Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación 7 de xaneiro 07.01.2021

Valoramos esta mañá co doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui, o brote na residencia Paz y Bien de Tui que afecta xa a 38 residentes, 8 traballadores e 4 casos máis en estudo. Indica o doutor que a orixe dos contaxios pode estar nas visitas pola celebración da noiteboa.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro Patrimonio e Maria Ferreirós - PEPCHA e plan Rexurbe 07.01.2021

O Conxunto Histórico de Tui conta cun Plan de Protección que foi aprobado definitivamente no último pleno do ano no Concello de Tui. O concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreirós, explicáronnos que suporá, e tamén falaron doutras actuacións nesta zona.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Brote na residencia Paz y Bien 07.01.2021

A residencia Paz y Bien de Tui rexistra un brote que afecta a 41 persoas, das que 6 son relixiosas. Prodúcese amais cando ía comezar a vacinación no centro. As autoridades sanitarias estudarán hoxe a situación na residencia. O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou a súa preocupación por esta situación e destacou o excepcional traballo que levan realizando ao longo dos últimos meses durante toda a pan...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Reis Magos 2021 05.01.2021

No Concello de Tomiño publicaron xa unha mensaxe dos Reis Magos, xa que este ano non haberá a tradicional Cabalgata de Reis, e enviaron unha carta aos nenos e nenas maiores de 3 anos.

Ent. Manuel Lópes, presidente de Cámara de Valença - Nadal en Valença 05.01.2021

O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopez, achegouse esta mañá, cando ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a saúdar aos Reis Magos, ao Teatro Municipal, xa que este ano non haberá a tradicional cabalgata internacional da Eurocidade.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Reis Magos 2021 05.01.2021

Na Guarda os carteiros do Nadal estarán dende ás 10.30 h nas rúas. Xa ás 17.30 h na praza do Reló o alcalde, Antonio Lomba, recibirá a Melchor, Gaspar e Baltasar, previo o inicio do seu percorrido de 25 km. irán en descapotable polas principais rúas e parroquias seguindo as luces colocadas polos cativos.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Reis Magos 2021 05.01.2021

Máis de 60 puntos e barrios e parroquias percorren dende onte os Reis Magos no Rosal até rematar esta tarde na Praza do Calvario. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explicounos coma é a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar á vila rosaleira.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Cabalgata de Reis 05.01.2021

Ás once desta mañá comeza no Teatro Municipal de Tui a recepción dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, para a que están xa completas as prazas. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembraba esta mañá que este ano non se poderá celebrar a cabalgata internacional de Reis.

Ent. Natalia Lago - A fada do Aloia 04.01.2021

Coñecer os segredos que agocha o Monte Aloia é posible da man dunha fada moi especial que nos propón seis rutas para realizar en familia e das que hoxe nos falou no programa Día a Día. Toda a información en afadadoaloia.com

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Recepción dos Reis Magos 2021 04.01.2021

Os Reis Magos estarán mañá dende ás 11 h e até ás 20 h no Teatro Municipal de Tui para recibir aos nenos e nenas. É preciso reserva previa e esta tarde ás 16 h estarán dispoñibles novas quendas. Nolo explicou esta mañá a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020

Este é o balance do pleno extraordinario deste martes, tamén deste 2020 e os desexos para 2021 de José Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 -Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020

José Manuel Palacín, voceiro de C21, facía esta mañá balance do pleno extraordinario celebrado o martes pola corporación municipal, e tamén deste 2020. Deixounos a súa felicitación para 2021.

Ent. Manuel González, voceiro de C's - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020

Manuel González, voceiro de Ciudadanos na corporación municipal acompañounos esta mañá para deixarnos o seu balance do pleno do pasado martes, do 2020, e os seus desexos para 2021.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020

Carmen Núñez, voceira do BNG, deixounos hoxe o seu balance do pleno celebrado este martes pola corporación municipal de Tui, así coma a súa valoración de 2020 e a felicitación para 202.

Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020

O voceiro de En Marea e concelleiro de Patrimonio e Turismo, Laureano Alonso acompañounos esta mañá. Con el fixemos balanzo do pleno extraordinario celebrado o martes e deixounos a súa felicitación para 2021.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - PCR masiva en Tomiño 30.12.2020

Tomiño rexistra unha incidencia acumulada de 400 casos por cada 100 mil habitantes. Unha situación preocupante polo que veñen de pór en marcha con Sanidade unha PCR masiva voluntaria. A veciñanza de Tomiño que desexe facer esta PCR debe inscribrise na web tomino.gal coma explicaba a alcaldesa, Sandra González.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Recepción dos Reis Magos 29.12.2020

Os Reis Magos brindarán o próximo martes unha recepción aos nenos e nenas de Tui no Teatro Municipal. Este espazo engalanarase para a ocasión e contará cun estrito protoloco anticovid. Ás 19 h ábrese en tui,.gal a reserva gratuíta de entradas. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Hugo Lage guía de AGAGUI - Bonos agasallo 29.12.2020

Coñecer Galicia é un dos agasallos que o próximo día 6 nos poden deixar os Reis Magos a través dos bonos que a Asociación de Guías de Galicia, AGAGUI, propón para este Nadal. Ofertan percorridos de 2 horas por Tui, Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Cambados Hugo Lage, un dos guías que forman parte de AGAGUI explicaba precisamente nos explicaba coma xurdiu este bono.

Ent. Julián Lorenzo Farrapeira - Coaching Emerxente. Psicoloxía positiva para un novo liderato 28.12.2020

O tudense Julián Lorenzo Farrapeira é o autor, xunto a Santiago Vázquez Blanco, do libro "Coaching Emergente. Psicología positiva para un nuevo liderazgo". Esta mañá coñecimos da súa man que é o coaching emerxente FLOW e falamos deste libro que está xa dispoñible nas librarías tudenses.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Felicitación Nadal 2020 24.12.2020

Esta a felicitación deste Nadal 2020 que nos deixou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Felicitación Nadal 2020 24.12.2020

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deixonos esta mañá a súa felicitación para este Nadal de 2020.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Felicitación Nadal 2020 e situación epidemiolóxica 24.12.2020

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deixounos hoxe a súa felicitación para este Nadal. Tamén fixo referencia á situación no municpio con respecto á covid19.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Felicitación de Nadal 2020 24.12.2020

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deixounos hoxe a súa felicitación de Nadal. Tamén abordamos a situación epidemiolóxica no municipio a día de hoxe, e os asuntos que irán o próximo martes.

Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos - Sorteo cesta de nadal de ACITUI 23.12.2020

Hoxe sorteamos no programa Día a Día a cesta de nadal de ACITUI para todos as persoas que compraron lotería desta asociación. O número seleccionado foi o 0694 e o gañador xa pode recoller a cesta nas oficinas de ACITUI.

Ent. Benjamín Martínez, lotero - A sorte sorrie por partida triple ao Porriño 22.12.2020

A sorte sorriu por partida triple a administracióin El X de la suerte do Porriño. Venderon alí algún ou algúns boletos tanto do gordo (72897), coma do 4º premio (75981) e do 5º premio (86986). Falamos en Día a Día co lotero desta administración

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.