Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. G-Face - Lanzamento de “No hay otra igual” 17.06.2021 11:29
G Face presenta novo tema "No hay otra igual". Hoxe falamos con el desta nova canción que está xa soando.
Ent. Pedro Solla, director de comunicación da ONG Igaxes - Campaña “Non nos Xulgues” 17.06.2021 12:55
Onte a ONG Igaxes puxo en marcha a campaña “Non nos Xulgues” para dar a coñecer a auténtica realidade dos menores tutelados. Para afondar nesta realidade falabamos esta mañá con Pedro Solla, o seu director de comunicación. O seu obxectivo é eliminar os prexuízos e o estigma que sofren as rapazas e rapaces baixo o sistema de protección.
Ent. Xerardo F. Santomé - Publicación do libro 16.06.2021 11:51
O domingo presentábase no Auditorio Municipal do Rosal o libro ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez coa que lle queren render homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros. Para falar deste libro pasaba hoxe polo programa Día a Día, Xerardo Santomé.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda maio e outros 15.06.2021 21:33
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario do mes de maio. Tamén tratamos as obras previas da pasarela peonil do Louro e a senda do Miño, así coma outras actuacións nas que están traballando.
Ent. Roberto Domínguez, tenente coronel da BRILAT - XX Concurso de Patrullas 15.06.2021 8:01
Mañá ás 9 h sairá dende Tui a XX edición do concurso de patrullas organizado pola Brilat, que cumpre 55 anos. . Terán que realizaro Camiño de Santiago dende Tui a Compostela superando ao longo do percorrido distintas probas. Este ano participarán 10 patrullas, das que 9 son da Brilat e unha de Infantería de Mariña do Ferrol, coma explicaba esta mañá o tenente coronel da Brilat Roberto Domínguez.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense - Presentación do libro 14.06.2021 11:50
Mañá martes ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica terá lugar a presentación do libro “Breve historia de Tui” do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. Con el falábamos esta mañá sobre esta obra que realiza unha visión panorámica do devir histórico de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que ate...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Concentración en Tui contra a violencia machista 14.06.2021 2:52
Ás 12 h está convocada pola FEMP unha concentración silenciosa fronte á casa do concello contra a violencia machista, polos 41 nenos asasinados dende 2013 por esta causa e polas 1096 mulleres mortas dende 2003 por violencia de xénero. A concelleira de igualdade, Ana Núñez, convidaba esta mañá na nosa sintonía aos cidadáns tudenses a unirse a esta loita.
Ent. Víctor, Sophie, Mara e Nina do CEIP nº1 - I Congreso ODS2030 11.06.2021 10:43
O CEIP nº1 de Tui celebra a próxima semana, de luns a venres, o I Congreso ODS2030, e o martes 15 a II Xornada Inclusiva. Hoxe Nina Méndez, Mara Solla, Sophie Pérez e Víctor Hermida, alumnas e alumno do centro deron conta destas actividades na nosa sintonía.
Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda maio 11.06.2021 18:50
Hoxe proseguimos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui para valorar o pleno do pasado mes de maio entrevistando ao voceiro do PP, José Ángel Fernández.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Catedral, Plan Rexurbe, rotonda Guillarei, ... 10.06.2021 6:53
A segunda fase de rehabilitación da Catedral de Tui, o Plan Rexurbe, as obras de construción da rotonda de Guillarei ou a senda do Louro, foron algúns dos temas que hoxe abordamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Ent. Laureano Alonso, edil de Patrimonio e María Ferreirós, técnica da ARI - Plan Rexurbe 10.06.2021 11:05
O concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreirós, lembraban hoxe as características do Plan Rexurbe. Até o 9 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para ofertar á Xunta vivendas no conxunto histórico de Tui para que proceda a súa compra. O IGVS destina a este fin 250 mil euros. Os inmobles que adquira serán rehabilitados e logo postos en alugue...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Verbena piloto 09.06.2021 10:07
O sábado 19 de 21 a 23 h o torreiro de festas do Alivio acollerá unha das seis verbenas pilotos que se van levar a cabo. Poderán asistir 1000 persoas previa reserva en www.tomino.gal a partir de mañá xoves. Estará amenizada por La Oca Band. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicaba os detalles desta verbena piloto na que contarán coa colaboración da Comisión de Festas do Alivio.
Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Pleno Maio 2021 09.06.2021 22:32
Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos estivo hoxe na nosa sintonía dentro da rolda que iniciamos hai uns días para valorar o pleno ordinario de maio, da corporación municipal de Tui.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Igualdade de Tui - Campamento de verán Igual É + 08.06.2021 14:10
Durante o mes de xullo, en dúas quendas terá lugar o Campamento de Verán de conciliación Igual É + Tui 2021 organizado polo Concello de Tui a través das concellería de Deportes e Igualdade. Van dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá dúas quendas a primeira do 1 ao 15 de xullo, e a segunda do 16 ao 31 de xullo. O prezo por quenda será de 30,56€. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e...
Ent. Minerva Ojeda, da Aula da UNED de Tui - V Campus Urbano "Inglés na miña contorna" 08.06.2021 8:10
Do luns 28 de xuño ao venres 9 de xullo terá lugar na Aula da UNED de Tui o V Campus Urbano “Inglés na miña contorna”. Vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 15 anos. Falamos do mesmo con Minerva Ojeda, responsable da Aula da UNED de Tui.
Ent. Lola Soto e Arantxa Giráldez do Liceo Casino - Campamento de Verán e actividades 07.06.2021 11:01
O Liceo Casino de Tui levará a cabo este verán o Campamento Urbano coa empresa Divertos. Coma novidade será tamén para Secundaria, amais de Infantil e Primaria. Lola Soto e Arantxa Giráldez do Liceo Casino, déronnos todos os detalles.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Balance pleno maio 07.06.2021 18:55
A voceira do BNG, Carmen Núñez, valorou hoxe o pleno ordinairo que a corporación municipal de Tui celebrou o pasado 27 de maio.
Programa Especial Día do Medio Ambiente 2021 04.06.2021 1:09:43
Hoxe realizamos un programa especial co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente coa mestra composteira Sara Luque, o mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal, e con diversos convidados e un concurso.
Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Concerto da Banda de Música Popular de Tui 04.06.2021 9:25
Mañá ás 20 h a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto na praza de San Fernando. Eloy Carrera, o seu director, e Manuel Madarnás, trompetista, faláronnos deste evento, e da actividade da Banda.
Ent. Francisco Álvarez "Koki", escritor - Libro Olivia e o clarinete máxico 04.06.2021 13:22
O escritor Francisco Álvarez "Koki" presentounos hoxe o seu novo libro "Olivia e o clarinete máxico". Unha "historia humana" en palabras do autor. A protagonista Olivia, atopa nun baúl o clarinete do seu bisavó, o que lle abre as portas ao fantástico mundo da música. Está ilustrado polo guardés Emilio Baz.
Ent. Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de rallie - Open Donas 03.06.2021 8:39
As tudenses Leticia López e María Martínez, son piloto e copiloto de Rallies. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego Open Donas. A paixón familiar levounos a este deporte.
Sección de Educación - Xoves, 3 de xuño de 2021 03.06.2021 21:09
Na sección semanal de Educación con Teresa Domínguez hoxe conversamos sobre a nova lei de Educación co experto Juan José Reina.
Ent. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro - 4ª proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2021. 03.06.2021 6:17
Este sábado, dende ás 11 h celébrase en augas do río Miño fronte á praia de Goián e ao Espazo Fortaleza a 4ª proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2021. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro, da Federación Galega de Motonáutica, indicaban que no campionato se están cumprindo as expectativas fixadas, e van crecendo en número de participantes. Este sábado haberá entre 12 e 13 equi...
Ent. Mª del Carmen Suárez, Esperanza Martínez e Ana Vicente, de Fibromiño - Asociación e actividades 03.06.2021 10:48
En 2010 constituíuse na comarca a asociación de enfermos de Fibromialxia, Fibromiño, co obxectivo de dar a coñecer esta enfermidade, e que os enfermos non se sentises sos xa que se trata dunha doenza un pouco incomprendida. Mª del Carmen Suárez, presidenta; Esperanza Martínez, tesoureira, e Ana Vicente, membro de Fibromiño, relataban hoxe o traballo que realizan e as próximas actividades que van r...
Ent. Rubén López, directo do CMUS de Tui - Concertos de verán 03.06.2021 9:03
Rubén López, director do CMUS de Tui, explicou os concertos que o alumnado e profesorado do centro van ofrecer os venres de xuño e da primeira quincena de xullo. Tamén avanzou os cursillos que deo 23 ao 30 deste mes realizarán, con carácter gratuíto, para nenos e nenas de 5 a 10 anos. E hoxe ás 19.30 h no exterior do conservatorio farán un concerto de guitarra eléctrica e canto
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.