Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Ana Núñez, Concelleira de Comercio - Mañá xoves volve o mercadillo semanal de Tui 17.02.2021

A partir de mañá volverá a celebrarse o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. A concelleira de comercio, Ana Núñez, fixo hoxe un chamamento a prudencia e responsabilidade da poboación. Pediu colaboración a veciñanza no cumplimento das normas sanitarias establecidas.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes - Reapertura das instalacións deportivas para o deporte federado 17.02.2021

O concelleiro de deporte do Concello de Tui indicou esta mañá que xa contactou con todos os representantes dos clubes pola reapertura das instalacións deportivas para adestramento no deporte federado. Os vestiarios permanecerán polo momento pechados.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 15 de febreiro 15.02.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou fai uns minutos que o Concello de Tui verase obrigado a acudir a xustiza se na comparencia de hoxe o presidente da Xunta anuncia o peche perimetral individual de Tui. Unha medida, asegurou, que non é efectiva se o resto dos concellos da contorna non van estar pechados tamén de xeito individual.

15022021 Carmen Núñez, voceira BNG - Orzamentos 2021 15.02.2021

Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui, considera que os orzamentos aprobados inicialmente en xaneiro como "decepcionantes xa que non hai ninguna medida de calado nin se buscou ninguna medida de consenso coas diferentes forzas políticas". Fai amais unha valoración negativa das partidas destinadas as parroquias ou ao transporte público, entre outros asuntos.

Ent. Santiago Veloso, organizador Escolas nas Ondas - Día mundial da Radio nos colexios 12.02.2021

Ponte…nas ondas! convida ás escolas a participar no Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS www.escolasnasondas.com Emitiranse os programas e podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués.

11022021 José Angel Fernández, voceiro PP - Orzamentos 2021 11.02.2021

José Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui, considera que os orzamentos aprobados inicialmente en xaneiro non responden as expectativas que tiñan e chegan con retraso. Fan amais unha valoración negativa, entre outras cuestións porque consideran que levan pouco investimento. Así nolo contaba esta mañá.

Ent. David Varo, CEO Meebox Marketing - Criptomoeda e Bitcoin 11.02.2021

Hoxe falamos co CEO de Meebox Marketing, David Varo, sobre o Bitcoin. Adentrámonos esta mañá, da man deste experto en sistemas de mercadeo online, no universo das criptomoedas.

Ent. Ciano Valcárcel, xerente do Centro San Xerome - Fogares SanXe 10.02.2021

Co xerente do San Xerome coñecemos hoxe todos os detalles do proxecto "Fogares SanXe" que vai converter o antigo colexio das Carmelitas na Guarda en fogares inclusivos

Ent. Manuel González, voceiro Ciudadanos de Tui - Orzamentos 2021 10.02.2021

Coñecemos a opinión do voceiro de Ciudadanos na corporación municipal de Tui, Manuel González, sobre os orzamentos de 2021 aprobados inicialmente en pleno no pasado mes de xaneiro.

Ent. Jorge López, farmacéutico - Mañá comeza o cribado masivo nas farmacias 08.02.2021

Mañá martes será cando as farmacias da provincia, entre elas 17 da nosa zona que se inscribiron (seis delas de Tui) comecen a raelizar as probas PCR mediante saliva. Coñecemos cómo é a proba co farmacéutico Jorge López da farmacia da Rúa González Besada.

Ent. Miguel Rocha, xornalista - Situación da Covid en Portugal 08.02.2021

O xornalista da Radio Vale do Minho, Miguel Rocha, falou hoxe da situación da Covid-19 en Portugal e nas cámaras do norte. A situación está a mellorar pero as cifras seguen sendo moi preocupantes. Amáis indicou que o goberno portugués estuda ampliar horarios en todos os pasos fronteirizos.

Ent. Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves -Valoración extinción da concesión do encoro de Sela 05.02.2021

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, cualificaba a extinción da concesión do salto de Sela coma "unha boa noticia para todo o territorio miñoto que tardou tantos anos en chegar tras moitas reivindicacións".

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Valoración extinción da concesión do encoro de Sela 05.02.2021

O presidente de ANABAM, a asociación naturalista do Baixo Miño, Agustín Ferreira, cualificaba a extinción da concesión do salto de sela coma una "excelente noticia". Lembraba que coma nos 90 se organiza unha plataforma contra esta salto en Tui.

