Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Samuel Diz e Yolanda Castaño-Concerto 15.10.2020

Están xa á venda a través de tui.gal as entradas para o concerto “Memoria da Melancolía” que o músico tudense Samuel Diz ofrecerá este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. Terán un prezo de 6€, 5€ para aqueles que se poidan beneficiar dalgúns dos descontos establecidos. Así o contaban Samuel Diz e a poetisa Yolanda Castaño no programa Día a Día.

Ent. Ana Carpintero, Fran Garcia e Luis Dávila - Calcetíns Ilustrados 14.10.2020

Esta mañá visitaron o programa Día Día, Ana Carpinteiro e Fran García, responsables de Somos Océano, que recentemente chegaron a un acordo co deseñador das viñetas do Faro de Vigo, Luís Dávila, para que as súas persoaxes mais coñocidas estean presentes nos seus calcetíns. A súa exposición, “O camiño do Humor”, pode visitarse na Área Panorámica ata o próximo 24 de outubro.

Ent. Santiago Pose - Situación COVID 19 - mércores 14 14.10.2020

6 afectados por COVID 19 nos últimos 14 días é a cifra que esta mañá facilitaba o doutor Santiago Pose, do centro de saúde de Tui, que é tamén é referencia para Tomiño, onde a cifra ascende a 16.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación covid 19 13.10.2020

O Concello de Tomiño está en nivel vermello no mapa de incidencia de coronavirus ao rexistrar máis de 21 casos . En concreto, segundo os datos facilitados esta mañá pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, hai no municipio 22 casos activos.

Ent. Andrés Useira e Javi Quintas, X Enduro Cidade de Tui 09.10.2020

Este domingo celébrase en Chan do Carrasco en Randufe o X Enduro Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe. Será a partir das 10.30 h. Esta mañá visitaba Día a Día Andrés Urseira de Motoclub Randufe que nos explicaba o que supón para Tui celebrar un evento destas características e tamén Javi Quintas, responsable da liga galega de motos de campo

Ent. Esther Rúas, Revolto Artesanal Galego- Mercadillo 09.10.2020

O próximo domingo e luns celebrarase no Paseo da Corredoira un mercadillo de artesanía, antigüidades e coleccionismo organizado pola asociación Revolto Artesán Galego e o Concello de Tui. O domingo en horario de 10h a 21h e o luns tamén de 10h a 20:30h. A presidenta da asociación, Ester Rúas, visitaba esta mañana o programa Día a Día e explicábanos que poderemos atopar nesta feria.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Outubro 09.10.2020

Coa entrevista ao Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de entrevistas aos grupos municipais de outobro.

Ent. Raquel Touriño, presidenta de FEMUPO - Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra 08.10.2020

Hoxe coñecemos a actividade da Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra, da que forma parte AMEI Tui, coa súa presidenta Raquel Touriño.

Ent. Juan José Bustos Pérez, músico - Concerto no IKFEM 08.10.2020

Unha combinación de poesía, música e imaxe será o concerto que esta noite, ás 21 h, poderemos distrutar en AFundación TV, dentro da programación do IKFEM. Será con Juan José Bustos Pérez, músico multinstrumentista, presentando Versos Versus Virus.

Ent. Miguel Abraira, profesor-Finalista IV edición Premios Educa Abanca 08.10.2020

Miguel Abraira, profesor de historia do IES San Paio de Tui, nominado na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato á IV edición dos premios Educa Abanca, Mellor docente de España 2020. O 10 de xaneiro do próximo ano 2021 publicaranse as puntuacións obtidas por cada un dos finalistas, obtendo o título de Mellor Docente de España 2020 o profesor que consiga a maior puntuación.

Ent. Pilar Álvarez e Jose Montes de SOS Tomiño - Baixo Miño Campaña de Recollida de alimentos 07.10.2020

Até este sábado SOS Tomiño Baixo Miño ten en marcha unha campaña de recollida de alimentos a través da súa web www.sostomino.org.ou nos carros situados nos supermercados Froiz de Tui, O Rosal e Tomiño, no Lidl de Areas, e no Día de Tomiño. Falamos da mesma con Pilar Álvarez e Jose Montes de SOS Tomiño Baixo Miño

Ent. Eva González - Xubilación tras 30 anos profesión no Faro de Vigo no Baixo Miño 07.10.2020

Eva González, que durante 33 anos foi a delegada de Faro de Vigo en Tui e na comarca do Baixo Miño xubilouse oficilamente o pasado 15 de setembro. Con ela compartirmos esta mañá no programa a Día a Día as vivencias destes tres décadas.

