Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 16, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Manuel Pedrares, técnico do Club Kayak Tudense- Descenso Popular do Miño 2022 27.06.2022 6:24
O pasado venres abriu o prazo de inscrición para o Descenso Popular do Miño 2022 que se levará a cabo o próximo 13 de agosto. A inscrición está aberta ata o 4 de agosto a través da páxina web descensomiñotui.com
Ent Avelino Martínez, judoca - Ouro no Trofeo Internacional de Judo Master Cidade de Marsella 27.06.2022 2:27
O tudense Lino Martínez proclamouse Campión na categoría M6 e -81kg no l Trofeo Internacional de Judo Master Cidade de Marsella. A próxima cita competitiva á que acudirá será o Mundial de Policías e Bombeiros o 22 de xullo en Rotterdan.
Ent. Jesús González, remeiro - Subcampión de España de Remos en 2x 27.06.2022 4:23
O remeiro tudense Jesús González do Club Remo do Miño proclamouse esta fin de semana subcampión de España en 2x xunto a Rodrigo Conde. Con el falamos no programa Día a Día desta competición.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Conmemoración dos Xogos Florais de Galicia 23.06.2022 3:44
Ante a previsión de choiva a conmemoración dos Xogos Florais de Galicia prevista para mañá na praza de Frómista trasládase ao salón de plenos da casa do concello. Aí comezará ás 20 h o recital poético musical previsto. Falamos deste evento coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Jorge Rodrigues de Viana Motor - Rampa de Monte Faro 23.06.2022 4:49
Este sábado e domingo celébrase en Valença a Rampa do Monte Faro organizado por Viana Motor. Mais de 400 vehículos participarán nesta cita coma nos explicaba Jorge Rodrigues, membro da organización.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex - Copa do Mundo de Patinaxe 23.06.2022 3:58
O CPA Ribex representará a España na Copa do Mundo de Patinaxe que en agosto se vai celebrar en Alemaña. Carolina Figueroa, adestradora do Club de Patinaxe Artístico Ribex, destacaba que o club tudense será o primeiro galego en estar nunha Copa do Mundo. Onte mesmo lles comunicaron a súa selección.
Ent. Eduardo Méndez do Club Di Som Tui - Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade 23.06.2022 8:09
O pavillón municipal Gustavo Rodríguez acollerá este domingo a partir das 10:30 horas o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade organizado polo Club Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Participarán 350 deportistas de España e Portugal. A entrada ao pavillón, para presentar esta espectacular competición, será de balde.
Ent. Manuel González ,David Coimbra, Felipe Mejía e Miguel Cerqueira - Galimpiadas 22.06.2022 18:42
Este venres e sábado celébranse en Caldelas as II Galimpiadas. Manuel González e David Coimbra contáronnos como naceu este evento e que actividades haberá. Non faltará a música o venres á noite con Roberto Caco e o sábado con Inefables e Micalips. Felipe Mejía e Miguel Cerqueira de Micalips acompañáronnos tamén esta mañá tocando dous temas en directo no programa Día a Día.
Ent. Cristina Fálquez do CN San Telmo - Actividades de Verán 22.06.2022 5:59
O Club Náutico San Telmo prepara unha festa de San Xoán para mañá e tamén terá celebración do 16 d e xullo da Virxe do Carme. Amais este verán oferta distintas actividades naúticas nun entorno privilixiado a carón do río Miño. Así nolo contou Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo.
Ent. Teniente coronel Roberto Domínguez - Concurso de Patrullas da Brilat 21.06.2022 5:40
Mañá mércores ás 8.30 h sairá do Paseo da Corredoira o concurso de Patrullas da Brilat. Cambia o seu tradicional punto de saída na rúa Olímpicos Tudenses cara o céntrico paseo. Así nolo contaba o tenente coronel Roberto Domínguez, da Oficina de Comunicación Pública da BRILAT. Completarán os 120 quilómetros entre Tui e Santiago, pero amais realizarán sete probas de carácter militar. Participarán 21...
Ent. Rubén Riós, Xerardo Feijoo, Keyla Iglesias, Mateo Moroño e Pablo González- Proxecto "Máis Vivas" 21.06.2022 21:30
Tres alumnos do IES San Paio, Keyla Iglesias, Mateo Moroño e Pablo González, participaron co director de cine Rubén Riós no seu traballo audiovisual "Máis Vivas". No mesmo aborda a problemática da violencia sobre a muller rural galega e portuguesa. O actor tamén contou coa colaboración de Ponte nas Ondas.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda xuño 2022 21.06.2022 29:02
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Lle pediamos balance destes 3 anos de goberno e tamén lle preguntamos sobre o seu futuro político.
