Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6515 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 19, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Juana Dávila e Katia Rocha do grupo San Fins - Semana de Teatro Amador 2022 19.04.2022

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns abre hoxe, ás 21 h, no Teatro Municipal da XII Semana Amador no Teatro Municipal, dentro da programación das Festas de San Telmo. Juana Dávila e Katia Rocha son dúas das actrices do grupo e hoxe avanzaronnos algo desta comedia. As entradas está á venda até ás 18 h en www.tui.gal e dende as 20 h no despacho de billetes

13042022 Olga Montes nº4 de Ciudadanos - Acta vacantes de C's na corporación 13.04.2022

Esta mañá, Olga Montes, a persoa que ocupaba o posto número 5 na lista de Ciudadanos explicou a súa postura con respecto a acta de concelleiro deste partido que está vacante neste momento. Afirmaba que se hai tres anos se comprometeu con Ciudadanos mantén o seu compromiso até finais do mandato. Indicaba que o único responsable de que o partido teña neste momento un só concelleiro é Alejandro Carre...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Inicio das festas de San Telmo 13.04.2022

Todo preparado en Tui para celebrar as Festas de San Telmo dende este sábado. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, repasaba o programa previsto para esta fin de semana marcado polo pregón con Luís Zahera, e a entrega dos premios Cidade de Tui a Alberto Romer e SOS Tomiño Baixo Miño, xunto aos primeiros concertos programados.

Ent. Luís Árias de La Trastienda de Lupadás - Exposición de Exin Castillos na Oficina de Turismo 11.04.2022

Maquetas da Catedral, de castelos, dun hórreo, un tableiro de xadrez... son algunhas das maquetas realizadas con pezas de Exin Castillos que se expoñen estes días na Oficina de Turismo de Tui. Luís Arias, de La Trastienda de Lupadás, é o autor da meirande parte das obras. Con el falamos esta mañá.

Sección Anarela - Luns 11 de abril de 2022 | Día do Párkinson 11.04.2022

Diana Carballo, terapeuta ocupacional e Nerea Álvarez, logopeda, do Centro Anarela, con motivo do Día do Párkinson que se conmemora hoxe faláronnos desta enfermidade e das terapias das que se poden beneficiar os e as enfermas.

Ent.José Luís Díez de ACITUI - Sorteo da Campaña do Día do Pai 08.04.2022

Do 7 ao 19 de marzo ACITUI desenvolveu a Campaña do Día do Pai. Hoxe no programa Día a Día realizouse o sorteo do 10 vales de 30€ entre 1.716 papeletas repartidas polo comercio local.

Ent. Ricardo Rodríguez, adestrador - Campionato de España por autonomías de balonmán 08.04.2022

Dende mañá sábado 9 até o xoves 14 celébraase en Murcia o Campionato de España de Seleccións Autonómicas no que van participar varias xogadoras e xogadores tudensees. Serán os xuvenis Pablo Gándara, Eduardo Alonso e Juan Rodríguez, e o infantil Roque Estévez e a infantil Lía Salvado. Tamén o adestrador Ricardo Rodríguez, con quen falamos hoxe.

Ent. Alumnado do CEIP nº1 -Iniciativa para recuperar as paradas de pasaxeiros en Tui e Cambio Climático 08.04.2022

O alumnado de 2º e 5º recolleu onte máis de 1000 sinaturas demandando recuperar a parada de pasaxeiros na estación de tren en Tui. Mentres os seus compañeiros de 6º fixeron unha serie de enquisas para coñecer os hábitos da poboación para para o cambio climático, e organizarán unha recollida de lixo denominada "Actívate Tui".

Ent. Francisco Álvarez Koki - Presentación Aldea Buxán 08.04.2022

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 19.30 h a presentación do libro “Aldea Buxán” de Francisco Álvarez Koki. Con el falamos no programa Día a Día desta nova obra.

Ent. David Fernández - Coidados Porta a Porta 07.04.2022

O luns 18 e o martes 19 de abril estará en Tui a unidade móbil de Coidados Porta a Porta que realizará de forma gratuíta servizos básicos de Podoloxía, Audioloxía e Estimulación da Memoria, ás persoas maiores de 55 anos do municipio. Para asistir é recomendable pedir cita previa no 622 74 82 83 ou no correo coidadosportaaporta.policasocial@xunta.gal

Ent. Elisa Cotelo,poñente -VI Campus Urbano Inglés no meu entorno 06.04.2022

A aula da UNED de Tui vai impartir do 27 de xuño ao 8 de xullo VI Campus Urbano “Inglés no meu entorno” dirixido a mocidade entre 10 e 15 anos. Elisa Cotelo, poñente do Campus, deunos hoxe todos os detalles.

