Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Valentín Estévez, actor - Eles transportan a morte 08.10.2021

Hoxe acompañounos Valentín Estévez , un dos actores protagonistas da película "Eles transportan a morte" dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado. Un filme que proximamente chegará ás salas de cine tras pasar polos festivais de cinema de San Sebastián e Venecia.

Ent. D. Avelino Bouzón - 50 anos de sacerdocio 07.10.2021

D. Avelino Bouzón, coengo da catedral e párroco de San Bartolomeu de Rebordáns, celebra esta fin de semana o seu 50 aniversario coma sacerdote. Con el falamos dos actos previstos e deste medio século de sacerdocio.

Ent. Miguel Méndez e Cristian Lago da Asoc. Muíñeiros do Río Tripes - Visitas Guiadas en Outubro 07.10.2021

Coñecer os muíños do río Tripes e distintos aspectos vinculados aos mesmos será posible ao longo deste mes de outubro coas visitas guiadas que programación a Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Haberá unha ruta de 9 quilómetros e outra de 4,5. Das mesmas faláronnos hoxe Miguel Méndez, presidente, e Cristian Lago, vogal, da asociación.

Ent. Ester Rúas Miguélez de Revolto Artesán Galego - Mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo en Tui 07.10.2021

Este domingo 10, luns 11 e martes 12 celebrarase no Paseo da Corredoira de Tui un Mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo organizado por Revolto Artesán Galego. Terá carácter solidario con SOS Tomiño Baixo Miño e a Protectora de Animais Aloia. Ester Rúas Miguélez, membro da organización, deunos todos os detalles.

Ent. Luis Prego, músico, e Conchi Sales - Curso de pandeiro organizado pola Asociación Cultural San Telmo 06.10.2021

A Asociación Cultural San Telmo organiza un curso de pandeiro na Cárcere Vella de Tui. Tamén ofertan cursos de baile, pandereta, gaita e percusión. Falamos hoxe con Luis Prego que imparte o curso de pandeiro os sábados de 17 a 18 h. Inscricións no 610 75 13 14.

Ent. Iria Pinheiro, actriz - Compañía Eléctrica con Aibó 05.10.2021

Este venres ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui Compañía Eléctrica presenta "Aibó". Unha obra de teatro infantil que nos achega unha versión distinta da Carapuchiña Vermella, na que a carapuchiña e o lobo fanse amigos. Areta Bolado e Iria Pinheiro forman o elenco da obra. Con esta última falamos hoxe.

Ent. Telmo Alfaya e Juan Carlos Boó - I Feira da cabaza 2021 en Tui 05.10.2021

Está en marcha a I Feira da Cabaza en nove parroquias de Tui que acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Nolo contaban esta mañá dous dos seus organizadores, Juan Carlos Boó e Telmo Alfaya.

Ent. Eva Alonso e Mónica Solla, presidenta e tesoureira de Párkinson Baixo Miño - 04.10.2021

Falamos hoxe coa nova directiva de Párkinson Baixo Miño. Ofrecen varias terapias para socios e familiares/coidadores afectados por esta enfermidade. Coñecemos toda a súa actividade coa súa nova presidenta e tesoureira, Eva Alonso e Mónica Solla. +info no Facebook da asociación

Ent. Carlos Estévez da FGM - 10º Proba do Campionato Galego de Motonáutica Inclusiva Fibralar 01.10.2021

Mañá celébrase en Tui a décima e derradeira proba do Campionato Galego de Motonáutica Inclusiva Fibralar. Salvo sorpresas de última hora Pepe Barrio e Pilar Sarmiento de Noia faránse co título do campionato. Para o 2022 repetirán as dez probas deste ano, e coma novidade a Federación Española de Motonáutica designará a unha das probas galegas coma Campionato Nacional.

Ent. María Cabaleiro de MycoGalicia - Micromecenazgo xogo micolóxico 01.10.2021

"Pan de sapo" é un xogo de cartas, orientado a partir de 8 anos, que pretende dar a coñecer as especies micolóxicas que hai en Galicia. Está orientado a partir de 8 anos. É unha iniciativa de MycoGalicia Plantea que pon en marcha unha campaña de micromecenazgo para poder publicalo.

Ent. Adolfo Pereira, Sergio González e Andrés Urseira - II Dirtrack Cidade de Tui 30.09.2021

Este sábado celébrase no novo complexo deportivo offroad de Tui o II Dirtrack Cidade de Tui. Coma novidade incorporan a competición en quads. Adolfo Pereira, Sergio González e Andrés Urseira déronos os detalles da proba, e o que significa para o Motoclub Randufe contar con este circuíto offroad. Haberá preto de 50 participantes.

