Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

“Disturbed Earth” de Guillermo Carreras e Kumjana Novakova compite na sección de longametraxes 24.09.2021

“Disturbed Earth” de Guillermo Carreras e Kumjana Novakova compite na sección de longametraxes. Un filme profundamente conmovedor sobre a vida a día de hoxe en Srebrenica (Bosnia e Herzegovina) tras o genocidio do 1995. Falamos sobre a película con Guillermo Carreras en Día a Día.

Ent. Carmen Bellas - Compite con "Memorias de Ultramar" na sección galega en Play Doc 24.09.2021

“Memorias de Ultramar” de Carmen Bellas e Alberto Berzosa é unha das películas que compite hoxe na sección galega. Trata de poñer en valor os arquivos familiares coma parte da nosa historia centrándose nos de españois que viviron nas colonias africanas até a morte de Franco en 1975.

Ent. Claudia Pineda - Compite con EL Viaje en curtametraxes en Play Doc.mp3 subido correctamente 24.09.2021

"El viaje 1988" é o título da curtametraxe coa que Claudia Pineda compite nesta sección en Play Doc 2021. É a súa primeira película coma explicaba esta mañá no programa Día a Día. Na mesma recuperou películas gravadas pola súa avóa en1988.

Ent. Xisela Franco - Cinema Percorridos II 23.09.2021

Cinco artistas audiovisuais serán os encargados mañá de presentar as súas intervencións na praza da Estrela, o cárcere vello, as rúas, e a igrexa de San Domingos en Cinema Percorridos II. Xisela Franco é a comisaria desta iniciativa que forma parte da programación de Play Doc.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Arranca mañá Play Doc 2021 21.09.2021

Mañá ás 20h arranca a XVII edición de Play Doc que terá lugar en Tui até o domingo. Falamos do programa con Ángel Sánchez, centrándonos hoxe no acto de inaguruación e no posterior concerto de Blurry The Explorer. Neste primeiro día proxectarase a película Colossus on the River de Manfred Kirchheimer e ás 22.30 outras dúas máis deste autor ao que se lle adica unha das retospectivas deste ano. Entra...

Ent. Miguel Méndez, pte Asoc Muíñeiros do Tripes - Ruta Nocturna 21.09.2021

“Lendas ao solpor no muíños do Tripes” é o título da ruta nocturna que este sábado organiza a Asociación Muiñeiros do Río Tripes. Trátase dunha idea que barallaban dende hai tempo, como explicaba hoxe o seu presidente, Miguel Méndez. Consistirá nun percorrido pola senda dos muíños dende Circos.

Ent. Raquel Touriño, presidenta FEMUPO - Congreso sobre violencia de xénero este sábado en Tui 21.09.2021

Este sábado celebrarase no Parador de Tui o II CONGRESO FEMUPO, da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra. Con este congreso FEMUPO conmemora o II aniversario da súa creación. Farao centrando o congreso no protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero. O aforo é limitado e as inscricións poden realizarse en secretariafemupo@gmail.com ou no teléfono 653790899.

Ent. Eva Ara, xogadora do equipo feminino de Kaiak Polo do Penedo - Campioas de España 20.09.2021

O equipo feminino de Kaiak Polo do Club Penedo Te Importa proclamouse na fin de semana Campión de España. Amais o Penedo foi terceiro por clubs. Eva Ara, xogadora do Penedo comentounos coma foi o campionato.

Ent. Carmen García, investigadora - Estudo sobre a orixe de Cristobal Colón 20.09.2021

Falamos con Carmen García, responsable da investigación que se está levando a cabo no sarcófogo dos Sotomayor na Igrexa de San Domingos en Tui coa extracción dos seus restos arqueolóxicos para determinar se Cristobal Colón era o nobre galego Pedro Álvarez de Sotomayor, conde de Carmiña, tamén apodado Pedro Madruga.

Ent. Elena Espinosa, xefa de estudos, e Bárbara, mestra de alemán - Escola Oficial de Idiomas de Tui 17.09.2021

A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro mércores, 22 de setembro, onde se exporán as clases e estudos dispoñibles este ano con demostracións prácticas cos profesores de cada idioma. Este ano incopórase o alemánn ao itinerio formativo do centro xunto ao inglés, francés e portugués.

Ent. José Comesaña - Grava & Polbo 17.09.2021

O próximo 2 de outubro pasará por Tui un evento gravel "Grava&Polbo", unha modalidade de ciclismo que combina bicicleta de estrada e de montaña. Así o explicaba José Comesaña, un dos organizadores. A proba constará de 100 quilómetros cun desnivel de 1.800 metros. Tamén haberá unha opción máis curta de 54 quilómetros. A saída e meta estará en Gondomar. A inscrición está aberta ata o luns en www.mag...

Ent. Luis Soto, frauta traveseira - Mozart á Galega 17.09.2021

En breve sairá á luz un libro titulado "Mozart á Galega". Este proxecto chega mañá a Tui en forma de concerto, ás 13 h no claustro da Catedral, da man de Atlantic Mozart Flute Quartets. O cuarteto está formado por David García, violín; Ioana Ciobotaru, viola; Luís Soto, frauta traveseira; e Millán Abeledelo, violonchelo. Luis Soto falounos hoxe deste proxecto.