Alejandro Carrera - Acta de concelleiro vacante de Ciudadanos na corporación municipal de Tui 06.04.2022

Dende hai seis meses unha das actas de concelleiro/a de Ciudadanos na corporación municipal de Tui está vacante. Alejandro Carrera Barrera é a persoa que ocupaba o posto nº4, e a quen lle correspondería tomar posesión. Na nosa sintonía explicou hoxe a súa decisión, por problemas familiares, de non incorporarse á corporación e cal é a situación neste momento.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Actividades formativas 05.04.2022

Play-Doc volve neste 2022 á primavera celebrarase do 4 ao 8 de maio. O festival ten arestora aberto o prazo de inscrición para dúas das actividades formativas que organizan: o I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast e O Imaxinario da Fronteira: Obradoiro de cinema comunitario. Falamos do festival e destas actividades co seu codirector, Ángel Sánchez.

Ent. Alberto Romer - Premio Cidade de Tui 2022 05.04.2022

Alberto Romer recibirá o Premio Cidade de Tui 2022 por, entre outras cousas, o seu traballo na promoción do muíños do río Tripes, ser o impulsor da romaría de “ Os nosos fariñeiros, burros e muíños” e promotor da Asociación de Muiñeiros do río Tripes.

Ent. josé Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño - Premio Cidade de Tui 2022 05.04.2022

O traballo xeneroso e altruísta dos numerosos voluntarios que integran esta Asociación, a colaboración interxeracional que promoven nas súas actividades e o amplo programa asistencial que desenvolve este colectivo, son parte dos méritos que tivo en conta o xurado dos Premios Cidade de Tui para galardoar este ano na categoría de colectivo á Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Festas de San Telmo 2022 05.04.2022

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron hoxe no programa Día a Día as Festas de San Telmo 2022. Explicaron as novidades, as localizacións, e deron a coñecer os Premios Cidade de Tui 2022.

Ent. Maria Ferreirós, técnica ARI - Axudas Área de Rehabilitación 05.04.2022

Está aberto o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI, Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, correspondentes á fase 14ª. A técnica da Oficina de Rehabilitación, María Ferreirós, explicaba hoxe as características destas axudas e as obras que son financiables.

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz, Moncha Teijeira e Rául Francés - 14 de abril 04.04.2022

Levada Libre volverá realizar o próximo 14 de abril, Día da República, actos de homenaxe cunha concentración na Volta da Moura, para lembrar as persoas que foron asasinadas alí. Manuel Vázquez de la Cruz, Moncha Teijeira, e Raúl Frances Valverde déron conta deste acto no programa Día a Día

Ent. Montse Mon e Clara de Macedo de Un Máis -Día Mundial de Concienciación sobre o autismo 01.04.2022

Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Por este motivo hoxe acompañáronnos Montse Mon e Clara de Macedo, da Asociación Un Máis, que comezou a súa actividade en decembro de 2010.

Ent. Santiago Vega, coengo e director do Museo Catedralicio - Pregón da Semana Satna 01.04.2022

Este domingo comezan os actos da Semana Santa en Tui coa lectura do pregón a cargo de Santiago Vega, cóengo e director do Museo da Catedral tudense. Será ás 18 h na Capela das Reliquias. Santiago Vega avanzaba que o seu pregón vai ser un diálogo entre a imaxe e a palabra.

Ent. David Acevedo, organizador - IV Marcha Ultreia 31.03.2022

Volve a cuarta marcha Ultreia de Tui a Pontevedra. Sairá este domingo dende Tui con 356 participantes, supenrando todas as expectativas da organización, coma explicaba David Acevedo, quen tamén se refería ao positivo impacto económico que o evento ten en Tui.

Ent Uxío Benítez, deputado de cooperación transfronteiriza - Xornada de traballo para a preparación de proxectos do Miño 30.03.2022

Mañá xoves celébrase en Tui a ‘Xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27’. Dos obxectivos desta actividade falamos hoxe co deputado de Cooperación transfronteiriza , Uxío Benítez.

Ent. Antonio e Maica da Asociación de Alcóholicos Anónimos - A enfermidade do alcoholismo 29.03.2022

Os martes, cada quince días, compartimos un tempo co grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe estiveron connosco Antonio e Maica, para falar da enfermidade do alcoholismo. Reúnense os martes de 10 a 11.30 h e os xoves de 20 a 21.30 h na Sala Félix Rodríguez en Tui.

Ent. Celina Mauricio Damas - Espectáculo Siete Pecados 28.03.2022

O Espazo Xove de Tui acolleu a presentación da peza de danza moderna "SIETE PECADOS" da tudense Celina Mauricio Damas, coa que gañou o 1ª Premio de danza moderna no certame Xuventude Crea 2021.

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina de Fortaleza a Fortaleza 25.03.2022

Máis de 160 persoas participarán mañá na Andaina de Fortaleza a Fortaleza que organiza o club AndaTui Rego da Pedra. O seu presidente José Martínez Tato explicaba hoxe o percorrido polas Eurocidade Tui-Valença e Salvaterra Monçao.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.