Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6540 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Manuel González, voceiro Ciudadanos de Tui - Orzamentos 2021 10.02.2021

Coñecemos a opinión do voceiro de Ciudadanos na corporación municipal de Tui, Manuel González, sobre os orzamentos de 2021 aprobados inicialmente en pleno no pasado mes de xaneiro.

Ent. Jorge López, farmacéutico - Mañá comeza o cribado masivo nas farmacias 08.02.2021

Mañá martes será cando as farmacias da provincia, entre elas 17 da nosa zona que se inscribiron (seis delas de Tui) comecen a raelizar as probas PCR mediante saliva. Coñecemos cómo é a proba co farmacéutico Jorge López da farmacia da Rúa González Besada.

Ent. Miguel Rocha, xornalista - Situación da Covid en Portugal 08.02.2021

O xornalista da Radio Vale do Minho, Miguel Rocha, falou hoxe da situación da Covid-19 en Portugal e nas cámaras do norte. A situación está a mellorar pero as cifras seguen sendo moi preocupantes. Amáis indicou que o goberno portugués estuda ampliar horarios en todos os pasos fronteirizos.

Ent. Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves -Valoración extinción da concesión do encoro de Sela 05.02.2021

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, cualificaba a extinción da concesión do salto de Sela coma "unha boa noticia para todo o territorio miñoto que tardou tantos anos en chegar tras moitas reivindicacións".

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Valoración extinción da concesión do encoro de Sela 05.02.2021

O presidente de ANABAM, a asociación naturalista do Baixo Miño, Agustín Ferreira, cualificaba a extinción da concesión do salto de sela coma una "excelente noticia". Lembraba que coma nos 90 se organiza unha plataforma contra esta salto en Tui.

Ent. Jorge Maurí Cividanes, responsable de calidade Adegas Altos de Torona - Certificado V-LAVEL de viño vegano 04.02.2021

Adegas Altos de Torona do Rosal, acaba de recibir a certificación internacional V- LABEL que garante que en todo o proceso de produción dos seus viños só se utilizan materias primas vexetais. Amáis esta adega tamén segue, no eido da sostenibilidade, un sistema de produción integrado nas súas viñas respetuoso, convertendo esta fermosa paisaxe do Monte Galeno nun espazo de diversidade única.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Play-Doc do 22 ao 26 de setembro 03.02.2021

Play Doc, o festival internacional de documentais de Tui, xa ten datas para a súa edición deste 2021. Será do 22 ao 26 de setembro. Así nolo contaba hoxe con optimismo e ilusión o codirector do Play-Doc, Ángel Sánchez.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Peche das fronteiras con Portugal 03.02.2021

Falamos está mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre o peche dos pasos fronteirizos con Portugal e as retencións que está a ocasionar na Ponte Internacional da A-55 ao ser o único paso aberto as 24h. Mañá haberá un acto reivindicativo as 9:30 h dos alcaldes e presidentes das cámaras portuguesas, para solicitar aos dous estados a revisión desta medidas.

Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación COVID 19, martes 2 de febreiro de 2021 02.02.2021

Abordamos a situación epidemiolóxica en Tui co doutor Santiago Pose. Amais avanzou que no mes de abril comezará a funcionar no Centro de Saúde de Tui, unha unidade de saúde mental.

Ent. Laureano Alonso e Luciano Alfaya - Solicitude de Área Rexurbe para o conxunto histórico. 02.02.2021

O Concello de Tui presentou ante o IGVS a solicitude para que o conxunto histórico sexa declarado Área Rexurbe. Hoxe coñecemos qué esta Área Rexurbe, e cales serán os seus beneficios e vantaxes. Explicáronolo o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e o membro do equipo redactor do documento de solicitude para a declaración da Area Rexurbe, Luciano Alfaya.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Orzamentos 2021 02.02.2021

A semana pasada foron aprobados inicialmente en pleno os orzamentos de 2021 do concello de Tui. Hoxe coñecemos o parecer do voceiro de C21, José Manuel Palacín, sobre os mesmos.

Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza e videdirector do AECT - Peche das fronteiras con Portugal 01.02.2021

Uxío Benítez valoraba esta mañá o peche das fronteiras con Portugal até o 14 de febreiro. Lamentaba que só mantéñase en funcionamento as 24h a Ponte Internacional de Valença o que xa está a provocar nesta xornada importantes retencións polos controis alí establecidos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Orzamentos, RPT e peche fronteiras Portugal 29.01.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou hoxe os orzamentos municipais aprobados onte en pleno inicialmente coma instrumento fundamental no funcionamento municipal. Tamén se referiu á RPT que se retirou da orde do día ao contar con informes técnicos negativos. Por último valorou o peche das fronteiras acordado polo goberno portugués.

