Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 29, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Chloé Bird - Concerto en Música no Claustro 06.08.2021 12:56
A artista extremeña Chloé Bird estrerá en concerto o seu novo disco “Flores y Escombros” mañá ás 21.30 h no Claustro da Catedral, nun evento musical que pecha a edición deste 2021 de Música no Claustro. Hoxe contounos coma é este novo disco que marca un novo rumbo na súa carreira
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Turismo neste verán 06.08.2021 12:52
Estes días as rúas de Tui viven un ir e vir de visitantes e peregrinos que aproveitan para coñecer a cidade Esta afuencia de visitantes queda reflectida nos datos de atención ao público da Oficina municipal de Turismo con máis de 8 mil consultas en xullo. O concelleiros de Turismo. Laureano Alonso, valoraba estes datos.
Ent. Juanjo España, Aldara Andrés, África Rodríguez e Cristina Fernández - Campionato de España e Galego de Natación 05.08.2021 9:30
Aldara Andrés, África Rodríguez e Cristina Fernández participaron nos campionatos de Galicia e de España de Natación, logrando bos resultados. Falamos con elas e co responsable do Club de Natación Baixo Miño Eurocidade, Juanjo España.
Ent. Moisés Maroto, de Serendipia Ensemble - Concerto en música no Claustro 05.08.2021 5:55
“Pequeña tempestad” é o título do concerto que ofrecerán Pablo Cantalapiedra, Rita Rodríguez e Moisés Maroto. Eles forman Serendipia Ensemble, un grupo dedicado á interpretación historicamente informada de músicas do Barroco, do Renacemento e da Idade Media que mañá ás 21.30 h actuará en Tui no festival Música no Claustro.
Ent. Violeta de Santiago, da Plataforma en Defensa da Sanidade de Tomiño - Concentracións en Goián e Tomiño 05.08.2021 8:36
Este sábado ás 12 h na praza do Seixo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca unha concentración demandando melloras na atención sanitaria no municipio. O pasado sábado houbo xa unha concentración en Goián reivindicando amais a reapertura do consultorio desta parroquia. Así nolo contou hoxe Violeta de Santiago.
Ent. José Antonio Giráldez - Libro "4 veces 20, senderos de las palabras"" 05.08.2021 11:24
"4 veces 20.Senderos de las palabras" é o título do libro que o tudense José Antonio Giráldez vén de publicar. Hoxe coñecemos da súa man esta obra na que brinda ao lector reflexións e vivencias que levan aparecendo ao longo da súa vida.
Ent. Daniel Goberna, prefecto de música da Catedral - Música no Claustro 04.08.2021 12:33
O músico italiano Davide Bucci está a realizar unha residencia artística na Catedral no marco de Música no Claustro. Mañá xoves ás 21.30 h ofrecerá un concerto no órgano da catedral que vén de ser posto a punto polo obradoiro de Grenzing. Desta actuación falamos con Daniel Goberna, prefecto de música da Catedral
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, e Blanca Fernández, médica - Situación da atención primaria no Rosal 04.08.2021 20:42
Demandar a mellora da atención sanitaria no municipio foi o obxectivo das 1.200 sinaturas presentadas esta semana na delegación da Xunta en Vigo pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal. Hoxe falamos coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e coa médica do centro de saúde do Rosal, Blanca Fernández.
Ent. Fernando Beltrán e Samuel Diz - Música no Claustro 03.08.2021 15:57
Terceira xornada de Música no Claustro hoxe coa poesía de Fernando Beltrán e a música do galego Saúl Puga. A cita será ás 21.30 h. Xa non hai entradas en reserva previa pero ofreceranse 25 máis que se cubrirán por orde de chegada. Será un encontro único, un encontro entre palabra e música ao contrabaixo coma nos explicaba o director de Música no Claustro, Samuel Diz, e o propio Fernando Beltrán.
Presentación da V Feira do Peregrino 03.08.2021 4:16
O pasado venres presentouse a V Feira do Peregrino que se vai celebrar en Tui o sábado 4 e o domingo 5 de setembro. Poderase gozar neses días de todo tipo de actividades dende cinema, teatro, entretemento infantil ou artesanía. Tamén haberá un ciclo de conferencias sobre o Camiño de Santiago Portugués. O evento naceu no ano 2016 da man de ACITUI. Así o contamos en #Noticias1330.
Ent. Ángeles Toledano e Samuel Diz - Música no Claustro 02.08.2021 14:34
Onte domingo deu comezo o festival Música no Claustro que terá lugar ata este sábado 7 de agosto no Claustro da Catedral de Tui. Hoxe ás 21:30 será a quenda da cantaora flamenca Angeles Toledano coa que falabamos hoxe xunto a Samuel Diz, director do festival. Quedan aínda prazas para o concerto de mañá Fernando Beltrán e Saúl Puga que se poderán reservar hoxe de 16 a 19 h no 644 035 055.
Ent. Samuel Diz e Ángeles Toledano - Música no Claustro 02.08.2021 14:34
Onte domingo deu comezo o festival Música no Claustro que terá lugar ata este sábado 7 de agosto no Claustro da Catedral de Tui. Hoxe ás 21:30 será a quenda da cantaora flamenca Angeles Toledano coa que falabamos hoxe xunto a Samuel Diz, director do festival. Quedan aínda prazas para o concerto de mañá Fernando Beltrán e Saúl Puga que se poderán reservar hoxe de 16 a 19 h no 644 035 055.
