Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 16, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Manuel Quintana, Fco. Javier Rodríguez e José Carlos Montes - Campus de Fútbol e Torneo Feminino Sara Tui 13.07.2022 13:59
Este sábado celébrase o Torneo de Fútbol 7 Feminino Sara Tui e o luns comeza o V Campus de Fútbol Solidario, organizados polo Tyde. Falamos destas actividades co director da Escola de Fútbol Base do Tyde, José Manuel Quintana, o entrenador e directivo, Francisco Javier Rodríguez, e o directivo de SOS Tomiño-Baixo Miño, José Carlos Montes.
Ent. Alicia González e Ramón Corral, de Lembranzas da Terra - Festival de Ortigueira 12.07.2022 5:13
A Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei participará este ano no Festival de Ortigueira por partida dobre, coa súa banda de gaitas e co grupo folclórico. Será dende este xovés ate o domingo e participarán uns 50 membros da agrupación. Alicia González e Ramón Corral, membros da banda de Gaitas, explicaban como xurdiu a súa presenza no festival, no que estiveron xa tamén en 2014.
Ent. Diego Giráldez,escritor - Novo libro "O Meu Sangue" 11.07.2022 13:22
O escritor Diego Giráldez presentou no programa Día a Día o seu novo libro "O Meu Sangue".
Ent. Manel Riveiro e Emilio Magán - 25ª Romería Cabalar de Piñeiro 11.07.2022 9:08
Tras dous anos de parón pola covid, Piñeiro volve celebrar a súa Romería Cabalar. Nesta ocasión tratase da 25 edición que regresa con sorpresa incluida. Os actos comezarán xa o sábado á noite e proseguirán na xornada do domingo coas distintas probas, xantar campestrem e espectáculo a cargo de Arturo Freire.
Ent. José Martínez Tato, presidente de Andatui - 5ª etapa do Camiño Portugués entre Caminha e Tui 08.07.2022 5:55
Este sábado organízase a 5ª Etapa do Camiño Portugués Caminha - Tui. Serán 25 quilómetros que comezarán ás 8 da mañá na estación de tren de Valença. Falamos con José Martínez Tato, presidente de Andatui, quen nos conta como trascorrerá a etapa nunha fin de semana que se prevé de calor abafante.
Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Noites Máxicas no Monte Aloia 07.07.2022 5:22
Este sábado celebrase a Noite Máxica polo Monte Aloia da man da “Fada do Aloia”. Dende as 22:30h serán durante 2 horas de percorrido sinxelo no que Natalia Lago explicará a fauna nocturna, as lendas e contará coa axuda dun experto guía en astronomía.
Ent. Cristian Lago, guía turístico - Novos percorridos polos Muiños de Tripes e Belle Epoque de Caldelas 07.07.2022 7:41
Neste verán de bo tempo damos conta dun plan que pode interesar a moitos veciños e turistas. Cristian Lago incorporáse como guía oficial con novedosas rutas e visitas en dous recorridos: un a través dos Muiños do Tripes e o outro en Caldelas para repasar o período da Belle Epoque que viviu esta parroquia tudense.
Ent. Conchi Sales e Ana Pereira da Asoc. San Telmo - II Festival da Cultura Tradicional e Folk 06.07.2022 10:54
A Asociación Cultural San Telmo organiza para esta fin de semana en Tui o II Festival da Cultura Tradicional e Folk. Do mesmo falamos hoxe con Conchi Sales e Ana Pereira, que nos detallaron os concertos que de Arxe e Xabier Díaz que imos poder disfrutar xunto ao Concurso de Gaita e Tamboril, a demostración de liño e o Día da Muiñeira.
Ent. Marcos Rodríguez, xerente de XCuatro - Concerto de Bryan Adams 06.07.2022 7:17
Bryan Adams presentará o seu último traballo discográfico no complexo deportivo das Travesas en Vigo este xoves. Falamos deste concerto con Marcos Rodríguez, xerente de XCuatro, promotor deste concerto.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión sobre o Plan de Dinamización da Área Rexurbe Municipal co IGVS 06.07.2022 7:41
Antes de que remate o verán o Concello de Tui agarda ter concluído Plan de Dinamización da Área Rexurbe Municipal. Esta semana o alcalde, Enrique Cabaleiro, analizou en detalle as diferentes actuacións que inclúe o documento co director xeral do instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García. Deste documento e do que supón para Tui a Área Rexurbe falabamos esta mañá co alcalde de Tui,...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación Cultural do Verán 2022 05.07.2022 15:03
Tui presenta un verán cultural con 4 festivais, concertos, cinema, gastronomía e deporte. Unha proposta cultural que abrague os meses de xullo e agosto e que arranca esta mesma fin de semana. Falamos da mesma coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Ana Núñez, concelleira, e Salomé Fernández de Cucapuntoes - Sorteo Tejemaratón 05.07.2022 5:43
Esta mañá no programa Día a Día realizamos o sorteo do Tejemaratón entre todas as persoas que durante o mes de xuño realizaron compras nos establecementos participantes nas Campaña. En concreto sorteáronse 4 cestas de produtos e un Amigurimi. Para facer o sorteo acompañáronnos Ana Núñez, concelleira de Comercio, Ana Núñez, e Salomé Fernández Cucapuntoes.
