Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de xuño de 2021 02.06.2021 27:20
A actualidade deste mércores, 2 de xuño de 2021, en Noticias 13.30h
Ent. Jose Antonio Campos, psiquiatra - Unidade de Saúde Mental en Tui 02.06.2021 7:10
Co psiquiatra Jose Antonio Campos coñecemos o funcionamento da Unidade de Saúde Mental que esta semana comezou a súa actividade no centro de saúde de Tui. Contará con 2 psiquitras, 1 psicólogo, 1 traballador social, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo. Atenderá á poboación do Baixo Miño.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Balance pleno maio 2021 02.06.2021 16:23
Hoxe fixemos balance do pleno ordinario do mes de maio da corporación municipal de Tui con José Manuel Palacín, o voceiro de Converxencia 21.
Ent. Ulises Varela Ruibal, xerente de Xenera - Novos prezos da electricidade 01.06.2021 12:14
O xerente de Xenera, Ulises Varela Ruibal, explicou esta mañá na nosa sintonía os novos prezos da electricidade en función do horario, que hoxe entraron en vigor. Os tramos máis caros serán de 10 a 14 e de 18 a 22 h.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Parque da Amizade 01.06.2021 8:58
Respaldo unánime das autoridades ao Parque da Amizade en Tomiño e Cerveira. O pasado sábado tivo lugar o acto formal de presentación do proxecto que inclúe unha ponte peonil entre as dúas beiras. Un proxecto que ten moito de simbólico e fonda raíz europeísta, en palabras da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Ent. María e Teo de Alcohólicos Anónimos - Reunións martes e xoves en Tui 01.06.2021 8:01
Este ano cúmprense 85 anos da creación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe acompañaronnos María e Teatro da asociación de Tui que convidaron a aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol a a asistir as súas reunións. Están na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, os martes de 10 a 11.30 e os xoves de 20 a 21.30 h.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro En Marea - Rolda Pleno Maio 31.05.2021 17:33
O concelleiro de En Marea e membro do goberno municipal de Tui, Laureano Alonso, abriu hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario da corporación celebrado o pasado xoves.
Ent. Silvia Soutelo, Asociación patrimonial e etnográfica acueduto de Caldelas - Moción no pleno de Tui 31.05.2021 4:33
A corporación municipal de Tui debatía e aprobaba no pleno do pasado xoves unha moción a petición da Asociación patrimonial e etnográfica acueduto de Caldelas. Solicitaban que o Concello de Tui solicitará aos organismos competentes a protección do patrimonio etnográfico e patrimonial do rural e sobre todo, do patrimonio fluvial. Falamos desta moción coa presidenta da asociación.
Ent. Susana Gulín, responsable de viticultura de Altos de Torona - Biodiversidade e Producción Integrada 28.05.2021 8:34
Hoxe coñecemos a actividade que a adega Altos de Torona está a realizar co alumnado da zona para concienciar en materia medioambiental e de sostenibilidade dentro do proxecto de desenvolvemento da Biodiversidade e Producción Integrada. Contounoulo Susana Gulín, responsable de viticultura na adega.
Andrés Urseira, vicepresidente do Moto Club Randufe - XI Enduro Cidade de Tui 28.05.2021 9:33
Sergio Navarro, campión do Mundo Junior, é un dos pilotos que esta fin de semana participarán no XI Enduro Cidade de Tui. Está organizado polo Motoclub Randufe Tui e o Moto Club A Peroxa . Así o explicaba Andrés Urseira, vicepresidente do Motoclub Randufe. Explicou amais un cambio de última hora, por seguridade, no percorrido.
Ent. Nicolás Lorenzo e Javier Niño do CB Tui - Final Four de Baloncesto Infantil Masculina 28.05.2021 9:01
O CB Tui xoga mañá no vello pavillón municipal de Tui a Final Four de Baloncesto Infantil Masculino na que se decidirá o campeón Galego, que será acudirá amais ao Campionato de España de Clubs, xunto ao 2º e 3º clasificado. Nicolás Lorenzo, presidente do Club, e Javier Niño, adestrador do equipo infantil e director técnico, explicáronnos coma vai ser a competición. Na primeira semifinal ás 10.30 h...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxecto aparcamento da Área Panorámica 27.05.2021 28:21
Hoxe ás 19 h está convocada unha concentración cidadá na praza do concello co lema “Parking si pero así non”. Difundiron un cartel da convocatoria en redes, por whastapp e tamén está colocado en carteis e hoxe no mercado. No mesmo solicitan ao concello un novo estudo do aparcamento soterrado con outro plantexamento, máis prazas e outras condicións. Esta mañá quixemos conversar con eles pero rexeit...
Ent. Pilar Álvarez, tesoreira de SOS Tomiño e Manuel Santos, vicepresidente de Acitui - Rifa solidaria 26.05.2021 9:35
Hoxe falamos da colaboración solidaria entre Acitui e SOS Tomiño Baixo Miño. Pasaron hoxe polo programa Día a Día para explicala Manuel Santos, o vicepresidente de Acitui, e Pilar Álvarez, a tesoreira de Sos Tomiño Baixo Miño. Ambas entidades van facer unha rifa para recaudar fondos e así poder seguir mercando alimentos de primeira necesidade para a ONG que aumentou o número de familias atendidas...
