Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Manuel Palacín de C21 - Situación covid e non peonalización Corredoira 17.11.2020 6:13
Con Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 abordamos a actuación situación con respecto á COVID en Tui. Tamén a solicitude que realizarán este xoves en pleno para reestablecer a circulación o Paseo da Corredoira no tramo que peonalizado.
Ent. Sandra González, Alcaldesa de Tomiño - Situación 17 de novembro 17.11.2020 9:39
Tomiño está en alerta vermella polo número de casos de COVID-19 nos últimos 7 días. Sandra González avanzaba que son algo menos de 40 os casos activos pero afirmou que a situación epidemiolóxica está controlada.
Ent. Nacho Carrera, escritor e guionista - publicación da novela negra “El ángel fiel” 16.11.2020 13:26
Visitounos esta mañá Nacho Carreras, guionista de TVE e escritor. Acaba de publicar o seu primeiro libro “El ángel fiel”, unha novela negra ambientada en Baiona
Ent. Manuel Madarnás, músico trompetista - 3º premio no XI Concurso de Trompeta “Valeriano Machí Esparza” 16.11.2020 5:41
Falamos hoxe con Manuel Madarnás, 3º premio no XI Concurso de Trompeta “Valeriano Machí Esparza”. A competencia estaba dividida por categorías, sendo na Categoría A (trompetistas de 3º e 4º de Grao Superior) onde este músico galego acadou o terceiro lugar. Manuel Madarnás, de 23 anos, estuda actualmente 4º de Grao Superior no Conservatorio De Música de Vigo e é alumno activo na Orquesta Xoven Sinf...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns 16 16.11.2020 8:44
En Tui mantéñense as medidas restritivas de peche perimetral ou peche da hostalería aínda que na fin de semnaa o nivel de alerta pasou a laranxa - hoxe volveu a vermello - coma explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Avanzaba que solicitará a Sanidade a posibilidade de atenuar o peche actual tan estrito. Pero tamén indicaba que olicitará tanto á Policía Local coma á Garda civil maior vixila...
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Situación COVID-19 na Guarda 13.11.2020 5:43
Analizamos as cifras da COVID-19 na Guarda co seu Alcalde, Antonio Lomba. Os últimos datos falan de 60 casos activos. Aínda que na última semana os contaxios diarios se reduciron, haberá que esperar uns días para apreciar unha baixada considerable dos casos.
Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - Situación COVID 19 Tui 12.11.2020 6:17
O voceiro do PP na corporación municipal de Tui, José Ángel Fernández, destacou a unidade de acción dos distintos grupos do Concello de Tui ante a situación que estamos a vivir derivada da pandemia da COVID 19. Por outra parte facía unha valoración moi positiva do informe favorable de Urbanismo ao PEPCHA, que permitirá leva a pleno este documento para a súa aprobación definitiva.
Ent. Ánxela Fernández, Alcaldesa do Rosal, e María Fandiño, arquitecta - Aberta a 12.11.2020 12:11
A "Explanada do Horizonte" xa está lista para o desfrute da veciñanza do Rosal. Unha reforma integral e mellora paisaxística en Portecelo cunha nova área de esparexemento que tamén acondicionou o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa polo municipio. Falamos coa alcaldesa do Rosal e coa arquitecta deste proxecto, distinguido cun dos Premios Gran de Area 2020 de Aportación á Arquitectura d...
Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de Tui - Redución da taxa de lixo para hostalería e comercio 12.11.2020 11:52
Os establecementos comerciais ou de hostalaría que estiveron pechados ou están pechados aboarán unha taxa do lixo de 21,19 no trimestre ou trimestres que estiveron sen actividade. É un importe similar a que se aplica ás vivendas. Así o avanzou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicando que así o recolle un dos artigos da ordenanza municipal. Para poder contar con esta redución os establecemen...
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Situación da Covid-19 en Salceda 11.11.2020 8:38
Salceda volve ao nivel vermello no mapa da incidencia da COVID 19. Valoramos os datos coa alcaldesa, Loli Castiñeira, e falamos tamén doutros asuntos coma os dous galardóns que recibiu a localidade no certame "Vilas en Flor".
Ent. Manuel López, presidente de Cámara de Valença -Situación COVID19 11.11.2020 6:18
Situación complicada con respecto á COVID 19 é a que se vive en Valença onde teñen 120 casos. O presidente da Cámara, Manuel Lópes, agarda as últimas medidas tomadas, coma o toque de queda, dean resultados, e descenda o número de persoas afectadas.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Concerto de Milladoiro en streaming 11.11.2020 6:32
O concerto que o grupo Milladoiro ofrecerá este venres en Tui poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube e das redes sociais municipais. Así o confirmaba hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Deste xeito dende o Concello buscan poder chegar a un maior número de persoas con este vento, xa que dadas as medidas restritivas establecidas en Tui a capacidade do teatro está limita...
Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación martes 10 de novembro 10.11.2020 7:38
38 casos nos últimos 7 días e un acumulado de 76 nos últimos 14 son as últimas cifras con respecto á incidencia da COVID19 en Tui que facilitaba esta mañá o doutor Santiago Pose.
Ent. Ana Núñez, Concelleira Igualdade/comercio-III Plan de Igualdade de oportunidades, Guía hostalería e Axudas reactiva 10.11.2020 17:34
Conversamos con Ana Núñez sobre o III Plan de Igualdade de oportunidades do Concello de Tui. Tamén sobre a Guía de hostalería e restauración e das 108 primeiras axudas a establecementos e autónomos das Axudas Reactiva.
Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de tui- Situación da COVID-19 en Tui 09.11.2020 5:43
Enrique Cabaleiro asegurou que en Tui os datos invitan ao optimismo. Segundo os datos do Centro de Saúde, a incidencia acumulada dos últimos 14 días baixou a 80 casos cando antes estabamos preto do centenar. Nos últimos 7 días detectáronse 34 casos de COVID-19 en Tui. Tamén valorou o informe da Xunta favorable ao PEPCHA.
Ent. Laureano Alonso, Concelleiro de patrimonio - Informe favorable ao Plan Especial de Protección do Conxunto histórico 09.11.2020 11:59
O Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, visitou esta mañá Día a Día. Fíxoo despois de que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitira informe favorable ao PEPCHA, o Plan especial de protección do conxunto histórico. Só resta o visto e prace do pleno da corporación municipal de Tui para a aprobación definitiva
Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de Tui - Recomendacións previas ao peche perimetral e novas medidas 06.11.2020 5:37
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba está mañá os últimos datos da COVID-19 en Tui. Tamén facía unha serie de recomendacións previas ao peche perimetral e ás novas restricións que entrarán en vigor ás 00.00 horas desta noite.
Ent. Kim Llobet, FEMUPO - Charlas online, igualdade no ámbito da familia 05.11.2020 7:51
Entrevistamos a Kim Llobet de FEMUPO. Celebraranse unha serie de charlas online no ámbito familiar onde tratarase o tema da igualdade no ámbito familiar. Tres charlas a través de Zoom os luns 9, 16 e 23 de novembro ás 19h
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui- Valoración últimas restriccións e peche perimetral de Tui 05.11.2020 12:13
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba está mañá as últimas restricións que inclúen o peche da hostalería e o peche perimetral de Tui por un mes. As medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do 7 de novembro.
Ent. Eva Martínez, presidenta Asociación de afectados de delección 1P36 - Calendario síndrome 1P36 04.11.2020 9:36
Está xa á venda o calendario solidario "Sonrisas que contagian" para axudar a visibilizar e investigar o síndrome 1p36. 24 nenos e nenas protagonizan a edición de 2021, segundo apuntou, esta mañá, a presidenta da Asociación de afectados de Deleción 1p36
Ent. Jose Luis Bouzas, director de Docensa formación - 1ºwebinar de "QueroFormación" dentro do programa "QueroTui" 03.11.2020 14:29
Entrevistamos hoxe a Jose Luis Bouzas, responsable de Docensa formación. "QueroFormación", dentro do programa "QueroTui", empeza hoxe cun webinar sobre o funcionamento da plataforma Etui
Ent. Eva García de la Torre, alcaldesa dó Porriño - Situación 2 de novembro 02.11.2020 8:23
O Porriño está en alerta vermella. Os datos dan conta de 61 casos activos segundo os últimos datos, segundo indicaba a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Situación 2 de novembro 02.11.2020 4:33
Salceda segue hoxe en nivel amarelo, logo de estar xa en nivel vermello e laranxa. A alcaldesa, Loli Castiñeira, agradecía o bo comportamento da veciñanza e o traballo do persoal do Centro de Saúde. Lamentaba non ter datos concretos sobre a incidencia.
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia- situación 2 de novembro 02.11.2020 3:01
Dende o mes de maio en Oia se rexistraron so 6 casos postivos, e nestes momento só hai un só positivo. Así o explicaba a alcaldesa, Cristina Correa. Apelaba a responsabilidade da veciñanza porque estamos todos expostos.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - situación 2 de novembro 02.11.2020 3:45
No Rosal non contan con datos concretos sobre o número de casos activos nestes momentos. O municipio aparece hoxe en amarelo no mapa de incidencia nos últimos 7 días. A Ánxela Fernández, a alcaldesa, explicaba que hai que asumir que a situación é moi complicada e hai que ser moi responsables.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.