Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 29, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Espazo Xove - Martes 19/10/2020 19.10.2021 6:21
Tras a presentación do pasado xoves este venres iniciativa a súa actividade a CAI con Laura Villaverde no Espazo Xove de Tui. Por outra o xoves 28 comezará o curso de banda deseñada con Coral Martínez. En ambos quedan prazas vacantes. Contounolo esta mañá a directora deste centro xuvenil que tamén falou do carné xove e do programa Outono Xove.
Sección Educación - Luns, 18 de outubro de 2021 18.10.2021 13:58
No tempo que cada luns dedicamos á educación da man de Teresa Domínguez hoxe falamos do papel das familias no novo xeito de entender a educación na LOMLOE. Indicaba Teresa Domínguez que as familias son un dos piares dos procesos educativos, e abordou os dereitos e deberes.
José Vaz Carpinteira tomou hoxe posesión coma presidente da Cámara de Valença 18.10.2021 9:12
Dende este mediodía José Vaz Carpinteira é o novo presidente da Cámara de Valença. No auditorio da ESCE tivo lugar o acto de toma de posesión dos novos cargos autárquicos. Vaz Carpinteira estruturou o seu discurso de toma de posesión entorno a cinco palabras: gratitude, recoñecemento, aprecio, compromiso e Valença. Así o contamos en Noticas 13.30 h
Ent. Santiago Cortegoso, autor e director de O Mel non Caduca - Actuación no Teatro Municipal de Tui 15.10.2021 5:11
Ás 21.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle un espectáculo ambientado no universo das abellas e do mel que explora a relación do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta, e a obsolescencia programada, tanto dos produtos coma das persoas. Será con “O Mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro. Santiago Cortegoso é o autor e director desta peza teatral.
Ent. Jesús Rodríguez do Movemento Social pola Serra do Galiñeiro - Posibilidade dun novo parque eólico en Gondomar e Tui 14.10.2021 9:28
O Movemento Social pola defensa da Serra do Galiñeiro alerta do proxecto dun parque eólico con 8 aeroxeneradores en Gondomar e Tui, que está pendente de admisión, no Rexistro Eólico de Galicia. Explicábao Jesú Rodríguez, deste movemento social.
Ent. Sandra González, presidenta de Eu Rural - I Foro da Muller Rural Galega 14.10.2021 6:10
Mañá venres celébrase o Día da Muller Rural. Por este motivo o GDR 14, Eu Rural, organiza o I Foro da Muller Rural Galega. Terá lugar na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, de 10 a 13 h.
Ent. Natalia Lago e Marta Romero - Ruta Solidaria da Fada do Aloia coa protectora Aloia 14.10.2021 7:46
Este domingo, 17 de outubro, a Fada do Aloia organiza unha Ruta Solidaria coa Protectora de Aloia. Os participantes poden facer aportacións en metálico, comida húmida, salchichas para cans,correas, colares, camiñas ou mantas para o frío... Buscan tamén concienciar sobre o coidado e respecto aos animais.
Ent. Dolores Riveiro e Cristina García - Estudo sobre a percepción do impacto do Camiño de Santiago 14.10.2021 12:15
Coñecer a percepción que os e as tudenses teñen do impacto do Camiño de Santiago é o obxectivo do estudo que estes días o IDEGA, da USC, está a realizar na cidade a través de enquisas a cidadanía. Faláronnos do mesmo Dolores Riveiro, directora do IDEGA, e Cristina García, estudante de doutorado.
Ent. Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo Miño - Sorteo Rifas 14.10.2021 7:19
SOS Tomiño Baixo Mño realizou hoxe no programa Día a Día o sorteo da rifa con vales de compra de 300, 200 e 100 euros no comercio asociado a ACITUI, ou supermercado da comarca. O 3.713 gañou o vale de 100€, o 206 leva o vale de 200€, e 9.259 gañou o vale de 300€. Na urna había 2.700 papeletas que se traducen en 2.700 euros para SOS Tomiño Baixo Miño.
Ent. Coral Martínez e Mónica Bugarín - Obradoiro de banda deseñada no Espazo Xove 13.10.2021 7:24
Coral Martínez, ilustradora, impartirá no Espazo Xove de Tui, un obradoiro de banda deseñada. Será os xoves de 18.30 a 20.30 desde o 28 de outubro ao 2 de decembro. Falamos do mesmo con Coral Martínez, e coa directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.
Ent. Patricia García e Pilar Lorenzo, psicólogas - Día da Saúde Mental 13.10.2021 11:49
Este domingo, 10 de outubro, celebrouse o Día Mundial da Saúde Mental. Hoxe falamos da importancia de coidar a nosa saúde mental e tamén qué efectos tivo a pandemia sobre a mesma con Patricia García e Pilar Lorenzo de Daruma Psicoloxía.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Actividade de lecer outubro 2021 11.10.2021 11:25
Estes días Tui presenta unha ampla oferta de actvidades dende visitas guiadas, representacións teatrais, contacontos, a I Feira da Cabaza, ... da que falamos esta mañá coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Javier Álvarez e Diego das Dores do Club Remo Tui - III Regata de remo Eurocidade Tui-Valença 08.10.2021 9:00
Mañá de 10 a 13 h celébrase en augas do río Miño fronte á rúa Olímpicos Tudenses a III Regata Eurocidade Tui-Valença de remo. Será en embarcacións individuais skiff cun sprint de 400 metros que a fará moi espectacular. Javier Álvarez e Diego das Dores do Club Remo Tui, organizadores da proba, explicaban que están inscritos 115 deportistas.
