Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda outubro 02.10.2020 22:07
Dentro da rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal que comezamos o 1 de outubro hoxe falamos con José Manuel Palacín, voceiro de C21.
Ent. Violeta de Santiago, voceira PSOE Tomiño - Queixa 01.10.2020 6:29
As socialistas de Tomiño amosan o seu estupor polo que goberno do BNG se apropiou segundo din a proposta socialista sobre a situación da sanidade no municipio. No pleno o tema non saiu adiante, e para sorpresa dos socialistas, o luns o BNG iniciou unha recollida de sinaturas. Así o explicaba a voceira socialista, Violeta de Santiago.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Melloras en instalacións deportivas 01.10.2020 11:30
As instalacións deportivas municipais teñen sido obxecto de distintas obras de mellora. Hoxe o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, explicaba no programa Día a Día os traballos realizados.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Rolda Outubro 01.10.2020 21:25
Con Laureano Alonso, concelleiro de En Marea e membro do goberno municipal abrimos hoxe unha nova rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal.
Ent. Andrea González e Sonsoles Vicente - IKFEM 2020 30.09.2020 19:10
IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade Tui-Valença, comeza este venres co concerto inaugura no Teatro Municipal de Tui. Unha edición que ofrecerá dez días de actividade na que combinará os concertos presenciais con outros online. Desta edición marcada pola COVID19 falamos hoxe coa directora do IKFEM, Andrea González, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Raimundo Martínez "Rai" - Presentación libro 29.09.2020 10:42
Raimundo Martínez "Rai" presenta este xoves, ás 20 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) o seu libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” . Esta actividade forma parte dos actos conmemorativos do 50 aniversario da biblioteca.
Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Situación 28 de setembro 28.09.2020 5:24
73 casos activos por coronavirus rexistra Valença tras rexistrar un brote no centro de día da Cruz Vermella con 16 usuarios e 5 traballadores con covid 19. A situación preocupa ao presidente da Cámara de Valença, quen por outra parte indicaba que os brotes están localizados.
Ent. Miriam Rodríguez e Adrián Canoura - Cinema Percorridos en Play-doc 25.09.2020 10:31
Ás 21.00 h comezará a actividade, Cinema Percorridos, na que vídeo artistas galegos encherán de imaxes en movemento o centro histórico da cidade de Tui. Un roteiro cinematográfico en grupo pola zona monumental de Tui. Esta mañá falamos con Miriam Rodríguez e Adrián Canoura, que presentarán dúas destas cinco propostas no lavadoiro de San Domingos e no cárcere vello.
Ent. Eloy Domínguez Serén e Soía Dagá - Obradoiro En primeira persoa 25.09.2020 9:40
Eloy Domínguez Serén dirixiu o obradoiro "En primeira persoa" en Play Doc. No mesmo veciños e veciñas de Tui e da contorna achegaron a súa visión audiovisual sobre a actual pandemia. Eloy Dominguez contounos coma foi a experiencia. Tamén falamos con Sofía Dagá, unha das participantes.
Ent. Marcos Casaleiro e Carlos Estévez - Derradeira proba do Campionato Galego de Motonáutica adaptada 25.09.2020 5:27
Motonáutica Mañá celébrase en Tomiño a última proba do Campionato Galego de Motonáutica coa participación de 7 ou 8 equipos. Marcos Casaleiro e Carlos Estévez, vogais da Federación GAlega de Motonáutica, déronnos todos os detalles da proba .
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Chega a fin de semana intensa 25.09.2020 14:20
Valoración moi positiva das dúas primeiras xornadas de Play Doc, a que realizaba hoxe Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García. Por diante agora unha intensa fin de semana da que tamén nos deu todos os detalles.
23092020 Laura Lamontagne e Pico Amperio - Concerto inaugural Play Doc 23.09.2020 8:57
Laura Lamontagne e Pico Amperio (Pedro Cuntín) ofrecerán hoxe ás 20.30 h o concerto inaugural de Play Doc. Con eles falamos hoxe deste proxecto musical que presentan esta noite en directo.
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Xornada inaugural 2020 22.09.2020 28:30
Mañá mércores ás 20.30 h comeza oficialmente Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, contounous coma vai ser o acto de apertura ás 20.30 h no Teatro Municipal. As entradas e a programación completa están accesibles en www.play-doc.com
Ent. Luís Ruiz Santos, director CEIP nº2 - Un positivo por COVID na aula de 3 anos 22.09.2020 5:07
Unha aula de 3 anos do CEIP nº2 de Tui está confinada logo de que un dos alumnos dera positivo por COVID 19. No centro activouse o protocolo establecido, e fan un chamamento á tranquilidade e responsabilidade. Así o explicaba o director do centro, Luís Ruíz Santos.
