Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui -Situación a 28 de abril 28.04.2021 4:36
O doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui, agarda que a actual situación de Tui, cunha trintena de casos, parte derivados de reunións familiares, se controle pronte. Unhas cifras lonxe da peor situación que tivemos até o de agora en xaneiro con preto de 200 casos e 20 falecidos.
Ent. Rui Filipe, comerciantes de Valença - Peche fronteiras 27.04.2021 3:35
O peche de fronteiras deixa unha situación insostible no comercio de Valença, coma explicaba esta mañá Rui Filipe. Tras a conversa mantida onte co primeiro ministro portugués, Antonio Costa, amósase optimista en canto a apertura de fronteiras.
Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Fronteiras e visita 1º Ministro 27.04.2021 4:37
O presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, confía en que o goberno portugués poida establecer hoxe a apertura de fronteiras a partir deste sábado 1 de maio. Onte abordaba o tema co Primeiro Ministro, Antonio Costa, na visita que realizou a Valença, para inaugurar a liña do tren electrificada até Lisboa, e a remodelación das Escolas valencianas.
Ent. Teo e Jose da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en Tui 27.04.2021 10:03
A asociación de Alcohólicos Anónimos desenvolve a súa actividade en Tui dende hai un mes, no local nº 8 da rúa Ourense s/n. Pódese contactar con eles no teléfono 622 90 24 34. Teo e Jose explicaban que con axuda se pode deixar esta dependencia do alcohol.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Abril e apertura fronteiras 27.04.2021 28:17
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechou hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación para valorar o pleno ordinario do mes de marzo. Con el abordamos tamén o peche das fronteiras e a visita do primeiro ministro portugués onte a Valença.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Bonificacións AP-9 e nova comisaría 26.04.2021 6:58
Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a bonificación nas peaxes entre Tui e Puxeiros anunciada a semana pasada. Indicaba que entrarán en vigor este mesmo verán. Tamén falamos da nova comisaría de Policía nacional onde se trasladarán trámites como a renovación do DNI. Abordamos amáis a preocupante situación epidemiolóxica de Tui.
Ent. Telmo Alfaya e Juan Calos Boó - Feira da cabaza 2021 en Tui 22.04.2021 7:57
Falamos cos organizadores da Feira da Cabaza que despois do éxito en edicións anteriores no bar Pancho, están contactando con diferentes colectivos das parroquias tudenses e co propio Concello de Tui para dar a coñecer o proxecto, animándo a veciñanza e as asociacións a participar. Se celebrará en outubro.
Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda Abril 22.04.2021 20:38
Falamos con Laureano Alonso, voceiro de En Marea na corporación municipal de Tui e membro do equipo de goberno. Cuarta entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG en Tui - Rolda Abril 20.04.2021 13:14
Falamos con Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui. Terceira entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.
Ent. Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 en Tui - Rolda Abril 19.04.2021 21:40
Falamos con Jose Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21 na corporación municipal de Tui. Segunda entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.
Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP en Tui - Rolda abril 16.04.2021 24:44
Falamos con Jose Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui. Primeira entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.
Programa especial Axudas para vivendas - Xoves, 15 de abril 15.04.2021 23:12
Segundo programa especial no que a técnica da Oficina de Rehabilitación, María Ferreirós, contestou as preguntas e dúbidas da cidadanía sobre a convocatoria de axudas para vivendas. Tamén interviña o concelleiro de patrimonio Laureano Alonso. Axudas para compra de vivenda no centro histórico de Tui Axudas ao alugamento de vivenda Axudas para conservación, a mellora da seguridade de utilización e a...
Sorteo do Día do Pai de Acitui no programa Día a Día - 9 de abril de 2021 13.04.2021 2:51
No programa Día a Día co presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, sorteamos entre todos os consumidores participantes as dúas ceas valoradas en 60 euros do Día do Pai. Amáis entre as compras que se realicen até o 1 de maio nos establecementos adheridos sortearanse outras dúas ceas correspondentes á promoción do Día da Nai.
Ent. Ángela Estévez, filla de Alberto Estévez Piña - Galardoado a título póstumo nos premios Cidade de Tui 09.04.2021 1:46
A título póstumo nos premios Cidade de Tui outórgaselle un galardón a Alberto Estevez Piña, recentemente falecido. Un recoñecemento a súa persoal traxectoria de incansable animador da vida tudense e o seu traballo de divulgación. Falabamos esta mañá coa súa filla, Ángela Estévez.
Ent. Mercedes Peón - Concerto Déixaas en San Telmo 09.04.2021 6:24
Mañá sábado, ás 20 h no Teatro Municipal dentro da programación de San Telmo a cita será con Mercedes Peón, nun concerto para o que xa non quedan entradas. Presenta Déixaas xunto a Mónica de Nut e Ana Fernández, nunha posta en escena pensada para o Teatro tudense. Neste novo disco volve ás orixes e se mestura con son da industria e do feminismo.
Ent. Socorro Campos, superiora da Residencia San Telmo - Galardóns Cidade de Tui 09.04.2021 4:38
Falamos coa superiora das Hermanitas de los Ancianos Desamparados da Residencia San Telmo de Tui, Socorro Campos. Esta residencia está galardoada nos premios Cidade de Tui polos seus 140 anos de traxectoria na cidade.
Ent. Victor Coyote, músico tudense - En concerto con Las Comarcales 09.04.2021 0:46
O músico tudense Victor Coyote presenta este domingo ás 20h no Teatro Municipal, o seu último traballo "Las Comarcales". Falamos con el deste concerto. Restan todavía entradas dispoñibles que se poden reservar gratuitamente en Tui.gal
Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 - San Telmo 2021 09.04.2021 4:02
O voceiro de C21, Jose Manuel Palacín, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.
Laureano Alonso, voceiro de En Marea - San Telmo 2021 09.04.2021 2:37
O voceiro de En Marea, Laureano Alonso, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.
Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - San Telmo 2021 09.04.2021 4:38
O voceiro do PP, Jose Ángel Fernández, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.
Manuel González, voceiro de Ciudadanos - San Telmo 2021 09.04.2021 2:17
A voceiro de Ciudadanos, Manuel González, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.
Carmen Núñez, voceira do BNG - San Telmo 2021 09.04.2021 2:46
A voceira do BNG, Carmen Núñez, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - San Temo 2021 09.04.2021 6:57
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo. Amáis referiuse a gala de entrega dos premios Cidade de Tui.
Programa especial Axudas para vivendas - Xoves, 8 de abril 08.04.2021 25:57
Programa especial no que a técnica da Oficina de Rehabilitación, María Ferreirós, contestou as preguntas e dúbidas da cidadanía sobre a convocatoria de axudas para vivendas: Axudas para compra de vivenda no centro histórico de Tui Axudas ao alugamento de vivenda Axudas para conservación, a mellora da seguridade de utilización e a accesibilidade en vivendas
Ent. Andrea Pousa en concerto - Preestrea de Retorno 08.04.2021 7:09
Mañá venres, ás 20h Andrea Pousa preestrea no Teatro Municipal de Tui o seu segundo traballo discográfico “Retorno”. Será a primeira vez que se poidan escoitar as cancións deste disco que sairá á venda este mes. Canda a ela no escenario estarán catro músicos, seis bailarinas de danza contemporánea e proxectaranse videocreacións nun espectáculo moi visual e chamativo. O espectáculo máis arriscado d...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.