Ent. Pedro Rodríguez, consultor - Obradoiro "Motivación e habilidades para buscar traballo" en Tui 25.05.2021 9:41
Hoxe entrevistamos en Día a Día a Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano. Impartirá mañá ás 10 h o obradoiro “Motivación e habilidades para buscar traballo”. Presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. Inscricións en orientación@tui.gal.
25052021 Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Paramos, obras VAC e Pleno 25.05.2021 12:11
Hoxe comezan as obras para a construción do enlace ao Parque Empresarial de Areas, o que conlevará algún cambio no tráfico. A esta cuestións referíase na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén contestou as críticas realizadas dende a Asociación de Afectados de Paramos, e avanzou os asuntos que tratarán este xoves, no pleno ordinario da corporación.
Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - Situación tras tres anos da explosición 24.05.2021 11:18
Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos, explicou como está a situación no barrio da Torre, en Paramos, tres anos despois da explosión dun almacén ilegal de material pirotécnico.
Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Balonmán Tui - Ascenso do Balonmán Tui a primeira autonómica 24.05.2021 5:39
O Club Balonmán Tui xogará a próxima temporada en Primeira Autonómica tras lograr a praza na Final Four celebrada esta fin de semana en Tui. O presidente do Balonmán Tui, Pablo Rodríguez, amosabase esta mañá moi contento e feliz por poder dicir que agora o equipo senior masculino do Balonmán Tui está xunto ao feminino en primeira autonómica.
Ent. Hugo Lage- guía oficial de Galicia - Restricións de aforo nas visitas guiadas 24.05.2021 6:13
Falamos hoxe no programa Día a Día con Hugo Lage, guía oficial de turismo de Galicia. Indicaba que as restricións de aforo vixentes na nosa comunidade autónoma fan inviable a organización de rutas guiadas. Aquí en Tui para un grupo de 40 persoas farían falta 5 guías para realizalas e as axencias de viaxes están renunciando a ofrecer este tipo de excursións a Galicia.
Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Balonmán Tui - Final four esta fin de semana en Tui 21.05.2021 5:36
O Club Balonmán Tui buscará esta fin de semana o ascenso a Primeiro Autonomómica. Será na Final four que se disputará no novo pavillón municipal. O presidente do clube Pablo Rodríguez valoraba hoxe na nosa sintonía as opcións do equipo tudense.
Ent. Cooperativa Os Panas Galegos - O xoves 27 mercarán o seus productos no mercado semanal 21.05.2021 7:09
Colga máscaras, alfombrillas de rato, posavasos, imáns ou tazas son algúns dos produtos que a cooperativa “Os panas galegos” de 5º de Primaria do CEIP nº1 venderá o próximo xoves no mercado semanal en Tui. Dentro do programa Depoemprende na Escola da Deputación realizaron dende a creación da empresa, o estudo de mercado,á produción de forma sostible até a venda. Hoxe contáronos todo o proceso que...
Ent. Manuel Santos de ACITUI - Sorteo do Día da Nai 21.05.2021 2:54
Esta mañá tivo lugar no programa Día a Día o sorteo da campaña do Día da Nai de ACITUI. Por este motivo acompañounos Manuel Santos, quen fixo un balanzo positivo da campaña. Os gañadores das dúas ceas valoradas en 60€ que se sortearon nesta campaña foron Sandra Paredes Fernández , que mercou en Innovec, e Conchi Gómez que consumiu no Armario de Curvy. Os gañadores teñen recoller o seu vale na ofic...
Ent. Miguel Abraira, profesor- Graduación segundo bacharelato IES San Paio 21.05.2021 6:21
Esta tarde terá lugar a graduación dos alumnos de segundo de bacharelato do IES San Paio. O profesor Miguel Abraira falábanos deste acto que noutros anos se celebraba pola mañá, no instituto, e neste ano especial será a beira do río Miño. Fin de ciclo para 112 alumnos.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Fitur 2021 20.05.2021 5:10
Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que se desprazou hoxe ata Fitur, a Feira Internacional de Turismo, onde se atopa visitando desde a súa chegada a Madrid os diferentes pavillóns de turismo. Asistirá a presentación do Xeodestino e tamén a da Red de Juderías de España, da que Tui forma parte.
Ent. Ofelia Rey, comisaria - Exposición Inventio Mundi 20.05.2021 11:54
Recuperar a historia da navegación de Galicia é o obxectivo da exposición "Inventio Mundi" que dende esta tarde se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións en Tui. Ofelia Rey, comisaria da mostra, explicounos hoxe os detalles desta exposición que conmemora o centenario da aventura de Magalhaes e Elcano, e recolle a súa relación con Galicia.
Ent. Salvador Martínez, Mirabel do Rosal - Cervexas elaboradas con mirabel 19.05.2021 9:27
Hoxe no programa Día a Día Salvador Martínez, xerente de Mirabel do Rosal, presentábanos a 1º cerveza tostada elaborada con mirabel.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.