Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6538 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. José Comesaña - Grava & Polbo 17.09.2021

O próximo 2 de outubro pasará por Tui un evento gravel "Grava&Polbo", unha modalidade de ciclismo que combina bicicleta de estrada e de montaña. Así o explicaba José Comesaña, un dos organizadores. A proba constará de 100 quilómetros cun desnivel de 1.800 metros. Tamén haberá unha opción máis curta de 54 quilómetros. A saída e meta estará en Gondomar. A inscrición está aberta ata o luns en www.mag...

Ent. Luis Soto, frauta traveseira - Mozart á Galega 17.09.2021

En breve sairá á luz un libro titulado "Mozart á Galega". Este proxecto chega mañá a Tui en forma de concerto, ás 13 h no claustro da Catedral, da man de Atlantic Mozart Flute Quartets. O cuarteto está formado por David García, violín; Ioana Ciobotaru, viola; Luís Soto, frauta traveseira; e Millán Abeledelo, violonchelo. Luis Soto falounos hoxe deste proxecto.

Ent. Moisés Rodríguez - Volverá ser deputado no Parlamento de Galicia 16.09.2021

O tudense Moisés Rodríguez volverá ao Parlamento Galego coma deputado. Moisés Rodríguez, exalcalde, exdeputado provincial, ocupou xa a pasada lexislatura unha das actas de deputado. Esta mañá en declaracións á Radio Municipal de Tui explicaba que é un privilexio que un tudense volva ao Parlamento Galego. Unha nova etapa que asume con ilusión para defender os intereses de Tui, do Baixo Miño e de Ga...

Ent. Pablo García, presidente Club Tenis Tui, e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Torneo de Tenis da Eurocidade 16.09.2021

Esta fin de semana celébranse as rondas finais do VII Torneo de Tenis Eurocidade. Nas novas pistas de Areas, o domingo a partir das 12 h, terán lugar de xeito simultáneo as finais das categorías principais: a absoluta masculina, feminina e a junior. O bo nivel dos tenistas tudenses fixo que algúns deles estén clasificados para as finais.

Ent. Noelia Cedres, escritora - "Donde descansa la verdad" é a 1ª novela de Noelia Cedres 16.09.2021

Noelia Cedres, residente en Tui, presentou esta mañá no programa Día a Día o seu primeiro libro "Donde descansa la verdad". É unha historia de crónica negra baseado na dificultade de coñecer a fondo as persoas.

Ent. Rosendo Bugarín, médico e escritor - "Reflexiones en papel", último libro do tudense Rosendo Bugarín 16.09.2021

O médico e escritor tudense, Rosendo Bugarín, falábanos hoxe do seu último libro "Reflexiones en papel". É unha recompilación de pensamentos e recordos de diferentes épocas e contextos cun marcado fío condutor: a medicina e Tui.

Ent. Mª Carmen Rodríguez Cerdeira e Jorge Ocampo , médicos - Técnicas para o coidado da pel 16.09.2021

Coñecemos da man dos doutores Mª Carmen Rodríguez e Jorge Ocampo as técnicas máis innovadoras para o tratamento facial, rexuvenecemento, estética e coidado da pel.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Programa Play Doc 2021 15.09.2021

Seguimos repasando estes días as propostas que nos achegando dende o Play-Doc que arranca o mércores da próxima semana. Ata Tui chegarán invitados de moitísimos países. Ángel Sánchez, codirector do festival, falábanos dunha das dúas retoespectivas máis destacadas desta edición: a primeira retrospectiva española da cineasta de culto Bette Gordon, icona da contracultura de Nova York de finais dos an...

Ent. Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui - Cursos de Extensión Universitaria que comeza en setembro 15.09.2021

Tres cursos de extensión universitaria comezarán este mes de setembro na Aula da UNED de Tui. "Como pode crecer o comercio local na era de internet. O futuro das tendas físicas", "Guía práctica para a resiliencia e o autoconcepto de nenos de 3 a 10 anos: aplicando a teoría" e "A arte de reinventarse 3.0". Minerva Ojeda, coordinadora da aula de Tui, explicaba que se poderán seguir presencialmente,...

Ent. Tania Otero - XV Feira de Oportunidades de ACITUI 2021 15.09.2021

Este domingo na zona peonil do Paseo da Corredoira celebrarase a Feira de Oportunidades de ACITUI. Participarán unha véntena de comercio que ofrecerán roupa, calzado, complementos, mercería, xoguetes… Tamén estará presente a Protectora de Animais Aloia. Abrirán de 11 a 21 h e pola tarde contarán coa presenza do Pato Donald e Goofy. Así nolo explicaba hoxe Tania Otero de Cucadas. Será un evento seg...

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Play-Doc 2021 14.09.2021

Este xoves ás 11.30 h terá lugar no Teatro Municipal de tui a presentación de Play Doc 21. Correrá a cargo do codirector do festival, Ángel Sánchez, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a deputada de Cultura, María Victoria Alonso. Precisamente do festival a unha semana do seu comezo falabamos co seu codirector, Ángel Sánchez. Xa se iniciou a prevenda...

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 14 de setembro de 2021 14.09.2021

Novo tempo de radio no programa Día a Día co grupo Armonía de Tui da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Marisa e Maica deixáronnos hoxe a súa testemuña, a súa experiencia na Asociación.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Emprego - Obradoiro dual de Emprego 14.09.2021

Tui contará cun obradoiro dual de Emprego co título Revaloriza Tui 2021 promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta. Disporá de dos módulos de Canteiría e Carpintaría para o arranxo de fontes, lavadoiros e muíños. A concelleira de Emprego de Tui, Ana María Núñez, valoraba esta mañá de xeito moi positivo esta noticia e daba conta tamén doutras actividades formativas que se levarán a...