Ent. Jorge Maurí Cividanes, responsable de calidade Adegas Altos de Torona - Certificado V-LAVEL de viño vegano 04.02.2021

Adegas Altos de Torona do Rosal, acaba de recibir a certificación internacional V- LABEL que garante que en todo o proceso de produción dos seus viños só se utilizan materias primas vexetais. Amáis esta adega tamén segue, no eido da sostenibilidade, un sistema de produción integrado nas súas viñas respetuoso, convertendo esta fermosa paisaxe do Monte Galeno nun espazo de diversidade única.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Play-Doc do 22 ao 26 de setembro 03.02.2021

Play Doc, o festival internacional de documentais de Tui, xa ten datas para a súa edición deste 2021. Será do 22 ao 26 de setembro. Así nolo contaba hoxe con optimismo e ilusión o codirector do Play-Doc, Ángel Sánchez.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Peche das fronteiras con Portugal 03.02.2021

Falamos está mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre o peche dos pasos fronteirizos con Portugal e as retencións que está a ocasionar na Ponte Internacional da A-55 ao ser o único paso aberto as 24h. Mañá haberá un acto reivindicativo as 9:30 h dos alcaldes e presidentes das cámaras portuguesas, para solicitar aos dous estados a revisión desta medidas.

Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación COVID 19, martes 2 de febreiro de 2021 02.02.2021

Abordamos a situación epidemiolóxica en Tui co doutor Santiago Pose. Amais avanzou que no mes de abril comezará a funcionar no Centro de Saúde de Tui, unha unidade de saúde mental.

Ent. Laureano Alonso e Luciano Alfaya - Solicitude de Área Rexurbe para o conxunto histórico. 02.02.2021

O Concello de Tui presentou ante o IGVS a solicitude para que o conxunto histórico sexa declarado Área Rexurbe. Hoxe coñecemos qué esta Área Rexurbe, e cales serán os seus beneficios e vantaxes. Explicáronolo o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e o membro do equipo redactor do documento de solicitude para a declaración da Area Rexurbe, Luciano Alfaya.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Orzamentos 2021 02.02.2021

A semana pasada foron aprobados inicialmente en pleno os orzamentos de 2021 do concello de Tui. Hoxe coñecemos o parecer do voceiro de C21, José Manuel Palacín, sobre os mesmos.

Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza e videdirector do AECT - Peche das fronteiras con Portugal 01.02.2021

Uxío Benítez valoraba esta mañá o peche das fronteiras con Portugal até o 14 de febreiro. Lamentaba que só mantéñase en funcionamento as 24h a Ponte Internacional de Valença o que xa está a provocar nesta xornada importantes retencións polos controis alí establecidos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Orzamentos, RPT e peche fronteiras Portugal 29.01.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou hoxe os orzamentos municipais aprobados onte en pleno inicialmente coma instrumento fundamental no funcionamento municipal. Tamén se referiu á RPT que se retirou da orde do día ao contar con informes técnicos negativos. Por último valorou o peche das fronteiras acordado polo goberno portugués.

Ent. Ramón Areses, distribuidor e revisor de gas - Cómo evitar as estafas e enganos na revisión do gas 28.01.2021

O distribuidor e revisor de gas, Ramón Areses, esta mañá no programa Día a Dïa aconsellábanos sobre cómo podemos evitar as estafas e enganos que están a producirse coas revisións de gas, xa que na actualidade algúns técnicos non autorizados ou directamente falsos, visitan os domicilios tratando de enganar aos usuarios, especialmente a xente maior.

Ent. Violeta de Santiago, voceira do PSOE de Tomiño - Situación crítica no servizo da Policía Local 28.01.2021

A portavoz do Partido Socialista de Tomiño denunciou hoxe que a Policía Local do concello está a vivir unha situación crítica. Están intentando manter o servizo con tan só dous efectivos, causando problemas na veciñanza.

Ent. Andrés Pérez, emprendedor tudense - iDiari, app de reservas e cita previa para negocios 27.01.2021

Hoxe falamos de innovación, de innovación con selo tudense, no eido das aplicacións para a xestión dos negocios e tendas. Trátase dunha app para reservas de cita previa dirixido a calquera negocio que desexe xestionar a súa axenda, evitando así as visitas e chamadas dos clientes.

Ent. Ana Núñez, concelleira de comercio - Suspensión do mercado semanal dos xoves 27.01.2021

A concelleira de comercio, Ana Núñez, confirmaba esta mañá a suspensión do mercado semanal dos xoves en Tui. Espérase que retome a súa actividade o 17 de febreiro, cando rematen as novas restricións decretadas pola Xunta.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.