Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Campaña de Nadal 04.12.2020

Hoxe ás 18 h ten lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui, onde a novidade estará en que se volverá iluminar o abeto situado ao final da Corredoira. O concello de Tui apostou de novo pola decoración das rúas e prazas con elementos reutilizados e de material reciclado e polo lema "Tui, O Camiño do Nadal" coma explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Alicia Benade - Trigo y Limpio 04.12.2020

Tradición e innovación únense en "Trigo y Limpio" unha empresa tudense que optou por recuperar a variedade de trigo Callobre con colleita propia e moela de xeito artesanal. Alicia Benade, é a promotora deste proxecto xunto ao seu irmán. Contounos todos os detalles desta fariña artesanal e ecolóxica.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 04122020. 04.12.2020

O próximo martes terá lugar un Tui un cribado poboacional para detectar a persoas asintomáticas. Será no vello pavillón e as persoas seleccionadas están a ser citadas polo SERGAS. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitou a Sanidade estas probas, cando case se cumpre un mes das medidas restritivas no municipio.

Ent. Ciano Valcárcel, San Xerome da Guarda - Día internacional da Discapacidade 03.12.2020

Hoxe xoves día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Falamos con Ciano Valcárcel da Asoc. San Xerome da Guarda sobre a importancia deste día para favorecer a integración

Ent. Miguel e Mario Domínguez - Campaña solidaria do Hostal A Sigrina 03.12.2020

Falamos cos irmáns Miguel e Mario Domínguez do Hostal A Sigrina de Tui. Organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para entragalos despois a ONG Sos Tomiño Baixo Miño

Ent. Miguel Rocha, xornalista - Situación da Covid en Valença 02.12.2020

O xornalista da Radio Vale do Minho, Miguel Rocha, falou hoxe na nosa sintonía da situación da Covid-19 en Valença. 227 casos activos e unha atisima incidencia acumulada de 1415 casos por cada 100.000 habitantes.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Peche perimentral e medidas restritivas 02.12.2020

O Comité de Clínico da Xunta acordou impor medidas máis restritivas no Concello da Guarda ante a evolución epidemiolóxica na vila. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu onte á comunicación por parte do Conselleiro. Será o peche perimetral, e afectará tamén á hostalería nunhas condicións que hoxe se darán a coñecer

Ent. Verónica Rodríguez - Empanadillas Vioncas Bake 01.12.2020

A empresa tudense de nova creación Vioncas Bake puxo a venda nos últimos tempos as súas empanadillas a domicilio con moito éxito e non so en Tui. Empanadillas galegas pero con novos ingredientes chegados doutros países

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play-Doc - Semblanza a Daniel Domínguez 30.11.2020

Nas últimas horas falecía o tudense Daniel Domínguez, membro da primeira xeración dos actuais integrantes do Sector Audiovisual Galego. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do Festival Play-Doc sobre unha figura fundamental e mentor nos inicios deste proxecto fai 16 anos

Ent. Patricia Elola - Viravolta Cocina Retornada de Adega do Vimbio 30.11.2020

Adega do Vimbio recibiu unha axuda para desenvolver unha nova liña de produtos baseados en vexetais autóctonos e sabores internacionais: Viravolta Cocina Retornada. A empresa é dunha parella de Tui, Martin Crusar e Patricia Elola. Con ela falamos sobre o 1º producto lanzado, a Salsa Vietnam

Ent. Sebastian Gómez - Limpeza da entrada da A-55 en Guillarei 27.11.2020

Falamos hoxe con Sebastian Gómez que limpou el mesmo, a entrada da A-55 a altura de Guillarei, ante o deprimente estado no que se encontraba este acceso, cheo de botellas de plástico, latas, lixo, etc.

