Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6530 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Dani Rodíguez e Paula Cobián - Compañia de danza 25.02.2022

No programa Día a Día hoxe visitáronnos o bailarín Dani Rodríguez e Paula Cobián. Dani Rodríguez comezou a súa formación na Escola de Danza Paula Cobián, e está no último curso do Conservatorio Superior de Danza en Madrid. Este domingo no teatro Jofre no Ferrol actúa con Fran Sieira Compañía de Danza co espectáculo “DeMente” e tamén está a participar na serie que se esta a rodar sobre Miguel Bosé,...

Sección UNED - Xuntas Aprendemos 24.02.2022

Este mércores Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui, presentou o programa "Xuntas Aprendemos" que vai ter lugar na aula tudense os xoves do mes de marzo de 18 a 20 h. Está organizado pola concellería de Igualdade en colaboración coa aula universitaria.

Ent. Diana Martins e Manuel Vicente Roxo - MUMI 2022 24.02.2022

Hoxe abre o prazo de inscrición para os profesionais que desexen participar no MUMI, Encontro profesional das músicas do Miño. Celebrarase o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro, na Eurocidade Tui-Valença. Falamos Diana Martins e Manuel Vicente Roxo desta feira no programa Día a Día.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Febreiro 2022 23.02.2022

A voceira do BNG Carmen Núñez participou hoxe na rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal.

Ent. Begoña Valdomar, vicepresidanta AGACS - Foro do Camiño Portugués 22.02.2022

Hoxe Begoña Valdomar, vicepresidenta de AGACS, participará hoxe xunto a José Luís Sánches, directivo da Associaçao de peregrinos “Vía Lusitana”, participarán hoxe ás 19 h no Foro do Camiño Portugués que organiza o Concello de Tui. Con Begoña Valdomar falamos no programa Día a Día.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro PP - Rolda febreiro 22.02.2022

Esta mañá continuamos, no programa Día a Día, coa rolda de conversas cos voceiros dos grupos políticos da corporación municipal de Tui, que estamos a manter neste mes de febreiro. Hoxe foi a quenda de José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular.

Sección Modepen - Xoves, 17 de febreiro de 2022 17.02.2022

No tempo que cada xoves, quincenalmente, compartimos con Modepen, hoxe estiveron no programa Día a Día, Alfredo Hernández o profesor Xabier Pérez Dávila para falar da Lei de garantía do poder adquisitivo das pensións.

Ent. Aitor Bouzada e Digna - Gala solidaria con Edna 16.02.2022

Este venres terá lugar no Licuore, na zona vella de Tui, unha gala solidaria para axudar a recadar os fondos que precisa unha moza tudense, para operarse dunha enfermidade dexenerativa que sofre nos ollos denominada Queratocono. Está pensada para todos os públicos e a apertura de portas será ás 22 h. A entrada terá un prezo de 5€ que serán doados integramente a esta causa.

Ent. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman - A Panadaría con As que Limpan 16.02.2022

“As que limpan” é o título da obra que este venres se estrea no Teatro Municipal de Tui con “A Panadaría” en coprodución co Centro Dramático Galego. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, autoras, directoras e actrices, que hoxe no programa Día a Día nos falaban desta obra.

Sección UNED - Mércores, 16 de febreiro de 2022 16.02.2022

“Abordaxe terapeútica do alcoholismo” é o ´titulo do curso que a próxima semana vai ter lugar na aula da UNED de Tui. E o 5 marzo comezará o curso “Adolescencia: estratexias para a resilencia e o autoconcepto”. Do mesmo falaba a coordinadora da aula Minerva Ojeda. Por outra parte avanzaba as xornadas “Aprendamos xuntas” que terán lugar os xoves de 17 a 20 h dende o 3 de marzo, froito da colaboraci...

Ent. Abel Vila e Andrés Palacios -Concerto solidario no Amazonas 15.02.2022

Este domingo a partir das 18 h no Amazonas en Tui haberá un concerto solidario a cargo de Music for África. Unha porcentaxe das consumicións que se realicen serán para fins solidarios. Así nolo contaron Abel Vila, xerente de Amazona, e Andrés Palacio, do grupo Music for África

Ent.José Manuel Palacín de C21 - Rolda febreiro 15.02.2022

Hoxe continuamos no programa Día a Día a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui con José Manuel Palacín, o voceiro de Converxencia 21, C21. Con el repasamos a actualidade política municipal.

Ent. Teo de Alcohólicos Anónimos e Tina e María de AL-Anon - As familias de persoas alcohólicas 15.02.2022

No tempo que cada quince días compartimos co grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos, hoxe Teo presentounos a María e Tina de AL-Anon. Con elas coñecemos o labor que realizan denda esta asociación para axudar as familias de persoas alcohólicas.

