Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI - Sorteo dos vales da campaña 20.01.2021 10:47
Hoxe no programa Día a Día sorteáronse os 40 vales de 50€ que reparte ACITUI para incentivar o comercio local dentro da campaña "Segue a estrela de ACITUI". Recolléronse 5758 papeletas en todos los establecementos participantes polas compras realizadas entre o 14 de decembro e o 5 de xaneiro.
Ent. Ramón Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Randufe - Destrozo nunha plantación de eucalipto 20.01.2021 7:01
O presidente da Comunidade de Montes de Randufe, Ramón Martínez, denunciou hoxe o destrozo de maís de 130 eucaliptos nunha plantación na que só se pode sembrar este tipo de árbore.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación martes 19 de xaneiro de 2021 19.01.2021 6:46
Tomiño rexistra hoxe 103 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días. Da situación epidemiolóxica no municipio falamos hoxe coa súa alcaldesa, Sandra González, quen amosaba a súa preocupación aínda que nos últimos días baixaron lixeramente.
Ent. Lupe Pérez de Joy Baby - Valoración peche o comercio e hostalería de Tui 19.01.2021 3:46
O 90 % establecementos comerciais e hostaleiros de Tui están hoxe pechados. Na fachada da Área Panorámica están colocadas cruces cos logotipos destes establecementos. Reinvidican axudas ao sector proporcionais a estas restriccións que hai no municipio, cun peche perimentral dende hai máis de 2 meses. Lupe Perez de Joy Baby explicaba a mestura de sensacións nesta xornada.
Ent. Lupe Pérez de Joy Baby - Peche do comercio e da hostalería de Tui 18.01.2021 4:13
Establecementos comerciais e hostaleiros de Tui pecharán mañá martes as súas portas ao longo de todo o día en sinal de protesta reclamando axudas ao sector proporcionais a estas restriccións que hai no municipio, cun peche perimentral dende hai máis de 2 meses. Lupe Perez de Joy Baby destacaba a boa acollida que está a ter a convocatoria de pechar mañá toda a xornada. Aclaraba que non piden a reti...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Emprego - II Foro de emprego, Emprega Tui 18.01.2021 19:42
Quince empresas e emprendedores van participar dende mañá no II Foro de Emprego, Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas. Terá lugar mañá martes, o mércores e o xoves de 9.30 a 13.30 na Aula da UNED. A participación pode ser presencial, cun límite de 30 participantes, ou de forma virtual, previa inscrició...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 18 de xaneiro 18.01.2021 13:29
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, calificou as cifras de contaxios en Tui de "críticas e moi perigosas". Amáis son varios os casos positivos de Covid-19 nos traballadores do concello que podería suspender a actividade administrativa se a situación empeora.
Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Comeza o confinamento 15.01.2021 3:45
Esta medianoite comezou o confinamento domiciliario en Portugal, do que se exceptúa aqueles traballos que non se poidan realizar dende a casa e os centros educativos. Falamos da situación no país veciño co presidente da Cámara, Manuel Lopes.
Ent. Elena Fernández, pta. Asoc de familias con Perthes - Día Mundial da Perthes 15.01.2021 12:31
A casa do concello de Tui iluminase este domingo de verde con motivo da celebración do Día Mundial da Enfermidade de Perthes. É unha enfermidade rara que afecta a nenos e nenas provoncado necrose no extremo do fémur coa cadeira. Os primeiros indicios pode ser unha leve coxeira. Co tratamento axeitado o oso se recupera, e se ten mobilidade total. Así o explicaba hoxe Elena Fernández de Mendiola, pr...
Ent. Lupe Pérez, xerente de Joy Baby - Peche do comercio tudense o próximo martes 15.01.2021 4:49
Un grupo de comerciantes tudenses deciciu pechar totalmente os seus negocios o próximo martes en protesta polas medidas restrictivas que afectan a Tui e polas que levamos máis de dous meses con peche perimetral individual. Falamos con Lupe Perez de Joy Baby sobre esta iniciativa.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación xoves, 14 de xaneiro de 2021 14.01.2021 10:17
A Guarda rexistra hoxe 27 novos casos nos últimos 14 días. Da situación no municipio e das novas medidas que entrarán en vigor esta noite falamos co alcalde, Antonio Lomba.
