Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6515 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 19, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Alumnado do IES Indalecio Pérez e do IES de Castelo Branco -Intercambio Escolar 03.05.2022

Esta mañá visitáronnos alumnos e alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e do IES de Castelo Branco que están a realizar un intercambio escolar. Contáronnos os obxectivos desta actividade e como está a ser a experiencia.

Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Mañá comeza o festival 03.05.2022

Quedan pouco máis de 24 horas para a inauguración de Play Doc, que cumpre 18 anos. A inauguración será mañá mércores ás 20.30 h. Ángel Sánchez, codirector do festival, lembrou hoxe as retrospectivas dedidcadas ao portugués Antonio Campos e á alemá Helke Miseikvic. Mañá ás 20.30 h comeza o XVIII Play Doc. Ángel Sánchez, codirector do festival lembrou a xornada inaugural e falou das retrospectivas d...

Ent. Victoria Alonso, deputada de Cultura - Inauguración da exposición "Lebres coma Gacelas" 03.05.2022

Hoxe ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a mostra “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. A deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, explicaba hoxe coma esta mostra naceu para homenaxear a Xela Arias, partindo da súa obra “Tigres coma cabalos”. Esta tarde haberá un recital de poesía e música, a cargo de Miriam Ferradáns e Lorena Cond...

Ent. David Alonso, coordinador, e Yaiza, alumna - II Carreira Revirando. 02.05.2022

Este mércores remata a inscrición para a segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio San Xerome Emiliani que se vai celebrar este domingo na Guarda. Falamos da proba con David Alonso, coordinador da proba, e con Yaiza, alumna que forma parte da organización.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Sesión inaugural, cinema galego,... 02.05.2022

Este mércores terá lugar unha emocionante inauguración do Play Doc segundo explicaba hoxe o seu codirector Ángel Sánchez, con que falamos a dous días de que comece o festival. Da man de Eloy Domínguez Serén varios veciños e veciñas de Tui están a realizar distintas pezas audiovisuais reflexionando sobre a fronteira. Tamén nos deu conta dos 14 títulos galegos que se van proxectar.

Ent. Conchi Martínez Aguilera - Reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui 02.05.2022

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui convoca hoxe ás 20.30 h unha reunión na Sala Félix Rodríguez. Conchi Martínez Aguilera explicaba o obxectivo desta reunión e cómo está a situación agora mesmo.

Ent. Adolfo Pereira, presidente Moto Club Randufe - Campionato de enduro cidade de Tui. 29.04.2022

Todo preparado para a celebración mañá do XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade. Coma novidade o regreso do parque pechado e da saída á Corredoira. Unha proba na que van participar 160 pilotos, entre eles Steve Holcombe sete veces campión do Mundo. Deunos os detalles Adolfo Pereira, presidente Moto Club Randufe.

Ent. Miguel Méndez e Cristián Lago - Romaría os nosos Fariñeiros 2022 29.04.2022

Este domingo celébrase a romaría "Os nosos fariñeiros: burros e muíños" organizada pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Está previsto amplo programa do que hoxe nos deron conta Miguel Méndez e Cristián Lago.

Ent. Pedro Fresneda director de teatro Ensalle - Antes de que llegue la bestia 29.04.2022

A Compañía Ensalle presenta mañá ás 21 h no Auditorio de Goián "Antes de la llegue la bestia", unha obra que estrearon 15 días antes do funcionamento. É unha proposta multidisciplinar coma explicaba o director da compañía Pedro Fresneda. A entrada terá un prezo de 5€.

Ent. José Mª Vázquez, encargado de Unidades Móbiles - Doazón de Sangue en Tui 29.04.2022

Hoxe de 16 a 21 h e mañá de 10 a 15 h estará en Tui a unidade móbil de ADOS. Faise un especial chamamento aos grupos 0 + e A + segundo nos explicaba José Mª Vázquez, encargado de Unidades Móbiles. En Tui a taxa é de 42 doazón / 1000 habitantes.

Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Cinema galego e retrospectiva Antonio Campos 28.04.2022

Play Doc foi un dos festivais que hoxe particippu na presentación do Rías Baixas Film Fest. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen tamén destacou a presenza do cinema galego xa dende a xornada inaugural , así coma a retrospectiva de Antonio Campos, coa que buscan pór en valor o vínculo con Portugal.

Ent. Elvira Crespo de Equigalia - Proba do Campionato Interclubes de saltos 28.04.2022

Este domingo a partir das 10 h celebrarase en Equigalia unha proba do Campionato Interclubes de Salto. O público poderá gozar do espectáculo con xinetes e amazonas dende os 4-5 anos. Unha probas nas que cada vez hai máis nivel.

Ent. Ángel Sánchez, codirector festival - Xornada inauguración, entradas e Danny Lyon 27.04.2022

O próximo mércores, 4 de maio, será inaugurado Play Doc. Un acto inaugural do que hoxe nos falou o seu codirector, Ángel Sánchez. Tamén avanzou que están á venda as entradas para o festival na web wwww.play-doc.com e afondou na retrospectiva que dedican a Danny Lyon.

