Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Roberto Lira, xerente AEPROTEC - Máscaras cirúrxicas fabricadas en Tui 03.03.2021 12:08
Xa están a venda máscaras cirúrxicas fabricadas en Tui pola empresa AEPROTEC. Hoxe no programa día a día falamos co seu xerente, Roberto Lira. Adicábanse ao campo da impresión dixital e se reinventaron coa fabricación de mácaras cirúruxicas de gran calidade.
Ent. Elisa Alfaya - 2 Mind Combined con "Maxia sen trucos" 03.03.2021 5:49
Maxia, ilusionismo, mentalismo, sombras chinescas... nun espectáculo no que nada é o que parece é o que poderemos gozar mañá no Teatro Municipal de Tui. 2 Mind Combined, con Ian Hamilton e Elisa Alfaya, presenta "Maxia sen trucos". Coñecemos os detalles deste evento con Elisa Alfaya. Entradas á venda en tui.gal.
Ent. Santiago Veloso de Ponte nas ondas - Ponte nas Ondas candidata a patrimonio cultural da humanidade 02.03.2021 11:01
España e Portugal presentarán unha candidatura conxunta ante a Unesco para que se inclúa no seu Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial, a Asociación Ponte nas Ondas.
Ent. Silvia Soutelo, Asociación patrimonial e etnográfica acueducto de Caldelas - Verquidos en Caldelas 02.03.2021 8:48
A Asociación patrimonial e etnográfica acueducto de Caldelas denuncia verquidos incontrolados en distintos puntos desta parroquia, fundamentalmente na zona da antiga graveira. Denuncian entullos de obra ou incluso outros máis perigrosos como uralita ou cristais.
Ent. Alejandro Rubín, vicepresidente Orden del Camino de Santiago - Xornadas promoción Camiño Portugués na Aula Uned Tui 02.03.2021 8:21
Este próximo sábado organízase en Tui, na aula da UNED no antigo convento de San Domingos na rúa Antero Rubín, unha xornada de promoción do Camiño Portugués da man da Orden del Camino de Santiago dentro do seu proxecto “Coñece os Camiños”. Será en horario de 11:30 a 17:30. Inscricións en info@ordendelcaminodesantiago.es
Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza e videdirector do AECT - Impacto do peche das fronteiras 01.03.2021 9:24
O AECT Rio Miño ven de comunicar as conclusións do seu estudo de impacto socieconómico da pandemia e do peche das fronteiras con Portugal encargado a UVigo. Falamos con Uxío Benítez este estudo que calcula perdas por valor de 92 millóns de euros nos 26 concellos transfronteirizos do miño durante o primer confinamento.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de cultura - Programación Cultural de Inverno no Teatro Municipal 01.03.2021 12:17
Esta semana comeza a programación cultural no Teatro Municipal de Tui. Está formada por seis espectáculos de maxia, cinema e teatro. A concelleira de Cultura presentaba na nosa sintonía a oferta cultural para este mes. Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía. abrirán e pecharán, respectivamente, esta programación. As entradas poden adquirirse en tui.gal
Ent. Patricia Rodríguez - Na Abada 26.02.2021 10:34
Hoxe coñecemos Na Abada, unha empresa familiar que hai uns meses comezoua súa andaina no Baixo Miño ofertando froitas e verduras de produción propia, comercializándoos directamente. Patricia Rodríguez explicaba que os produtos van directamente da horta, situada en Tomiño, á casa dos clientes.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación 26 de febreiro 26.02.2021 15:36
A alcaldesa de Tomiño lembraba hoxe a importancia de cumprir as medidas fronte a Covid-19. Tamén falamos con ela sobre melloras en sendas, camiños e instalacións deportivas. Anunciou a renovación do Parque infantil da Praza da Mina.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Fin do peche perimetral 26.02.2021 7:38
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pedía prudencia esta mañá aos tudenses ante o fin do peche perimetral individual de Tui e a apertura da hostalería. Indicou que "é responsabilidade de todos seguir mantendo polo menos a situación epidemiolóxica actual para non volver a situación de partida".
Ent. Jesus González, remeiro tudense - Campión do Mundo de Remoergómetro 25.02.2021 10:53
O Tudense Jesús gonzález proclamouse Campión do Mundo de Remoergómetro en categoría de peso lixeiro este ano de xeito virtual. Explicabanos esta mañá no programa día a día como se desenvolveu este ano este campeonato e as súas próximas metas.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Axudas hostalería e Polígono industrial A Guarda e O Rosal 25.02.2021 9:55
Falamos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, sobre a liña de axudas que está preparando o consistorio para a hostalería. Tamén sobre o proxecto do Polígono industrial entre A Guarda e o Rosal tras o inicio do estudo de viabilidade.