Ent. Moisés Rodríguez - Volverá ser deputado no Parlamento de Galicia 16.09.2021

O tudense Moisés Rodríguez volverá ao Parlamento Galego coma deputado. Moisés Rodríguez, exalcalde, exdeputado provincial, ocupou xa a pasada lexislatura unha das actas de deputado. Esta mañá en declaracións á Radio Municipal de Tui explicaba que é un privilexio que un tudense volva ao Parlamento Galego. Unha nova etapa que asume con ilusión para defender os intereses de Tui, do Baixo Miño e de Ga...

Ent. Pablo García, presidente Club Tenis Tui, e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Torneo de Tenis da Eurocidade 16.09.2021

Esta fin de semana celébranse as rondas finais do VII Torneo de Tenis Eurocidade. Nas novas pistas de Areas, o domingo a partir das 12 h, terán lugar de xeito simultáneo as finais das categorías principais: a absoluta masculina, feminina e a junior. O bo nivel dos tenistas tudenses fixo que algúns deles estén clasificados para as finais.

Ent. Noelia Cedres, escritora - "Donde descansa la verdad" é a 1ª novela de Noelia Cedres 16.09.2021

Noelia Cedres, residente en Tui, presentou esta mañá no programa Día a Día o seu primeiro libro "Donde descansa la verdad". É unha historia de crónica negra baseado na dificultade de coñecer a fondo as persoas.

Ent. Rosendo Bugarín, médico e escritor - "Reflexiones en papel", último libro do tudense Rosendo Bugarín 16.09.2021

O médico e escritor tudense, Rosendo Bugarín, falábanos hoxe do seu último libro "Reflexiones en papel". É unha recompilación de pensamentos e recordos de diferentes épocas e contextos cun marcado fío condutor: a medicina e Tui.

Ent. Mª Carmen Rodríguez Cerdeira e Jorge Ocampo , médicos - Técnicas para o coidado da pel 16.09.2021

Coñecemos da man dos doutores Mª Carmen Rodríguez e Jorge Ocampo as técnicas máis innovadoras para o tratamento facial, rexuvenecemento, estética e coidado da pel.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Programa Play Doc 2021 15.09.2021

Seguimos repasando estes días as propostas que nos achegando dende o Play-Doc que arranca o mércores da próxima semana. Ata Tui chegarán invitados de moitísimos países. Ángel Sánchez, codirector do festival, falábanos dunha das dúas retoespectivas máis destacadas desta edición: a primeira retrospectiva española da cineasta de culto Bette Gordon, icona da contracultura de Nova York de finais dos an...

Ent. Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui - Cursos de Extensión Universitaria que comeza en setembro 15.09.2021

Tres cursos de extensión universitaria comezarán este mes de setembro na Aula da UNED de Tui. "Como pode crecer o comercio local na era de internet. O futuro das tendas físicas", "Guía práctica para a resiliencia e o autoconcepto de nenos de 3 a 10 anos: aplicando a teoría" e "A arte de reinventarse 3.0". Minerva Ojeda, coordinadora da aula de Tui, explicaba que se poderán seguir presencialmente,...

Ent. Tania Otero - XV Feira de Oportunidades de ACITUI 2021 15.09.2021

Este domingo na zona peonil do Paseo da Corredoira celebrarase a Feira de Oportunidades de ACITUI. Participarán unha véntena de comercio que ofrecerán roupa, calzado, complementos, mercería, xoguetes… Tamén estará presente a Protectora de Animais Aloia. Abrirán de 11 a 21 h e pola tarde contarán coa presenza do Pato Donald e Goofy. Así nolo explicaba hoxe Tania Otero de Cucadas. Será un evento seg...

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Play-Doc 2021 14.09.2021

Este xoves ás 11.30 h terá lugar no Teatro Municipal de tui a presentación de Play Doc 21. Correrá a cargo do codirector do festival, Ángel Sánchez, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a deputada de Cultura, María Victoria Alonso. Precisamente do festival a unha semana do seu comezo falabamos co seu codirector, Ángel Sánchez. Xa se iniciou a prevenda...

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 14 de setembro de 2021 14.09.2021

Novo tempo de radio no programa Día a Día co grupo Armonía de Tui da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Marisa e Maica deixáronnos hoxe a súa testemuña, a súa experiencia na Asociación.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Emprego - Obradoiro dual de Emprego 14.09.2021

Tui contará cun obradoiro dual de Emprego co título Revaloriza Tui 2021 promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta. Disporá de dos módulos de Canteiría e Carpintaría para o arranxo de fontes, lavadoiros e muíños. A concelleira de Emprego de Tui, Ana María Núñez, valoraba esta mañá de xeito moi positivo esta noticia e daba conta tamén doutras actividades formativas que se levarán a...

Ent. Javier Zafra, cociñeiro e escritor, e Rafael Sánchez, historiador tudense - Obradoiro 13.09.2021

Esta tarde, ás 17h, o cociñeiro e escritor Javier Zafra impartirá na aula da UNED un obradoiro sobre a cociña sefardí titulado “Sabores de Sefarad”. Está dirixido a profesionais da hostalería e restauración, e para cocineiros e chefs máis ou menos experimentados. Pretende incentivar o mantemento das técnicas culinarias da cultura xudea nos restaurantes das cidades pertencentes a Red de Juderías. F...

Ent. Conchi Sales, Ana Pedreira e Laureano Alonso - Balanzo Mostra do Traxe Tradicional 10.09.2021

Máis de 5 mil persoas visitaron ao longo do mes de agosto a Mostra do Traxe Tradicional no cárcere vello. Estivo organizada pola Asociación do Traxe de Tui. A súa presidenta Conchi Sales e a Ana Pedreira fixeron hoxe balanzo da mesma. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, agradecía o traballo realizado.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.