Ent. Teodoro e Rubén de Alcohólicos - Sobriedade e Convención de Alcohólicos Anónimos 26.04.2022

Esta mañá acompañáronnos en Día a Día Teodoro e Rubén do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Faláronnos da sobriedade e tamén da convención anual que este venres van celebrar en Santiago.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Festas de San Telmo 2022 22.04.2022

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou hoxe as festas de San Telmo na nosa sintonía. Repasou o programa previsto a aposta por facer uns festexos máis populares para gozar na rúa.

Ent. Jonatan Alvarado, Sofía Pedro e Samuel Diz - Concerto da misa medieval de San Telmo 22.04.2022

Este domingo ás 17.30 h na Catedral de Tui recupérase a misa medieval de San Telmo da man do grupo dos Países Baixos Seconda Pratica e nunha iniciativa promovida polo festival Música no Claustro. Hoxe coñecemos máis da recuperación desta misa con Jonatan Alvarado, Sofía e Samuel Diz.

Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - O festival de cinema de Tui celébrase do 4 ao 8 de maio 22.04.2022

Do mércores 4 ao domingo 8 de maio celébrase en Tui a XVIII edición de Play Doc. Hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, avanzounos parte da programación que poderemos gozar nun par de semanas.

Ent. Rafael Estévez, Marcos González e Miron Bococi - Feira Cabalar de San Telmo 22.04.2022

A Feira Cabalar de San Telmo da este ano un salto cualitativo ao ampliar a súa duración a dous días, aumentar o recinto e aglutinar diversas actividades co cabalo coma protagonista. Amais haberá un espectáculo de nivel internacional a cargo de Miron Bococi. A cita será este domingo e luns. Así nolo contaron Rafael Estévez, concelleiro de Deporte, Marcos González e Hípica Marcos e o propio Miron Bo...

Ent. Ana Rodríguez e Klaus Villaroel - Concerto Rockin' Gina & The Sentinels nas festas de San Telmo 22.04.2022

Rockin' Gina & The Sentinels estará en concerto hoxe ás 22.30 h na carpa no Paseo da Corredoira dentro das Festas de San Telmo. Ana Rodríguez e Klaus Villaroel contáronnos hoxe como van ser o concerto no que van interpretar boa parte do seu repertorio que nos levará á música dos anos 50'.

Noelia Solla e Alberto Sánchez do grupo de Teatro Chirlomirlo - Semana de Teatro Amador 2022 22.04.2022

Hoxe ás 21 h o grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe será o encargado de pechar a XII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal coa estrea de “O enfermo imaxinario”. Da mesma faláronnos Noelia Solla e Alberto Sánchez, que nos contaron que é a terceira vez que montan esta obra que xa puxeron en escena hai 30 anos. Agora chega co espírito renovado.

Ent. Beatriz Fontán e Samuel Diz - Recuperación da Misa Medieval de San Telmo 21.04.2022

Da man do festival Música no Claustro este domingo, ás 17.30 h haberá un concerto moi especial na Catedral que nos transportará até a Idade Media. Será da man de Secunda Pratica coa recuperación da misa de San Telmo do Pasionario Tudense. Déronnos todos os detalles Samuel Diz e Beatriz Fontán, que explicaron o traballo de recuperación desta misa e as condicións do concerto deste domingo que terá u...

Ent. Pilar Pazo doa Asociacón do Traxe tradicional - Desfile do Traxe Tradicional 21.04.2022

Este domingo celébrase o Desfile Exhaltación do Traxe Tradicional. Recupera o seu percorrido entre a Glorieta de Vigo e a Catedral, e será a partir das 12 h. Pode participar calquera persoa con traxe tradicional, e ao remate terá lugar a ofrenda na Catedral, como explicaba Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui.

Ent. Arlindo Sousa, Rafael Estévez e Miguel Abreu - Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade. 21.04.2022

O pavillón de deportes de Valença acolle este sábado e domingo o VII Trofeo de Baile Deportivo e Hip Hop da Eurocidade Tui Valença. Falamos do mesmo con Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença, Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, e Miguel Abreu, da Academia de Baile Pasos.

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina de San Telmo 20.04.2022

Este domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo que abre o circuíto de Camiñadas da Eurocidade Tui-Valença. José Martínez Tato do Club Andatui, explicou o percorrido a realizar. A inscrición debe facerse en www.andatui.es/andainas-da-eurocidade e ten un prezo de 6€.

Rafael Pérez, do Club Atletistmo Tui - Carreira Popular San Telmo 2022 20.04.2022

Hoxe ás 23.59 h remata o prazo de inscrición para a Carreira Popular e Solidaria de San Telmo que se celebra este sábado dentro das festas. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui daba conta da boa inscrición que leva a unhas horas de rematar o prazo, e tamén explicaba os detalles da proba que recollerá alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.