Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6540 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira cultura, e Rafael Sánchez, director da Biblioteca Municipal- Letras Galegas 2021 12.05.2021

O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cun programa de actividades que comezará este venres e terá o seu dia central o próximo luns. Para falar das citas que teremos nestas vindeiras xornadas visitaban esta mañá o programa Día a Día a concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, e o director da Biblioteca municipal de Tui, Rafael Sánchez Bargiela. Venres 15-"Tui Le" Sábado 16- Conferenc...

Ent. Maika e Jose da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en Tui 11.05.2021

A asociación de Alcohólicos Anónimos desenvolve a súa actividade en Tui dende hai un mes, no local nº 8 da rúa Ourense s/n. Pódese contactar con eles no teléfono 622 90 24 34. Maika e Jose explicaban a súa experencia na asociación.

Ent. Nicolás Lorenzo, novo presidente do CB Tui - Renovación da directiva do CB Tui 11.05.2021

Fai uns días tomou posesión a nova directiva do CB Tui capitenada polo ex-xogador Nicolas Lorenzo. Con el falabamos esta mañá no programa Día a Día. O seu obxectivo é manter a base e canteira e que os nenos e nenas desfruten do baloncesto. Ten un soño, facer realidade a idea dun único clube da eurocidade para Tui e Valença.

Ent. África Martínez, organizadora do obradoiro "O Museo en Camiño" 11.05.2021

Tras varias baixas de participantes, restan tres prazas para o obradoiro “O Museo en Camiño” que este xoves ás 17 h, terá lugar na Área Panorámica. Vai dirixido a nenos e nenas de entre 6 a 12 anos. Unha das organizadoras destra mostra, África Martínez, contábanos esta mañá en que consiste este programa didactico no que se levan replicas dalgunhas obras do museo de pontevedra a distintas localidad...

Ent. Manuel Lópes, presidente de Cámara de Valença - Cruce de fronteiras 10.05.2021

Nos últimos días publicabase que existe unha directiva do goberno portugués que impedía o libre acceso ao país veciño até o 16 de maio. Algo que Manuel Lopes, presidente da Cámara de Valença, cualificaba esta mañá no programa Día a Día como totalmente falso. O paso da fronteira e a movilidade entre os dous paises é totalmente libre.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Aprobación Chan Ribadelouro e novas medidas 07.05.2021

A aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM nos sectores SU-2A e SU-2B supón a viabilización de 105 mil metros cadrados de chan industrial en Ribadelouro, Segundo o alcalde, Enrique Cabaleiro, é a maior viabilización de chan industrial na historia de Tui. Tamén valoraba as novas medidas que entrarán en vigor este domingo co decaimento do Estado de Alarma.

Ent. Carlos Estévez, Federación Galega Motonáutica, e Sergio Pereira, piloto - Campionato de motonáutica no río Miño 06.05.2021

Esta fin de semana dende o venres até o domingo, aquí nas augas do Río Miño entre Tui e Valença, celébrase o Campionato de España e Trofeo Ibérico de T-850, así coma o Campionato de España de GT-60 de motonáutica. Carlos Estévez, directivo da Real Federación Galega de motonáutica, contounos hoxe o programa e horarios do evento. Tamén interviu Sergio Pereira, un dos pilotos participantes.

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Réplica do Petroglifo de auga dos Cebros 06.05.2021

Mañá venres ás 12.00 horas no Centro Sociocultural de Pedornes realizarase a presentación dos resultados do proxecto de elaboración da réplica de Auga dos Cebros. O obxectivo da réplica realizada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, é preservar este importante petróglifo situado en Pedornes coma explicaba a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Ent. Aitana Cuétara, organizadora do MUMI 2021 - Encontro profesional de música Galicia-Portugal 06.05.2021

Onte presentabase a feira Músicas no Minho, 2021. Reunirá a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença. Sobre esta feira falabamos hoxe no programa Día a Día con outra das súas organizadoras, con Aitana Cuétara, produtora e promotora.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio de Tui - Reunión informativa programa Rexurbe 05.05.2021

Ás oito desta tarde na casa do concello de Tui terá lugar unha reunión informativa sobre o Programa Rexurbe. Un programa a través do que o IGVS adquirirá inmobles no conxunto histórico para rehabilitalos e destinados a vivenda social.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Inauguración do renovado mercado municipal 04.05.2021

Esta mañá tivo lugar a inauguración do renovado mercado municipal do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernandez, explicaba esta aposta do concello para fomentar a compra de producto local de proximidade. Haberá tamén, dicía, unha segunda fase de ampliación do mercado hacia o parque infantil.

Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Club Balonmán Tui - Busca o ascenso a 1ª Autonómica 30.04.2021

O equipo senior masculino do Club Balonmán Tui busca mañá o ascenso director a 1ª Autónomica fronte ao Balonmán Naron Ferrolterra. SErá ás 18.30 h no novo pavillón municipal. O vencendor deste encontro ascenderá directamente á Primeira autonómica. O perdedor irá a unha Final Four. No pavillón poderán asistir ao encontro até 250 persoas. Reserva de entrada no seu Facebook.

Ent. Moisés Rodríguez, exacalde - Modernización da liña do tren 30.04.2021

Esta semana inaugurouse a electrificación da liña férrea en Valença. Hai dez anos os alcaldes naquel momento, Moisés Rodríguez en Tui e Jorge Méndes, en Valença, reivindicaron o mantemento da liña de pasaxeiros entre Galicia e Portugal. Hoxe falabamos dalquela reivindicación e da actual situación co exalcalde, Moisés Rodríguez.

Ent. Uxío Benítez, videdirector do AECT - Apertura das fronteiras con Portugal o 1 de maio 30.04.2021

Para Uxío Benítez, vicedirector do AECT, quen ten competencias para regular as fronteirais nacionais é o estado. A comunidade autónoma pode só perimetrar o seu territorio cara outras rexións no país, non ten competencias para impedir o paso, neste caso cara Portugal e viceversa. Unha interpretación que lle ven de confirmar o director xeral de relacións exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Apertura fronteiras o 1 de maio. 30.04.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicou esta mañá que a apertura das fronteiras de Portugal mañá supón unha alegría, e ao tempo indicía na necesidade de esixir compensacións económicas polo dano provocado polo peche das fronteiras durante 3 meses. agarda que o peche de fronteiras coma o que vivimos nos últimos 3 meses non se volva producir.

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Abril 29.04.2021

Na rolda de conversas cos grupos políticos da corporación tudense para valorar o pleno de marzo non participara aínda por problemas persoais o voceiro de Ciudadanos, Manuel González. Esta mañá estivo no programa Día a Día

Ent. Miguel Abraira, profesor- Situación do IES San Paio 28.04.2021

O profesor do IES San Paio, Miguel Abraira, confirmaba esta mañá que hai 10 casos positivos por covid no centro, nove deles de 2º ESO e un deles de 4º ESO. As cinco aulas do curso segundo permanecen pechadas con alumnos en cuarentena. Estase a realizar tamén un cribado nos dous cursos en busca de asintomáticos.

Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui -Situación a 28 de abril 28.04.2021

O doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui, agarda que a actual situación de Tui, cunha trintena de casos, parte derivados de reunións familiares, se controle pronte. Unhas cifras lonxe da peor situación que tivemos até o de agora en xaneiro con preto de 200 casos e 20 falecidos.

Ent. Rui Filipe, comerciantes de Valença - Peche fronteiras 27.04.2021

O peche de fronteiras deixa unha situación insostible no comercio de Valença, coma explicaba esta mañá Rui Filipe. Tras a conversa mantida onte co primeiro ministro portugués, Antonio Costa, amósase optimista en canto a apertura de fronteiras.

Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Fronteiras e visita 1º Ministro 27.04.2021

O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, confía en que o goberno portugués poida establecer hoxe a apertura de fronteiras a partir deste sábado 1 de maio. Onte abordaba o tema co Primeiro Ministro, Antonio Costa, na visita que realizou a Valença, para inaugurar a liña do tren electrificada até Lisboa, e a remodelación das Escolas valencianas.

Ent. Teo e Jose da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en Tui 27.04.2021

A asociación de Alcohólicos Anónimos desenvolve a súa actividade en Tui dende hai un mes, no local nº 8 da rúa Ourense s/n. Pódese contactar con eles no teléfono 622 90 24 34. Teo e Jose explicaban que con axuda se pode deixar esta dependencia do alcohol.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Abril e apertura fronteiras 27.04.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechou hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación para valorar o pleno ordinario do mes de marzo. Con el abordamos tamén o peche das fronteiras e a visita do primeiro ministro portugués onte a Valença.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Bonificacións AP-9 e nova comisaría 26.04.2021

Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a bonificación nas peaxes entre Tui e Puxeiros anunciada a semana pasada. Indicaba que entrarán en vigor este mesmo verán. Tamén falamos da nova comisaría de Policía nacional onde se trasladarán trámites como a renovación do DNI. Abordamos amáis a preocupante situación epidemiolóxica de Tui.

Ent. Telmo Alfaya e Juan Calos Boó - Feira da cabaza 2021 en Tui 22.04.2021

Falamos cos organizadores da Feira da Cabaza que despois do éxito en edicións anteriores no bar Pancho, están contactando con diferentes colectivos das parroquias tudenses e co propio Concello de Tui para dar a coñecer o proxecto, animándo a veciñanza e as asociacións a participar. Se celebrará en outubro.

Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda Abril 22.04.2021

Falamos con Laureano Alonso, voceiro de En Marea na corporación municipal de Tui e membro do equipo de goberno. Cuarta entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.