Ent. Ainhoa Arteta - Concerto IKFEM 07.10.2020

“Cancións do recordo” é o título do concerto que a soprano Ainhoa Arteta ofrecerá ás 21 h no Teatro Municipal xunto ao pianista Javier Carmena. As entradas están esgotadas, e amais de en directo o concerto poderase seguir tamén a través de AFundación TV. Ainhoa Arteta intepretará un repertorio integrado por cancións destacadas nos seus máis de 30 anos de traxectoria artística desenvolvida por todo...

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda de Outubro 07.10.2020

Na rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal hoxe acompañounos José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular.

Ent. Emilio Villalba - Concerto "Música encerrada" no IKFEM Dixital 06.10.2020

Hoxe temos nova cita co IKFEM a través de AFundación TV. Será ás 21 h co concerto Emilio Villalba & Sara Marina titulado “Música Encerrada” Música Encerrada é un concerto para coñecer as obras dalgúns personaxes da nosa historia que produciron arte encerrados entre 4 paredes. É un espectáculo de música, narracións e poesía. Así nolo contaba hoxe Emilio Villalba

Ent. Telmo Alfaya do Bar Pacho - II Feira de Melóns e Cabazas 06.10.2020

O Bar Pancho acolle até finais de mes a II Feira de Melóns e Cabazas da Eurocidade. Na mesma reúnense máis de 1.500 cabazas así nolo explicou hoxe Telmo Alfaya.

Ent. Eloy Carrera e Sandra Pérez - Concerto 12 de outubro 06.10.2020

O próximo luns, 12 de outubro, ás 19.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira un concerto a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Orquestra Malabares. O aforo é limitado e as entradas están accesibles en enterticket.es. Falamos deste evento con Eloy Carrera, director da Banda, e con Sandra Pérez, percusionista.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Outubro 06.10.2020

Na rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui, hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, voceira do BNG. Con ela falamos esta mañá.

Ent. Pablo Lesuit - Concerto no IKFEM 05.10.2020

O IKFEM prosegue hoxe coa cuarta xornada da súa oitava edición. A proposta de hoxe é dentro do IKFEM Dixital a través de AFundación TV. Ás 21 h Pablo Lesuit ofrecerá un concerto titulado “A canción coma ferramenta de conexión”. É froito dunha viaxe que iniciou en 2017 e que foi creando de xeito itinerante. Pablo Lesuit é un músico galego multi-instrumentista, cantante e compositor.

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Outubro 05.10.2020

Manuel González Vázquez é o voceiro de Ciudadanos na Corporación Municipal de Tui. Con el falamos da situación política na cidade dentro da rolda que estamos a manter cos distintos grupos.

Ent. Juan González de Protección Civil Tui - Recollida de plásticos no Miño 02.10.2020

42 persoas voluntarias participarán mañá sábado na recollida de plásticos polo río Miño dende Areas a Caldelas que organiza Protección Civil de Tui. Sairán ás 16 h dende o Club Náutico com explicaba Juan González de Protección Civil.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Campaña Parte de Tí 02.10.2020

O grupo de desenvolvemento Eu rural pesentou está mañá a campaña "Parte de tí" coa que vai pór en valor o produto local dos 13 concellos que forman parte deste GRD. A presidenta do GRD e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou en qué vai consistir.

Ent. Sara Luque e David Guerao - Compostaxe comunitaria 02.10.2020

En Tui hai tres puntos de compostaxe comunitaria na rúa Compostela, no aparcamento Municipal e na rúa Tenencia. Hoxe con Sara Luque, mestra composteira de Tui, falamos da compostaxe comunitaria, e coñecemos con David Guerao un dos usuarios destes centros de compostaxe.

Ent. Erea Blanco, clave - Concerto de Eutherpe no IKFEM 02.10.2020

Erea Blanco Balvís, clave, e Ângela Neto Domingues, violín barroco forman Eutherpe, o dúo que este domingo ás 21 h actuará na igrexa de San Domingos nun concerto no que achegan unha mirada ao barroco dos séculos XVII e XVIII con obras de Telemann, Castello, Corelli e Leclair.

Ent. Brenda Vidal, pianista - Concerto inaugural do IKFEM con Quarteto Contratempus 02.10.2020

O Quarteto Contratempus será o encargado ás 21h do concerto inuagural do IKFEM no Teatro Municipal de Tui. O grupo está formado por Teresa Nunes, Soprano, Crispim Luz, clarinete, Susana Lima, violonchelo e Brenda Vidal Hermida, piano. Con esta ultima falamos deste concerto.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.