Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Mª José Fernández, vicepresidenta e Luís Montes, secretario de ATUCA - Mostra da Camelia 2022 02.02.2022 11:25
Preto de 70 expositores de Galicia, Asturias e Portugal daranse cita esta sábado e domingo no Claustro da Catedral na VII Mostra da Camelia organizada por ATUCA. Esta mañá no programa Día a Día recibimos a Mª José Fernández, vicepresidenta e Luís Montes, secretario de ATUCA.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Inauguración nova oficina de turismo 01.02.2022 7:58
Mañá mércores, 2 de febreiro, ás 12 h inaugurarase a nova Oficina Municipal de Tui no Paseo da Corredoira, realizada ao abeiro do proxecto Río Miño, destino navegable. Falamos deste novo servizo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Ent. Teo e Roberto da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Martes, 1 de febreiro de 2022 01.02.2022 9:20
Recuperamos hoxe o tempo que cada quince días compartimos coa Asociación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe acompañáronnos Teo e Roberto, para falar do labor que realizan e da súa propia experiencia.
Ent. Enrique Cabaleiro e Óscar Blanco - Estratexia Eurocidade 2030 28.01.2022 17:38
O Concello de Tui, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença, lidera os traballos para o deseño da "Estratexia e Plan de acción 2030" para a Eurocidade Tui-Valença. A iniciativa englóbase no marco do proxecto europeo UNICIDADE. O traballo inclúe unha enquisa cidadá. Falamos deste traballo co alcalde, Enrique Cabaleiro, e co consultor da empresa Hidria, Óscar Blanco.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Programación cultural febreiro e marzo 28.01.2022 8:02
O próximo venres, 4 de febreiro, comeza a programación no Teatro Municipal de Tui. Seis espectáculo de teatro e música que se poderán gozar en febreiro e marzo. Da mesma falamos hoxe coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. José Carlos Bueno da CHMS - Eliminación de especies invasoras en Tui 27.01.2022 11:19
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a eliminar especies exóticas invasoras no río Cotarel ao seu paso por Tui cun investimento de 170 mil euros. Falamos desta actuación con José Carlos Bueno, xefe de sección da comisaría de auga da CHMS.
Ent. Carmen Abeledo, Telmo Crespo, Ismael Diz e Carmen González - Colaboración Concello de Tui e AECC 26.01.2022 25:49
No programa Día a Día acompañáronnos hoxe a presidenta provincial da AECC,Carmen Abeledo, o coordinador de xuntas locais, Telmo Crespo, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a traballadora social, Carmen González. con eles falamos da colaboración entre a AECC e o Concello de Tui, e dos servizos que prestan.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta Mancomunidade - Concentración Sanidade en Tomiño 25.01.2022 12:55
Mañá mércores ás 19 h terá lugar na praza do Seixo en Tomiño a segunda das concentracións en defensa da atención primaria convocada pola Mancomunidade do Baixo Miño. Falamos da mesma coa presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Ent. Sebastián Rodríguez - San Xulián no Monte Aloia 24.01.2022 2:11
Este xoves é 27 de xaneiro, e por iso no Monte Aloia celébrase San Xulián. É a primeira romaría do ano en Tui. Haberá misa ás 10 h e ás 12 h a misa solemne de campaña no exterior da capela.
Ent. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe - Foro do Camiño Portugués 24.01.2022 7:37
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro e figura clave na posta en valor do Camiño de Santiago será o mañá martes, 25 de xaneiro, o protagonista do Foro do Camiño Portugués que organiza o concello de Tui. Hoxe falamos con el no programa Día a Día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Segunda xornada en Fitur. 20.01.2022 4:43
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción dende FITUR pola acollida que están a ter os proxectos nos que Tui participa coma Miño, Destino Navegable, ou as guías das cidades galegas da Red de Juderías que se presentaron onte. Tamén falaba das boas previsións do Camiño para este ano.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Aprobación en pleno modificación proxecto pavillón da Sangriña 20.01.2022 9:46
Onte aprobouse en pleno na Guarda a modificación do proxecto de reforma do Pavillón da Sangriña. O seguinte paso agora será sacar a obra a licitación. Falamos desta cuestión co alcalde da Guarda, Antonio Lomba. Tamén abordamos a situación da pandemia na Guarda.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tui en Fitur 2022 19.01.2022 7:12
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, está xa en FITUR onde vai participar en até 4 actividades nas que Tui estará presente. Co rexedor tudense falabamos está mañá dende Madrid.