Ent. Ramón Areses, distribuidor e revisor de gas - Cómo evitar as estafas e enganos na revisión do gas 28.01.2021

O distribuidor e revisor de gas, Ramón Areses, esta mañá no programa Día a Dïa aconsellábanos sobre cómo podemos evitar as estafas e enganos que están a producirse coas revisións de gas, xa que na actualidade algúns técnicos non autorizados ou directamente falsos, visitan os domicilios tratando de enganar aos usuarios, especialmente a xente maior.

Ent. Violeta de Santiago, voceira do PSOE de Tomiño - Situación crítica no servizo da Policía Local 28.01.2021

A portavoz do Partido Socialista de Tomiño denunciou hoxe que a Policía Local do concello está a vivir unha situación crítica. Están intentando manter o servizo con tan só dous efectivos, causando problemas na veciñanza.

Ent. Andrés Pérez, emprendedor tudense - iDiari, app de reservas e cita previa para negocios 27.01.2021

Hoxe falamos de innovación, de innovación con selo tudense, no eido das aplicacións para a xestión dos negocios e tendas. Trátase dunha app para reservas de cita previa dirixido a calquera negocio que desexe xestionar a súa axenda, evitando así as visitas e chamadas dos clientes.

Ent. Ana Núñez, concelleira de comercio - Suspensión do mercado semanal dos xoves 27.01.2021

A concelleira de comercio, Ana Núñez, confirmaba esta mañá a suspensión do mercado semanal dos xoves en Tui. Espérase que retome a súa actividade o 17 de febreiro, cando rematen as novas restricións decretadas pola Xunta.

Ent. Juan Díaz, comandante naval do Miño - As chuvias provocan a crecida do Río Miño 26.01.2021

As grandes precipitacións que están caendo estes días fixeron que onte a noite tivera que abrise a presa de Frieira ante a crecida do Río Miño. O comandante naval do Miño, Juan díaz, indicou na nosa sintonía que aínda que o río notarase máis alto pola tarde, non provocará danos e non inundará por tanto o paseo fluvial de Tui.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación martes, 26 de xaneiro de 2021 26.01.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe as novas medidas que entrarán en vigor esta noite, e a situación epidemiolóxica no municipio cun dato hoxe de 165 novos casos nos últimos 14 días.

Ent. Eder González, baixista da Orquesta América - Crise no sector das orquestas e o espectáculo 25.01.2021

Da situación das orquestas e do mundo do espectáculo e as festas populares falamos hoxe con Eder González da Orquesta América. Sinalaba o baixista desta orquesta o olvidado que está o sector por parte das administración con axudas que non chegan.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación 25 de xaneiro 25.01.2021

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, valoraba de xeito preocupante a situación epidemiolóxica deste municipio. Segundo os datos publicados hoxe polo Sergas, teñen dous casos máis e rexistran 153. Asegurou a rexedora que as medidas restrictivas non están conseguindo reducir os casos.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Formación e emprego - II Foro de emprego, Emprega Tui 22.01.2021

Máis dun centenar de persoas asistiron a Emprega Tui, o II Foro de Emprego, Emprega Tui, organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego. A participación realizouse dun xeito presencial cun aforo moi limitado na aula da UNED e de xeito virtual. Ana Núñez facía esta mañá un balance moi positivo deste foro.

Ent. Hugo Lage - Orpagu Educativo na casa 22.01.2021

Hoxe coñecemos as actividades para xogar na casa que propoñen dende o proxecto Orpagu Educativo. Hugo Lage, que colabora con ORPAGU nesta iniciativa explicounos coma xurdiu e en qué consiste. Está accesible en www.orpagueducativo.com.

Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza - Contacontos sobre os ‘Tesouros humanos vivos’ 22.01.2021

Uxío Benítez falounos esta mañá dun programa de contacontos que comezara a vindeira semana sobre os ‘Tesouros humanos vivos’ do Miño, dirixido ás escolas da raia. Alumnado de entre 6 e 11 anos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente gozará de varios espectáculos infantís ao abeiro da iniciativa de recuperación do patrimonio no marco do programa Smart Miño.

Ent. Ana Abad de Larriva, actriz e xornalista - "Un biolo na noite" gaña o "I Premio de Microteatro da Memoria" 21.01.2021

A actriz e xornalista Ana Abad de Larriva vén de gañar o ‘I Premio de Microteatro da Memoria’ convocado polo ESAD coa peza ‘Un biolo na noite’. A obra está baseada na historia de Guillermo Vicente Santiago, o último alcalde republicano de Tui.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.