Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6538 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda - Aglomeracións na fin de semana 07.09.2021

En Salceda a policía interveu esta fin de semana na zona de ocio nocturno, na rúa Pontevedra, xa que nas últimas fins de semana, tras o peche dos locais, a xente aglomérase na rúa impedindo o descanso dos veciños. Amáis esta fin de semana, na madrugada do sábado para o domingo, producíronse algúns destrozos e actos vandálicos no municipio.

Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Un policia local ferido por un grupo de xóvenes 07.09.2021

Un policia local da Guarda resultou ferido sen gravidade na madrugada deste domingo por un grupo de mozos nunha zona de botellón, cando unha patrulla de dous axentes atopábanse facendo unha rolda de control do peche de locais do ocio nocturno ás 3 da madrugada. Contábanolo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

Ent. Carlos Colinas, director deportivo Celta Zorka Recalvi - Partido amistoso este domingo en Tui 03.09.2021

Este domingo ás 18h no Novo Pavillón municipal de Tui enfrontaranse o Celta Zorka Recalvi de baloncesto fronte ao Recoletas Zamora nun partido amistoso. O aforo máximo permitido para este encontro será de 500 personas. Falamos con Carlos Colinas, director deportivo do equipo vigués.

Ent. Carlos Estévez, Federación Galega Motonáutica - Campionato de España de Radiocontrol térmico 03.09.2021

Ata unha quincena de pilotos de Valencia, Murcia, Andalucía, Cataluña, Cantabria, Madrid e Galicia participarán mañá e pasado en Tui no Campionato de España de Radiocontrol Térmico. Carlos Estévez da Federación Galega de Motonáutica contábanos todos os detalles desta cita.

Ent. Lino Martínez, oficial Policía Local de Tui - Paso da Volta Cilista a España por Tui 03.09.2021

O oficial da Policía Local de Tui, Lino Martínez, explicaba como afectará a circulación o paso da Volta Ciclista a España por Tui. Cortarase puntualmente o tráfico só cando pasen os ciclistas (arredor das 14:20 h) e estará prohibido estacionar dende mañá ás 7 h nas rúas Marístas, Ourense, Martínez Padín e na Avenida de Portugal até o cruzamento coa N-551.

Ent. Joaquín Cadilla - Presidente de ORPAGU - 25 anos de ORPAGU 03.09.2021

ORPAGU, a Organización de Palangreiros Guardeses, cumpre 25 anos dende a súa creación. Dende as 10.30 h comezaron os actos conmemorativos que se desenvolverán durante toda a xornada. Falábamos esta mañá co seu orgulloso presidente, Joaquín Cadilla.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Play-Doc do 22 ao 26 de setembro 02.09.2021

O festival Play-doc celebrarase en Tui do 22 ao 26 de setembro, de mércores a domingo. Para falar do programa que están ultimando para eses días visitaba hoxe o programa Día a Día o seu codirector, Ángel Sánchez. Este ano continuarán as montaxes de videocreadores nas noites polo centro urbano.

Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez - Feira do Peregrino 02.09.2021

Seguimos adentrándonos nas actividades programadas na Feira do Peregrino que se celebra en Tui esta fin de semana. Facémolo hoxe centrándonos no concurso de debuxo e no concurso de vestimenta de caracterización do peregrino. Visitan o programa día a día o presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco, e Jose Manuel Díez.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Datos de turismo 02.09.2021

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, interviña esta mañá na nosa sintonía facendo balance positivo da afluencia de visitantes na cidade. Entre turistas e peregrinos pasaron 14.682 persoas durante o mes pasado pola Oficina de Turismo, unha cifra maior que a do mes de xullo e maior que a do mes de agosto de 2018. Aínda así é algo inferior á de agosto de 2019.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes - Recepción oficial a Gustavo Rodríguez 01.09.2021

Falamos esta mañá co concelleiro de deportes do Concello de Tui, Rafael Estévez, sobre a recepción oficial que se lle fará ás 20 h a Gustavo Rodríguez na casa do concello. A continuación ás 20.15 h a cidadanía en xeral poderá transmitirlle os seus parabéns na praza do Concello se o tempo o permite. Se a afluencia de xente é alta o recibimento será na praza de San Fernando.

Ent. Miguel Martínez e Miguel Ángel García - V Feira do Peregrino en Tui 31.08.2021

Esta fin de semana celébrase en Tui a quinta edición da Feira do Peregrino. Repasamos todas as actividades organizadas para o sábado e o domingo con Miguel Martínez, en representación de Acitui, da Asociación Cidade de Tui e de amigos del camino, e con Miguel Ángel García, presidente da Comisión Xestora da Entidade de Alfombristas do Camiño.

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 31 de agosto de 2021 31.08.2021

Novo tempo de radio no programa Día a Día co grupo Armonía de Tui da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Teodoro e José deixáronnos hoxe a súa testemuña, a súa experiencia na Asociación.

Ent. Maria Victoria Álvarez, presidenta de Iacobus, e Alfonso Ferreira, escritor - Forum Peregrino 2021 en Tui 30.08.2021

A próxima fin de semana celébrase en Tui, na Aula da Uned no Convento de San Domingos, o Forum Peregrino 2021 organizado pola asociación Iacobus. Falamos das diferentes conferencias que terán lugar o sábado e o domingo coa presidenta de Iacobus, María Victoria Álvarez. Tamén interviña o escritor Alfonso Ferreira que presentará o domingo ás 12 do mediodía na Igrexa de San Domingos o libro "Lembranz...

