Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 16, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Marisa Giráldez e Javier Argüelles - Volta aos adestramentos do club Badminton Tui 28.07.2022 8:39
Hoxe estiveron na nosa sintonía Marisa Giráldez e Javier Argüelles, do clube Badminton Tui para contarnos que retoman a actividade de adestramentos o próximo martes 2 de agosto, de 10 da mañá ás 13 horas. Serán os martes e xoves no instituto San Paio de Tui.
Ent. Sara e Raquel Areal Martínez e Karla Martínez - Concerto “Volta ás Orixes” 28.07.2022 9:52
“Volta ás Orixes” é o título do concerto que ofrecerán as irmás violinistas tudenses Sara e Raquel Areal Martínez xunto á pianista Karla Martínez ofrecerán este venres ás 22:15h na praza de San Fernando. Ao longo dunha hora interpretarán as obras que as teñen acompañado ao longo da súa carreira musical. Así poderemos escoitar composición de Vivaldi, Falla ou Sarasate.
Ent. Lino Martínez, policía local en Tui - Mundial de policías e bombeiros en Rotterdam 28.07.2022 5:36
Lino Martínez, policía local no concello de Tui, segue a acadar éxitos. Hai uns días voltou de Rotterdam, nos Países Baixos, onde colgou catro medallas máis para a súa particular colección no Mundial de policías e bombeiros.
Ent. Voluntarios Xacobeando - Programa de sostenibilidade, interculturalidade e promoción do Camiño en Tui 27.07.2022 10:03
Popy, Anna, Silvester, Valentino e Alejandra son as cinco persoas voluntarias chegadas de Grecia, Eslovaquia, Letonia, Italia e España que realizan este verán labores de sostenibilidade, interculturalidade e promoción da inclusión social no Camiño portugués en Tui. Os participantes estarán dous meses no municipio e contarán coa supervisión da Asociación guardesa Foco.
Ent. Xosé Manuel Estévez, do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - Ciclo Congreso Agrario de Tui 27.07.2022 8:48
O 28 de novembro deste ano cúmprense 100 anos dos sucesos de Sobredo, que anualmente se conmemoran neste lugar da parroquia tudense de Guillarei. Ante este aniversario o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo organiza un ciclo que comeza esta fin de semana. Falamos con Xosé Manuel Estévez, sobre unhas revoltas que, dende Tui, afectaron a toda Galicia.
Ent. José Martínez Tato, presidente de AndaTui - Andaina "Memoria: espazos e tempos do Congreso Agrario a Sobredo" 26.07.2022 5:25
Este sábado ás oito e media da mañá sairá da praza de Frómista, xunto ao Teatro Principal, a andaina “Memoria: espazos e tempos do Congreso Agrario a Sobredo”. Esta actividade forma parte do ciclo “Sobredo 100 anos despois” que organiza o Instituto de Estudos Tudenses Mártires de Sobredo. Falamos na nosa sintonía con José Martínez Tato, do Club AndaTui, que guiará esta camiñata.
Ent. Nerea Alonso, deportiva e directiva do Penedo - 3º torneo Liga Galega 5x5 de kayak-polo 22.07.2022 4:18
Este domingo celébrase na lagoa de Caldelas o 3º torneo Liga Galega 5x5 de kayak-polo organizado polo Club Penedo de Importa. Unha cita competiva para a categoría senior para tamén sub 16 na que amais do club Penedo participarán os equipos de Rodeira de Cangas e Combarro. Así nolo contaba hoxe Nerea Alonso, deportista e directiva do Club Penedo.
Ent. José Manuel Caballeiro, director da Banda de Música San Xoán de Paramos - Concerto do Día de Galicia 22.07.2022 6:47
Este domingo, ás 22.15 h no Paseo Fluvial terá lugar o Concerto do Día de Galicia organizado polo Concello de Tui dentro da programación do verán cultural. Correrá a cargo da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. O seu director José Manuel Caballero, explicaba hoxe o repertorio que van interpretar, no que contarán coa actuación de Lara Villaverde, e no que anunciaba tamén haberá sorpresas.
