Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 27, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Paz González, Luisa Alonso e Pilar Álvarez do Voluntariado da Caridade - Rastrillo Solidario 03.12.2021 7:32
O Voluntariado da Caridade realizará un rastrillo solidario esta fin de semana no colexio da Milagrosa, e ao tempo tamén estarán presentes no Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira. Paz González, Luisa Alonso e Pilar Álvarez, explicáronnos que poderemos atopar. O obxectivo é reunir fondor para soster a Unidade de Hixiene e o Ropeiro que teñen en marcha.
Ent. Juan González e José Quinteiro - Festival Solidario a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño 03.12.2021 8:20
O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado ás 18 h un Festival Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño organizado por Protección Civil de Tui. Actuarán o grupo folclórico Xuntanz a de Randufe e as bandas de gaitas de Guillarei e Paramos. Do mesmo falamos con Juan González e José Quinteiro - Festival Solidario a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño
Ent. Ana Mª Nuñez, concelleira de Comercio de Tui - Mercado de Nadal 2021 03.12.2021 6:29
Ás 18.30 h abrirá no Paseo da Corredoira o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Até o próximo domingo 12 vinte postos ofrecerán produtos vinculados a estas datas dende decoración, agasallos ou gastronomía. Nolo contou a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Acendido alumeado de Nadal 2021 03.12.2021 6:37
Hoxe ás 18.30 h na praza da Inmaculada terá lugar o acendido da iluminación de Nadal que marca o inicio da programación festiva. Tamén hoxe se estrea a decoración de Nadal á que este ano se sumaron as asociacións culturais
Ent. Ernesto García - Autor de "76 kilómetros" 02.12.2021 11:29
"76 kilómetros" é o título da novela de intriga que vén de publicar Ernesto García. Ambientada na Catedral de Tui e no contrabando entre Galicia e Protugal nos anos 50 e 60 é froito do traballo de investigación realizado nos últimos anos. Hoxe falamos con el da súa relación con Tui e da novela.
Ent. Neli Rodríguez Elsa Bugallo de Cruz Vermella - Obradoiro Xestión Emocional 02.12.2021 8:30
A Cruz Vermella no Baixo Miño iniciará o 22 de decembro unha actividade de Xestión Emocional en Tui. Terá lugar de 10 a 12 h. Da mesma falamos hoxe con Neli Rodríguez e Elsa Bugallo da Cruz Vermella Baixo Miño.
Ent. Uxío Benítez, vicedirector do AECT Río Miño - Medidas Estado de Calamidade en Portugal 01.12.2021 12:52
O vicedirector do AECT Río Miño, Uxío Benítez, lamentaba que cunha decisión que afecta a tantas persoas na zona fronteiriza non se envíe unha mensaxe clara por parte do goberno portugués, o que provoca dicía un "efecto espantada na fronteira".
Ent. José Vaz Carpinteira, presidente da Cámara de Valença - Medidas Estado de Calamidade 01.12.2021 5:11
Confusión e preocupación xerou en Valença a medida anunciada polo goberno portugués para acceder ao país veciño coa entrada en vigor esta pasada noite no Estado de Calamidade. Así o explicaba o presidente da Cámara, José Manuel Vaz Carpinteira. Aclaraba que neste momento con certificado covid da UE é suficiente.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Certificado covid para ir a Portugal, obras ADIF, situación COVID 01.12.2021 10:36
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pronuncíabase hoxe o paso a Portugal co pasarporte covid europeo. Daba conta tamén do empeoramento dos datos con respecto á covid, e lle preguntabamos sobre as obras de renovación de infraestructura e vía do tramo Estación de Guillarei-Frontera portuguesa que ADIF vén de sacar a licitación.
Ent. Jose Antonio Torres, director de Altos de Torona - Altos de Torona Brut e Turrón de Albariño Bell Prazer 01.12.2021 9:05
Con José Antonio Torres, director de Altos de Torona coñecemos dous dos produtos desta adega relacionados co Nadal coma son os Altos de Torona Brut e o Turrón de Albariño Bell Prazer.
Ent. Eva Rodríguez e Auri Fernández da ANPA do Colexio Maristas - Rastrillo a favor de ASANOG 30.11.2021 12:40
A ANPA do Colexio Maristas de Tui organiza un rastrillo a favor de ASANOG, a Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia, celebrarase os días 10, 11 e 12 de decembro no claustro do Seminario. Estes días están a recoller os xoguetes e libros que logo conformarán o rastrillo.
