Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6538 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Parque Empresarial en Ribadelouro 28.06.2021

Zona Franca impulsa a construcción aquí en Tui, en Ribadelouro, dun novo parque empresarial de 670.000 metros cadrados cunha inversión de 20 millóns de euros. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba esta mañá, na nosa sintonía, esta noticia.

Ent. Xosé Manuel Álvarez e Sonia Pérez, profesores - IES Indalecio Pérez Tizón 25.06.2021

Xosé Manuel Álvarez e Sonia Pérez, profesores do IES Indalecio Pérez Tizón nos presentron hoxe a oferta formativa do centro de cara ao vindeiro curso.

Ent. Marga do Val, escritora - Recital poético polo 230 aniversario dos Xogos Florais de Galicia 25.06.2021

Esta tarde ás 20.00 terá lugar na praza de Frómista o recital poético “Xela Arias no século XXI”, a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Falamos hoxe coa escritora Marga do Val, unha das compañeiras de xeración de Xela Arias que estarán no acto.

Ent. Javier Argüelles e Samuel Moreno, magos - "Baiona pinta maxia" 24.06.2021

Os magos Javier Argüelles e Samuel Moreno preséntanos hoxe o festival de maxia "Baiona pinta maxia" que terá lugar este sabado e domingo nesa localidade. Haberá actuacións na rúa, no auditorio e no Museo da Carabela Pinta, onde terá lugar tamén un obradoiro de maxia para nenas e nenos. Actividades gratuitas até completar o aforo.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurgo, presidente Di-Som Tui - VII Campionato Ibérido de Kung Fu Eurocidade 24.06.2021

Este domingo celebrase en Tui, no novo pavillón deportivo municipal a partir das 10:30, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Eduardo Méndez Sanjurjo, o presidente do Di-Som Tui, interviña hoxe na nosa sintonía para falar deste evento. Poderá seguirse en streaming na canle de Youtube da Federación Galega de Kung Fu.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Cárcere Vello 24.06.2021

Esta mañá interviña na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para valorar o investimento no Cárcere Vello de 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo, co obxectivo de converterlo nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes. Referíase amáis a recuperación do Conxunto Histórico-Artístico de Tui e avanzanza que nas vindeiras semanas aprobarase a inclusión de...

Ent. Andrea González, directora IKFEM - Concerto o sábado na Catedral de Tui 22.06.2021

O festival do teclado da eurocidade Tui- Valença celebrase d o18 ao 22 de agosto.. Como antesala do festival, o organista Thomas Ospital ofrecerá un concerto na Catedral de Tui este sábado 26 de xuño ás 21 h. Falamos coa directora do evento, Andrea González, que avanzaba que o programa do festival anunciarase dentro de dúas semanas.

Ent. Ana Núñez, concelleira de igualdade - "Tui con orgullo" 22.06.2021

O pasado xoves comezaba nos institutos da nosa localidade, o programa “Tui Con Orgullo” co gallo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ, que se celebra o 28 deste mes. Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen este programa co que pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGBTIfobia. Para falar desta programación pasaba esta mañá polo programa Día a...

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en Tui 22.06.2021

A asociación de Alcohólicos Anónimos celebra en Tui reunións na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, para aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol. Son os martes de 10 a 11.30 e os xoves de 20 a 21.30 h. Dúas mulleres explicaban hoxe a súa experiencia na asociación.

Ent. Rita Álvarez, xerente Flores Rita e Elena Alonso, vogal Sos Tomiño - Iniciativa solidaria 21.06.2021

Volve a iniciativa solidaria por San Xoán entre Flores Rita e Sos Tomiño Baixo Miño. Pódense recoller as Herbas de San Xoan este mércores nos exteriores da floristeria na rúa Ourense a cambio dun pequeno donativo ou a cambio de alimentos para a asociación. Tamén se pode colaborar entregando estas flores na propia tenda. Así o explicaba Rita Álvarez, propietaria de Flores Rita, e a vogal da ONG, El...

Ent. Hugo Lage de Buguina Turismo - Visitas guiadas 21.06.2021

O misterio é unha das novidades que incorpora Buguina Turismo as súas visitas guiadas. “Misterios misteriosos e outros casos curiosos” é o título do novo percorrido que realizarán caracterizados, polo centro histórico de Tui. Serán os martes, venres e domingo ás 22.45 h, comezando este venres. Amais as visitas ao conxunto histórico serán os luns, martes, mércores, sábados e domingo, ás 11 h e 12.3...