Ent. Cristina Correa, alcadesa de Oia - Situación en Oia xoves, 14 de xaneiro 14.01.2021 6:45
O número de novos casos en Oia nos últimos 14 días ascende a 44. No que levamos de mes rexistraron un incremento importante, xa que en decembro boa parte do mes estiveron sen casos ou por baixo dos 9. A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, destacaba a importancia do cribado masivo realizado no municipio e apelaba á veciñanza a cumprir as novas medidas restritivas
Ent. doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde - Situación 14 de xaneiro de 2021 14.01.2021 4:59
Nos próximos días comezará a vacinación dos profesionais no Centro de Saúde de Tui, segundo avanzou o doutor Santiago Pose con quen abordarmos a actual situación epidemiolóxica na cidade.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Orzamentos aprobados en pleno e COVID 13.01.2021 12:02
Tomiño aprobou onte en pleno os orzamentos de 2021 por importe de 7.725.000 euros. Falamos das contas municipais e da situación epidemiolóxica no municipio que hoxe ten 93 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Cribado Masivo no Rosal 13.01.2021 4:23
39 novos casos nos últimos 14 días son os que rexista hoxe O ROsal. Datos preocupantes en palabras da alcaldesa que solicitou á Sanidade un cribado masivo da poboación que se poderá inscribir en covid.orosal.gal. As probas faranse a próxima semana en Vigo.
Ent. Ana Núñez, concelleira de comercio - Campaña ActivaTui do Concello de Tui 13.01.2021 17:05
A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicou hoxe as características da campaña ActivaTui. Hoxe comezou o prazo de adhesión para os establecementos a través do enlace dispoñible en tui.gal. Os consumidores deberán agardar até o 1 de febreiro para solicitar até 2 bonos de 10€ para consumir no comercio local en compras iguais ou superiores a 25€.
Ent. Manuel Ángel González e Jose Prada - Pasamento de José Luís Méndez 11.01.2021 11:05
Esta fin de semana faleceu José Luís Méndez, presidente de honra do Remo do Miño e fundador do Club en 1974. Esta mañá falamos co presidente do Clube Remo do Miño, Manuel Ángel González, e con Jose Prada, presidente da Federación Galega de Remo, sobre esta importante figura deportiva de Tui.
Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación 7 de xaneiro 07.01.2021 8:12
Valoramos esta mañá co doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui, o brote na residencia Paz y Bien de Tui que afecta xa a 38 residentes, 8 traballadores e 4 casos máis en estudo. Indica o doutor que a orixe dos contaxios pode estar nas visitas pola celebración da noiteboa.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro Patrimonio e Maria Ferreirós - PEPCHA e plan Rexurbe 07.01.2021 22:51
O Conxunto Histórico de Tui conta cun Plan de Protección que foi aprobado definitivamente no último pleno do ano no Concello de Tui. O concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreirós, explicáronnos que suporá, e tamén falaron doutras actuacións nesta zona.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Brote na residencia Paz y Bien 07.01.2021 6:55
A residencia Paz y Bien de Tui rexistra un brote que afecta a 41 persoas, das que 6 son relixiosas. Prodúcese amais cando ía comezar a vacinación no centro. As autoridades sanitarias estudarán hoxe a situación na residencia. O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou a súa preocupación por esta situación e destacou o excepcional traballo que levan realizando ao longo dos últimos meses durante toda a pan...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Reis Magos 2021 05.01.2021 5:35
No Concello de Tomiño publicaron xa unha mensaxe dos Reis Magos, xa que este ano non haberá a tradicional Cabalgata de Reis, e enviaron unha carta aos nenos e nenas maiores de 3 anos.
Ent. Manuel Lópes, presidente de Cámara de Valença - Nadal en Valença 05.01.2021 2:49
O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopez, achegouse esta mañá, cando ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a saúdar aos Reis Magos, ao Teatro Municipal, xa que este ano non haberá a tradicional cabalgata internacional da Eurocidade.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Reis Magos 2021 05.01.2021 3:17
Na Guarda os carteiros do Nadal estarán dende ás 10.30 h nas rúas. Xa ás 17.30 h na praza do Reló o alcalde, Antonio Lomba, recibirá a Melchor, Gaspar e Baltasar, previo o inicio do seu percorrido de 25 km. irán en descapotable polas principais rúas e parroquias seguindo as luces colocadas polos cativos.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Reis Magos 2021 05.01.2021 4:31
Máis de 60 puntos e barrios e parroquias percorren dende onte os Reis Magos no Rosal até rematar esta tarde na Praza do Calvario. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explicounos coma é a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar á vila rosaleira.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Cabalgata de Reis 05.01.2021 6:32
Ás once desta mañá comeza no Teatro Municipal de Tui a recepción dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, para a que están xa completas as prazas. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembraba esta mañá que este ano non se poderá celebrar a cabalgata internacional de Reis.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.