Ent. Rodolfo Albero, director artístico - Camerata Lírica con La Boheme 30.11.2021 5:42
Este venres, ás 21.30 h Camerata Lírica presenta no Teatro Municipal de Tui "La Boheme" de Puccini dentro da xira que están a realizar por toda España. É unha adaptación desta ópera para que se poden adquirir as entradas en www.tui.gal aos prezos de 8€ e 6€.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui - Mañá concerto 140 aniversario 26.11.2021 7:19
A Banda de Música Popular de Tui vai celebrar mañá sábado, 27 de novembro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui o seu 140 aniversario cun concerto moi especial. Así nolo contaba hoxe o seu director, Eloy Carrera. Quedan xa moi poucas entradas dipoñibles en enterticket.es
Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura - Homenaxe a Eliseo Alonso 26.11.2021 8:11
A Guarda nomeará mañá a Eliseo Alonso coma fillo adoptivo da vila. Será nun pleno que comezará ás 11 h. Inauguraranse dúas exposicións, e un monumento dedicado ao homenaxeado. A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, daba conta do programa previsto.
Ent. Mario Domínguez de La Sigrina - III Campaña de Recollida de Alimentos e xoguetes 25.11.2021 6:05
O Hostal La Sigrina de Tui está a realizar a terceira campaña de recollida de alimentos e xoguetes. Da mesma falamos hoxe con Marío Domínguez, quen explicaba que estes produtos se poden depositar no banco blanco situado na porta do establecemento. Despois todo este material será doado a SOS Tomiño Baixo Miño.
Ent. Anabel Solla, presidenta de AMEI Tui - I Andaina Contra a Violencia de Xénero 25.11.2021 3:52
Este domingo FEMUPO e AMEI Tui organizan a I Andaina Contra a Violencia de Xénero. Sairá ás 10 h da vella Ponte Internacional e percorrerá o tramo do Camiño de Santiago até o Centro Cultural de Ribadelouro. A presidenta de AMEI Tui falounos desta actividade.
Ent. Alberto Fortes - Pres Libro a Viaxe Xeométrica de Domingo Fontán 25.11.2021 6:07
ÁS 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación do libro "A Viaxe Xeométrica de Domingo Fontán" da autoría de Alberto Fortes. O autor explicou coma xurdiu esta novela, coma mestura ficción con realidade en capítulos pares e impares, e tamén deu conta da nova obra na que traballa.
Ent. Pablo Vergne , autor e director - La Canica con Orfeo 25.11.2021 5:28
O mito de Orfeo chega mañá ás 19.30 h ao Teatro Municipal coa compañía La Canica. Adaptan este clásico para público familiar polo que recibiron o premio FETEN 2020. Pablo Vergne, autor e director da obra, dábanos os detalles desta proposta teatral.
Ent. Loli Castiñeira, concelleira de Igualdade de Salceda - 25N 2021 25.11.2021 6:14
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero Salceda de Caselas súmase á campaña "En Negro". Das actividades que están levando a cabo daba conta a concelleira de Igualdade, Loli Castiñeira.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - 25N 2021 25.11.2021 6:02
O Rosal continúa "Revolucionando Mentes" cos actos organizados con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A alcaldesa Ánxela Fernández deu conta do programa previsto.
Ent. Fátima Rodríguez, concelleira de Igualdade da Guarda - 25N 2021 25.11.2021 7:22
Accións cos centro educativos da vila, espectáculos musicais, contacontos, charlas, teatro,...conforman o programa elaborado polo Concello da Guarda con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos do mesmo coa concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - 25N 2021 25.11.2021 5:54
"O amor non ata, non atrapa" é a campaña deste 2021 posta en marcha polo Concello de Tomiño con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Da mesma falamos coa súa alcaldesa, Sandra González.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Igualdade de Tui - 25N 2021 25.11.2021 3:50
"Tui contra a violencia de xénero" é o lema da campaña do concello de Tui con motivo do 25N. Hoxe ás 18 h terá lugar o acto institucional, aberto á cidadanía, na praza do Concello. Falamos deste 25N coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez.
Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles da Asoc. de Afecctados Deleción 1p36 - Calendario 2022 24.11.2021 12:42
A Asociación de afectados Deleción 1P36 vén de presentar o seu calendario solidario de 2022 co lema "Sorrisos que contaxian", no que os grandes protagonistas son os nenos e nenas que teñen este síndrome. Do mesmo faláronnos hoxe Eva Martínez e Javier Argüelles.
Ent. grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Martes, 23 de novembro de 2021 23.11.2021 7:53
Novo tempo do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos no programa Día a Día. O sábado, 11 de decembro ás 11 h realizarán unha reunión informativa na Sala Félix Rodríguez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.