Ent. Adrián Besada e Teo López de OG Rippers - Eruption Jam 08.10.2021 7:08
O skate park de Goián, en Tomiño, acollerá mañá sábado o Eruption Jam organizado polo OG Rippers no que agardan unha alta participación tanto de deportistas coma público. O programa comezará ás 11.30 h cun taller de skate e continuará con distintas propostas e xa a competición pola tarde. Non faltará tampouco a música.
Ent. Miguel Anxo Rial de Viño Activo - Rock no Alboio 08.10.2021 7:59
"Rock no Alboio" é unha iniciativa que terá lugar o sábado 16 de outubro na adega Corisca dende ás 12 h ás 21 h, organizada por Viño Activo. Estarán presentes os viños de Corista, pero tamén de adegas La Val, e María Bargiela, ángel Sequeiros, The Bargiela Bienati Winery e Pazo Pegugal. Explicaba a proposta detallando as actuacións musicais Miguel Anxo Rial de Viño Activo. S
Ent. Valentín Estévez, actor - Eles transportan a morte 08.10.2021 14:24
Hoxe acompañounos Valentín Estévez , un dos actores protagonistas da película "Eles transportan a morte" dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado. Un filme que proximamente chegará ás salas de cine tras pasar polos festivais de cinema de San Sebastián e Venecia.
Ent. D. Avelino Bouzón - 50 anos de sacerdocio 07.10.2021 9:27
D. Avelino Bouzón, coengo da catedral e párroco de San Bartolomeu de Rebordáns, celebra esta fin de semana o seu 50 aniversario coma sacerdote. Con el falamos dos actos previstos e deste medio século de sacerdocio.
Ent. Miguel Méndez e Cristian Lago da Asoc. Muíñeiros do Río Tripes - Visitas Guiadas en Outubro 07.10.2021 10:20
Coñecer os muíños do río Tripes e distintos aspectos vinculados aos mesmos será posible ao longo deste mes de outubro coas visitas guiadas que programación a Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Haberá unha ruta de 9 quilómetros e outra de 4,5. Das mesmas faláronnos hoxe Miguel Méndez, presidente, e Cristian Lago, vogal, da asociación.
Ent. Ester Rúas Miguélez de Revolto Artesán Galego - Mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo en Tui 07.10.2021 4:32
Este domingo 10, luns 11 e martes 12 celebrarase no Paseo da Corredoira de Tui un Mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo organizado por Revolto Artesán Galego. Terá carácter solidario con SOS Tomiño Baixo Miño e a Protectora de Animais Aloia. Ester Rúas Miguélez, membro da organización, deunos todos os detalles.
Ent. Luis Prego, músico, e Conchi Sales - Curso de pandeiro organizado pola Asociación Cultural San Telmo 06.10.2021 6:31
A Asociación Cultural San Telmo organiza un curso de pandeiro na Cárcere Vella de Tui. Tamén ofertan cursos de baile, pandereta, gaita e percusión. Falamos hoxe con Luis Prego que imparte o curso de pandeiro os sábados de 17 a 18 h. Inscricións no 610 75 13 14.
Ent. Iria Pinheiro, actriz - Compañía Eléctrica con Aibó 05.10.2021 3:55
Este venres ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui Compañía Eléctrica presenta "Aibó". Unha obra de teatro infantil que nos achega unha versión distinta da Carapuchiña Vermella, na que a carapuchiña e o lobo fanse amigos. Areta Bolado e Iria Pinheiro forman o elenco da obra. Con esta última falamos hoxe.
Ent. Telmo Alfaya e Juan Carlos Boó - I Feira da cabaza 2021 en Tui 05.10.2021 11:58
Está en marcha a I Feira da Cabaza en nove parroquias de Tui que acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Nolo contaban esta mañá dous dos seus organizadores, Juan Carlos Boó e Telmo Alfaya.
Ent. Eva Alonso e Mónica Solla, presidenta e tesoureira de Párkinson Baixo Miño - 04.10.2021 10:45
Falamos hoxe coa nova directiva de Párkinson Baixo Miño. Ofrecen varias terapias para socios e familiares/coidadores afectados por esta enfermidade. Coñecemos toda a súa actividade coa súa nova presidenta e tesoureira, Eva Alonso e Mónica Solla. +info no Facebook da asociación
Ent. Carlos Estévez da FGM - 10º Proba do Campionato Galego de Motonáutica Inclusiva Fibralar 01.10.2021 6:26
Mañá celébrase en Tui a décima e derradeira proba do Campionato Galego de Motonáutica Inclusiva Fibralar. Salvo sorpresas de última hora Pepe Barrio e Pilar Sarmiento de Noia faránse co título do campionato. Para o 2022 repetirán as dez probas deste ano, e coma novidade a Federación Española de Motonáutica designará a unha das probas galegas coma Campionato Nacional.
Ent. María Cabaleiro de MycoGalicia - Micromecenazgo xogo micolóxico 01.10.2021 5:21
"Pan de sapo" é un xogo de cartas, orientado a partir de 8 anos, que pretende dar a coñecer as especies micolóxicas que hai en Galicia. Está orientado a partir de 8 anos. É unha iniciativa de MycoGalicia Plantea que pon en marcha unha campaña de micromecenazgo para poder publicalo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.