Ent. Clara Gayo de Pista Catro - Mezzo en Caldelas 27.08.2021

Ás 18 h Pista Catro presenta o espectáculo itinerante “Mezzo. O fantástico circo de Insectos Xigantes do doutor Mezzo”. Un obra chea de corido da que nos falou Clara Gayo, membro da compañía.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - 27.08.2021

Todo preparado en Caldelas para a dobre cita que temos esta tarde na ribeira. Ás 18 h será a quenda de Pista Catro con “Mezzo” e ás 22 h co CDG e CTB con “A Contenda do río Miño”. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba que será unha experiencia única a que poderemos gozar na Ribeira, tanto pola tarde coma á noite. Recomenda acudir coa debida antelación.

Ent. Gustavo Rodríguez e Héctor Catalá - Participación nos Xogos Paralímpicos 26.08.2021

O tudense Gustavo Rodríguez coma guía de Héctor Catalá participa na madrugada deste venres ao sábado nos Xogos Paralímpicos en Toquio na modalidade de Triatlón. Falamos con eles dende a capital nipona de cómo afrontan esta competición olímpica.

Ent. Manuel Madarnás, trompetista - disco de música popular, LA MMARCA, en 26.08.2021

LAMMARCA é o traballo discográfico que Manuel Madarnás presentou o pasado sábado, xunto ao seu primeiro videoclip. Con este álbume Manuel Madarnás marca un punto de inflexión na súa carrreira orientádose a música popular.

Ent. Conchi Sales e Luís Prego - Concerto obradoiro denominado “Música nos Camiños” 26.08.2021

Mañá venres ás 20 h terá lugar no cárcere vello en Tui un concerto obradoiro denominado “Música nos Camiños” a cargp de Tres Tristes Tigres. É unha das actividades paralelas á Mostra do Traxe Tradicional que organiza a Asociación Cultural San Telmo e que até finais de mes se pode visitar neste lugar. Hoxe Luís Prego, profesor e membro de Tres Tristes Tigres, explicaba que neste obradoiro, convidan...

Nunha semana comeza o Festival de Cans 25.08.2021

A “Responsabilidade, resistencia e rebeldía” serán os tres factores claves que estarán detrás da proposta e programación deste ano no Festival de Cans do 1 ao 4 de setembro. Así durante 4 días, celebraranse preto de 40 actividades diferentes. Coñecémolas nesta reportaxe de Alba Rodríguez.

Ent. Roberto Millán do Club de Tiro con Arco Trasno- Xornada de portas abertas 25.08.2021

O Club de Tiro con arco Arco Trasno de Tomiño realizará esta fin de semana unha xornada de portas abertas. Será no campo de fútbol de Amorín o sábado a partir das 16 h. Estarán presentes arqueiros de distintos puntos de España Nesta xornada farán entrega dos trofeos e das frechas de ouro aos 2 arqueiros do club que as gañaron na LITA, liga ibérica de tiro con arco.

Ent. Fran Núñez, director do CDG - A contenda dos labradores de Caldelas... 25.08.2021

Fran Núñez é o director do CDG e da obra "A contenda dos labradores de Caldelas ou entremés famoso sobre a pesca no río Miño". Hoxe falamos con el desta coprodución do CDG e a CTB que este venres ás 22 h poderemos gozar na Ribeira de Caldelas.

Ent. Alejandro Dacuña, presidente A Insua - I Rocha Folk 25.08.2021

Este sábado ás 22 h na ribeira de Caldelas celebrarase o I Rocha Folk, Festival de Bandas de Gaitas Vila Termal de Caldelas. Contará coa participación das bandas de gaitasVila de Xixón, Coribantes de Ponte Caldelas, e Sao Tiago de Cardielos de Portugal, e da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas que se estrea neste evento. Alejandro Dacuña, presidente da Asociación Socio Cultural e Depo...

Ent. Hugo Lage, guía turístico - Do Mar á Viña 25.08.2021

Os venres 27 de agosto e 3 de setembro terá lugar a terceira edición "Do Mar á Viña" unha experiencia de enogastroturismo e navegación no volanteiro O Piueiro. O guía turístico, Hugo Lage, falounos desta actividade promovida por Terras Gauda e Orpagu.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Edición 2021 24.08.2021

Do 22 ao 26 de setembro vaise celebrar unha nova edición de Play Doc, un festival que nos achega ás producións de realizadores internacionais sen perder de vista o local. Nese senso propón un obradoiro para a veciñanza no que retratar o entorno que habitamos. Será dirixido por Eloy Domínguez Serén. Así o explicaba hoxe Ángel Sánchez.

Ent. Rui Madeira, director da Companhia de Teatro de Braga - A contenda do Miño 24.08.2021

A ribeira de Caldelas vaise converter este venres nun teatro ao aire libre para acoller a representación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”. Trátase dunha coprodución entre a Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego. Hoxe falamos co director da CTB, Rui Madeira.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.