Ent. Anxo Pintos e Begoña Riobó do dúo Pärbo - Concerto na igrexa de Santa Mª de Tomiño 22.07.2022 7:59
O dúo Pärbo, formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos actuará hoxe a partir das 20.30 h na igrexa románica de Santa María de Tomiño. Un concerto especial no que interpretarán música medieval pero tamén parte do seu repertorio de música tradiconal. Forma parte do ciclo "Música e Patrimonio" que organiza o Concello de Tomiño.
Ent. David Besada, presidente da comisión de festas de Malvas - Festas na honra a Santiago Apostol 22.07.2022 3:00
O presidente da Comisión de Festas de Malvas, David Besada, acudía esta mañá ao noso programa Día a Día para explicar a programación para a festividade desta fin de semana.
Ent. Donato Lorenzo, presidente da comisión de festas de Ribadelouro - Festas de Santa María Magdalena 21.07.2022 4:56
En Ribadelouro levan dende o mes de abril organizando as festividades na honra a Santa María Magdalena que se van celebrar esta fin de semana. Esta mañá contábamos na nosa emisora con Donato Lorenzo, presidente da Comisión de festas, quen explicaba a variedade de espectáculos que haberá nestas datas de celebración na parroquia.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Presentación do programa Feminino Plural 21.07.2022 11:47
O Concello de Tui presentará o próximo martes, 26 de xullo, o innovador programa Feminino Plural. Desenvolverase ao longo deste mes de xullo, agosto e setembro co obxectivo de impulsar a promoción da igualdade e previr a violencia de xénero. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, explicounos nesta entrevista todos os detalles deste programa.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Inicio do Festival Internacional de Artes de Rúa (FIAR) 21.07.2022 7:48
Esta fin de semana Tui e Valença vivirán nalgúns dos seus puntos máis emblemáticos diversos espectáculos de animación de rúa coa chegada do FIAR. Este festival internacional repite por segundo ano disposto a consolidar o seu cartel para todos os públicos. Repasamos coa concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, todo o que dará de si estes días de axenda cultural.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador - Conferencia enEsefarad.com 20.07.2022 9:31
O historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela ofrecerá mañá, 21 de xullo, unha videoconferencia sobre os Sambenitos de Tui no portal esefarad.com no que falará destas pezas únicas do legado sefardí que hai na cidade, pero tamén doutros elementos coma a menorá da Catedral. Deste xeito difundirase a través ESefarad, o principal portal sobre cultura sefardí, o dstacado patrimonio vinculado á presenza...
Ent. Borja Gómez Méndez, deportista - VII Triatlón Tui-O Porriño 20.07.2022 14:20
Borja Gómez Méndez non é un deportista máis. Este ponteareano de 20 anos segue rompendo barreiras. Ten Síndrome de Down pero compite en múltiples disciplinas e segue a demostrar que non hai metas inalcanzables. O pasado sábado cruzou a meta do seu primeiro triatlón, o do Porriño que tivo saída en Tui. Falamos con él e o seu pai, Calis Gómez, das sensacións ao acabar esta carreira e das moitas expe...
Ent. Xosé Manuel Álvarez - Xuntanza de Grupos de Bombos e Treboadas en Figueiró 20.07.2022 4:09
Este sábado, 23 de xullo ás 17h, celebrase en Figueiró —Tomiño— unha Xuntanza de Grupos de Bombos e Treboadas do Alto Minho e do Baixo Miño, organizada pola Asociación Treboadas San Campio de Lonxe. Por este motivo, o secretario da Asociación Treboada San Campio de Lonxe, Xosé Manuel Álvarez, explica con todo coma se vai realizar esta primeira xuntanza.
Ent. Anxo Outumuro, acto - Representación de Ragazzo no Teatro Municipal 19.07.2022 7:46
Coincidindo co aniversario dos feitos acaecidos o 18, 19 e 20 de xullo en 2001 en Xénova a compañía BarroSanta representa hoxe, ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui “Ragazzo”. A peza teatral conta con dramaturxia de Lali Álvarez, a dirección de Xavier Castiñeira, e en escena estará Anxo Outumuro. Este último explicaba hoxe que a obra aínda que ten un final tráxico está chea de vitalidade e enerx...