Ent. Jaione Camborda, directora de cine - Proxección de Arima no Teatro municipal de Tui 27.11.2020

Dentro da programación "Volvemos ao Teatro en novembro", hoxe proxectarase no Teatro Municipal a película "Arima" de Jaione Camborda. O filme está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera. Recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes

Ent. Roberto Perdigones - Alarma 27.11.2020

Entrevistamos a Roberto Perdigones que deseñou recentemente a alarma "Égida". Un sistema de seguridade 100% seguro e económico que vai revolucionar os sistemas de seguridade en todo o mundo

Ent. Alejandro Da Cuña, escritor - "Camiño con historias", libro solidario 26.11.2020

"Camiño con historias" é un agasallo solidario perfecto para este nadal do escritor tudense Alejandro Da Cuña. Falamos hoxe con el sobre este libro e sobre o Concurso de Pintura e Debuxo da Asociación Cultural A Insua de Caldelas

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - 25N 2020 25.11.2020

Tomiño súmase tamén á campaña #EnNegro contra a violencia de xénero. A alcaldesa Sandra González, reflexionaba sobre esta data e explicaba os actos organizados no municipio.

Ent. Ana Núñez, Concelleira de Igualdade - 25N 2020 25.11.2020

Tui conmemora este 25N En Negro con diferentes iniciativas. Falamos desta data e das actividades previstas coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez.

Ent. Andrés Suárez, artista - Nova guía da ruta xacobea: 24.11.2020

“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu propio municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Entrevistamos ao artista local, Andrés Lamas, autor desta guía visual que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Solicitude 24.11.2020

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitará hoxe ao SERGAS que estuden a situación en Tui. O peche perimetral e da hostalería que nun primeiro momento permitiu reducir o número casos, está a xerar importantes prexuizos económicos e a incidencia da covid está estancada. Hoxe hai 50 novos casos detectados nos últimos 14 días segundo os datos de Sanidade.

Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación luns 23 de novembro 23.11.2020

26 casos nos últimos 7 días e un acumulado de 54 nos últimos 14 son as últimas cifras con respecto á incidencia da COVID19 en Tui que facilitaba esta mañá o doutor Santiago Pose.

Ent. Ana Núñez, Concelleira de Igualdade - Tui conmemora o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero 20.11.2020

Dende hoxe e até o 28 deste mes Tui súmase un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos con Ana Núñez desta e doutras iniciativas como a plataforma "Lecturas pola Igualdade"

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co Conselleiro e situación COVID 19 20.11.2020

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto cos alcades de Cangas e Pontareas, reuniuse onte por videoconferencia co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Aínda que a evolución do número de casos na cidade está sendo positiva tendo en conta a o índice de casos acumulados é de 269 non se poden aínda levantar as medidas restritivas.

Ent. Ismael Diz, Concelleiro de Medio Ambiente Tui e Sara Luque, Mestra Composteira - Promoción da Plan de Compostaxe 20.11.2020

O vindeiro sábado comeza unha campaña de promoción do Plan de Compostaxe do Concello de Tui. A campaña se iniciará coa presentación do novo logo e lema. Falamos disto co Concelleiro de Medio Ambiente e coa Mestra Momposteira, Sara Luque

Ent. Kim Llobet, Belen Liste e Pilar Otero, Femupo - Charla recursos das mulleres vítimas e II Encontro asoc. mulleres 19.11.2020

Falamos hoxe da man de Femupo sobre dúas actividades no ámbito da igualdade. Unha charla sobre os recursos das vítimas de violencia de xénero, con Belen Liste, e sobre o II Encontro das asociacións de mulleres de Pontevedra, no que participa Amei Tui

Ent. Xabier Añoveros, Doutor en dereito mercantil - Tese doutoral sobre a Casa da Canicouba 18.11.2020

Falamos hoxe con Xabier Añoveros que acaba de escrbir a súa 4º tese doutoral sobre a Casa da Canicouba de Tui. Un pazo urbano que data do século XVI e que conta co archivo familiar mais antigo de toda Galicia

Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Situación 17 de novembro 17.11.2020

Analizamos as cifras da COVID-19 na Guarda co seu Alcalde, Antonio Lomba. A localidade segue en nivel laranxa ao rexistrar entre 14 e 21 casos. Podería tamén baixar do nivel vermello ao laranxa nos rexistros dos últimos 14 días se continúan baixando os casos

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.