Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Samuel Diz, dtor Música no Claustro - XV Música no Claustro 28.07.2021 11:56
Música e patrimonio van da man no festival Música no Claustro que dende este domingo celebra a súa XV edición na Catedral de Tudense. Do 1 ao 7 de agosto a programación prevista inclúe coma novidade un Foro Profesional de Instrumentos Musicais, residencias artísticas, concertos e percorridos nocturnos polo tempo. Falamos co seu director artístico, Samuel Diz.
Ent. José Manuel Quintana e Pilar Álvarez - Campus Solidario do Tyde 28.07.2021 7:54
O Tyde F.C organiza do 2 ao 6 de agosto o IV Campus de fútbol solidario 2021 para nenos de entre 4 e 13 anos. A inscrición pode realizarse até este sábado. Terá carácter solidario opolo que os participantes deberán entregar diariamente 2 quilos de alimentos non perecedoiros que se doarán a SOS Tomiño Baixo Miño. José Manuel Quintana do Tyde FC e Pilar Álvarez de SOS Tomiño Baixo Miño así nolo expl...
Ent. Olalla Ruibal da adega Edmun do Val - Cinema entre viñas 26.07.2021 6:08
Cinema entre viñas é a iniciativa que por segundo ano consecutivo leva a cabo a adega Edmun do Val de Valença. Será este sábado, 31 de xullo. Olalla Ruibal da adega Edmun do Val dábanos todos os detalles.
Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Descenso Popular do Miño 26.07.2021 5:57
O sábado, 21 de agosto, celebrase unha nova edición do Descenso Popular do Miño cun protocolo covid establecido ante a situación de pandemia. A inscrición está aberta até o 12 de agosto, pero até este sábado conta cun prezo reducido. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense, así o explicou.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo- Encontro Internacional das Redes de Xuderías de España e Portugal 26.07.2021 8:57
Castelo de Vide en Portugal acolleu esta fin de semana o Encontro Internacional das Redes de Xuderías de España e Portugal. Tui estivo representando polo concelleiro de Turismo, Laureno Alonso, con quen esta mañá fixemos balance deste encontro.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Hoxe comeza o FIAR 2021 23.07.2021 5:50
As previsións de choiva para esta tardiña levaron a organización do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, a trasladar os espectáculos previstos no Paseo da Corredoira e no Paseo Fluvial de Tui, coma explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Terán lugar no pavillón do IES San Paio ( Antón Coucheiro e Arsenio Baruffi) e no Teatro Municipal (Mamá Cabra). Así o explicaba Sonsoles V...
Ent. Ana Rodríguez, directora Balneario de Caldelas - Exposición “A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente” 23.07.2021 6:49
Dende mañá até o 26 de setembro poderemos realizar unha viaxe no tempo nos xardíns do Balneario de Caldelas grazas á exposición fotográfica “A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente”. Unha mostra que podemos dicir é froito do confinanmento, un tempo no que a directora do Balneario, Ana Rodríguez, aproveitou levar a cabo un proxecto de recuperación das fotografías que atesouran no Balnerio, no que l...
Ent. Ángeles Fernández, alfombrista - Alfombra floral mundial en Tui co gallo do Xacobeo 22.07.2021 10:52
Tui será unha das 260 cidades onde esta fin de semana se vai realizar unha alfombra floral co gallo do Xacobeo. O deseño será o mesmo en cada cidade e se adaptará a ao seu particular estilo ou empregando os elementos locais para a súa confección. Nolo contaba hoxe Ángeles Fernández, representante das alfombristas que a van levar a cabo.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura, e Mario Rui Oliveira, vareador Cultura - I Festival Artes da rúa Eurocidade 22.07.2021 12:14
Para falar do I Festival Internacional de Artes de rúa da Eurocidade que se celebra esta fin de semana, hoxe visitaban a programa Día a Día a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o vareador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira. Unha cita, con 24 espectáculos nas rúas e prazas da Eurocidade, a que ambos convidaron a asistir. Entradas: www.tui.gal/www.visitvalenca.com
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Novas restricións e situación epidemiolóxica 22.07.2021 6:56
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, interviña esta mañá na nosa sintonía para facer unha valoración dos preocupantes datos epidiomóxicos que ten arestora a cidade. Facía tamén un chamamento a responsabilidade e a prudencia da poboación aínda que criticaba que se permita a celebración dalgúns eventos onde se poden producir contaxios.
Ent. Joaquín Cadilla - Presidente da Asociación Piueiro - Volanteiro no Camiño 16.07.2021 5:16
O Volanteiro O Piueiro navegará dende hoxe entre A Guarda e Redondela para homenaxear ao Camiño Portugués. “Volanteiro no Camiño” é unha iniciativa gratuita na que se integran varias rutas nas que se pode participar, cun límite de oito a seis persoas por viaxe. Nolo contaba hoxe o presidente da Asociación Piueiro, Joaquín Cadilla. Inscricións e información das rutas en: https://piueiro.webnode.es/...
