Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 16, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca e Arquivo - Mención honorífica a Martín Rodríguez e Día dos Arquivos 08.06.2022 6:25
Con Rafael Sánchez Bargiela, historiador e director da Biblioteca Municipal e do Arquivo Municipal de Tui falamos hoxe do debuxante Martín Rodríguez, a quen mañá o concello de Tui entregará unha Mención Honorífica Especial. Tamén da celebración do Día dos Arquivos coa entrega á Catedral dun facsímile do diploma entregado por Fernando II a Tui, e da visita guiada ao arquivo prevista para o venres.
Ent. Audrey, estudante Erasmus e Rita Álvarez - Prácticas en Las Flores de Rita 08.06.2022 9:46
Hoxe coñecemos a Audrey, unha moza francesa de 20 anos, que está a realizar, durante dous mess, as súas prácticas Erasmus do título de Técnico Superior Soporte á acción xerencial en Las Flores de Rita en Tui. Estuda na cidade de La Roche-sur-Yon. Xunto a ela visitounos tamén Rita Álvarez que nos daba conta do enriquecedora que está a resultar a experiencia.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui -Novo local de ensaio 07.06.2022 11:23
A Banda de Música Popular de Tui conta cun local de ensaio no antigo centro cultural da parroquia de Guillarei, tras o acordo acadado coa Comunidade de Montes de Guillarei que recolle a cesión durante 15 anos a cambio de reformar o edificio e realizar o seu mantemento. Así nolo contou hoxe o director da banda, Eloy Carrera. Quen explicaba que aquí a partir de setembro a banda terá tamén a súa esco...
Ent. Ismael Díz e Julián Iglesias - Loita contra a Vespa Velutina 06.06.2022 14:04
O Concello de Tui adquiriu 200 trampas contra a vespa velutina. Dende hai uns anos, en colaboración cos apicultores locais, traballan para facer fronte a esta especie invasora que causa graves problemas das colmeas de abellas. Así nolo contaron Ismael Díz, concelleiro de Medio Ambiente, e Julián Iglesias, apicultor.
Ent. Juan Carlos Solla, Juan Ramón Solleiro e Nico Montes - 40 anos de baloncesto en Tui 04.06.2022 35:40
O Club Baloncesto Tui cumpre 40 anos. Falamos destas catro décadas de deporte e de baloncesto. Juan Carlos Solla e Juan Ramón Solleiro fundadores do club explicaron coma naceu o club. Nicolás Lorenzo Montes, actual presidente, leva no club estes 40 anos onde comezou coma xogador.
Salomé Fernández, Marita Alonso, Mar López e Ana Núñez - Día internacional de Tecer en Público. 03.06.2022 14:31
O próximo 11 de xuño celébrase o Día Internacional de Tecer en Público. En Tui haberá actividades ao longo de todo o mes con distintos obradoiros, e o propio día 11 a praza da Inmaculada acollerá o acto central desta celebración. Faláronnos da iniciativa Salomé Fernández de Cucapuntoes, Marita Alonso de TejeTui, Mar López de Abalorios MyR, e Ana Núñez , concelleira de Comercio.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda Xuño 2022 03.06.2022 25:02
Con José Manuel Palacín, de Converxencia 21, continuamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal.
Ent. Andrea González, pianista - Concerto Salvado Piano Works 03.06.2022 10:40
A pianista tudense Andrea González inicia esta noite, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui a xira presentación do seu disco "Salvado Piano Works". Un concerto con entrada gratuíta até completar o aforo que forma parte do ciclo organizado polo Concello de Tui sobre Rosendo Salvado. Con Andrea González falamos hoxe do disco e do concerto.
Ent. Gumersindo Alonso, presidente da Cámara de Comercio - Acordo corporación municipial de Tui 03.06.2022 11:51
Tras o acordo unánime da corporación de Tui recoñecendo á Cámara de Comercio como unha entidade autónoma, economicamente viable, con solidez patrimonial, colaborativa e que reflicte un gran compromiso co tecido empresarial”, falamos co seu presidente, Gumersindo Alonso.
Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda Xuño 2022 01.06.2022 21:53
Con Laureano Alonso, voceiro de En Marea, abrimos unha rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal. O balance dos tres anos transcorridos deste mandato e o pleno do pasado xoves foron dous dos asuntos tratados.
Ent. Inma Rodríguez, responsable do centro de Tui de Diversidades Acolle - Acollida de refuxiados en Tui 31.05.2022 14:48
No programa Día a Día hoxe recibimos a Inma Rodríguez, a responsable do Centro de Protección Internacional de Diversidades Acolle que hai en Tui. Con ela coñecimos a situación dos refuxiados que chegan de distintos países fuxindo da guerra. Arestora teñen en Tui a 61 persoas procedentes de Ucraína, Afganistán, Siria, Mali ou Senegal dentro do sistema nacional de acollida. Facía un chamamento á pob...
Ent. José Martínez Tato de Andatui - Andainas da Eurocidade 2022 31.05.2022 5:52
Este domingo, 5 de xuño, dentro das Andainas da Eurocidade Tui-Valença, terá lugar a andaina de “Os Balcóns do Aloia” cun percorrido de 8 quilómetros que sairá ás 10 hora española da capela do Aloia. José Martínez Tato, presidente do Club AndaTui, explicaba que poderemos ver nesta andaina. A inscrición pode facer en www.andatui.es. As andainas da eurocidade teñen un prezo de 6€ cada unha, e o Cami...