Ent. Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia - 30.07.2021 5:35
Unha das novidades do XV Música no Claustro é o foro profesional de instrumentos musicais #RESONANCIAS que se vai celebrar o 4 e 5 de agosto. Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, deunos conta do obxectivo desta actividade e da súa importancia.
Ent. Iria Folgado, oboísta - Carta Blanca a oboísta Iria Folgado o domingo en Música no Claustro 29.07.2021 5:49
Hoxe seguimos coñecendo o programa do festival Música no Claustro que dende este domingo celebra a súa XV edición na Catedral de Tui. Falamos hoxe coa oboísta galega Iria Folgado que este domingo ofrece un concerto como peche da súa residencia artística no festival. Unha cita na que o oboe será o protagonista, e no que estará acompañada pola violinista tudense Sara Areal, a violista Cristina Corde...
Ent. Javier Niño, director técnico - Torneo 3x3 CB Tui 28.07.2021 3:14
Este sábado celébrase no Paseo da Corredoira o 3x3 de Baloncesto organizado polo CB Tui. É unha das actividades coas que conmemora o seu 40 aniversario. Javier Niño, director técnico do club, deunos conta de todos os detalles deste torneo que buscar sacar o baloncesto á rúa.
Ent. Samuel Diz, dtor Música no Claustro - XV Música no Claustro 28.07.2021 11:56
Música e patrimonio van da man no festival Música no Claustro que dende este domingo celebra a súa XV edición na Catedral de Tudense. Do 1 ao 7 de agosto a programación prevista inclúe coma novidade un Foro Profesional de Instrumentos Musicais, residencias artísticas, concertos e percorridos nocturnos polo tempo. Falamos co seu director artístico, Samuel Diz.
Ent. José Manuel Quintana e Pilar Álvarez - Campus Solidario do Tyde 28.07.2021 7:54
O Tyde F.C organiza do 2 ao 6 de agosto o IV Campus de fútbol solidario 2021 para nenos de entre 4 e 13 anos. A inscrición pode realizarse até este sábado. Terá carácter solidario opolo que os participantes deberán entregar diariamente 2 quilos de alimentos non perecedoiros que se doarán a SOS Tomiño Baixo Miño. José Manuel Quintana do Tyde FC e Pilar Álvarez de SOS Tomiño Baixo Miño así nolo expl...
Ent. Olalla Ruibal da adega Edmun do Val - Cinema entre viñas 26.07.2021 6:08
Cinema entre viñas é a iniciativa que por segundo ano consecutivo leva a cabo a adega Edmun do Val de Valença. Será este sábado, 31 de xullo. Olalla Ruibal da adega Edmun do Val dábanos todos os detalles.
Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Descenso Popular do Miño 26.07.2021 5:57
O sábado, 21 de agosto, celebrase unha nova edición do Descenso Popular do Miño cun protocolo covid establecido ante a situación de pandemia. A inscrición está aberta até o 12 de agosto, pero até este sábado conta cun prezo reducido. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense, así o explicou.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo- Encontro Internacional das Redes de Xuderías de España e Portugal 26.07.2021 8:57
Castelo de Vide en Portugal acolleu esta fin de semana o Encontro Internacional das Redes de Xuderías de España e Portugal. Tui estivo representando polo concelleiro de Turismo, Laureno Alonso, con quen esta mañá fixemos balance deste encontro.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Hoxe comeza o FIAR 2021 23.07.2021 5:50
As previsións de choiva para esta tardiña levaron a organización do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, a trasladar os espectáculos previstos no Paseo da Corredoira e no Paseo Fluvial de Tui, coma explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Terán lugar no pavillón do IES San Paio ( Antón Coucheiro e Arsenio Baruffi) e no Teatro Municipal (Mamá Cabra). Así o explicaba Sonsoles V...
Ent. Ana Rodríguez, directora Balneario de Caldelas - Exposición “A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente” 23.07.2021 6:49
Dende mañá até o 26 de setembro poderemos realizar unha viaxe no tempo nos xardíns do Balneario de Caldelas grazas á exposición fotográfica “A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente”. Unha mostra que podemos dicir é froito do confinanmento, un tempo no que a directora do Balneario, Ana Rodríguez, aproveitou levar a cabo un proxecto de recuperación das fotografías que atesouran no Balnerio, no que l...
Ent. Ángeles Fernández, alfombrista - Alfombra floral mundial en Tui co gallo do Xacobeo 22.07.2021 10:52
Tui será unha das 260 cidades onde esta fin de semana se vai realizar unha alfombra floral co gallo do Xacobeo. O deseño será o mesmo en cada cidade e se adaptará a ao seu particular estilo ou empregando os elementos locais para a súa confección. Nolo contaba hoxe Ángeles Fernández, representante das alfombristas que a van levar a cabo.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura, e Mario Rui Oliveira, vareador Cultura - I Festival Artes da rúa Eurocidade 22.07.2021 12:14
Para falar do I Festival Internacional de Artes de rúa da Eurocidade que se celebra esta fin de semana, hoxe visitaban a programa Día a Día a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o vareador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira. Unha cita, con 24 espectáculos nas rúas e prazas da Eurocidade, a que ambos convidaron a asistir. Entradas: www.tui.gal/www.visitvalenca.com
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Novas restricións e situación epidemiolóxica 22.07.2021 6:56
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, interviña esta mañá na nosa sintonía para facer unha valoración dos preocupantes datos epidiomóxicos que ten arestora a cidade. Facía tamén un chamamento a responsabilidade e a prudencia da poboación aínda que criticaba que se permita a celebración dalgúns eventos onde se poden producir contaxios.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.