Ent. Javier Zafra, cociñeiro e escritor, e Rafael Sánchez, historiador tudense - Obradoiro 13.09.2021

Esta tarde, ás 17h, o cociñeiro e escritor Javier Zafra impartirá na aula da UNED un obradoiro sobre a cociña sefardí titulado “Sabores de Sefarad”. Está dirixido a profesionais da hostalería e restauración, e para cocineiros e chefs máis ou menos experimentados. Pretende incentivar o mantemento das técnicas culinarias da cultura xudea nos restaurantes das cidades pertencentes a Red de Juderías. F...

Ent. Conchi Sales, Ana Pedreira e Laureano Alonso - Balanzo Mostra do Traxe Tradicional 10.09.2021

Máis de 5 mil persoas visitaron ao longo do mes de agosto a Mostra do Traxe Tradicional no cárcere vello. Estivo organizada pola Asociación do Traxe de Tui. A súa presidenta Conchi Sales e a Ana Pedreira fixeron hoxe balanzo da mesma. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, agradecía o traballo realizado.

Ent. Laureano Alonso e Rafael Sánchez Bargiela - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 10.09.2021

Estanse a celebrar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía baixo o título de "Diálogos". Visitas guiadas, concertos, un xogo e propostas gastronómicas forman parte do programa a celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Falamos das mesmas co concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso, e co historiador e director da Biblioteca e Arquivo Municipal, Rafael Sánchez Bargiela.

Ent. Luciano Alfaya, redactor do proxecto da Área Rexurbe - Declaración de Tui coma Área Rexurbe 10.09.2021

Tras a aprobación onte polo Consello da Xunta de Tui coma Área Rexurbe hoxe falamos con Luciano Alfaya, redactor do proxecto presentado polo Concello de Tui á Xunta para lograr declaración. O ámbito de actuación será o conxunto histórico, o Paseo da Corredoira, e as rúas Bispo Lago e Martínez Padín.

Sección Modepen - Xoves 10 de setembro de 2021 10.09.2021

Cada 15 días dende Modepen, Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos, achegaranos a actualidade sobre este tema. Onte, Alfredo Hernández, coordinador no Baixo Miño desta asociación, e Antonio Pasarín, informático da mesma, introducían este novo espazo radiofónico.

Ent. Emi Candal, organizadora MUMI 2021 - Encontro profesional Músicas no Miño 09.09.2021

Hoxe comeza, até o sábado, o MUMI 2021, o encontro profesional Músicas no Miño que se celebra na Eurocidade Tui-Valença. Falamos cunha das súas organizadoras, Emi Candal, sobre as experiencias que están xa compartindo, dende ás 10 da mañá, os 150 profesionais inscritos no evento. Tamén ofreceu máis dos detalles das actividades abertas ao público en xeral.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Suso Montero - Festas do Alivio 09.09.2021

Tomiño continúa celebrando esta semana as súas festas patronais da Virxe do Alivio cunha programación cultural pensada para todos os públicos. Repasamos a programación coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e falamos con Suso Montero, veciño da vila ao que se lle homenaxea este sábado, ás 20.30 h na praza do Seixo, polo seu compromiso con Tomiño e a súa axuda aos veciños.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Educación - Volta ao cole 09.09.2021

Hoxe as nenas e nenos de Tui e de toda Galicia volven ao cole tras as vacacións de verán. Repasamos as obras acometidas este ano nos diferentes colexios da cidade e ademais anunciaba que o concello intentará levar a cabo a reforma da unitaria de Ribadelouro durante este curso.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Área Rexurbe 09.09.2021

Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tras coñecerse que hoxe a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva hoxe ao Consello da Xunta a declaración de Tui coma Área Rexurbe. Un paso importante para impulsar a rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, do Paseo da Corredoira e das Rúas Bispo Lago e Martínez Padín.

Ent. Xacobe Martínez, director Orquestra Galego-Portuguesa de Lliberación - MUMI 2021 08.09.2021

Mañá chega o concerto de apertura do MUMI 2021 que será escenario da estrea absoluta da Orquestra Galego-Portuguesa de Liberación ás 21:30. Coa improvisación como nexo de unión e a vangarda como hábitat natural, a súa metodoloxía de traballo invocará músicas imposibles, inevitables e imprescindibles. Falamos esta mañá co seu director, Xacobe Martínez.

Sección UNED- Mércores, 8 de setembro de 2021 08.09.2021

Estreamos hoxe unha nova sección para falar das accións formativas que se levan a cabo na aula da UNED en Tui no antigo Convento de San Domingos. Será un espazo de comunicación semanal na radio entre a cidadanía tudense e a UNED.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - MUMI 2021 08.09.2021

Seguimos repasando as diferentes propostas que nos achegan dende o MUMI 2021, o encontro profesional Músicas no Miño que se celebra dende mañá até o sábado na Eurocidade Tui-Valença. No evento haberá, por unha banda, actividades gratuítas para a cidadanía en xeral, con showcases localizados en espazos emblematicos de Tui (praza de San Fernándo e paseo da Corredoira) e de Valença (Fortaleza e Fonte...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.