Ent. Raquel Martínez Areal, violinista - Praza na Orquestra Nacional de España 30.09.2021

A tudense Raquel Martínez Areal será unha das violinistas Orquestra Nacional de España a partir do 1 de novembro. Vén de gañar unha das prazas convocadas nada máis rematar os seus estudos superiores. Falamos con ela do que significa esta praza, que compaxinará co cuarteto da Escola Raíña Sofía do que forma parte. Coa orquestra dará tres concertos por semana.

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Visitas guiadas co gallo da Feira da Cabaza 30.09.2021

Ao longo do mes de outubro continúan polas parroquias tudenses as visitas guiadas ás pozas e regadíos que leva a cabo o club AndaTui con motivo da I Feira da Cabaza que se celebra no municipio. José Martínez Tato explicou en que consisten e cal é o calendario establecido.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Renuncia Laureano Alonso e pleno setembro 30.09.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe na nosa sintonía a renuncia ás súas delegacións presentada onte polo concelleiro Laureano Alonso, co que o goberno que preside queda en minoría. Tamén deu conta dos asuntos máis destacados que esta tarde tratarán no pleno ordinario de setembro.

Ent. Eloy Domínguez Serén , director de cine - "Os Corpos" foi a vencedora na sección galega de Play Doc 29.09.2021

O domingo remataba Play Doc 2021 e hoxe falábamos con Eloy Domínguez Serén que coa súa curta “Os Corpos” lograba gañar na sección galega do festival. Unha obra na que se reflicten con gran mestría as diferentes tradicións do entroido galego na provincia de Ourense.

Ent. Laureano Alonso - Renuncia ás súas delegacións no goberno municipal 29.09.2021

Laureano Alonso vén de presentar hoxe a renuncia as súas delegacións coma concelleiro de Patrimonio, Turismo, Camiño de Santiago e Novas Tecnoloxías, e rompe o pacto de goberno co Partido Socialista que queda en minoría.

Ent. Antonio Giráldez, escritor - “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior” 28.09.2021

Este xoves, ás 20.30 h presentarase na Biblioteca Pública Municipal de Tui a novela “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior”, escrita por Antonio Giraldez Lomba. Un libro que parte dunha investigación do autor precisamente aquí en Tui. Hoxe explicábanos porque.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais, e Carmen González, traballadora social - Programa "Cultiva a Mente" 28.09.2021

Este outubro comeza nas parroquias de Tui a terceira edición do programa “Cultiva a Mente” organizado por Afaga en colaboración co Concello de Tui. Para falar sobre o mesmo hoxe visitaban o programa Día a Día o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e Carmen González, traballadora social do concello.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Sorteo de experiencias en Tui 28.09.2021

Dende Eurural organizan un sorteo, dentro da campaña de promoción do producto local “Parte de Ti”, con premios moi interesantes e experiencias para desfrutar aquí en Tui. Para participar hai que comentar a publicación do sorteo no Facebook ou no Instagram de Eurural indicando á persoa coa que te gustaría desfrutar da experiencia e tamén ser o seu seguidor. Nolo contaba esta mañá Sandra González, p...

Ent. Teo López e Adrián Besada de OG Rippers - Goián contará cun dos maiores skatepark da provincia 24.09.2021

Aínda que estaba previsto para mañá sábado, debido á previsión de choiva, foi aprazado para o sábado 2 de outubro a inauguración do skate park de Goián e as outras actividades previstas. Teo López e Adrián Besada de OG Rippers, colectivo tomiñés, que ía organizar dúas competicións de skateboard faláronnos hoxe destas instalacións.

Ent. Sara García, codirectora de Play Doc - Edición 2021 24.09.2021

Sara García, codirectora de Play Doc, detallaba hoxe a programación que este ano podemos gozar no festival cun carácter inédito e de novo internacional.

Ent. Manuel Lópes, candidato PSD en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021

Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con Manuel Lópes, candidato do PSD (Partido Social Demócrata) en Valença.

Ent. José Monte, candidato Fortalecer Valença en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021

Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con José Monte, candidato de Fortalecer Valença, en Valença.

Ent. António Dias, candidato Nós Cidadãos en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021

Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con António Dias, candidato de Nós Cidadãos en Valença.

Ent. José Manuel Vaz Carpinteira, candidato PS en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021

Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con José Manuel Vaz Carpinteira, candidato do PS (Partido Socialista) en Valença.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.