Ent. Rocío Varela, directora CRA Mestra Clara Torres, e Lucía, nai dun alumno da aula de Pexegueiro - 24 de febreiro 24.02.2021 11:44
Sobre a situación da aula de Pexegueiro falamos esta mañá con Rocío Varela, a directora do CRA Mestre Clara Torres. Necesitan conseguir dous alumnos máis para evitar que peche esta aula o ano que ven. Falamos tamén cunha nai dun alumno de Pexegueiro.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca Municipal - Día de Rosalía 24.02.2021 3:42
Achegámonos á figura de Rosalía de Castro, e as actividades previstas en Tui con Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca Municipal.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcade de Tui - Orzamentos, levantamento peche e obras 23.02.2021 22:12
Hoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos tras a aprobación no pleno de xaneiro dos orzamentos para este ano 2021 co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén valorou as novas medidas que entrarán en vigor este venres, e referiuse a distintos proxectos.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de novas tecnoloxías - Fibra Óptica no rural de Tui 22.02.2021 6:54
O concelleiro de novas tecnoloxías, Laureano Alonso, adiantaba esta mañá no programa Día a Día, as zonas do Rural nas que xa está dispoñible e preparada a rede de fibra óptica. Os usuarios desas zonas xa poden contactar coas operadoras que ofrezcan este servizo na zona para contratalo.
Ent. Gabriel e Sara, revista “ The Jungle Journal” - Revista de viaxes con selo tudense 19.02.2021 16:14
Gabriel, tudense, e Sara, nacida en Texas, é unha parella de Tui namorada da cultura e con ganas de descubrir mundo. Xuntos, tras unha longa viaxe por lationoamérica durante a pandemia, lanzaron “The Jungle Journal”, onde recollen historias persoais da xente autóctona dos lugares que visitaban.
Ent. Ana Núñez, Concelleira de Comercio - Mañá xoves volve o mercadillo semanal de Tui 17.02.2021 5:00
A partir de mañá volverá a celebrarse o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. A concelleira de comercio, Ana Núñez, fixo hoxe un chamamento a prudencia e responsabilidade da poboación. Pediu colaboración a veciñanza no cumplimento das normas sanitarias establecidas.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes - Reapertura das instalacións deportivas para o deporte federado 17.02.2021 2:07
O concelleiro de deporte do Concello de Tui indicou esta mañá que xa contactou con todos os representantes dos clubes pola reapertura das instalacións deportivas para adestramento no deporte federado. Os vestiarios permanecerán polo momento pechados.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 15 de febreiro 15.02.2021 10:48
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou fai uns minutos que o Concello de Tui verase obrigado a acudir a xustiza se na comparencia de hoxe o presidente da Xunta anuncia o peche perimetral individual de Tui. Unha medida, asegurou, que non é efectiva se o resto dos concellos da contorna non van estar pechados tamén de xeito individual.
15022021 Carmen Núñez, voceira BNG - Orzamentos 2021 15.02.2021 14:30
Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui, considera que os orzamentos aprobados inicialmente en xaneiro como "decepcionantes xa que non hai ninguna medida de calado nin se buscou ninguna medida de consenso coas diferentes forzas políticas". Fai amais unha valoración negativa das partidas destinadas as parroquias ou ao transporte público, entre outros asuntos.
Ent. Santiago Veloso, organizador Escolas nas Ondas - Día mundial da Radio nos colexios 12.02.2021 7:48
Ponte…nas ondas! convida ás escolas a participar no Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS www.escolasnasondas.com Emitiranse os programas e podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués.
11022021 José Angel Fernández, voceiro PP - Orzamentos 2021 11.02.2021 14:04
José Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui, considera que os orzamentos aprobados inicialmente en xaneiro non responden as expectativas que tiñan e chegan con retraso. Fan amais unha valoración negativa, entre outras cuestións porque consideran que levan pouco investimento. Así nolo contaba esta mañá.
Ent. David Varo, CEO Meebox Marketing - Criptomoeda e Bitcoin 11.02.2021 20:47
Hoxe falamos co CEO de Meebox Marketing, David Varo, sobre o Bitcoin. Adentrámonos esta mañá, da man deste experto en sistemas de mercadeo online, no universo das criptomoedas.
Ent. Ciano Valcárcel, xerente do Centro San Xerome - Fogares SanXe 10.02.2021 8:20
Co xerente do San Xerome coñecemos hoxe todos os detalles do proxecto "Fogares SanXe" que vai converter o antigo colexio das Carmelitas na Guarda en fogares inclusivos
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.