Ent. Concepción Martínez Aguilera, voceira- Constituída a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. 18.01.2022 17:09
Tui conta xa cunha Plataforma en Defensa da Sanidade Púbilca. Hoxe falamos con Concepción Martínez Aguilera, a voceira deste novo colectivo, Deu conta da actual situación no Centro de Saúde de Tui e das reivindicacións que plantexan neste momento.
Ent. Bibiana Candia, escritora - Novela "Azucre" 18.01.2022 16:56
"Azucre" é a primeira novela da escritora Bibiana Candia. Esta mañá a propia escritora acompañounos no programa Día a Día para falar desta obra baseada en feitos reais que conta unha historia, case descoñecida até o de agora. É a dun grupo de 1.700 homes galegos que marcharon a Cuba coa esperanza de gañar a vida e remataron practicamente sendo esclavizados.
Ent. Marta González, directora CRA Mestra Clara Torres - Proposta vídeo traballo en igualdade 14.01.2022 6:50
O CRA Mestra Clara Torres de Tui realiza unha proposta á sociedade para seguir traballando sobre a igualdade nas aulas e ante a imposilidade debido á pandemia de recibir visitas no centro. Trátase de que mulleres en traballos ou postos habitualmente ocupados por homes, e homes que traballan en tarefas que de xeito habitual realizaban as mulleres lles envíen un vídeo dun minuto explicando o seu lab...
Ent. Manuel González - Aprazadas as Galimpiadas de Caldelas 14.01.2022 3:13
As Galimpiadas que se ían celebrar en Caldelas o 21 e 22 deste mes veñen de ser aprazadas, polo momento sen nova data, ante a actual situación epidemiolóxica.
Ent. Jesús Orejas, xefe de servizo de sanidade animal da Consellería de Medio Rural - Prevención gripe aviar 14.01.2022 11:10
Coma medida preventiva da gripe aviar as aves de corral de 35 concellos galegos, entre eles os 5 do Baixo Miño, non poderán estar ao aire libre. Deste tema falamos hoxe con Jesús Orejas, xefe de servizo de sanidade animal da Consellería de Medio Rural.
Ent. Dr. Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui - Situación a 14 de xaneiro de 2022 14.01.2022 11:49
Co doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui abordamos hoxe a actual situación epidemiolóxica e do propio centro de saúde.
Ent. Dolores Balseiro e Eduardo Cadenas - Dama e cabaleiro da Pontificia Orde ecuestre de San Gregorio Magno 13.01.2022 12:03
Dolores Balseiro e Eduardo Cadenas son dama e cabaleiro da Pontificia Orde ecuestre de San Gregorio Magno, un recoñecemento que outorga o Papa e que eles recibiron o día de Reis da man do bispo da diocese, Monseñor Quinteiro Fiuza, en recoñecemento á súa entrega e dedicación á Catedral tudense. Esta mañá falamos con eles.
Ent. Juan González, presidente Protección Civil Tui - Balance 2021 12.01.2022 6:09
242 intervencións realizaron os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil durante o ano pasado. Repasamos o balance de 2021 co seu presidente, Juan González.
Ent. Ánxela Fernández e Sandra González, alcaldesas do Rosal e Tomiño - Agroemprega 11.01.2022 13:41
Un centenar de persoas do Rosal e Tomiño poderán partcipar en AgroEmprego un programa formativo mixto posto en marcha por estes dous concellos do Rosal e Tomiño. Será un ano de formación do que hoxe falamos coas alcaldesas do Rosal e Tomiño, Ánxela Fernández e Sandra González.
Ent. Tonhito de Poi - Novo traballo "In-Dios" 10.01.2022 29:55
O pasado venres, 7 de xaneiro, Tonhito de Poi, presentaba no programa Día a Día o seu novo traballo discográfico "In-dios".
Ent. Saúl Vaz, piloto de karts - Compite en X30 junior 10.01.2022 17:04
O venres, 7 de xaneiro, acompañounos no programa Día a Día o xove piloto tudense de karts, Saúl Vaz. Está a competir na categoría X30 junior. Contounos que sinte aos seus 12 anos cando corre en karts e como está a ser a competición.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación atención sanitaria 10.01.2022 11:14
Con Antonio Lomba, alcalde da Guarda e con Sandra González, alcaldesa de Tomiño abordamos o venres, 7 de xaneiro, a situación na que quedan os centros de saúde destes municipios, tras a decisión do SERGAS de recudir consultas 14 municipios da área sanitaria de Vigo, entre eles 4 do Baixo Miño.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.