Ent. Xacobe Morais, Rafael Estévez, Silvia Aguete, María León e Pau - Campus Antonio 'Toñín' Martín 19.07.2022 16:47
O Campus Antonio 'Toñín' Martín de fútbol sala pechará a edición deste ano o venres. Falamos con Xacobe Morais, un dos organizadores, Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui e coas futbolistas Silvia Aguete, María León e Pau, que estiveron presentes con máis pequenos falando da súa experiencia no deporte de élite.
Ent. José Ramón Magán, Juan Manuel González e Alfredo Ledo - Campaña de Captación de Voluntarios para PC de Tui 19.07.2022 10:12
Son moitos os labores que realizan os Voluntarios de Protección Civil para o benestar da cidadanía. En Tui actualmente están activos 14 efectivos, pero próximamente só quedarán 8. É por iso, que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio está a realizar unha campaña de captación de voluntarios.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do festival de cinema de Tui, Play-Doc - Presentación do novo certame 18.07.2022 6:37
O festival tudense de cinema, o Play-Doc, ven de anunciar as datas da súa próxima edición, que se celebrará entre o 26 de abril e o 1 de maio. Deste xeito, o certame volverá ás datas habituais na primavera tras unha pandemia que trastocou os seus plans. Ángel Sánchez cóntanos nesta entrevista como tiveron que traballar nunha presenza online para espallar os contidos en plataformas como Filmin ou D...
Ent. Iñigo Quadra-Salcedo, Amaia Lorenzo e Pablo Flores - Ruta Quetzal 18.07.2022 12:58
Tui é uns dos municipios polos que este ano pasa a Ruta Quetzal. Coincidindo co Ano Santo, realizan o Camiño de Santiago na Expedición Translatio. No programa Día a Día contamos hoxe con Íñigo Quadra-Salcedo —organizador da ruta— xunto con Amaia Lorenzo e Pablo Flores, dous dos 150 participantes na actividade.
Ent. Olalla Ruibal da adega Edmun do Val - Observación astronómica 18.07.2022 6:13
Este venres terá lugar na adega Edmun do Val en Valença unha observación astronómica guiada por José Vicente Casado “El cazameteoritos”. Os e as asistentes poderán coñecer máis das estrelas pero tamén dos meteoritos xa que achegará algúns dos elementos que forman parte da súa colección. Para participar é preciso inscribirse no correo edmundoval@edmundoval.com. O prezo é de 15€ para persoas adultas...
Ent. Conchi Martínez Aguilera, voceira Plataforma Sanidade Tui - Reclamación cobertura da praza de técnico de radioloxía 18.07.2022 4:42
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui iniciou unha campaña para reclamar a cobertura da praza de técnico de radioloxía ante a inminente xubilación da persoa que ocupa o posto neste momento. Para iso están levando a cabo unha recollida de sinaturas e convidan á poboación de Tui e os outros concellos do Baixo Miño a presentar reclamacións con esta demanda. Explicábao Conchi Martínez Agu...
Ent. Sara Tui, futbolista - Torneo de Fútbol Feminino Sara Tui 15.07.2022 5:55
O campo Álvarez Durán acolle mañá dende ás 10.30 h o Torneo de Fútbol Feminino Sara Tui, no que a propia xogadora tudense estará presente xunto a Andrea Mirón e Carol González, e Lombi. Falamos deste torneo e tamén da súa carreira deportiva con Sara Tui.
Ent. Andrea Pousa, cantante - Gala Benéfica da Fundación Montserrat Caballé 15.07.2022 6:19
A Quinta do Ramo en Tomiño acolle mañá unha gala benéfica da Fundación Montserrat Caballé en favor dos xoves talentos da lírica. A velada iniciaráse cunha cea no xardín do restaurante, seguida dun recital ofrecido por Montserrat Martí Caballé, Isabel Pérez Dobarro e a tomiñesa Andrea Pousa. Precisamente falamos deste evento con Andrea Pousa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.