Ent. Giulio Cippolone, catedrático da Universidade Gregoriana de Roma - Ciclo Rosendo Salvado 30.05.2022 13:48
Hoxe ás 20.30 h, na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos Giulio Cippolone, catedrático da Universidade Gregoriana de Roma ofrecerá a ponencia “La genialidad ‘herética’ de Rudesindo Salvado: Aborígenes e Ingleses de la misma raza humana. Con los nativos sinfonía de sonidos, cantos y música”.
Ent. Lara Villaverde e Fran Gómez - Actuación no Día no Mercado 27.05.2022 12:24
Mañá a praza de abastos de Tui celebrará o Día do Mercado, e entre outras actividades contará con música en directo da man de Lara Villaverde e Fran Gómez. Con eles falamos hoxe no programa Día a Día.
27052022 Chao Quintana - Actividades no Mercado de Tomiño 27.05.2022 8:34
"Sábados con sabor" é unha das actividades que desenvolve o Mercado de Tomiño e que mañá o vai celebrar de forma especial con motivo do Día do Mercado cando terán un showcooking con Miguel Rodríguez e Emilio González, cociñeiros do Parador de Baiona e Tui.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Día do Mercado 2022 27.05.2022 5:40
A praza de abastos de Tui celebra mañá o Día do Mercado con diversas actividades. Obradoiro infantil de cociña, actuación de Lara Villaverde, degustación de tapas, e sorteo dunha cesta de produtos frescos. Así nolo contaba a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez.
Ent. Mila González, Ana Fernández, Pilar Álvarez e María Luisa Alonso - Alfombras florias de Corpus 2022 26.05.2022 7:50
Este ano volverán realizarse as alfombras florais en Tui con motivo do Corpus. Un grupo de voluntarias entre as que están Mila González, Ana Fernández, Pilar Álvarez e María Luisa Alonso, así nolo contaron hoxe no programa Día a Día. Dende mañá venres estará preparando o material no claustro da Catedral e convidan a sumarse a toda aquela persoa que o desexe.
Ent. Francisco Rodríguez, escritor - Pres libro Unha Etapa Estelar e Conflictiva do Reino de Galiza. 26.05.2022 7:30
Hoxe xoves ás 20 h no Centro Cultural da Guarda presentarase o libro “Unha etapa estelar e conflitiva do Reino de Galicia” de Francisco Rodríguez. No acto amais do escritor intervirá a escritora Marta Dacosta. O libro é o primeiro volume dunha obra que percorre a etapa medieval do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV.
Ent. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro - 3ª Proba do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 26.05.2022 9:48
Este sábado a partir das 10.30 h o río Miño fronte ao Espazo Fortaleza en Goián acolle a terceira proba do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica. Participarán 12 equipos de toda Galicia.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Vehículo autónomo do CTAG 26.05.2022 5:42
O alcalde, Enrique Cabaleiro, confirmaba esta mañá na nosa sintonía o interese da Eurocidade no vehículo, autónomo que o CTAG está a probar na vella Ponte Internacional. Así o explicaba no programa Día a Día.
Ent. Rafael Pérez de Lis nieto, psicólogo - Xornadas Educativas "O Enfoque restaurativo" 26.05.2022 3:27
“Disciplina positiva: o enfoque restaurativo” é o título da charla coloquio que ofrecerá hoxe ás 19 h no Salón de actos do Seminio Menor Rafael Pérez de Lis nieto, psicólogo no CIEMA Arela. Forma parte das Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui. Hoxe Rafael Pérez de Lis explicábanos que é o enfoque restaurativo.
Marta Puig, xerente da Red de Juderías - Premio Hispania Nostra. 25.05.2022 8:00
A Red de Juderías de España, da que forma parte Tui xunto a outros 20 municipios vén de recibir da fundación Hispania Nostra o Premio á sinalización e difusión para o patrimonio cultural e natural. Falamos deste galardón coa xerente da Red, Marta Puig.
Ent. Marina Cruces de A Emoción dos Viños - Xornadas de cata Dálle Volta ao viño 25.05.2022 6:19
Castes ancestrais galegas é o título da primeira cata das xornadas “Dálle volta ó viño” organizadas por EmpreTui e A Emoción dos viños coa colaboración do concello de Tui. Terá lugar mañá ás 20.30 h na cafetería Entrehoras. É preciso inscrición previa en emociondosvinhos@gmail.com. Falamos desta actividade con Marina Cruces de A Emoción dos Viños.
Ent. Teo e Pablo do grupo Armonía de Alcohólicos Anónimos - Martes, 24 de maio de 2022 24.05.2022 8:34
No programa Día a Día hoxe acompañáronnos Teo e Pablo do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe nos contaron cómo lles cambiou a vida dende que entraron na asociación e tamén deron conta dunha convivencia que teñen prevista o 11 de xuño en Viana do Castelo.
Ent. Juan Ramón Martínez Barbosa - Reapertura da libraría Tamuxe 23.05.2022 7:12
Entre 1977 e 1994 funciou no Rosal a libraría Tamuxe, que agora, 28 anos despois volve abrir as súas portas cunha nova visión de libraría-editorial. Así nolo contaba hoxe Juan Ramón Martínez Barbosa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.