de “Volvemos a rúa!”. A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente explicou como será esta nova proposta adaptada ás novas condicións.
Ent. María Victoria Álvarez, presidenta Iacobus - “La luz del Camino”, en Tui 13.07.2020 10:07
Unha mochila de luz percorre estes días o Camiño Portugués de Santiago. A iniciativa posta en marcha pola Fundación Jacobea, “La luz del Camino”, en homenaxe ás vítimas da COVID-19 estará en Tui este mércores. A mochila e os peregrinos serán recibidos pola Asociación de peregrinos Iacobus. A súa presidenta María Victoria Álvarez, deunos máis detalles dos actos que levarán a cabo no municipio.
Ent. Alberto Val, xornalista e escritor- Tui, escenario de novela 09.07.2020 8:56
"La flecha amarilla” sitúa ao lector na Galicia do verán de 2021, cando Tui desperta coa aparición dun peregrino morto e ningunha pista. Trátase do terceiro libro do periodista conquense Alberto Val. Hoxe falamos con el desta novela de misterio sobre o Camiño de Santiago.
Ent. Ángeles Leirós, xerente de ACEESCA - Programa de respiro familiar en Tui 09.07.2020 11:25
39 persoas usuarias de ACEESCA gozarán até o 14 de agosto do programa de Respiro Familiar en Tui. Será en catro quendas de cinco días cada un onde gozarán unhas vacacións e de diversas actividades. Ángeles Leirós, xerente de ACEESCA explicou os detalles deste programa máis necesario este ano se cabe.
Ent. Moises Rodríguez, nº17 da candidatura do PP - Eleccións 12X 09.07.2020 6:57
Moisés Rodríguez é o candidato nº17 do PP pola provincia de Pontevedra ás Eleccións ao Parlamento Galego deste domingo 12 de xullo. Esta mañá falamos con el destes comicios.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.