Ent. Pablo Redondo, novo comandante naval do Miño - Festividade da Virxe do Carmen 15.07.2021 6:04
Mañá é 16 de xullo, o Día da Virxe do Carmen. Falamos con Pablo Redondo, o novo comandante naval do Miño, dos actos que se celebrarán mañá. Volve a procesión fluvial ao Miño.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro e María Ferreirós, técnica ARI - Plan Rexurbe 15.07.2021 7:51
Seis inmobles do conxunto histórico foron ofertados polos seus propietarios para a súa adquisición á Xunta ao abeiro do Plan Rexurbe. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreiro. Daban conta tamén do estado de tramitación da Área Rexurbe e das axudas que se poden solicitar para compra ou rehabilitación nestes momentos.
Ent. Ana Belén Rodríguez - Concerto na praza de San Fernando 14.07.2021 5:37
Temas de Bebo Valdés ou U2 soarán este venres, ás 22 h, na praza de San Fernando no concerto que vai ofrecer Ana Belén Rodríguez Trío. Será dentro do ciclo Música no Ar e formando parte da programación cultural do verán. O grupo está formado por Noelia Álvarez, Kiri Cabaleiro, e Ana Belén Rodríguez con quen falabamos esta mañá.
Ent. José Manuel Palacín - Elixido secretario xeral de C21 Tui 14.07.2021 6:06
José Manuel Palacín foi elixido na fin de semana secretario xeral de C21 Tui, no congreso local que celebrou a formación liberal. O actual voceiro de C21 na corporación municipal explicaba cal será a liña de traballo a seguir.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Feira do Viño 2021 13.07.2021 6:19
A Feira do Viño do Rosal celebra dende este venres 16 ao domingo18 a súa 29ª edición. Faino cunha edición na que recupera a actividade presencial, con inscrición previa e todas as medidas de seguridade. Así o explicaba Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal , que detallaba o programa previsto.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Programación cultural do Verán en Tui 12.07.2021 13:57
Seis festivais internacionais, seis películas de cinema, un espectáculo de danza, un concerto e unha representación teatral conforman a programación cultural do verán en Tui que se vai celebrar dende mañá até o 26 de setembro. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicábaa esta mañá na nosa sintonía.
Ent. Nadia Martín e Hernán Bargiela, adegueiros - Concurso Mundial de Bruselas 2021 12.07.2021 11:57
O viño Cinco Punto Uno-Blend 2018 da adega Bargiela Bienati de Salvaterra, levouse o único Gran Ouro entregado aos 30 viños premiados na 28ª edición do Concours Mondial de Bruxelles, celebrado do 17 ao 27 de xuño en Luxemburgo. Nadia Martín e Hernán Bargiela, propietarios desta adega, nolo contaban no programa Día a Día.
Entrevista Diego Vila e Leticia López, pilotos - Participación XVII Rally Sur do Condado 08.07.2021 11:15
Esta fin de semana celébrase o XVII Rally Sur do Condado, que forma parte do Campionato Galego, no que participarán os pilotos tudenses Diego Vila e Leticia López. De forma previa mañá xoves, ás 12h na praza do Concello amosarán os seus vehículos - Renaul Clio N5 e Peugot 107- para deste xeito agradecer o apoio que están a recibir tanto de forma institucional coma dos afeccionados.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - 8 de xullo 08.07.2021 11:31
Coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, valorábamos hoxe os dous primeiros anos de mandato. Dous anos intensos pola pandemia, de moito traballo dicía, pero que deron para levar a cabo moitas iniciativas transformadoras na vila.
Programación de Verán do Concello do Rosal 08.07.2021 3:56
Cine, teatro, proxeccións, danza e espectáculos musicais estarán moi presentes este verán no Rosal. Hoxe ás 21:00 h terá lugar, no torreiro de Novás ,un concerto de jazz de Sergio de Miguel Trío e logo proxectarase o documental dedicado a Marcola González ao abeiro do proxecto ‘Memoria Viva’. Repasamos toda a programación co concelleiro de cultura do Rosal, Carlos Villanueva.
Entrevista a Manuel Pedrares, Club Kayak Tudense - X Descenso Popular do río Miño 07.07.2021 6:30
O sábado 21 de agosto volve o X Descenso Popular do Río Miño, organizado polo Club Kayak Tudense. A principal novidade en relación a outras edicións é que este ano non se celebrará a romería popular por mor das restricións sanitarias. Manuel Pedrares contábanolo esta mañá.
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - O venres volve o transbordador A Guarda Caminha 06.07.2021 11:18
O transbordador que une A Guarda e Caminha volverá este venres a cruzar a esteiro. Valoramos esta noticia co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e tamén os dous primeiros anos de lexislatura cumpridos recentemente.
Ent. Aitor Bouzada, hostaleiro - O Pub Licoure pecha por precaución 06.07.2021 6:20
A pasada fin de semana foi a primeira que abriu o ocio nocturno. Aquí en Tui, no centro histórico, producíronse aglomeracións na rúa e algún botellón. Precisamente, por esa situación de descontrol, o pub Licuore decidiu cerrar as súas portas e non volver a abrir polo momento. Esta mañá falábamos co seu propietario Aitor Bouzada.
Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 6 de xullo 06.07.2021 10:12
A Asociación de Alcohólicos Anónimos celebra en Tui reunións na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, para aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol. Son os martes de 10 a 11.30 e os xoves de 20 a 21.30 h. José e Rubén explicaban hoxe a súa experiencia na asociación.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.