Ent. Conchi Martínez Aguilera, voceira da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública - Manifestación en Tui 04.07.2022 4:56
O pasado venres numerosas persoas concentráronse diante do Centro de Saúde de Tui respondendo á convocatoria feita pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. As prinicipais reivindicacións centráronse en que as vacacións de verán do persoal médico sexan cubertas, xa que na época estival faltarán do ambulatorio tudense 4 médicos ou médicas de media. Tamén a mellora da sala de espera de urxenci...
Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxecto Cárcere vello, reunión veciñanza Antero Rubín... 01.07.2022 7:55
O Consello da Xunta autorizou onte o convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Tui para converter o cárcere vello nun centro de acollida de visitantes e peregrinos. Esta foi unha das cuestións ás que se referiu hoxe na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro Tamén falou da reunión convocada o luns, ás 20.30 h, na Aula da UNED para informar do proxecto de humanización...
Ent. Carmen Freiría Gándara, profesora de sistemas electrónicos, - Oferta formativa do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño 01.07.2022 15:00
O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño ofrece dous ciclos medios "Técnico en aproveitamento e conservación do medio natural" e ·técnico de instalación de comunicacións". Carmen Freiría Gándara, profesora de sistemas electrónicos, daba a coñecer esta oferta formativa.
Ent. Óscar Cabaleiro, presidente e Paco López, vocal de Lembranzas da Terra - GuillaFolk 2022 01.07.2022 7:14
Hoxe e mañá celébrase no torreiro de festas de Guillarei o GuillaFolk 2022. A primeira cita será hoxe venres co V Festival Folclórico e mañá co VII Festival de Bandas de Gaitas e Pelepau. Os dous días será a partir das 22 h. Óscar Cabaleiro, presidente e Paco López, vocal da Asociación Lembranzas da Terra, que organiza estes eventos déronnos hoxe todos os detalles.
Ent. Javier Sánchez - Espectáculo A Drag Pandereteira 01.07.2022 10:25
Ás 20.30 chega ao Paseo da Corredoira o espectáculo "A Drag Pandereteira" con Meiga-i. Forma parte do programa "Tui con Orgullo". Con Meiga-i, Javier Sánchez, falamos no programa Día a Día.
Ent. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro, organizadores - Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2022 01.07.2022 1:12
Esta fin de semana regresa o Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica ao río Miño. Falamos dunha modalidade tipo xincana con embarcacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida que terá lugar mañá dende as 10.30 h fronte á rúa Olímpicos Tudenses, e ofrecerá moita emoción para quen queira achegarse a presenciala.
Ent. Xacobe Morais de A Quinta de Tui Futsal - Campus de Futsal Antonio ‘Toñín’ Martín 01.07.2022 6:41
O próximo luns regresa o xa clásico Campus de Futsal Antonio ‘Toñín’ Martín organizado por A Quinta de Tui Futsal, nunha sexta edición que se extenderá ata o venres 22 de xullo. Xacobe Morais, un dos cordinadores, quixo destacar o gran éxito coas inscricións, superando incluso o número de prazas inicial desta actividade de verán.
Ent. Iago Araujo do Motoclub Randufe - III Dirt Track Cidade de Tui 30.06.2022 7:55
Este sábado celébrase o cuadrangular Dirt Track Cidade de Tui. Será no antigo complexo deportivo de Rebordáns, rebautizado coma Complexo Deportivo Off Road de Tui. Iago Araujo do Motoclub Randufe, organizador deste evento deportivo, explicaba que a competición realízase nun circuíto en forma de óvalo. Detalla tamén coma se vai desenvolver.
Ent. Uxío Benítez, deputado de Mobilidade - Obradoiro Ágora en Tomiño 30.06.2022 5:49
Esta mañá celebrouse en Tomiño un dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia. Obxetivo é recuperar espazo público para as persoas. Un obradoiro que se está a realizar cun innovador modelo de formación coma explicaba o depoutado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen lembraba tamén que é a rede Ágora.
29062022 Conchi Martínez Aguilera, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Concentración Venres 29.06.2022 9:15
Este venes, 1 de xullo, ás 20.30h a Plataforma pola Sanidade Pública de Tui convoca unha concentración diante do Centro de Saúde. O obxectivo da mesma é protestar: pola falla de médicos no verán; as condicións da sala de espera de urxencias e a falla dunha ambulancia medicalizada. Falamos coa voceira da Plataforma, Conchi Martinez Aguilera.
Ent. Rafael Álvarez, concelleiro de Turismo da Guarda- XXX Festa da Langosta 29.06.2022 11:55
Esta fin de semana celébrase na Guarda a trixésima Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Por iso, esta maná no programa Día a Día falábamos co concelleiro de Turismo da Guarda, Rafael Álvarez, que nos explicaba que oferta gastronómica poderemos atopar na carpa situada no porto e tamén as actividades previstas.
Ent. Ana María Núñez, concelleira de Igualdade de Tui - Día do Orgullo 28.06.2022 8:10
Este 28 de xuño, conmemorase o Día do Orgullo para tratar de visibilizar as identidades e orientacións sexuais. Dentro do seu ámbito de actuación, o Concello de Tui tamén se suma ao apoio e a histórica reivindicación de respecto á identidade que cada individuo sinte e confome á cal decide vivir.
Ent. José Martínez Tato, de AndaTui - Andainas da Eurocidade 28.06.2022 7:09
Dobre proposta dentro do calendario de andainas da Eurocidade Tui-Valença para esta fin de semana O sábado realizarase a etapa entre Viana do Castelo e Caminha do Camiño Portugués e o domingo terá lugar o Trilho do Crasto. A inscrición pode facerse en www.andatui.es coma explicaba José Martínez Tato de AndaTui.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.