Iván Alonso,padeeiro - Ouro en K1 na Copa de España de Maraton 20.06.2022 7:15
O tudense Iván Alonso do Piragüismo Olívico logrou a medalla de ouro esta fin de semana na Copa de España de Maratón en K1. Este resultado dalle o billete para o Europeo de Dinamarca, pero tamén para os Xogos Mundiais dos EEUU. A vista está tamén posta en lograr a praza para o Mundial de Ponte de Lima. Con Iván Alonso falamos hoxe en Día a Día, tras competir tanto k1 coma en k1 en maratón coma en...
Manu Garrido, padeeiro - Copa de España de Maraton de Piragüismo 20.06.2022 4:21
O Campionato de Europa de Dinamarca será a próxima cita competitiva do tudense Manu Garrido do Kaiak Tudense. Esta fin de semana gañou a Copa de España de Maratón en C1 que lle da o pasaporte ao Europeo. Alí buscará praza para Mundial que se celebrará en Ponte de Lima. Con Manu Garrido falamos hoxe en Día a Día.
Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP de Tui - Rolda xuño 2022 17.06.2022 22:11
Dentro da rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui hoxe acompañounos José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular.
Ent. Carlos Estévez e Keko Pereira - 1ª Proba do Campionato de España de Motonáutica 17.06.2022 13:29
Mañá sábado disputarase en Tui a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Dispuranse catro mangas dende ás 12.30 h nun circuíto espectacular. Desta proba falamos con Carlos Estévez da Real Federación Galega de Motonáutica, e Keko Pereira, piloto que vai participar mañá na proba.
Ent. Vicente Álvarez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Festival de Coros na rúa Coralba 15.06.2022 9:14
A Coral San Telmo participa este sábado, 18 de xuño, na primeira edición do Festival de Coros na rúa Coralba en Collado Villaba, en Madrid. Nesta primeira celebración participaran unhas 31 corais, arredor de 40 persoas por grupo, onde realizarán cinco actuacións en cinco puntos diferentes do percorrido. Ricardo Martínez e Vicente Álvarez, membros da Coral San Telmo, así nolo contaron.
Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui - Incorporación do grao Elemental 14.06.2022 8:55
O Conservatorio de Tui incorporará o próximo curso o grao Elemental que se sumará ao Medio que xa viña impartindo. Até mañá as persoas que desexen estudar o novo grao deberán inscribirse nas probas de acceso, até mañá para 1º curso, e até o xoves para os outros cursos.
Ent. GFace -Novo sinxelo "Qué es de tí" 13.06.2022 18:13
"Qué es de tí" é o novo tema de GFace. Hoxe acompañounos no programa Día a Día para contarnos o momento no que está a súa carreira artística tras incorporarse a Universal Music Spain. En breve lanzará un par de sinxelos e está a preparar o disco.
Club de Emprego - Luns,13 de xuño de 2022 13.06.2022 21:53
No tempo do Club de Emprego hoxe recibimos a Mª Ángeles Leirós Vázquez, xerente de ACEESCA. Neste tempo explicaba como naceu este centro, e coma hoxe é un centro de apoio a persoas con diversidade funcional, con centro educativo, ocupacional, centro de día ... que na actualidade conta con máis de 100 persoas de dez concellos distintos.
Ent. alumnado CEIP nº1 - II Concreto Educativo ODS 2030 10.06.2022 6:35
O CEP nº1 celebra a próxima semana, do martes 14 ao venres 17, o seu II Conrgeso Educativo ODS. Xoán, Vera, Aroa, David, David, Iria e Telma, alumnos e alumnas do centro contáronnos en que vai consistir. Será solidario xa que para asistir será preciso levar un alimento non perecedoiro para SOS Tomiño Baixo Miño.
Ent. Ana García, pedagoga - Obradoiros de creatividade e Técnicas de Estudo 10.06.2022 10:02
O Centro Sociocomunitario de Tui vai acoller este verán un Obradoiro de Creatividade dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos.e un Obradoiro de Técnicas de Estudio para alumnado de Secundaria e Bacharelato. A pedagoga Ana García será a encargada de impartir estas actividades.
Ent. Pablo Lomba - Destino A Guarda 10.06.2022 7:24
"Destino A Guarda" é un proxecto do guardés Pablo Lomba que en palabras do seu creador é "unha xanela aberta para o mundo da Guarda e da súa contorna". Púxoo en marcha hai 3 meses e nos contaba en qué consiste.
Ent. José María Rodríguez, filló de Martín Rodríguez - Mención honorífica especial 09.06.2022 4:54
Hoxe ás 19.00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui terá lugar o acto de entrega da Mención Honorífica Especial ao debuxante tudense Martín Rodríguez Álvarez, en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística. Esta mañá falamos co seu fillo José María, e Martín Rodríguez deixounos un saúdo para os tudenses.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Xuño 2022 09.06.2022 17:13
Na rolda que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, voceira do BNG. Fixo balance deste anos de mandato, repasou distintos temas da actualidade política e tamén falou do futuro ante as eleccións municipais de 2023.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.