Noticias 13.30 h - Martes, 22 de setembro de 2020 22.09.2020 29:33
A actualidade deste martes, 22 de setembro de 2020, en Noticias 13:30 h
Ent. Serafín Martínez - La Icónica 2020 22.09.2020 7:28
Esta fin de semana celébrase La Icónica no Baixo Miño unha proba que mestura sendeirismo e marcha nórdica. Serafín Martínez, organizador da proba, explicaba que o obxectivo era facer unha actividade diferente entre Tui e A Guarda. O sábado a ruta será polo Camiño da Costa dende Oia á Guarda, e o doming pola senda do Miño da Guarda a Tui. A participación limítase a 100 prazas, e a inscrición pode r...
Ent. Juan Manuel González de Protección Civil de Tui - Recollida de Plásticos no Miño 22.09.2020 5:53
Protección Civil de Tui organiza unha recollida de plásticos no río Miño dende Caldelas até Areas para o sábado 3 de outubro. O obxectivo é recoller todo o lixo que se atope tanto na beira coma no propio río. Juan Manuel González, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui explicaba hoxe na nosa sintonía coma xurdiu esta iniciativa.
Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres - Curso 2020-21 21.09.2020 10:35
Con tranquilidade comezou o curso escolar 2020-21 no CRA Mestra Clara Torres, adaptado coma os outros centros educativos ao protocolo covid 19. Falamos deste inicio do curso coa directora do CRA, Teresa Domínguez, a quen tamén preguntamos sobre a postura do centro con respecto á aula de Caldelas.
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Cambio das actividades da praza do Pracer ao Teatro Municipal 21.09.2020 7:53
A previsión de choiva obriga ao Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc a trasladar a actividade prevista na praza do Pracer ao Teatro Municipal. Nalgúns casos faise un reaxuste horario, e en todas as sesión trasladadas se incrementa o aforo. Explicaba estes cambios Ángel Sánchez. Por outra parte esta tarde porán á venda dous novos horarios para as rutas polo conxunto histórico que...
Ent. Ángel Sánchez e Pablo Comesaña - Play Doc 2020 18.09.2020 10:17
A praza do Pracer será o escenario inaugural da décimo sexta edición de Play Doc, o festival Internacional de Documentais de Tui. Será o próximo mércores ás 20.30 h. O festival comeza xa hoxe en Filmin. Das primeiras proxección de "A Media Voz" e "Dorothé na vila" falamos hoxe con Ángel Sánchez, codirector, e do apoio do comercio local e do desplegable que editan con Pablo Comesaña, productor.
Ent. Noelia Porto, concursante - Concurso Recantos do Luar 18.09.2020 4:00
Noelia Porto de Guláns, Ponteareas, debuta esta noite no concurso Recantos do Luar. Intepreterá dúas cancións, unha en solitario, buscando o seu pase á seguinte fase. É a representante da zona comprendida entre Arbo e A Guarda. Estudou Arte Dramático e toca o requinto na Banda de Guláns. Esta mañá acompañounos no programa Día a Día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres, 18 de setembro Tui 18.09.2020 8:28
En Tui hai arestora 18 casos positivos por covid-19, e 45 persoas están en corentena por contacto con estes pacientes. Así o confirmou onte o conselleiro de Sanidade ao alcalde de Tui, na reunión telemática que mantiveron. O rexedor tudense insistía no chamamento á responsabilidade.
Ent. Andrea González, directora IKFEM - Concerto de Ainhoa Arteta 18.09.2020 5:14
Ainhoa Arteta ofrecerá un concerto o 7 de outubro no Teatro Municipal de Tui dentro do IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade Tui-Valença. É a primeira das confirmacións do festival. Andrea González, a directora do IKFEM, daba os detalles do concerto e explicaba coma está a ser a organización do edición deste ano.
Ent. Abigail Cohen de La Candela - Repostería Sefardí 18.09.2020 6:57
Abigail Cohen impartirá esta tarde na aula da UNED, no antigo convento de San Domingo unha charla-obradoiro sobre a repostería Sefardí no marco das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se están a celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Hoxe explicounos as características destes postres que desenvolve no seu taller situado agora en Toledo.
Ent. Ana Vila, Nerea Álvarez, e Iria Márquez de Anarela - Lingua de Signos 17.09.2020 10:01
Anarela incorpora ás súas sesións de psicoloxía, logopedia, nutricionista o servizo de intérprete de lingua de signos, pero amais ofertará talleres de lingua de signos para nenos, adultos e de conversación. Amais mañá venres o sábado realizarán unhas charlas para pais e nais sobre a ensinanza de lingua de signos en bebés. Nolo contaron hoxe Ana Vila, Nerea Álvarez, e Iria Márquez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.