Sección Club de Emprego - Luns, 21 de xuño de 2021 21.06.2021

Hoxe no Club de Emprego, que desenvolvemos xunto coa concellería de Emprego do Concello de Tui, participou Beatriz Pardo, directora de recursos humanos de Plaintec. Con ela coñecemos un pouco mellor a empresa que conta con 65 empregados actualmente. Deu conta da formación que realizan, e dos postos de traballo en oficios que precisan cubrir. Tamén abordou cómo elaborar un curriculum

Ent. Monse, menor tutelada - Campaña Non nos Xulgues 18.06.2021

Dentro da campaña #NonnosXulgues de Igaxes para acabar co estigma que padece a mocidade tutelada, hoxe coñecemos a experiencia de Monse.

Ent. Marisa Giráldez e Javier Argüelles, presidenta e secretario do Club Bádminton Tui - Campionato autonómico Sub11 18.06.2021

Corenta e un deportistas menores de 11 anos participarán mañá sábado no pavillón do IES San Paio no Campionato Autonómico Sub11 de bádminton. Polo programa Día a Día pasaban hoxe a presidenta e o secretario do Club Badminton Tui, Marisa Giráldez e Javier Argüelles. No club teñen escola base para nenos e tamén para adultos. Continuaran coa súa actividade en verán aquí en Tui e amáis porán tamén en...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Dous anos de mandato 18.06.2021

Coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, iniciamos hoxe a rolda de conversas que manteremos cos rexedores dos concellos da nosa zona para valorar os dous primeiros anos desta lexislatura.

Ent. G-Face - Lanzamento de “No hay otra igual” 17.06.2021

G Face presenta novo tema "No hay otra igual". Hoxe falamos con el desta nova canción que está xa soando.

Ent. Pedro Solla, director de comunicación da ONG Igaxes - Campaña “Non nos Xulgues” 17.06.2021

Onte a ONG Igaxes puxo en marcha a campaña “Non nos Xulgues” para dar a coñecer a auténtica realidade dos menores tutelados. Para afondar nesta realidade falabamos esta mañá con Pedro Solla, o seu director de comunicación. O seu obxectivo é eliminar os prexuízos e o estigma que sofren as rapazas e rapaces baixo o sistema de protección.

Ent. Xerardo F. Santomé - Publicación do libro 16.06.2021

O domingo presentábase no Auditorio Municipal do Rosal o libro ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez coa que lle queren render homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros. Para falar deste libro pasaba hoxe polo programa Día a Día, Xerardo Santomé.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda maio e outros 15.06.2021

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario do mes de maio. Tamén tratamos as obras previas da pasarela peonil do Louro e a senda do Miño, así coma outras actuacións nas que están traballando.

Ent. Roberto Domínguez, tenente coronel da BRILAT - XX Concurso de Patrullas 15.06.2021

Mañá ás 9 h sairá dende Tui a XX edición do concurso de patrullas organizado pola Brilat, que cumpre 55 anos. . Terán que realizaro Camiño de Santiago dende Tui a Compostela superando ao longo do percorrido distintas probas. Este ano participarán 10 patrullas, das que 9 son da Brilat e unha de Infantería de Mariña do Ferrol, coma explicaba esta mañá o tenente coronel da Brilat Roberto Domínguez.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense - Presentación do libro 14.06.2021

Mañá martes ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica terá lugar a presentación do libro “Breve historia de Tui” do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. Con el falábamos esta mañá sobre esta obra que realiza unha visión panorámica do devir histórico de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que ate...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Concentración en Tui contra a violencia machista 14.06.2021

Ás 12 h está convocada pola FEMP unha concentración silenciosa fronte á casa do concello contra a violencia machista, polos 41 nenos asasinados dende 2013 por esta causa e polas 1096 mulleres mortas dende 2003 por violencia de xénero. A concelleira de igualdade, Ana Núñez, convidaba esta mañá na nosa sintonía aos cidadáns tudenses a unirse a esta loita.

Ent. Víctor, Sophie, Mara e Nina do CEIP nº1 - I Congreso ODS2030 11.06.2021

O CEIP nº1 de Tui celebra a próxima semana, de luns a venres, o I Congreso ODS2030, e o martes 15 a II Xornada Inclusiva. Hoxe Nina Méndez, Mara Solla, Sophie Pérez e Víctor Hermida, alumnas e alumno do centro deron conta destas actividades na nosa sintonía.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda maio 11.06.2021

Hoxe proseguimos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui para valorar o pleno do pasado mes de maio entrevistando ao voceiro do PP, José Ángel Fernández.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Catedral, Plan Rexurbe, rotonda Guillarei, ... 10.06.2021

A segunda fase de rehabilitación da Catedral de Tui, o Plan Rexurbe, as obras de construción da rotonda de Guillarei ou a senda do Louro, foron algúns dos temas que hoxe abordamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.