Ent. José Quinteiro e Jesús Carrera - 13 anos de SOS Tomiño Baixo Miño 14.02.2022

A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño cumpre 13 anos. Hoxe falamos do traballo que están a realizar con José Quinteiro, presidente, e con Jesús Carrera, responsable de comunicación na entidade. Esta asociación iniciou a súa actividade en Tomiño e hoxe en día presta xa atención en Tui, no Rosal e en Oia. Un labor que non sería posible sen os voluntarios cos que contan. Nestes momentos aten...

Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda febreiro 14.02.2022

Co voceiro de En Marea, Laureano Alonso, iniciamos hoxe unha rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Con el abordamos os asuntos que nos últimos meses foron a pleno, e tamén outros temas da actualidade.

Ent. Eduardo Fernández de Biociosos - Apertura inscrición IX BTT Eurocidade 11.02.2022

Ás 00 h deste sábado, 12 de febreiro, abre a inscrición para a IX BTT Eurocidade que se vai celebrar o domingo 20 de marzo. Haberá dous percorrido de 43 e de 70 quilómetros entre o Monte Faro e o Monte Aloia. A inscrición e toda a información está dispoñible en www.biciosos.gal Eduardo Fernández, da organización da proba, deunos hoxe todos os detalles.

Ent. Rubén López e Eduardo Coma - Concerto conmemorativo dos 10 anos da Eurocidade Tui-Valença 11.02.2022

Mañá sábado, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui, celebrarase un concerto conmemorativo dos 10 anos da Eurocidade Tui-Valença. Correrá a cargo da Orquestra da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música que na interpretación de "Cubalicia", obra composta por Eduardo Coma, actuará tamén o Quinteto Cimarrón.

Ent. Pablo González, profesor UNED - Curso "Abordaxe terapeútica do alcoholismo" 09.02.2022

Do luns 21 ao venres 25 deste mes, de 10 a 14 h, a aula da UNED de Tui acollerá o curso "Abordaxe terapeútica do alcoholismo". Correrá a cargo de Pablo González Romero, doutor en Psicoloxía Clínica e da Saúde. Hoxe acompañounos no programa Día a Día para falar esta actvidade formativa.

Ent. Julio Basulto, dietista-nutricionista - Conferencia na VII Semana da Educación de Tomiño 09.02.2022

"Educar dende a mesa" é o título da conferencia que mañá xoves, 10 de febreiro, ás 19 h ofrecerá no auditorio de Goián Julio Basulto, dentro da VII Semana da Educación que organiza o Concello de Tomiño. Con el falamos esta mañá no programa Día a Día.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Semana da Educación e Proxecto parque transfronteirizo 08.02.2022

A de hoxe será a segunda xornada da VII Semana da Educación que organiza o Concello de Tomiño este ano baixo o lema de ‘TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade. Onte José Antonio Fernández Bravo foi o encargado de abrir estas xornadas coma explicaba a alcaldesa, Sandra González, quen destacaba a volta a presencialidade desta actividade. Tamén valoraba a reunión que mantiveron a semana c...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcade de Tui - Convenios REACPON, Zona Franca e Concentración Sanidade 08.02.2022

Hoxe e mañá asínanse dous importantes convenios para o Concello de Tui. O primeiro coa Deputación de Pontevedra no marco do programa REACPON para a humanización das rúas Coengo Valiño e Antero Rubín e o segundo mañá con Zona Franca para para a posta en marcha do polígono industrial de Ribadelouro. Sobre estas cuestións a concentración en defensa da Atención Primaria que mañá vai ter lugar en Tui f...

Ent. Maite Isla - Comisión Sanitaria viaxará a Tinduf 04.02.2022

Unha Comisión Sanitaria viaxará o próximo domingo 13 de febreiro a Tinduf, aos campamentos de refuxados saharauis. Así nolo contou Maite Isla de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Ent. Javier Penedo - Plataforma de grupos de criadores de animais 04.02.2022

Con Javier Penedo membro da recen creada Plataforma de grupos de criadores de animais da preocupación que teñen polo borrador da lei de Protección Animal.

Ent. Gonçalo Guerreiro de Elefante Elegante - Espectáculo Cubo 04.02.2022

Hoxe venres ás 19 h Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui "Cubo", un espectáculo de teatro xestual dirixido a público familiar. Gonçalo Guerreiro dirixe e protagoniza a obra xunto a María Torres, con el falamos deste xoguete xigante co que hoxe xogarán os dous personaxes. As entradas están á venda en www.tui.gal.

Ent. Silvia Soutelo e Merchi Fernández - Recuperación do Acueduto de Caldelas 03.02.2022

A veciñanza de Caldelas segue a traballar co obxectivo de poder restituír o acueducto do Pontillón. Do traballo que están a realizar déronnos conta Silvia Soutelo e Merchi Fernández.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.